A VACA NOVA ( 754 )
A VACA NOVA ( 754 )
( 15.05.1989 ) Publicación da ASOCIACIÓN DE ALUMNOS DO CENTRO DE EDUCACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS DE SÁRRIA ( Rúa Pedro Saco nº 4 ) .
************************
A VACA NOVA ( MÒVIL )
REVISTA AGROPECUARIA DA JET SOCIETY DO RIBEIRO . 15 MAIO 1989
Noutro tempo a sufrida vaca galega , que moitas veces non tiña forcias nen para escorrenta-las moscas co rabo , daba leite , daba estrumados con boa bosta , araba . facía carretos e daba quentura nas casas.
Eran outros tempos e eran outras as vacas .. Logo veu a moda das vacas pintas e todo cambiou . As vacas fixérronse moi " señoritas " e os labregos seguíronlles o xogo ; Todo se volveu mungur e munguir.
E axiña empezaron a medrar coma choupíns " importadores de Torrelavega", esa caste de xente que traía vacas suizas de Santander . E todos presumían de vacas estranxeiras.
Máis adiante apareceu outra caste de espabilados. E aproveitando que se fan campañas de saneamento do gado houbo quen deu en aproveitar a boa fe de moitos , polo camiño de revender o que só era carne de matadeiro.
As vacas fixéronse moi viaxeiras. Sen se compadecer da súa enfoirmidade os espabiladiños de sempre deprenderon a mudar os papeis e facer desaparecer as marcas das orellas .E viaxe vai viaxde ven todo o mundo deprendeu xeografía , porque ata houbo vacas que viñan en barcos para da idea de que viñan de fora.
¡ Que lonxe están aquelas vacas sofridas e caladas !
Din que por orde xudicial hai agora condeadas a morte un montón de vacas oficialmente desaparecidas que sempre rexurdíanb sen pasar polo matadeiro. E todo o mundo contente : o que se desfacía da vaca e mercaba outra a conta da subvención logo de redondear os números co "intrermediario " que salvaba a vaca do coitelo e lla vendía " de importación e a moi bon precio " a alguén que matinaba mercar gado saneao e mercaba morralla .
¿ E non han parar nunca os listos de zugar e zugar quitándolle luce a canto invento humán se fai ?.
E non falamos de catro ou cinco pesetas . Son moitos os millóns que os espabilados arrimaron para o seu muiño .
¡ Madia leva que agora as vacas viaxen en avión e en barco !
Estas vacas xa non son o que eran. Por riba de non vir de fora ata son moi capacer de morrer tres ou catro veces e levar riba do lombo unhas cantas subvencións e desaparicións de chapas.
¡ Agora as vacas móvense moito !
ASOCIACIÓN DE ALUMNOS.- CENTRO EPA.- SÁRRIA
***********************************************************************************
VACAS HOLANDESAS ( procedentes do Matadeiro de Valporqueiro de Marranquelos ) SANIDADE GAREANTIZADA, Tramitamos todo o que faga falla.. GRANXA DO BON ACOUGO ( de Lalín a unha beira ).
..............................................
NON SEXA PARVO CRIE CÁGADOS DE SAPO. MERCADO SEGURO,. ( a súa pode ser a primeira granxa a nivel europeu ). NOS FACILITAREMOSLLE OVOS DE SAPA DOS CÁRPATOS E SAPO CORNUDO DO BRASIL. Nós facilitarémoslle tamén : ASISTENCIA TÉCNICA. ASISTENCIA SANITARIA. ASISTENCIA VETERINARIA . A NOSA REDE COMERCIAL.- Curiosos astéñanse : INVERSIÓN MÍNIMA : 7.000.000 pesetas . RENTABILIDADE GARANTIDA. Para máis información chame ó teléfono 444 / 333222. ¡ SON MOITO MELLORES QUE O CAVIAR !
..............................................
FÁBRICA DE PIENSOS DO CAMERÚN BUSCA REPRESENTANTE A COMISIÓN. Producto de calidade , experimentado cos cocodrilos do río Zambezee .
.............................................
LEITE PARA DESTETE DE BECERROS. U-24 para gatas recén paridas U-25 para cochos con pintas U-26 para canarios roncos U-27 para cans abstemios -
TEMOS DE TODO PARA TÓDOLOS ANIMAIS
A nosa secreta fórmula , feita cos mellores productos , fai posible que os seus animais sexan os meirandes
PRÓBEOS COA SÚA SOGRA E XA VERÁ
...............................................................................................................................................................
UNIÓN.GRACIOSA,. ZONA DE SÁRRIA.INFORMA
Felizmente rematados tódolos traballos de reelectrificación das parroquias do Concello de Sárria e tendo de sobra 3.005.006.007.008.009 kilowatios que non sabemos onde metelos, comunicamos a tódolos usuarios que para o período de verán que vai comenzar t arifaremos segundo a continuación se indica ;
PARROQUIA DE GOIÁN
Por cada 5 kw de consumo regalamos 5.000.000 kw / mes para empregar no aire acondicionado dos trobos e colmeas.
