CONCELLO DE SÁRRIA ( 1899 )

                                SESIÓNS DO CONCELLO DE SÁRRIA NO ANO 1899

                                 Alcalde : CAMILO GONZÁLEZ CABARCOS

1 de xaneiro.- Non se puido celebrar  sesión  ( incomparecencia de concelleiros )

2 de xaneiro.-  Non se celebrou sesión.

3 de xaneiro.- Sesión extraordinaria para elección Senadores (  Só asistiron o alcalde, Víctor Castro, Xerardo Macía e Antonio Sánchez Teijelo ). Formación da lista de concelleiros ( 17  ) e maiores contribuintes ( 72 )

4 de xaneiro.-  ( Asisten o alcalde e catro concelleiros )  Nomeamento da Xunta Repartidora de Contribucións.- Asuntos de Quintas: alegacións.

9 de xaneiro.-  Acta de alistamento: Exclusións e alegacións. Total de mozos : 149,

9 de xaneiro.-  Non se celebrou sesión ( só compareceu o alcalde )

16 de xaneiro.- Non  se celebrou sesión ( só compareceron o alcalde e tres concelleiros)

23 de xaneiro.-Non se celebrou sesión ( só compareceron o alcalde e tres concelleiros)

25 de xaneiro.-  Asisten o alcalde e  seis concelleiros. Formación da lista definitiva para compromisarios da elección de Senadores.-  Gastos do mes do Concello: 708,54 pesetas; Policía: 150,04 pesetas; Policía Urbana  e Rural: 162,35 pesetas;  Instrución Pública: 470,33 pesetas; Beneficencia: 29,16 pesetas. Total:  1.520,92 pesetas.- Depositario de Fondos Municipais:  Xusto Macía. Segregdario do Concello: Amador Macía López.-  Gastos de Escritorio no semestre: 818,90 pesetas.-  Autorización ao alcalde para que por administración  se fagan obras  para reparos de beirarrúas e empedrado das rúas da vila.

29 de xaneiro.- Aprobación de inclusións e exclusións  no Alistamento de quintos.

30 de xaneiro.-  Non se celebrou sesión ( Compareceron o alcalde e 2 concelleiros )

6 de febreiro.- Non se celebrou sesión ( compareceron o alcalde e 2 concelleiros )

11 de febreiro.- Acta de rectificación definitiva  e peche do Alistamento para o Exército ( Asistiron o alcalde e 10 concelleiros )

12 de febreiro.- Acta do sorteo de Quintas. Lista definitiva de 131 mozos ( Asistiron o Alcalde e 4 concelleiros )

13 de febreiro.-Non se celebrou sesión ( Só se personou o alcalde ) 

I5 de febreiro.- Aisten o alcalde e 4 concelleiros. Nomeamento de Xerardo Macía López como vogal da Xunta Carceraria do Partido Xudicial.-  Gastos: Concello: 708,54 pesetas;  Policía de Seguridade: 150,04 pesetas;  Policía urbana e rural:  162,35 pesetas;  Instrución Pública:  470,83 pesetas;  Beneficencia: 29,16 pesetas;  Obras Públicas:  214,58 pesetas; Correción Pública ( Cárcere ): 629,97 pesetas. Total: 6.336,11 pesetas. Imprevistos: 83,33 pesetas,

5 de marzo.- Asistiron o alcalde e 11 concelleiros.- Acoradron pagarlle a Francisco Saco 40 pesetas pola tallaxe dos mozos. Coñecemento  de declaracións de aptitude, exclusións  ( tempreiras e definitivas ) e ausentes.

6 de marzo.- Non se celebrou sesión  ( Compareceron o alcalde e 4 concelleiros )

13 de marzo.- Asisten o alcalde e 13 concelleiros. Remprazos de 1899- 1898-1897 (revisión )  1896.1893,

25 de marzo.- Asisten o alcalde e 9 concelleiros.  Nomean ao Procurador Síndico para que tome parte na demanda  civil de Manuela Fernández Barrio.-  Vista do asunto do apreso  de terreo na Corga de Vales ( hoxe rúa Pedro Saco) por Euxenio Álvarez, porque o Xulgado pedira a suspensión do acordo do Concello  que mandara derrubar un cerro.

31 de marzo.- Asisten o alcalde e 11 concelleiros.-  Declaración de soldados.

3 de abril.- Non se celebra sesión ( Compareceron  o alcalde e 2 concelleiros )

5 de abril.-Aisten o alcalde e 7 concelleiros:  Subhasta dos direitos de consumos, alcois, augardentes, licores  e recargas.-  Ramón Robles, de Lugo, renuncia  como representante do Concello na capital da provincia.-  Para sustituilo nomean a D.Antonio Losada Astiller.- Fixación  de locais para as mesas das eleccións de Deputados a Cortes.- Casa Consistorial. Casa de Francisco Sánchez ( Cedrón-Piñeira ). Reitoral de San Pedro de Froián.- Casa de Manuel Fernández ( Ortoá-Barreiros). Casa de Tomé García Macía ( Tosal-Lousadela ). Casa de Xosé Pérez ( Corvelle ). Orzamento municipal. Ingresos :  38.117,35  pesetas Gastos.: 10,388,16 pesetas, Sobrante:27.729, 71 pesetas. Aprobación. Ancheamento de rúas: Proposta para anchear  a Escaleira da Fonte expropiando parte da aira de Xoán e Antonio Varela.-  A proposta  do concelleiro Rivas Viñas acordouse o ancheamento do camiño da Ponte Ribeira a Vigo de Vilar de Sárria fronte da casa de Xoán Carreira, coa finca de  Pedro Fernández Monteagudo, dándolle liña coa finca de Ramón A. Martínez. Ao comisionado de Quintas Xosé Vázquez Pererira danlle  a dieta de 12,50 pesetas por día.-  Gastos do Concello: 708,564 pesetas; Policía de Seguridade; 150,04 pesetas; Policía Rural e Urbana: 162,35 pesetas; Instrución pública: 470,83 pesetas; Beneficencia:  27,16 pesetas; Obras públicas: 214,58 pesetas; Corrección pública ( Cárcere ),  629,83 pesetas;  Cargas, 3.970.78 pesetas; Imprevistos: 83,33 pesetas; Adquisición de libros do Rexistro Civil.  Arranxo do camiño da Ponte Ribeira  a Vigo de Vilar de Sárria: 228,69 pesetas. Colocación de columnas para o alumeado. 119, 80 pesetas. Altas e Baixas  feitas plla Xunta Pericial polas contribucións Rústica e Urbana.

12 de abril.-Non se celebrou sesión  ( Compareceron o alcalde e 2 concelleiros )

14 de abril.-Quintas (  comparecen o alcaldes e 12 concelleiros )

1 de maio.-Non se celebrou sesión ( Só apareceu no Concello o alcalde )

5 de maio.- ( Comparecen o alcalde e 9 concelleiros )  Cesamento de concelleiros.- Hai que cubrir unha vacante por falecemento e por cumprimento de prazos.- Fixación de locais para a elección de concelleiros.

10 de maio.- Comparecen o alcalde e 3 concelleiros.-  Acordos sobre Quintas.-  Acordan rquerir aos irmáns  Vilar Lebón, de Lier, para que derruben unha casa que estaba a pardiñeiro. Moción:Castro López solicita unha subvención de 125 pesetas para axuda do custe dun QUIOSCO DA MÚSICA, feito de madeira, alzado na Praza de Xoán María López  de Almance. por unha comisión de mozos da vila presidida por Bienvenido Díaz de Freijo.- Páganlle a  Eduardo Iglesias  25,50 pesetas por 10 depósitos de folla de lata para os farois do alumeado público.

7 de xuño.-  ( Asisten o alcalde e 4 concelleiros ), Comisionado de Quintas Xosé Vázquez Pereira, dieta de 12,50 pesetas por día. Gastos do Concello: 706,54 pesetas; Policía Rural e Urbana: 162,35 pesetas; Policia de seguridade:  150,04 pesetas; Instrución pública: 470,83 pesetas;  Beneficencia:  29,16 pesetas ;  Obras publicas:  214,58 pesetas; Corrección pública ( Cárcere ): 629,33 pesetas; Cargas: 3.970,78 pesetas; Imprevistos: 83,33 pesetas. Total: 6.419,44 pesetas.-  Obras de arranxo do Cárcere ( na traseira da Casa do Concello -Rúa Maior 1 : Pedro Cabañas López, de Farbán, recibe 152,57 pesetas.- Función do Corpo de Cristo ( festa oficial do Concello ) , Francisco Saco recibiu  151,87 pesetas ( só pagou 150 pesetas )..-Gastos da elección de concelleiros: 40,06 pesetas. Gastos  das eleccións de Deputados a Cortes.-  Arranxo do camiño da Rúa Maior á Rúa do Porvir, por xunto da Praza ( Rúa do Murallón ): 54 pesetas,. Nomeamento de escribentes para a Xunta Pericial: Antonio Macía López e David García Jul (  2,50 pesetas por día ) .- Páganlle a Antonio Fernández  497,75 pesetas por encachado de beirarrúas e a prazola de entre a Rúa Maior e a Rúa Benigno Quiroga, entre as casas de Manuel Castiñeira e Xoán Varela.-  Xoán Castro Rodríguez recibe  25,37 pesetas por tapar un furado que fixo a auga no muro do patio das Escolas Publicas ( escola de nenos ) e facer unha taxea na Corga de Vales.

