O INCIO : ANTROIDO 1987 ( 758 )
O INCIO : ANTROIDO 1987 ( 758 )
O GALO CORREDEIRO 1987
QUIQUIRIQUI O INCIO ANTROIDO 87
Son o GALO CORREDOIRO / e son malo de apillar , / se non gusta canto digo / podedes aturular.
Tras das avespas veu neve / xa cho dicía o refrán , / por iso hei cantar valente / con allo e máis azafrán
Seica , a algún, as galuchadas / non volo encheron de risa ./ Senóm perguntailla ó Chulo / ¡ Aquel da verde camisa !
Il andúvome no rastro / pra foderme , ¡ Que Castrón ! / Cambiárono de rabaño / prá terras de Corcubión.
Do bico dun castiñeiro / ehí lle vai o meu birindo . / Cando precise unha caixa / falarei co Tiolindo.
O Galo aínda non morreu , / é ben máis duro cos pitos / por eso pra me enterrar , / fan falla : " Mil / Gonzalitos".
Fodiches, e legalmente, / ós "Loberos Cazadores ", / a min mírame pró cú / levo prumas de colores.
Por se quedar un pasmón / que me queira bacilar , / que sepa que eu son O Pobo / e como o pille heino esmagar.
Volvo agora a Galear , / poñei esa orella atenta / que algún, se as mastiga ben , / antes de cagar reventa,
A Ouriceia , esa traballa , / a cousa ben se vos ve :/ Tocan, bailan , fan queimadas ./ Quen preside é un tal Pepé.
Nas Xuntas da Directiva / fala moito un tal Barbuxas ; / Pero , a copas e café ,/ faise o que manda a Maruja
Puxeron unha " Cademia" / ¡ Perder non vos perden baza ! / Seica queren reforzar / a " Querida Liaraza".
Zorrotes e máis castañas , / Nos Reises carros de verde / co Chicho de copiloto / do Paqué de Vilaverde,Pediro casa ó Concello / i este deulles perexil , / Intentárono enfrentalos / coa mesma Guaria Civil
O Presi aclarou o caso / millor que polo silabario. ¡ Nós queremos traballar ! / e calou , seica, hasta o Hilario ,
Fixeron campo de fúbol / mellor co de Riazor , / e quen fai moiito deporte /seica é " O Mulo do Amador".
Vaia unha frol prós poetas / Prós grandes e pequeniñosm / Unha ben grande pra un Home / Fix Vergara Vilariño.
Colleron fama na " Tronza " / Pachín e Daniel cos tarecos , / Agora as mozas, ss ... baixiño / pergúntanlles polos " Recos",
Saca o "Requiño" Pachín / pra tapar esta ·cortada" .... / ¡ Máis abaixo !... ¡ ehí ! ¡ ehí ! / Ai, Ai,Ai, Aí ¡ Afal ! ! Afaaaaaaala !
En Laiosa. fúbol, tenis, / Os de Eirexalba fían finos / que ó Farruco xa lle chaman / ¡ Ehí vai o Corre.Caminos !,
Viverti desapareceu / Parece que o secuestraron / As mozas todas do Incio / Ai , mloito por elchoraron.
Os bares fan horas extras , / máis de noite que de día / Moito debe ter que ver / unha tal Pornografía.
E vai abrir un bar novo / o Antucho da Soledá . / O Piñeira rosma, rosma . / ¡ Quen sabe o que falará !
Espetaron cruceiro novo / na porta da sacristía , / O cura do Incio rise / ¿ Quen dixo que non o poñia ?
Está a Eirexe do Hospital / en pelotas e no inverno ./ Mandou recado San Pedro : / ¡ O Quiroga vai pró inferno !
Oitocentos anos din /questa Eirexa ven tendo, / Aguantar tantas xeadas / e hoxe verse apodrecendo.
Vicentito ten a culpa / Seino eu de bon tinteiro . / Se calamos ten pensado / facer un aparcadeiro.
E meternos na Eirexa / cun cartel ben adornado / que diga ben claramente : / ¡ Aparco burros capados !
