O TAMBORILEIRO MUNICIPAL ( 1986 ) ( 772 )
O TAMBORILEIRO MUNICIPAL ( 1986 ) ( 772 )
Pubñlucación elaborada polo Concello de Sárria e o Seminario de Estudos Sarriaos coa ocasión da súa presenza en Sárria para abrir as Festas do San Xoán do ano 1986 como PREGOEIRO , rendéndolle homenaxe como creador da figura do Tamborileiro Municipal no tempo que residiu na Granxa de Barreiros , na parroquia de Ortoá, exercendo como mestre nunha das expereriencias educativas máis destacadas en Galicia.
**************************
O TAMBORILEIRO MUNICIPAL ( 1986 )
SÁRRIA SAN XOÁN
AVELINO POUSA ANTELO
( Barcala- A Baña, A Coruña, 14-V-1914 )
Cursou estudos no Seminario de Santiago de Compostela . Fíxose mestre na Normal santiaguesa, e cursou tamén na Escola de Comerzo de Lugo e máis Xerencia de Cooperativas en Zaragoza.
Dende moi novo colaborou co movemento agrarista e cooperativo da Comarca barcalesa e no seo órgao xornalístico " La Voz de Barcala " e publica versos e artículos . Afiliado ás mocedades galeguistas, toma parte activa na propaganda do Estatuto de Autonomía de 1936,
En 1944 aproba as oposicións en Lugo e é destinado á escola de Santa Comba do Concello de Lugo. Coñece ó empresario Antonio Ferández López ( Antón de Marcos ) , que quere facer unha escola adaptada á realidade da aldea, en Barreiros, parroquia de Ortá, e encárgalle a dirección da dita escola e, para capacitalo, subvencionalle estudos na Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra , na Estación Pecuaria Rexional de Lugo e na Estación de Fruticultura de Logroño . No 1948 inaugúrase a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros, e dese labor nacen os Cursiños Agropecuarios para mestres do medio rural , que se celebran en Lugo dende 1948 ó 1971,
Avelino Pousa tén pronunciado numerosas conferencias sobre de temas agrarias e cooperativos, e coma colaborador de prensa está en posesión dos premios " Ramón Mourente " de temas agrarios ( 1963 ) e " Sánchez Harguindey " ( 1964 ), É autor das seguintes publicacións : "Temas de Agricultura " ( Lugo, 1951 ) ;" Cooperativss de Explotación Comunitaria pra unha parroquia rural" ( Vigo, 1968 ) ; "Valen ou non as Cooperativas de esplotación comunitaria pra o campo galego" ( Vigo, 1971; " Capitalismo e Cooperativismo na Galicia Rural·, no libro colectivo"A Galicia Rural na Encrucillada" ( Vigo, 1975 )
No 1978 , ó se constituir o Partido Galeguista , é elexido secretario xeral , pasando á Presidencia até o Congreso de Lugo de 1983.Ademáis é vocal do Padroado do Pedrón de Ouro e Presidente da Fundación Castelao.
POUSA ANTELO E O SAN XOÁN DE SÁRRIA
Pousa Antelo na súa escola de Barreiros , senón que se integrou na vida cotián de Sárria e a súa comarca.
É o creador dun persoaxe entrañablemente sarriao , O TAMBORILEIRO MUNICIPAL , que tódolos anos , polo San Xoán, botaba as súas cantigas dende as páxinas do Programa de Festas.
Por iso a Comisión de Festas, neste ano 1986, quixo que unha vez máis Pousa Antelo fora o pregoeiro , un pregoeiro na plenitude da súa vida que dende o elevado maxisterio da súa galeguidade se encontra de novo cunha Sárria tecida en amor e desamor que se abre a camiños de espranza.
Estas páxinas son pequena homenaxe para un home que dende a súa escoliña de Barreiros ergueu ben alta a bandeira dos bons e xenerosos ( X.F. L. A )
..........................................................
Este folleto fíxose coa colaboración do Concello de Sárria e o Seminario de Estudis "Francisco Vázquez Saco
......................................................................................................................................................................
PREGÓN ( 1955 )
I Señores, ¡ Chegou San Xoán ! / ven repreto d ' alegría , / pra gastare n' este día , / dende Betote e Farbán.
Ven como chega o rico , / bulicioso e pracenteiro , / con tres reales e pico , / agachados no sombreiro.
Ven con gaitas e pandeiros , / pra todo sarriano ven, / e tamén prós forasteiros.
II " Si ' a ser, que seña boa, / queima sin tino muller ", / - dicíalle el a ela - / que dimpois d ' este San Xohán, / lárgome para Venezuela.
III Moza sig 'os meus consellos / s ' o casoiro has de arregrar , / namotra n 'este San Xohñan / que detráas ven o fogar.
Mais non te deixes da lúa / fondamente impresionar / qu ' il non sai ga c ' a súa , / si non trata de casar.
IV Armemos pois a gran festa , / ó son do tamborileiro , / hastra dar c ' a mesma testa, / no mesmisimo campeiro / e que non falte o lacón / y ' o bon viño d' o Ribeiro
Xosé
....................................................................................................................................................................
PREGÓN DAS SONADAS FESTAS DO SAN XOHÁN
Atención poñas señores / que o pregón bate o tambor , / pra que corran a ouvilo / todos postos de arredor.