PARROQUIA DE SETEVENTOS
A cada abonado regalaránselle 2.000.000 kw / mes para empregalos nos muiñiños de café.
PARROQUIA DE LOUREIRO
Por cada abonado que cause alta e se comprometa a un consumo mínimo de 19.999,999 kw, concederáselle á parroquia unha hora de alumeado gratis o día de Santo Alberte de Kasitowick,
PARROQUIA DE VIVILLE
A cada tutular de explotación agropecuaria que teña tanque de fríocunha capacidade de 6.000,000 de hectolitros, regalaráselle unha lanterna de peto-
UNIÓN-GRACIOSA NA LIÑA DO PROGRESO
Mérquenos os kilowatios que o demáis é conta nosa, CONSUMA ELECTRICIDADE GALEGA
¡ E A MELLOR !
**************************************************************************************
ORDEÑE ¡ PLEASE ! SIDRO XA
Pena dos Petos, 15 de maio de 1989
Antón Parada Parada
Alemania
Querido Toniño :
Escriboche esta carta para che decir que te veñas, que estás perdendo o tempo ahí en Prskwenkertrasse, que estades moi atrasados e non sabedes o que é vivir, Vente para acó Toniño , faime caso, que xa non sabemos que facer cos cartos. Mira, xa denantes de que nazan os becerros os temos apalabrados , para que lles vendamos os cuxos os tratantes xa non saben que nos han regalar : televisores, arradios , lavadoras .... xa me sobra de todo , con decirche que ata o can dorme nun frigorífico que teño na palleira . Págannos os becerros a coma queremos e aínda se encabuxan con nós se llos queremos vender a desprecio. Ven para acó . Toniño., que xa teño contas en tódolos Bancos de Sárria e en catorce Moforte e non sei que facer con tanto diñeiro. Teño informatizadas as cortes e non fai falla e non fai falla nin mungui-las vacas , de todo iso encárgase o ordenador . ¿ E do leite que decir ?. Máis houbera que máis levaban . Vente Toniño , que Alemania xa non é o que era, e aquí en Galicia nadamos en fartura.
Apertas.
Pepiño
*************************************************************************************
CASTELAO
Dous vellos parrafeando : - A moita auga non é boa pra o viño
- Pois o taberneiro non pensa da mesma maneira
Dous bebedores na adega ; - ¿ Que che parece o meu viño ?
- Je..... por onde vai molla e como refrescar , refresca
Consello dun pai a un fillko : - Faite médico, hom , que enfermos non han faltar.
- ¿ E a concencia ?
A parteira e muller parida ; - Pero muller.... ¿ Como lle fixeche unhas camisiñas tan pequenas ?
- ¡ Como non lle podía tomar medidas !
*************************************************************************************
OS LABREGOS DA TERRA DE SÁRRIA AXUNTADOS EN XUNTA XERAL ACORDAMOS :
1º.- Solicitar do Sr. Alcalde de Sárria que fagan axiña unha boa ampliación do CAMPO DA FEIRA que xa non temos onde poñer os tractores cando baixamos o gado ou a toma-lo pulpo , e non está ben ter que deixalo lonxe . A VER SE SE ANIMA, HOME, E NOS FAI O APARCAMENTO.
2º.- Pedirlle ó Concello , á Deputación , á Xunta e a quen faga falla , que non se "despisten" e fagan pistas asfaltadas , que faltan moitas.
3º.- Pedirlle a todos aqueles que teñen un anaquiño de mando que miren a ver se nos poden mandar uns ferrados de electricidade, que a cousa está que esmorece. A eléctrica di que a culpa e nosa , que temos moitos cachivaches e cadno puxemo-la luz contratamos para unha bombilla . E nós pensamos que iso non é moi correuto , porque tamén cando se puxo a luz nas vilas e nas cidades non se inventaran as cousas que agora se inventaron , e agora xa non hai problema . Por iso pedímoslles a todos vostedes que se deixen de prosmeadas E REELECTRIFIQUEN TODO O QUE HAI QUE REELECTRIFICAR , QUE É MOITO. E deixen de dicir monadas . Que nón non temo-la culpa de que estiveran aos biosbardos e non reforzaran as liñas cando tiñan que facelo , e se algunha cousa temos nos kilowatios outros haberá que a teñan nos dividendos,
4º.- Por se non se enteraron do punto 3º pedimoslles que vaian axiña á reelectrificación total da Comarca. A época dos vermes xa pasou e non ten por que haber cidadáns de primeira e de segunda .REELECTRIFIQUEN AXIÑA que ó paso que van morrerán sete xeracións de galegos e a reelectrificación será " materia reservada" .
SEXAN BONS.- FÁGANNOS CASO , XA SABEN POR ONDE ANDAMOS
*************************************************************************************
NOVOS XEITOS DE CONSEGUIR TELÉFONOS NAS ALDEIAS
No desexo de que nin unha soa das casas do medio rural quede sen teléfono , vimos de elaborar un novo memorandum de concellos para que TODOQUISQUE teña teléfono , por moi lonxe que quede da capital e das vilas :
SISTEMA A.- 1.- Escríballe unha carta ó Delegado Provincial da Telefónica, poñéndolle moitas faltas de ortografía .Coma é bon home , ó ver que non hai demo que saiba o que pon a carta, vai e pensa: " Pobriño cidadán , voulle botar unha man e poñerlle o teléfono .Escribe que non hai quen o entenda". E vai e ponlle o teléfono. E 2.- Hai que ter coidado en poñer lexible o remite, non sexa que lle poña o teléfono ó veciño.
SISTEMA B.- A escote pericote a parroquia toda contrata os servicios dun rapaz que teña cara e vagar e mándao para a porta da Telefónica cun xamón de plástico ben envolto en papel de saco de piensos. Cando vexa que entra o Sr. Deñlegado o rapaz achégase a el e di : " Don Fulano este xamón de parte dos veciños de Santa María de Moilonxe para que lles poña o teléfono". O Sr. Delegado di que non pode aceptalo e que moi agradecido e que xa mirará o que se pode facer.... E esta operación hai que repetila catro ou cinco anos , e tódolos días , agás festivos e vacacións. É caro. Mais acábase conseguindo o teléfono . e de tódolos xeitos con menos custe que se hai que pagar a non sei canto o quilómetro de liña.
Hai outros xeitos e tamén levan tempo. Non esmaie , denantes de noventa anos xa non se vai precisar teléfono.
..............................................................................
ESQUELA
+
DON CRIADOR DE BICHOS RAROS
R.I.P.
Rogade ben polo antedito , que falecei, víctima de inversión ruinosa , en accidente promovido por multinacional descoñecida-
A súa moi choros esposa DONA MANTEDORA DE CHICHILLAS ; fillos, GRANXEIRO DE VISÓN DO CANADÁ e COIDADOR DE COELLOS DE ALTA CLASE ; irmáns, MASIEL DE MOITO ABRIGO , FARRUCO DE POLIÑO TESO e AFOGADO DA PITA POÑEDORA ; curmán s, tíos e demáis castimonia de granxeiros na percura de novas técnicas ; amigo, MIOQUEIRO DE CALIFORNIO e máis afrixidos deudos, pidenvos que non asistades ó enterro , e se vos parece ben non asistades ó enterro , e se vos parece ben teñades a bondade de pagar por esmola tres ou catro letras protestadas.
Sárria, 15 de maio de 1989
ADEMÍTENSE FIADORES E AVALISTAS.
************************************************************************************
¿ QUEN MAMA O LEITE ?
Anda o leite moi pago / anque din que vai baixar , / isto parece un miragre , / matina xa o tío Xan.
Fixo cortes á moderna / e puxo tanque de frío / e vende leite dabondo / a COMPLESA e LEITES RÍO.
Cada mes baixa ó Banco / a coller a petoada / e logo bota as contas / e todo se volve nada,
Seis letras de SARRIPISA , / tres sacos de COGASAR, / un da ceba en Ferreiros / e nove de SAPROGAL, / fariña en Casa Mateo , / e catro bolas de sal / a cebada de almacén / e de millo un diñeiral / fanlle merma-lo seu cheque / e aló Xanciño se vai / debendo máis do que pensa / que é o resto que hai.
¿ Quen mama, coño , do leite ? / ¿ Quen co leite vai medrar ? / se mira un para o PREKO / e mira para o CEMAR , / e compara xa co ALDI , / e non para de baixar / o cartonciño ditoso / a onde o leite vai parar.
Este é un misterio grande / que alguén explicará , / por iso volvo e pregunto ; / ¿ Quen do leite mamará ?.
Din que van vir os franceses / co leite a sete pesetas , / e se hai algo niso de certo / irase a facer puñetas / tanta inversión , tanto gasto , / politica de pandeireta.
¿ Quen mama, digo , do leite ? / ¿ Quen é quen leva a ganancia ? / Pois mesmo semella hai / neste choio galafancia,
Rifan as fábricas moito / pola cuota de mercado , / e despois andan arrentes / dacordo para matalo.
Hai piensos a tutiplé / e moito labrego enganchado / ten feito cursiño rápido / de saber que protestado / ten xa medio patrimonio / e o pienso non está pagado.
¿ Quen mama, coño, do leite ? / que Xanciño está empeñado , / e debe pienso e cortello , / e anda ben amolado . / Eu non sei quen se fai rico / co leite desta comarca, / mais sei e teño seguro / que ó labrego non farta .
¿ Quen mama agora do leite ? / ¿ Canto tempo mamará ? / ¿ As débedas que trae o leite / quen un día as pagará ?
MANOLIÑO DAS BIDUEIRAS ( productor lácteo , asocaido á Confradía de Santo Antón Lacoreiro )
4 leiteiras : A CORUÑA : 29,41 %, 489.428 ) LUGO ( 46,08 % , 766.873 ). OURENSE ( 5.57 %, 92.783. PONTEVEDRA ( 12,94 % ,315.251 ).
***********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario