FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1942 )

                    FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1942 )

          PROGRAMA OFICIAL  DOS TRADICIONAIS FESTEXOS  

                                       DO SANXOÁN                                                     

                                  SÁRRIA  XUÑO 1942

XUÑO 21.-  Ás dúas   da tarde unha atroadora  salva de bomba  e o acostumado repenique de campás  anunciarán o comezo  destes grandes festexos.  De seguido  a primeira das nosas agrupacións musicais , de carácter rexional, OS TRINTAS,   a afinada  Banda " A ARMONÍA" , desta localidade, percorrerán as rúas da vila, de camiño ao belisimo paraxe rural AS INSUAS , convidando á veciñanza  concorra á ROMARÍA MÁIS TÍPICA DE TODA GALICIA, onde amenizarán tan fermoso lugar .  para disfrutar  de grandes e imborrables recordos . Ás cinco da tarde  fará a súa entrada oficial  na festa,  a tan famosa como querida neste pobo, banda de musica a "LIRA DE RIBADAVIA", dando comezo  a GRANDE ROMARÍA   "enxebre" , chea de corido e típicas armonías, que constituirán a base  do Programa destas agrupacións, finalziando ao anoitecer , entre a alegre algarabía  de muiñeiras e a lonxana melodía dos nosos "alalás!.

Ás once da noite, na Praza de don Xoán María López , feita lumieira  de luz e cor, celebrarase a PRIMEIRA GRANDE  VERBENA.

XUÑO, 22.-  A primeiras horas da mañá  OS TRINTAS  e a LIRA DE RIBADAVIA  percorrerán as rúas  da vila executando  alegres pasarrúas -

De once e media a dúas  na mesma praza, grande concerto sinfónico  pola LIRA  con intermedios rexionais  por OS TRINTAS.

Ás catro da tarde  desfile  das dúas agrupacións  mentres na dita praza  terán lugar  divertidas cucañas  e varias competicións de carácter deportivo-

Ás sete do serán  SEGUNDO GRANDE CONCERTO  de  A LIRA , este a base de música española estando os intermedios a cargo  de OS TRINTAS , para finalizar , ás once da noite  cun animado baile e paseo-

XUÑO, 23.- Ás dez da mañá  as bandas anteriores e a  UNIÓN MUSICAL SARRIANA  percorrerán toda a vila  interpretando alegres dianas e alboradas.

Ás catro da tarde OS TRINTAS  e A UNIÓN MUSICAL , percorrerán as rúas da vila anunciando  unha GRANDE ROMARÍA  na citada praza  e na que actuarán as dúas bandas  e a LIRA DE RIBADAVIA.

Ás once da noite  e no mesmo lugar artisticamente engalanada  e alumeada por milleiros de bombillas  multicores  a tan tradicional grande  VERBENA DA NOITE DO SAN XOÁN . queimando a  primeira sesión de fogos de praza e ar . obra do moi coñecido grande artífice  don Ricardo Álvarez  . constando de numerosas pezas fixas de grande fantasía  e esplendor , que lanzarán as súas luminarias  mentres o espacio é rachado por magnifica lucería de  voadores e ráfagas de morteiros , alumeándose vivamente polo  estrelazamento de bengalas  en paracaídas. Rematará  a  dita grande  verbena cunha formidable  TRACA AÉREA.

XUÑO, 24.-  Nas primeiras horas da mañá  a LIRA DE RIBADAVIA e OS TRINTAS , percorrerán as rúas da vila , anunciando cos seus acordes , a solemnidade do día do noso Santo Padrón . Algún tempo despois fará a súa presentación nesta vila  a magnífica e recentemente remodelada  BANDA MUNICIPAL DE LUGO  co seu complemento de típicas gaitas  do pais, que coa súa música colmará  as aspiracións desta veciñanza, desexosa de escotala e apraudila.

Ás once MISA SOLEMNE  , na honra de SAN XOÁN BAUTISTA, na parroquia de Santa Mariña,  na que pregará , facendo o paexírico do Santo, o moi elocuente orador  sagrado o R.P.  Xosé María Vallejo , Comendador do Convento da Mercé , nesta vila, coa asistencia  das Autoridades, saíndo segudamente  a mloi SOLEMNE PROCISIÓN  do Santísimo Sacramento  percorrendo o itinerario de costume , achándose as rúas  alfombradas  de espadana, buxo , flores, etc.  sendo acompañada  polas agrupacións musicais  citadas, facendo garda de  de honra á S,D,Mde,  un piquete da Garda Civil  deste posto  e pechando a relixiosa comitiva , coa súa marcialidade  característica  unha Compañia  do Terceiros Batallón  do Reximento de Infantería , número 30, destacado nesta vila.

De unha a dúas , ANIMADO PASEO , na  mencionada praza de don Xoán María López.

Ás sete da tarde ,GRANDIOSO CONCERTO  na mesma antes expresada praza  A BANDA MUNICIPAL DE LUGO , dirixida polo inspirado  compositor Sr. Sariñena  e a de RIBADAVIA , baixo da batuta do grande Mestre Temes, interpretarán programas selectísimos  facendo desta festa  unha verdadeira manifestación de arte, como corresponde á primeirísima  categoría de ambalasdúas  agrupacións  e á afeizón  e cultura musical  do auditorio desta vila.

Ás once da noite  TERCEIRA E ÚLTIMA  GRANDE VERBENA , realzada coa actuación dos magnificos conxuntos  musicais a BANDA MUNICIPAL DE LUGO, A LIRA DE RIBADAVIA   e OS TRINTAS . Na dita verbena queimarase unha SEGUNDA COLOSAL  SESIÓN DE FOGO DE ARTIFICIO , exclusivamente de ar  e da mesma procedencia  que na anterior rematando  estes tradicionais festexos  entre atroadores disparos de morteiros , tracas e cubos de  bombas.

                                                                                                                                   A Comisión

NOTAS.-  Interésase da veciñanza  engalane as súas fachadas  con colgaduras  durante os catro días destes festexos.

Asemasde rogan que  para o paso  da solemne procisión  referida  se alfombren as rúas  con espadanas, buxo, flores, etc.

Encarécese  ás señoritas  teñan a ben locir o clásico mantón de Manila  ( segundo  españolisimo e tradicional costume ) nas verbenas ás que se refire o presente programa-

O pobo de Sárria, o memso que a Comisión organizadora que suscribe , agradecen  vivamente ao Sr. Alcalde de Lugo  e Excelentísima Corporación municipal da súa digna presidencia , a deferencia que supón para nós  a asistencia gratuita da súa magnífica Banda Municipal nestes festexos tradicionais.

As Sociedades  O Casino e  A Unión organizarán durante estes días diversos festivais  en honra  dos seus socios, familiares  e forasteiros presentados.

Tamén se fai constar  que AS INSUAS foron amablemente cedidas polo seu  propietario don Xabier Saco Rivera , para a romaría galega  comprehendida neste programa.

Os artísticos alumeados que  se anuncian  correrán de cargo  do técnico-especialista pontevedrés D. Miguel Romero. 

                                                                 *****************  

A Comisión editou un folleto de 36 páxinas  ,  impredom nos  Talleres Tipográficos  "Casa Severino " -Sárria coa  programación dos festexos  , que inclúe os seguintes reclamos  publicitarios.

                 GRANDES  FESTAS DO SAN XOÁN.- SÁRRIA -1942. Portada cun debuxo de A. Vázquez ( Avary )  con faroliños á veneciana, un tiovivo  , a siueta da torre da igrexa de Santa Mariña  e un gaiteiro tocando a gaita.

                                                Publicidade                                      

1.- Fábrica de galletas e  Caramelos EL POSTRE MADRILEÑO ( Marca rexistrada ) Fulgencio López -Sárria ( Galicia) Confitaría e Pastelaría,

2.- Produtos  KRISSOLA .- Eloi González , S.L. Sárria ( Galicia ) Crema Krissola.