As festas van comenzare / o mesmo que outtos anos / vinde todos a bailare / que o baile saúde dános.
Os de Betote e Farbán , / de Fontao.... i outros veciños , / se queren catar bos viños / nas festas os beberán.
Pois bebere e trouleare / dalle lor ao curazón / acudí, que havos dare / nosa festa boa sazón,
Meniñas a mosaría / ha de nas festas topar / e que despois nalgún día / han ser xoyas no fogar.
Vinde, vinde divertirvos , / vinde ás festas do San Xohán / nuncio de boas colleitas / de patacas e bon pan / e porta aberta ao verán.
Vinde a Sárria que vos brinda / farra, baile, viño e frores / e garimosos amores ...../ e cousa millor aínda... / empanadas superiores !
O Tamborileiro Municipal
..................................................................................................................................................................
PREGÓN ( 1958 )
Veciños..... veciños / de toda a bisbarra : / acodide ás festas / da vila de Sárria
Co-as roupas millores / que tendes nas uchas , / vinde pasearvos / da vila nas rúas.
Traede nos petos / boa presa de cartos , / que en Sárria a maus cheas / podedes gastalos.
Tanto os forasteiros / coma os sarrianos / terán ao seu gusto / recreios a bao.
A San Xohán Bautista / glorioso patrón / en Santa Mariña / farase a función.
Fútbol e outros xogos / nas Insoas veredes / e andares nas rúas / mui lindas mulleres.
Fanfarria e foguetes / non han de mancar, / merendas e bailes / onde troulear.
Nas festas de Sárria / ditosos seredes , / pois hai moito baile / e moitos foguentes.
A todos o Alcalde / dará convidada / se quen coma e beba / o seu gasto paga.
Quen ilñeiro ceibe / sen dor dele ter / poderá a fartanza / lampar e e beber .
Esto vo-lo anuncia / po´la Comisión , / con nobre fachenda / quen fai o Pregón.
O Tamborileiro Municipal
.................................................................................................................................................................
PREGÓN ( 1959 )
As festas de Sárria / han ter este ano / a mesma guapeza / das que máis gostaron ; / máis que chover queira / ( coma o ano pasado ), e que nesta andemos / mui floxo de cartos; / pois baile e foguetes / non ha de mancarnos.... / nen bombas que estouren / coma cañonazos ; nen ricas merendas / na casa ou no campo ,/ con viño esquisito / pra botar bos tragos.
Rapazas fermosas / en Sárria hai a bao ; / e mozos compridos / e ben campechanos / que darán ás festas / un ambente grato.
Haberá cucañas , / carreiras de sacos , / fútbol e verbenas / por alto e por baixo.
Que a Comisión / bota este ani / o resto, e que todos / veciños i-estranos / na vila de Sárria / se sintan folgados / e canten e rían / e rompan zapatos, / en leda folia / con gozo bailando.
O Tamborileiro Municipal
.................................................................................................................................................................
SAÚDO A POUSA ANTELO
Hoxe temos pregoeiro / que moi ben nos vai falar , / que por ser Tamborileiro / con gracia ha repenicar.
Avelino Pousa Antelo / que fixo escola en Barrieros , / foi o espilido autor / daqueles pregóns primeiros.
En tempos xa ben lonxanos / co seu ledo pregoar / chamaba ás xentes de Sárria / co seu ledo pregoar / chamaba ás xentes de Sárria / polos días do San Xoan.
Por iso con bon acerto / quixo agora a Comisión / que neste ano de gracia / nos botara aquí o pregón-
Tamborileiro sen paga , / home enteiro e galego , / pasou pola nosa terra / deixou semente no rego.
Avelino en anos duros / mantivo a fidelidade / a principios nobre, puros, / da mellor galeguidade.
Saúda Sárria a Avelino / e agradècelle o galano / de lembrando outros días / estar conosco este ano.
Graciñas, Tamborilero, / polo teu pregón fermoso, / que quen con amor nos paga / é porque se sinte noso.
E eu que fago os pregóns / ó xeito de Pousa Antelo . / tamén pregoo gaioso / e teño ledicia en velo . / pois xa que mestre foi , / e por mestre eu o teño , / tamén pido para el / unha praza do Concello / que con dous tamborileiros / haberá pregóns de medo.
E como o Santo aló enreiba / agradece os parrafeos / tamén lle imos contar / as festiñas que nós temos.
Isto a todos vos conta / o Tambirileiro segundo , / que deprendeu do primeiro , / ¡ tal é o camiño do mundo ! /
E que viva sempore o Santo , / ese grorioso San Xoán ,/ que ten para nós a festa / no principio do verán.
O TAMBORILEIRO MUNICIPAL ( INTERINO )
( que solicita da Vosa Señoría saque dúas prazas a concurso )
....................................................................................................................................................................
Os primeiros Pregóns do San Xoán, asinado por Xosé ou o Tamborileiro Muncipal foron creación de Avelino Pousa Antelo, que deu á luz os primeiros textos en galego publocados na vila de Sárria depois da loita fratricidad de 1936 / 1939
( Textos de Xaime Félix López Arias )
Comentarios
Publicar un comentario