CONCELLO DE SÁRRIA ( 1891 )

 ACORDOS DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 1891 )

         ALCALDE :  XOSÉ VÁZQUEZ CASTIÑEIRA

1 de xaneiro.-  Formación do listado de maiores contribuintes.

22 de xaneiro.-  Por Real Decreto de 19.11.1890 foi disolto o Congreso e a parte electiva do Senado. Renovación da Xunta Pericial.  Cesan: Manuel Rivera Macía, Camilo García Vaamonde,Santiago Sarry Valcarce, Bernardo García Goyanes. Cesa o tenente alcalde 2º, Camilo García Vaamonde que pasa a ser deputado provincial polo Distrito Sárria-Chantada, e entra  Xosé López Vaamonde. Os veciños de Lier  solicitan o arranxo da ponte  da parroquia. Concesionario do alumeado público.: Manuel López Ramil, por  1.194,50 pesetas. Alumeado con 5 lámpadas no Cárcere  306,25 pesetas concedido a Pedro Castaño Castaño.- Non se aproba a conta das obras da Rúa Maior presentada por Xosé Cabada.- 200 pesetas a  Manuel Alfonsín Cedrón polos permisos da nova rasante.- Convocatoria da Xunta  Carceraria do Partido para o día 20.- Luis Salgado cobra  7 pesetas  polo arranxo de 6 farois- Por reparos e percura de cabdal de auga na Fonte Ribeira pagan 56,65 pesetas a  Xosé Xacobo Cabada.- Fortunato Engroba Gómez  solicita aporveitamento dunha sorte no Monte de San Mamede do Camiño.- Fixación de locais para votacións: 1º.- Casa do Concello ( Rúa Maior 1 ).2ª Casa de Francisco Sánchez , de Cedrón ( Piñeira ). 3º.- Casa Reitoral de San Pedro de Froián, 4º.- Casa de Manuel Fernández, en Barreiros ( Ortoá ).5º.- Casa de Tomé García, en Lousadela. 6º.- Casa de Xosé Pérez, en Corvelle.

22 de xaneiro.- Pedro Saco Pradeda, aprehensor dun prófugo do Alfoz do Castro de Ouro trata de librar do servizo militar ao seu irmán Henrique Saco Pradeda.

29  de xaneiro.-  Benigno Liz Carreira  pretende facerse con 6,93 áreas do Monte de Arzán, en Santiago de Farbán e consideran que perxudica aos veciños.

7 de febreiro.-   Identificación dun prófugo.

19 de febreiro.-  Non se celebrou sesión.

21 de febreiro.-  Reclamación para a baixa en quintas de Henrique Saco Pradeda.- Xoán Fernández Arias, de Perros-Calvor, denuncia a Manuel Villanueva por apropiación de terreo no Souto de Perros.- Acordan cepar as árbores publicas .- O alcalde pide que nomeen unha comisión para organizar os actos relixiosos do Venres Santo e facúltano a el.-  Páganlle o lavado da roupa do Cárcere ao alcaide-carcereiro.

26 de febreiro.- Non se celebrou sesión.

28 de febreiro.- Sobre Quintas.-  O cura de San Martiño de Louseiro  pide que a axuda de 15 pesetas concedida  á pobre Benita Filgueiras ( falecida ) se lle dea á súa nai Manuela Huerta

5 de marzo,- Xesús  Díaz Fernández redime a sorte de soladado a metálico.- Creación da praza de Direitor de Obras Municipais. Nomean a Xosé Ulloa López, axudante 2º do Corpo de Obras Públicas-.- O día 6 nomearan un garda auxiliar para o Cárcere.- O Señor Rodríguez de Tribui pide o arranxo da Ponte do Poste na Chanca.- Cesamento dos peritos da Xunta  Bieito Díaz López, de Betote, Amador Fernández Armesto ( Madrid ), Felipe López, de Belante  e Manuel  Rodríguez Díaz .

..........-  Arranxo da Praciña da Estafeta , entre as casas de Xosé Quiroga Núñez e Xosé González "Centeais",- Francisco González, Francisco López Díaz  e Manuel Díaz Capón, gardas municipais, pediron un  aumento de soldo  de 0,20 pesetas diarias e denegáronlles a solicitude.- Xosé Tourál Vales denuncia  Froilán Cabarcos por filtración de zurrios e augas suxas procedentes da súa  casa.

21 de marzo.- Venancio Vázquez López manda 100 pesetas para premiar na Feira do Seis de Abril con 20, 15  e 10 pesetas a vaca con cría que dea máis leite e a 3 égoas  e 10 pesetas para o escribente do Concello que controle o acto facultando a Xoán Carreira Carrete ou ao seu irmán Matías Vázquez López para levar adiante esa encomeda. Concede ademais  10 pesetas para premiar a mellor porca de cría-. Xurado: Sarry, González Pérez, Carreira e  Vázquez.- Mariano Zaera solicita que saia a subhasta o cobramento do imposto `rovincial sobre o corpo de alcoois.- Piden que non se faga obrigatoria  a agremación de viñoteiros.- Expediente contra Xosé González @ "Valdeorrés"  e Ramón Rodríguez que deben 105 e 25 pesetas ( 1889 a 90, 4º trimestre.- Conceden 6 días de permiso ao Segredario do Concello.- Conceden   2 pesetas aos médicos  Xusto Macía e Valentín Lois  pola súa participación na tallaxe de quintos.

23 de marzo. CESAMENTO DO ALCALDE XOSÉ VÁZQUEZ CASTIÑEIRA ( Notificación o día 28 )

                                  Alcalde interino : ANXO FERNÁNDEZ GALLEGO

2  de abril.- Comunicació do cesamento o día 23 de marzo, notificado o día 28, do alcalde  Xosé Vázquez Castiñeira ocupando  o cargo, con carácter interino, Anxo Fernández Gallego.- Macía Vázquez propón que non se acepte a proposta de premios feita por Matías Vázquez López e acordan desistir dos premios.-  Coñecemento de que a POBOACIÓN total do  Concello de Sárria alcanza os 11.590 habitantes.- O Concello queda formado polo alcalde, 4 tenentes de alcalde e 13 concelleiros que representan a 4 Distritos municipais. 1º Distrito ( 4 concelleiros ):  San Salvador de Sárria, Santa Mariña de Sárria, Castelo dos Infantes.- Fafián.- Farbán.- Fontao.- Requeixo, San Lázaro, Estación,  San Martiño de Requeixo, Celeiro,  Veiga, Estrada, Barreiros, A Nogueira, O Carballal, Ponte Vella, A Ribeira, Santo Alberte, O Toleiro, Vigo e Vilar de Sárria. 2º Distrito (  6 concelleiros ): Albán, Biville, Chorente, Nespereira, Santo André de Paradela, A Pinza, Piñeira e Vilamaior, Cesár,  A Chanca,   San Pedro de Froián, San Sadurniño fr Froián, San Vicenzo de Froián, Loureiro, Santo Estevo do Mato, San Salvador da Pena, Santa María da Pena e Reimóndez, 3º Distrito: (6 concelleiros ):  Arxemil,  Barbadelo, Belante,  Frades, Goián , Maside , Meixente e Ortoá,.  Betote, Lousadela,  San Salvador do Mato,San Xulián da Veiga, Santiago da Veiga, Santa María de Vilar, San Fiz de Vilapedre e San Miguel de Vilapedre. 4º Distrito  (  2 concelleiros ) Calvor, Santo Antolin, Camiño, Corvelle, Ferreiros, Lier , Louseiro, Rubín, Seteventos , Castro dos Petos,  Vilar e Vilarrairo.  Fondos do mes de abril: Gastos do Concello: 3.291,71 pesetas. Policía de Seguridade :  564,25 pesetas, Policía Urbana e Rural:  536,75 pesetas, Instrución pública: 2.595, 93 pesetas, Beneficencia:   67 pesetas. Obras Publicas: 904 pesetas;Correción Publica ( Cárcere ): 1.891,04 pesetas; Cargas: 7.021,77 pesetas; Obras de nova construción:  666,60 pesetas; Imprevistos:  34,48 pesetas. Total: 17,573,47 pesetas.- Falecemento de Xosé Gayoso Arias, representante do gremio do sal.- Manuel Pérez solicita facer obras de renovació na súa casa da Rúa Maior.

9 de abril.-  ( Alcalde interino: Anxo Fernández Gallego ) O pedáneo de Vilamaior pide o arranxo do Rego Bacelo.

16 de abril.-  Sobre o cupo de alcoois.

18 de abril.-  Demarcación do casco de poboación : Comezando na  casa  de Ambrosio González no Mazadoiro ( Casa do Mesón )  segue á Ponte Vella , na estrada de Baralla ( Vilar de Sárria ), de ali vai  aos Muiños de Xesús Carreira Carrete ( Muiño do Toleiro ), segue pola Ponte Ribeira ao Muiño  de Euxenio Neira Solance ( Muiño da Ponte Ribeira ), vai de ali á casa de Xosé López Prado na Lamarregueira, xirando  á Ponte da Áspera, de onde baixa á Estrada  de Portomarín ( Ponte de San Lázaro ) e deixando á dereita a Estación do ferrocarril, alcanza a   casa de Manuel González ( Casa Mesón do Mazadoiro )

