CONCELLO DE SÁRRIA ( 1898 )

                                   ACORDOS DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 1898 )

                                          Alcalde: CAMILO GONZÁLEZ CABARCOS

1 de xaneiro.- Preparación da elección de Senadores

3 de xaneiro: Formación do listado de concelleiros ( 18 ). Camilo González Cabarcos.- Anco Fernández Gallego.- Víctor Castro López.- Antonio López Díaz.- Martiño Vázquez de Liz.- Xoán Manuel Somoza  García.- Xerardo Macía López.- Xosé Rivera López.- Francisco Sánchez López.-  Cándido Xusto López López.Xosé López Vaamonde.- Manuel Díaz Guitián.-  Francisco Paz López. -Antonio Sánchez Teijelo.-  Luciano Macía  de la Vega.- Santiago Sarry Valcarce.- Modesto Rivas Viñas.- Antonio Díaz Pérez.  Comuicación aso 72 maiores contribuintes,

8 de xaneiro.- Non se celebrou sesión.

10 de xaneiro..  Alistamento de 148 reclutas para o Exército.

10 de xaneiro.-  Sesión ordinaria non celebrada

17 de xaneiro.- Sesión non celebrada

24  de xaneiro.-  Sesión non celebrada

30 de xaneiro.- Acta de  rectificación do alistamento

31 de xaneiro.-  Sesión non celebrada

7 de febreiro :  Sesión non celebrada 

12  de febreiroi : Sobre formación de Quintas

13 de febreirio: Acta de sorteo de Quintas

21 de febreiro: Sesión non celebrada

23 de febreiro; Sobre Quintas.-  Benigno Quiroga Ballesteros expón  que se resolveu o expedinte de  exceptuación  de desamortización  de montes e que se fai preciso presentar novo expediente consonte á Lei de 8 de maio de 1888, Danlle as grazas polas xestións feitas.-  Xoán Fernández López , de San Sadurniño de Froián, perdeu unha perna cortada polo tren  e por orde do Xulgado o Concello paga o cuarto que para a súa curación ocupou na casa de Antonio Pardo, en San Lázaro.- Xoán Manuel Somoza García representante na Xunta Carceraria do Partido Xudicial.- Aprobación contas  das cédulas persoais.-  Eduardo Torres solicita permiso para poder reedificar unha casa na Travesa da Igrexa.-  Pagamento de dereitos ao notario Xoán López Acevedo   pola escritura de arrendamento  e outra do notario Antonio Buján  sobre o arrendamento do sal.- Conta de Froilán Cabarcos por arranxos na Casa nº 4 da Praza da Constitución  que foi Oficina de Correos e Telégrafos  ( 7,50 pesetas ).-  Obras de ancheamento do Campo da Feira , declaradas de utilidade publica. Non prospera o recurso de  Francisco Loureiro ( Ferrreiró ) contra a expropiación de terreos da súa propiedade.- Gratificación de 14 pesetas á mestra de Tremeado María Xosefa Loureiro  ( ela facíase chamra " Pepita Laurel" ).- Altas e baixas no imposto sobre riqueza impoñible.

6 de marzo:  Nomean a Francisco Saco Quiroga para facer a talla dos quintos.- Acordo sobre quintas.

7 de marzo : Sobre Quintas

14 de marzo: Non se celebrou sesión.

17 de marzo: Non se celebrou sesión

19 de marzo: Sinalización de locais para mesas electorais  ( Deputados a Cortes ). Casa Consistorial ( Rúa Maior 1 ), Casa de Francisco Sánchez, en Cedrón- Piñeira.-  Granxa de Barreiros ( Fernández ).- Casa de García en Lousadela.- Casa de Pérez en Corvelle.S

21 de marzo : Sobre Quintas

27 de abril: Xosé Vázquez Pereira, encargado de levar os quintos a Lugo.-  Gastos do Axuntamento: 6-412,18 pesetasm Arranxo dos xardíns e patios das Escolas Públicas : 31,50 pesetas. Don Manuel Prieto coengo de Lugo, polo sermón do Xoves Santo: 100 pesetas.Libros para o Rexistro Civil: 35,16 pesetas.  Por documentación de 27 montes: 3.568 pesetas. Estancias do ferido Xesús Fernández López : 54,39 pesetas,

17 de maio: Non se celebrou sesión.