O Fraga da Ferrería / tenme cara de Bandoxo / Desfíxenlle un día a cama , / Poñer puxose comon toxo.
Que xusto é o noso Concello / que reparte por igual : / A luz da pista en Laiosa , / seica costa un Capital.
¡ Farmacéitica nova no Incio ! / Seica busca bon " Carozo"", / Despediu o cura vello / por probar nun millor mozo.
E don Angel desta ¡ Armouna ! / Foi falar co Sindicato , / pleiteou co Don Augusto / por quedar sin un pataco.
Lambéronlle coto de Farmacia , / na boca sempre leva un pito / e non lle faltou un pelo / pra quedar sin o Chiquito.
As desgracias non o deixan . Vai de follón a follón / A última foi de Carallo / SE VENDE BURRO MARÓN.
Estes curas ¡ Que modernos ! / ¿ Listos ? ¡ Ben máis cós piollos ! / Ó entrenador máis famoso / seica lle chaman COGOLLO.
De San Pedro sobe ó Incio / ¡ Moitos votos vai sacar ! / Os nenos mirán pró ceo ... /SIGUE A PISTA SIN TAPAR.
O Pastrán de Laiosa /, / de peluquín e raia ó lado, / colleu tal frio na moto , / que vos anda algo aloulado.
Ordenou pintar o altar ; / Colleu unha palangana . / Quería facer da Eirexa / unha Barra Americana,
Curiña meu ¡ Tenme xuicio ! / atende ben o Garito / seica te quere montar / o Popular Joseíto.
Á competencia, meu cura, / non te podes comparar , / polas terras de Laiosa / coa Alianza Popular.
Atende este meu cosello / Consello de compañeiro . / Onde hai Patrón / non manda mariñeiro".
E senón mira pró Gaio , / o famoso de Godral ./ A muller , un día, coa tranca , / mallouno comón animal.
Non te metas cos taxistas / que teñen moito fuciño ./ O Máximo e algún que calo / foden ben "NA DO VECIÑO"
Dende logo haber hai xente / que non pensa no veciño. / ¡ Menos mal que tiña dúas ! / senón ficaba sozinho.
O Barbas do Val do Incio / sempre co sermón . / Pra calalo contrataron / un que toca, así o Alcorcón.
Eu foder flen, flán / flen, flan o primeiro , / Eu tocar flen , flan / millor co panadeiro.
Querido pájaro loco / ben te podes acordar / que che dixen catro veces . / ¡ Hasmas de pagar !
O Cosmito do Recanto / ese que ten o dián / din que pintaba de noite / en contra da OTAN.
Este Sr. Profesor / presume de Catedrático , / Esta terra non se salva / con ideas dun lunático.
Tamén che hai quen traballa / sin asomar as plamas / Así que meu Señorito ; / Tanto, Tanto non presumas,
O criadero das conexas / empezouse a todo trallo / nais ¡ Fodas ! dixo o portugués / pre min é mutto travalho.
Os morangos de la feria / se queixan a la autoridá / pois el paisa , ese moreno / no los dega trabagá.
Ten saturado o Mercado / de cassettes de extraperlo / parecía un parxabán / e saiu ben listo, o merlo.
Á Librería " O Cruceiro" / levou o recado Macario / " Este ano o Galo cobra / impuesto revolucionario."
Os coagas empresarios / ficharon un, seica bon / Moitos cartos ten o Plácido / na chaqueta e no caixón
E do Aurelio non me esquezo / " Este horfo" / Viaxa moito á Coruña / está feito un GOLFO.
O Seara de Eirixalba / pouco debe de ganar / cando o vexo por Laiosa / ven a medio maquillar.
Que é cousa ben corriente / pra que ten un ollo vivo / pois por algo se lle chama / o Sr. Televisivo.
Laiosa queda sin festas ( O Xordo anda ó tabaco / . Ha volver á Presidencia / sen remedio outra vez Paco.
Fun a Óutara de noite / pensando de merendar , / Serviron o viño en baldes / ¡ Houbémonos rabuñar !