25 de abril.- O xornal de "El Regional" ocúpase do rexeitamento feito polo Concello  con relación  á dotación de premios para a reses  feita por Venancio Vázquez López.-  Venancio Vázquez solicita que a cantidade de diñeiro destinada a premios se lle entregue  a Anxo María Sampedro, párroco  de Santa Mariña, para axuda de pobres necesitados. Os morosos de consumos teñen unha débeda de  786,33 pesetas,. Retribución ao Axente Executivo, 155,76 pesetas.- Licenza  a Manuel Pérez para renovar a casa da Rúa Maior.- Manuel Fernández Rodríguez, da Casa de Barreiros ( Ortoá ) obtén licenza para facer unha palleira.- Xosé Antonio García, licenza para casa na Estrada do Mazadoiro.-  Reclamación de Pedro Loureiro Arias contra a ampliación do Campo da Feira.- Sobre obstrución da Corga do Río en San Sadurniño de Froián, lugar de Quintela.- Manuel López Pramo , de Goimil, denuncia a Manuel Leiras e Domingos Vázquez  por apresos no Camiño de Ponteporferro O cura de Santa Mariña  ao presbítero licenciado en sagrada Teoloxía e profesor do Seminario de  Lugo  100 pesetas polos sermóns de Xoves e Venres Santo.-  Pedro Loureiro ( Ferreiró )  pregunta por uns regos abertos no Campo da Feira por  Xosé Vales ( Toural ),. Suprimen o arbtitrio  de prezos públicos  por ocupación  de postos no Campo da Feira pola Feira do Seis, para axudar a consolidala..  Reclamación para que  o Estado restitúa as aportacións  feitas polo Concello para o Exército e a Garda Civil .

2 de maio,-  Remprazos.-  Licenza a Acacio Blanco para facer unha casa no hectómetro 2  da estrada do Mazadoiro  a Lamarregueira.- Xosé González  Pérez de Ferreiros licenza para facer unha  casa na Barcia.- Santiago Sarry denuncia  a  Xosé López Arias de Treilán por un asunto de augas,

16 de maio,-  Renuncia de Xerardo Macía López á praza de escribente e nomean provisoriamnte a  Henrique Vázquez Pérez. Discusión  sobre a división en Distritos nos que residen  11.592 habitantes. Licenza a Barreal de  Corvelle  para facer unha casa na estrada de Baralla. Pagan ao notario Acevedo por intervir nunha subhasta 35,49 pesetas. Formación do censo.

23 de maio.-  Licenzas para facer casas a Santiago García Álvarez ( O Mazadoiro ), Euxenio Páramo López ( San Fiz de Vilapedre ),  Comisión para a Festa do Corpo de Cristo: Xesús Carreira  e Euxenio Álvarez,

6 de xuño .-  Autorización a Xosé Somoza Díaz  para abrir unha fiestra no número 62 da Rúa Maior.A Pedreira.

13 de xuño.-  Aprobación das elecións municipais de maio de 1891.- Ingreso de 200,01 pesetas no Tesouro por consumos.- Pedro  Piñeiro Neira, representante  do gremio do sal,

                        ALCALDE : EVARISTO GAYOSO LOSADA

1 de xullo.-  Constitución do Concello:  Evaristo Gayoso Losada ( alcalde );

4 de xullo.- Formación de Comisións:  Gobernación, Facenda.- Nomeamento de Alcaldes de Barrio.-  Adquisición de sustancias para matar cans sen dono " e para evitar  os repugnantes ladros dos cans  nas rúas e prazas do pobo". 1º Tenente de Alcalde: Amadeo Macía Vázquez. 2º Tenente de Alcalde:Amador López Martínez. 3º Tenente de Alcalde; Agapito Lois Cabañas. 4º Tenente de Alcalde: Xoán López Suárez. Procurador Síndico:  Xesús Carreira Carrete.-  Xosé María Rodríguez.  Inacio Valcárcel Fernández.  Xoán López González.  Manuel López Fernández.-  Matías Vázquez López.-  Antonio Sánchez Grandas,   Xusto Macía Vaamonde.  Manuel Rivera Macía. Manuel Rivas Goyanes. Xosé Vázquez Castiñeira.  Xosé González Pérez. Xosé Losada López. Fixan as reunións para as 5 da tarde dos sábados.-

11 de setembro.-  Fixación de prezos dos produtos a efectos de pagamento de rendas.-  100 pesetas para o arranxo da calella de entre as casas  de Xoán Cabarcos  e Manuel Lois ( "Calellón de Lois "entre  a Rúa Maior e As Airas da Pedreira,

Comentarios

Publicacións populares