3.- Obradoiro Mecánico de Ebanistaría  ANTONIO BALBOA E COMPAÑIA  . Rúa Diego Pazos- Sarria

4.-  Cimento Artificial Portland. Cruz Branca.  Marca de Fábrica Deposotada. ANTONIO VIÑAS .  Materiais de Construción. Depositario de Cervexa.  Sidra Sarracina e Aldeana.  Vermú Cinzano. Coñá Osborne.  Licor Pax Benedictino.

5.- Permanentes MELÉ.  Ondulacións  Marcel e á Auga .MELÉ. Tintes. MELÉ. Manicura .MELÉ. Cellas e Peiteados.MELÉ. MELÉ, sempre MELÉ, A mellor instalación de permanentes. Avenida Calvo Sotelo.Telefono 78 . Sárria ( Na actualidade: Rúa da Liberdade )

6.-  BAZAR CASTRO. Luis Castro López. Rúa Maior 21-Sárria .  Novo establecemento de  Mercearía e Bazar. Artigos grande novidade. Prezos económicos. Exposición permanente.  Grande surtido en  Louza, Cristal e Mercearía. Non faga as súas compras  sen antes visitar  o BAZAR CASTRO.

7.-   EL ÁGUILA. Fábrica  de Calzado. Especialidade  á medida.- ENRIQUE FERNÁNDEZ. Avenida de Calvo Sotelo .Sárria. ( Na actualidade: Rúa da Liberdade )

8.- Faga fotografías. Recordo permanente  dos seus días solaces.  Afeizoados:  FOTO CARME SANTA-MARÍA  ofrécevos material, galería  eléctrica moderna  e rápido laboratorio. Revelados, copias, ampliacións e reproducións . Maior 14. Sárria.

9.-  PALLAROLAS RADIO. Construcións.  Reparacións.  Amplificadores para festas e bailes.  Electricidade. Instalacións.Material. Lámpadas,  Radio Técnico. Maior, 14. Sárria.

10.- Obradoiro  de Prataría e Reloxoaría. O seu reloxo  quedará novo  reparándoo na casa de CEFERINO FERNÁNDEZ . Benigno Quiroga . Sárria ( Lugo ).

11.- ALMACENES SIMEÓN, Sárria . Sucursal de Fillos de Simeón GArcía e Cia.  Casas en: Santiago. Vilagarcía.Ourense. A Coruña. Vigo. Oviedo, Santander, Ferrol, Pontevedra. Xixón. Lugo. Madrid. Sárria. Bilbao. León. Burgos. Onde hai unha casa  de SIMEÓN GARCÍA ,  elíxaa para facer as  súas compras  de toda clas de tecidos  e confeicións. Sección de Calzado Sempre últimas novidade. Unha marca de calidade e garantía " El Tigre"

12.-  EL ENCANTO. FRANCISCO PÈREZ. Tecidos e Novidades. Paquetaría e Quincalla - Especialidade  en panaría. Rúa Matías López, 15. Sárria.

13.-  Drogaría. Perfumaría. Bisutaría. Mercearía, DILO. Últimas novidades  e grande surtido en todos os artigos.

14.- CASTRO. Calzado e Camisaría. Denantes de mercar os seus zapatos  visite vostede  esta casa; nela achará  calidade e economía. Grande susrtido  de verán  para señora,  cabaleiro e neno. Constantemente  estánse a recibir  novos modelos.  Non o dubide: Os zapatos que a vostede  lle agradan   áchanse nesta casa. Merque as súas camisas  a CASTRO.

15.-  LAS NOVEDADES. XOSÉ PEDRERO GALLEGO. Maior, 32, Sárria. Tecidos. Paquetaría. Bisutaría. Mercearía. Xéneros de punto.  ¡ Extenso surtido en chapeus para cabaleiro !

16,-  CAFÉ BAR MARISCO . Propietario: LEOPOLDO DEIBE. Sárria. O Café-Bar "Marisco" instalado provisoriamente , presenta todos os días as seguintes tapas:  Aceitonas cocidas en dúas salsas. Berberechos con Jerez e Ron. Anchovas sen sal e verdes.  Mariscos sen cocer  e con patas.  Pasteles fritidos  en auga.-  Fígado na cazola, Calamares ao Castroncán.- Referscos quentes e bebidas das piores. Un café horrible , só ou con leite acharao  no  Café- Bar MARISCO a todas  horas ( Do revés  a petición do anunciante ).

17.-. JULIVAREZ. Escola de Ensino Medio. Bacharelato. Comerzo, preparacións especiais. Curso  intensivo  de verán  para pase de escolaridade. Enderezo:  Av. Calvo Sotelo ( na actualidade: Rúa da Liberdade ).

18.- MATÍAS LOUREIRO. "LA SARRIANA" Fábrica de Galletas. Teléfono 69. Sárria. Confitaría e Pastelaría. Especialidade en encargas  propias para festas, vodas , bautizos  e en  xeral todo o referente  a confitaría. Rúa Maior. Núm 4.

19.-  MERCEARÍA EL SIGLO Rúa Maior, 37.SERGIO BELLO. Sárria. Grande surtido en botóns,  fibelas,  broches  e toda clas de adornos para traxes de señora.  Especialidade en faixas,  sosténs e colos para vestidos ; garabatas de  alta novidade, variado surtido  en pendentes, cadeas  e pulseiras , tintes, carteiras  e cintos de todas clas , roldos e  alfombras  de todos os tamaños, grande surtido en  perfumaría , xabróns  e uteis para barbear  e cortar o pelo. A casa máis surtida  no ramo da Mercearía  e similares.

20.-  FERRETARÍA . Mobles. Batería de Cociña.  Quincalla. Cristais.Pinturas.Pinceis e ferraxes en xeral. AMADOR DÍAZ LÓPEZ. Rúa de Benigno Quiroga , 10 .Sárria ( Lugo )

21.- MI SASTRERÍA de  BAUTISTA LÓPEZ. Últimas novidades  en panaría. Rúa de Matías López- Sárria.

22.- FOTO PAZ. ¿  Quere Vostede  conservar un recordo familiar ? apresúrase a encarregar  as súas ampliacións  nesta casa , seguro de que quedará satisfeito.  AFEIZOADOS  Revelando aquí  as vosas peliculas  obteredes boas copias. 6 Retratos para carnet  retocados , 6 pesetas.

23.-  ¿ Un especifico estranxeiro só  na FARMACIA MODERNA. XOSÉ CORNIDE. Sárria.

24.-  OBRADOIRO DE RELOXOARÍA  E XOIARÍA . Reparación  de toda clas de  reloxos, máquinas de escribir , alfaias en xeral. Construción de : Pezas de mecánica fina,  Caixas para reloxos , Sortixas , Pulseiras, etcv. , etc. Para todo isto, só un obradoiro PEDRO SÁNCHEZ . Diego Pazos. Sárria, Prezos sen competencia. Traballos garantidos.

25.-  EDITORIAL VIRGEN DEL CARMEN.SÁRRIA. Gema para estilográficas. CASA SEVERINO. Maior. Sárria. Bazar.  Xoguetes,  Bisutaría. Libraría. Obxectos de Escritorio .Material  escolar. Para as festas do San Xoán 

26.-  CASA SEVERINO. Imprensa . Traballos de fantasía. Relevos. Material moderno. Manipulado de papel.  Fábrica de sobres e bolsas.  Papeis de toda clas. Encadernacións.

27.- HOTEL ROMA. SÁRRIA. Propeitarios: VIUVA E FILLOS  DE E. PRADO.  Calefación central,  Auga corrente quente e fría en todos os cuartos. Cuartos todos exteriores  con vistas  a espléndidos panoramas . O máis de perto á Estación. Telefono 50.



Comentarios

Publicacións populares