No cimo daquela costa / en chegando ó Criadero , / facía guardia ben cedo / o Quique de Viduedo.
Contounos que o Instormento / enfurruxado ¡ Nin mexa ! / E xa sabe a Solución / ¡ É por falta de conexa !
E chamoume o de " Ruada" / decíndome : " Ven a jrava / te haremos unha entervista / como Jalo Popular.
Non preciso propaganda / " da túa Televisión" / Grabou Caralladamente / Gamizo no magnetofón.
Meu amigo de Trascastro / se te van entrevistar / recíbeos ma pista en zocas / e que escoiten galear<.
Prémelle ó Play se cho piden / que escoiten a parrafada / e ó remate, coma sempre , / ptegúntalle ¿ Quen falaba ?.
Tu ben me entendes amigo / ieso que cobras por tolo / Tu sabes dos traballiños / Tu sabes o que é estar solo.
Tolo tamén che son eu / porque conto a realidá / porque eu cúspolle na cara / a quen sea coa verdá
¿ Políticos en Noceda ? / ¡ Ó chegar as elecciós ! / Ou tamén cando interesa / sair na televisión.
Barbaín pobo querido / co meu corazón vos falo / dende o cimo do poleiro / vaia o pésame dun Galo
Decídelle ós politiqueiros / cando vaian por ahí / que vaian ondo Rubén / que lles toque o tiruli.
Ou se non mesmo o do bombo / lles dea dous golpes bós / co macico ese de pau / no CDS dos collós
Ai, Agarimos queridos, / se vos escoito tocar / aformìgaseme o corpo / venme a gana de bailar .
Xa temos o centro médico / veu hasta o Gobernador / e ninguén lle pediu nada / a ese importante señor.
Os Coagas aprenderon . / Un labrego vai na lista / seica é moi bon rapaz / i o Vitirinario un Artista.
Díaz Fuentes falou no Incio / e Acompañouno o Vicente . / ..... ¡ Desta ganamos nós ! / que somos OS COMPETENTES.
O de Pacios de Loureiro / dicen que é a alternativa / seica " te fala moi bien" / e incluso te arranxa el IVA.
O único Socialista / Losada, o de Rendar / padrica polos camiños / desta: VAMOS RECUNCAR.
Alianza e Pesoé / deixou ó Bloque sin xente / e algún deses chaqueteros / presume de intelixente.
Pero ¿ Eran bloques aqueles ? / ¡ Pra exemplo temos ó Casilla / de traxe e cun bon coche / non vos pasa de rasilla.
En Xullo, prá Santa Cruz , / seica hai moneda a rodar / pois os bares, coma sempre , / moitos cartos van a dar.
O Galo dende esta folla / quérevos aconsellar / Facede festa rachada / e que sea Popular.
Eu quero ver ós da BANDA / hinchados con Vixigas / Os gaiteiros que non falten / seguro que fan boas migas .
Ehí veñen as elecciós / imos facer o Paiaso / ou moito mellora a cousa / ou destas digo passso....
Estrinje e os Monajillos / todos son titiriteiros / O Cacharro é quen os manda / il márcalles os carreiros.
Se queres poñer teléfono / has falar cos Populares / Tamén fan pistas coas palas , / eles son LOS PRINCIPALES.
Ó Hilario , desta vez , / non volo queren nas listas ; / Seica polos ditios del / non deixa pasa.las pistas.
Ai , o Pepín de Vilar, / o concellal máis abuelo , / se se mete nas diste ano / vaise quedar sin un pelo.
¿ Cando falaremos nós / no Axuntamento, a diario, / pra que catro vividores / vaian rasca-lo Carallo.
O GALO vaise ó poleiro / un ano máis, tras da feira, / Queira Deus, de hoxe nun ano , / se vista a parroquia enteira.
MUAC !, UN BICO PRÓ GAITEIRO QUE TEN ESE " CACHARRO" QUE ¡ TANTO NOS GUSTA !
Servicio de Publicaciones
de la
Excma, Diputación Provincial
de Lugo
**********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario