SÁRRIA : O HOSPITAL DA NOSA SEÑORA DO CARME. ( 759 )
CONCELLO DE SÁRRIA.- SESIÓN ORDINARIA DO DÍA 28 DE XUÑO DE 1957.
DONATIVO CON DESTINO AO HOSPITAL "NOSA SEÑORA DO CARME " DESTA VILA.- Polo Señor Alcalde dase conta dun atento "saúda" que D. Henrique Martínez Quesada, avogado de Madrid, con domicilio na rúa Conde de Aranda nº 7 dirixe ao Sr. Direitor ou representante legal do Hospital de Sárria . O dito escrito que ten data primeiro de febreiro de 1957 , copiado literalmente di : " Henrique Martínez Quesada -Avogado-Saúda ao Sr. Direitor ou representante legal do Hospital de Sárria ( Lugo ) e comunícolle o falecemento en Madrid o día sete de xaneiro pasado de Dona María Pardo Goicoechea . = A dita señora tivo un recordo para ese Hospital , no seu testamento de data 9 de xullo de 1949, outorgado en Madrid perante o Notario D. Pedro Castiñeiras Teijeiro, deixando un legato de vintew e cinco mil pesetas /( 25.000 pesetas ) libre de cargas. . Prégolle me envíen un Testemuño Notarial legalizado de se ese Hospital , pertence á Beneficencia oficial ou particular ( por calificación do Ministerio da Gobernación ) . Tamén lles prego indiquen a que persoa poderemos facer, no seu día , a dita entrega en Madrid, mais isto xa non é tan urxente como o anterior = Agradeceríaslle a pronta contestación para comezar esta testamentaría. Henrique Martínez Q,.- e aproveita gustoso a ocasión para testemuñarlle o seu afecto".
Por esta Alcaldía cumprimentáronse todos os requisitos sinalados no anterior escrito, e con data 22 de maio . e con data 22 de maio recibiuse outro que tamén copiado literalmente é como segue :
" Henrique Martínez Quesada. Avogado. Saúda ao Sr. Alcalde Presidente do Concello de Sárria ( Lugo ) e estando rematada a testamentaría de Dona María Pardo Goicoechea ( q.e.p.d. ) co pagamento de impostos reais correspondentes adxunto teño o gusto fr lle remitir un cheque contra o Banco Urquijo
Comentarios
Publicar un comentario