9 de maio;:  Sobre  Quintas 

18 de maio;  Exclusión do soldado Luis Neira Macía por "escrufuloso". Formación de base documental de montes excluídos de  venda:  1.- Arxemil (  Santa Cristiña, Serra  do Broco, XaneiraS )2.- Barbadelo ( Lamalongam, Pardiñeiro ) 3.- Belante ( Chao de Domiz ) 4.- Biville ( San Marco) 5.-  Cesár ( Vigueiro ) 6.- Corvelle ( Lamalonga ) 7.-  A Chanca ( A Valiña ). 8.-  Froián ( Valiña ). 9.- Goián ( Chao das Pozas, Miateira, Bacariza de Lamacaque,  Penas de Aguieira  ) 10.- Lousadela ( Conde ).11.-  Maside ( Lama de Espiño, Xaneiras, Penagache ) 12.- Meixente ( Lamacaques ). 13.-  San Salvador do Mato ( O Mato ). 14.- Nespereira ( Rigueiral, Cotarelo, Cabántigo, Rañoá ) 15.-  Ortoá ( Ludeiro ) 16.- Reimóndez ( A Valiña ) 17.- Requeixo ( Santa Cristiña ) 18.-  Santo Antolín ( Rego do Bouzallo ) 19.- Seteventos ( Fondón ) 20.- San Xulián da Veiga ( Ouzal ou Morelle ) 21.- Santiago da Veiga ( Rexidoira ) 22.- Santa María de Vilar ( Conde, Lamas de Fontaíña ) 23.- Vilamaior ( Esperala, Gandarela, Cabántigo, Lagoela, Lamas de Paderne ) 24.- Vilapedre ( Alberque ). 25.- San Pedro de Froián ( A Valiña ) 26.- Betote ( San Cibrao e Travesa de Santa Cristiña ). 27.- Chorente ( Cotarelo ),. Sobre Quintas.- Licenza  para facer unha leñeira Xoán López Acevedo.- Nomean carteiro peón para o correo entre a Estación e a Vila co soldo de 200 pesetas.- Axuda de 49 pesetas para axuda de orfos do Montepío da Garda Civil.-  A Ponte entre a Veiga e Fonteabuín está inservible.- Adquisición de embutidos enveleñados para atacar a hidrofobia ( cans rabiosos ).-  Ocupación de parte da Corga de Vales  por D. Euxenio Álvarez: acordo de retirada do muro.- Pedro Monteagudo Loureiro pide licenza para facer unha casa na rúa Benigno Quiroga entre a de Manuel Rivas Goyanes  e a de Xosé Varela López.- Eduardo Iglesias e  Xosé Sánchez  piden licenza para facer casas nas Airas da Pedreira.-  Gastos das eleccións de Deputados e Senadores (  27 de marzo e 17 de abril ): 100 pesetas.-A Francisco Saco danlle  25 pesetas por tallar os quintos e 35 pesetas por regar, podar  e estacar as árbores dos espazos públicos,. 450 pesetas para escribentes temporais.- Axudan á pobre  María Rodríguez con 15,35 pesetas.- Pagan a Francisco Cabarcos  63,70 pesetas por mobiliario do Xulgado.- Sobre recadación de consumos.

1 de xuño;  Sobre Quintas.-  Orzamento  económico: 77.034,61 pesetas..- "Tendo en conta as aciagas excepcionais polas que pasa a Nación, as que aconsellan  a supresión de toda manifestación de regocixo,  acórdase limitar  a Festa do Corpo de Cristo, neste ano, á Festa relixiosa.- O mestre carpinteiro Euxenio López Díaz , da vila, por arranxos  feitos na Secretaría do Concello. recibiu 100 pesetas.-  A Luis Saby, residente na Vila, por pintar ao óleo o teito, frisos e portas  da Secretaría: 50 pesetas, Socorros a quintos: 125 pesetas. 161 pesetas a Xosé Antonio Gayoso ( Marzán  ) por unha farola do alumeado;  341 pesetas por gastos do alumeado  e 188 pesetas para  aceite, petróleo, atc. do alumeado. Nomean escribentes temporais a Caio Pérez González e David García Jul.

16 de xullo.- Non se celebrou sesión.

25 de xullo: Non se celebrou sesión.

27 de xullo:  Asuntos da Xunta Municipal.-  Sobre Quintas.

10 de agosto.- Toma de coñecemento do falecemento do concelleiro Xoán Xosé Rivera López.-Distribución normal de fondos :Á Viuva do boticario Peña., Estrela López, 100 pesetas por medicamentos para pobres, Presos doentes e desifeción do Cárcere e embutidos con veleño. 25 pesetas. A Xosé Gayoso por petróleo : 175,95 pesetas.Por alumeado: 52,15 pesetas.

31 de agosto: Sorteo da Xunta Municipal de Amillaramento.- Fixación de mesas electorais para a elección de catro deputados provinciais  no Distrito Sárria-Chantada .- 12 pobres piden axuda domiciliar , dánlles 5 pesetas a sete deles e o resto a 10 pesetas.- Recadación do imposto de  Consumos.- Subhasta do alumeado publico e da mata no macelo municipal.

10 de outubro: Non se celebrou sesión

12 de outubro: Ramón Armesto, da Aguiada,  ocupa o camiño do lugar con leñas.-  Acordan o ancheamento  do CEMITERIO MUNICIPAL con 942 m/2 a expropiar aos Herdeiros de Aquilino Lois Cabañas.- Cédulas persoais,.  Socorros a pobres  : 2 axudas de 10 pesetas.  Calamidades:  A Felipe Villanueva Golás, de Fonteabuín, ardeulle a casa  o 10 de febreiro, e danlle unha axuda de 30 pesetas, Fixación do valor dos produtos por razón de rendas.- Antonio  Díaz Rivas  adxudicatario do alumeado do cárcere, O do alumeado das rúas quedou deserto.

21 de novembro.-  Non se celebrou sesión.

23 de novembro:  Para mitigar a sede dos soldados  do distrito de Santiago repatriados de Cuba pagáronlle a Xosefa Vázquez " do Cañijo" 30 pesetas por  darlles auga aos que pasaban en tren pola Estación.-  Requerimento ao Axente Executivo  do Concello, Antonio López Castiñeira,  para que renda contas.

26 de decembro: Non se celebrou sesión.

28 de decembro: Non se presentou ninguén -a subhasta do servizo de mata do macelo municipal.

Con ocasión da GUERRA DE CUBA o Concello tivo que adicar moitos esforzos ás quintas   e nas sesións  de 21 de marzo e  de 9 de maio  formaron listados moi detallados.



Comentarios

Publicacións populares