12 de xuño.-Non se celebrou sesión ( Só apareceu o alcalde )

19 de xuño.- Non se celebrou sesión ( Cmparecen o alcalde e 2 concelleiros )

21 de xuño.-  Por estar enfermo o alcalde preside a sesión Víctor Castro López. Asisten 6 concelleiros.- Resolución da Comisión Mixta de Recrutamento.- Denegación , por ser terreo particular, da pretendida compra dun espazo en Goián.- Camilo García Vaamomnde  solicita que se amplíe  unha taxea a carón da Ponte Nova do Toleiro, no río Sárria e estrada de Samos.-  Subhasta das obras de ampliación do CEMITERIO MUNICIPAL.- Acordan abrir expediente de expropiación forzosa para anchea,ento do CAMPO  DA FEIRA.

1 de xullo.- Constitución do novo Concello Alcalde; Camilo González Cabarcos ( nomeamento gubernativo ). Tenentes de Alcalde. 1º.- Modesto Rivas Viñas. 2º.-Antonio López Díaz. 3º.- Martiño Vázquez de Liz. 4º.-. Cándido Xusto López López. Procurador Síndico:Xoán Manuel Somoza García.- Síndico suplente:Xosé López Vaamonde.Concelleiros:Xerardo Macía López, Francisco Sánchez López, Luciano Macía de la Vega, Amador López Martínez, Anxo Fernández Gallego, Xosé López Vaamode, Santiago Sarry Valcarcde, Xosé Vázquez Castiñeira, Dimas González García, Amadeo Macía Vázquez, Víctor Castro López e  Antonio Díaz Pérez.  Acordan que as sesións se celebren todos os luns ás 9 da mañá.

3 de xullo.-  Comparecen o alcalde e 10 concelleiros  Formación de Comisións Municipais.-  Rexidor Interventor: Dimas González García-  Quintas.-  Gastos do Concello: 720,20 pesetas;  Policía de seguridade: 150,04 pesetas; Policía urbana e rural: 159,02 pesetas; Instrución pública: 470,31 pesetas;  Beneficiencia:  29,10 pesetas ; Obras públicas: 217,50 pesetas; Cargas : 3.164,37 pesetas;  Imprevistos: 83,33 pesetas.  Suman: 6.417,67 pesetas. Encárganlle  ao garda municipal Manuel Alonso Rodríguez  o cobramento dos postos fixos sobre o chan no Campo da Feira.-  Víctor Castro López concesionario do alumeado do Cárcere.- Subhasta da mata de animais no macelo da Ponte Ribeira. Anxo Fernández Gallego represengtante na Xunta Pericial.-  Quintas.- Nomeamento de Alcaldes de Barrio.-  Fixación da orde  numérica dos 13 concelleiros.-  Acordan dar unha serenata pola chegada a Sárria nese día  do Senador do Reino D. Xosé Oñate e Ruiz, e días depois outra pola chegada  de dona Andrea de Andrés Sánchez.

10 de xullo.- Non se celebrou sesión ( Só apareceu o alcalde )

17 de xullo.-  Non houbo sesión por falta de quorum.

19 de xullo.- Acordos sobre Quintas.- Nomeamento de  Seccións e Vogais para a Xunta Municipal.- 12,40 pesetas  a Xosé Vázquez Pereira por levar os quintos a Lugo.- Valor oficial dos froitos a efectos de rendas.- Repartición territorial do imposto de rústica,. O boticario  Antonio Peña rende conta dos medicamentos para pobres: 13 pesetas.- Desinfeción do Cárcere: 75 pesetas.- Subhasta das obras do muro posterior e novos  muros laterais  do Cemiterio, adxudicadas a Xoán Castro Rodtíguez en   2,236 pesetas..- Rivas Viñas pide que se leve Libro de Actas   e que os pergos soltos de anos anteriores se encadernen.- Pregunta sobre o recuirso sobre nulidade da acta de  24,11.1892.

24 de xullo.-  O porteiro do Concello  Francisco Saco Quiroga faleceu o día 23 de xullo  e o Concello corresu cos gastos do seu enterro:  214,60 pesetas.

31 de xullo.- Non se celebrou sesión.

7 de agosto.- Non se celebrou sesión.

21 de agosto.- Non se celebrou sesión.

30 de agosto.- Sobre Quintas.-  Gastos do Concello: 720,20 pesetas;  Policía de seguridade:  151,04 pesetas; Policía urbana e rural: 159,02 pesetas;  Instrución publica:  470,33 pesetas;  Beneficencia_:  29,16 pesetas;  Obras públicas: 216,50 pesetas;  Corrección pública :  629 pesetas;  Cargas: 3.964, 51 pesetas;  Imprevistos: 83,33 pesetas;  Total: 6.417,87 pesetas.- Denéganlle a Sabina  Álvarez un socorro domiciliar.-  Eduardo Torres Esteban  pide permiso para  reconstruir unha casa na Travesa da Igrexa ,. Concesinario do alumeado do cárcere, Antonio Díaz Rivas.-  Non se presentou ninguén para o servizo de mata de animais no macelo..-  Amillara me to das fincas.- Felipe López Páramo fai arranxos no reloxo público  ( Torre de Santa Mariña ).- Relevo de pedáneos.-  Medidas sanitarias  por aparición da peste levantina en Porto ( Portugal ),

4 de setembro.- Non se celebrou sesión.

11 de setembro.- Non se celebrou sesión.

25 de setembro.- Non se celebrou sesión,

9 de outubro.- Non se celebrou sesión.

11 de outubro.- Sobre Quintas.-  O estado de contas igoal que no mes anterior.-  Pedro Varela solicita tirar un alpendre para refacela, con dúbida de se a competencia é do Concello ou da xefatura de Estradas.-  Xosé Antonio Gayoso encárgase do alumeado do Cárcere por 920,10 pesetas e 17,50 pesetas para farois.-  Marco Vilaro, de Rente, fixo usurpación de parte do Camiño de Santiago.-Ocupación de camiño en San Breixo.-  Requiren ao notario Xoán López Acevedo para que retire o muro que fixo para o xardín de diante da súa casa ( Murallón-Porvir ).- Arranxos na Ponte da Lence en Ferreiros e da de Santiago da Veiga.- Traslado provisorio da Escola Incompleta Mixta de Tremeado da Casa de Manuel Rodríguez, de Goián,  á casa da Viuva de Xosé Arias , na mesma parroquia.-  Acordan  que a celebración das sesións sexa ás 3 da tarde.- Arranxo da Ponte da Rañoá ( Barbadelo ).

11 de outubro.-  Elección da Xunta Municipal.

23 de outubro.-  Ratificación das actas cuxa nulidade pedira Diego Pazos García ( Rexistrador da Propiedade de Daroca )- Pide autorización para poñer reixado  diante da súa casa na Rúa Maior 79, e denéganlla.- Discrepancias de nulidade ou non da acta pola que se segue pleito pola ocupación de camiño na Alvarediña . -Quntas.- Amillaramento.

30 de outubro.- Non se celebrou sesión.

6 de novembro.- Non se celebrou sesión.

13 de novembro.- Non se celebrou sesión.

15 de novembro.- Piden que non se supriman a Faculdade de Dereito nin a Escola Especial de Veterinaria da Universidade Galega, Axuda de 10 pesetas ao pobre de San Tirso de Abres.- A Ponte do Poste, en Chorente, destruida por unha enchente do río.-  Falecemento do médico  titular de Sárris Manuel Saco Quiroga e con carácter provisorio ocupa o posto o seu fillo  Pedro Saco Pradeda.- Sobre Quintas.- O concelleiro Somoza pregunta a cargo de quen está unha pequena biblioteca que debía existir nas Escolas Publicas.E chama a atención sobre o escándalo habido nun establecemento publico da vila onde houbo tiros e lesionados. O alcalde di  que non tiña coñecemento .- O concelleiro Castro  solicita tomen resolución sobre a Ponte Vella, riba do río Celeiro ( Ponte Vella do Mazadoiro ) e o afirmado do camiño que vai da Estrada do Mazadoiro á Estación,

27 de novembro.-  Non se celebrou sesión.

4 de decembro.- Non se celebrou sesión,

11 de decembro.- Non se celebrou sesión.

13 de decembro.- ( Consérvase un borrador sen asinar ). Protesta por  ser celebrada sesión con retraso,. Exame do estado de contas,.Nomean médico  titular a Valentín Lois Cabañas.- Pola medida de Montes paganlle ao Perito Agrimensos  Xoán Rebolo Pena  2.020 pesetas.

NOTAS.-  Os concelleiros incumprían adoito as súas obrigas  e foron moi numerosas as  sesións ás que deixaron de asistir.

Os fondos destinados ao sostemento do  Cárcere eran superiores aos destinados ao Ensino Público.




Comentarios

Publicacións populares