LUGO : PARTIDOS XUDICIAIS DE LUGO ( PROXECTO DE 1822 ) ( 760 )
LUGO : PARTIDOS XUDICIAIS DE LUGO ( PROXECTO DE 1822 ) ( 760 )
Xaime Félix López Arias
ANTECEDENTES
A PROVINCIA DE GALICIA, con capitalidade e Deputación Provincial asentada na cidade de A Coruña, foi dividida en 47 partidos xudiciais , que tiñan un Concello como cabez doutros concellos sufragáneos.
Na etapa previa á formación da provincia de Lugo os seguintes partidos xudiciais e concellos que se sinalan quedaban dentro das estremas que acabaría formando a primeira provincia lucense ( 1822 ).
1º.- PARTIDO DE RIBADEO.- Ribadeo, Conforto, Miranda, Vilaformán, Sante, Trabada, Cedofeita, Barreiros e Cabarcos ( 9 concellos ).
2º.- PARTIDO DE MONDOÑEDO.- Mondoñedo , Bián, Terrachá, Abadín,Nois, Alfoz, Viloalle, Val de Lourenzá, Órrea, Riotorto e Vilameá ( 11 concellos )
3º.- PARTIDO DE VIVEIRO.- Viveiro, Xove, Cervo , Murás, Grañas, Negradas, Vale, Cabanas, Bravos , Ourol, Galdo, San Pedro de Viveiro, Boimente e Xerdiz ( 14 concellos ).
4º.- PARTIDO DE SANTA MARTA DE ORTIGUEIRA.- Santa Marta, Bravos, Espasante , Loiba, Mogor, Mañón, Couzadoiro, Devesos, Senra, San Clodio, Mera, As Somozas, Abade, Cerdido, Esteiro, Cedeira, Régoa, Feás e A Pedra ( 19 concellos ).
26º .- PARTIDO DE QUIROGA.- San Martiño, San Clodio, Montefurado, Bendollo, Hospital, A Seara ,O Courel, A Pobra do Brollón e Pombeiro ( 9 concellos )
27.º - PARTIDO DE CRUZUL.- Cruzul, Penamaior , Torés, Doncos, Noceda, O Cebreiro, Vilanova, Cervantes, Cancelada , Neira deb Rei , Triacastela e Neira de Xusá ( 12 concellos ).
28º .- PARTIDO DA FONSAGRADA.- A Fonsagrada , Navia de Suarna, Baleira, Castroverde, Montecubeiro,Luaces, Meira, Nogueiras, Carballido ,Trobo e Negueira ( 11 concellos )
29º.- PARTIDO DE VILALBA.- Vilalba, Lousada, Baamonde, Saavedra, Anxeriz , Arcillá, Parga, Lagostelle, Santa Cristiña, Meira,( ? ) Castro de Rei, Outeiro de Rei e Narla ( 13 concellos )
30º .- PARTIDO DE MELIDE.- Melide, Santo Antoíño de Toques,Boente, Arzúa, Ulloa, Curtis, Fisteus, VILAR DE DONAS, Augas Santas, Terra da Orde, Sobrado, Vilar de Ferreiros, Laxe, Pantiñobre, Abeancos, Ventosa e Borraxeiros e Basadre ( 17 concellos ).
44º.- PARTIDO DE MONFORTE.- Monforte, Couto Vello, Couto Novo, Sober, Eiré, Moreda, Vilasante, O Sabiñao, Diomondi, Fiolleda, Fornelos , Cereixo, Doade ( 13 concellos )
45º.- PARTIDO DE SÁRRIA.- Sárria,,Somoza de Vilouzán, Guintín de Lemos, Paradela, Vilapedre, A Pinza e Biville, O Incio, Lóuzara, Reboiro, Castro do Rei ( de Lemos ).. Láncara, A Somoza Maior de Lemos e Samos ( 13 concellos ).
46 º.- PARTIDO DE LUGO.- San Xoán do Campo, San Miguel de Bacurín, San Martiño de Carballido, Lugo, Torredez, Friol, Ferreira de Pallares, San Xoán de Portomarín, San Pedro de Portomarín, Concello do Páramo, A Pobra de San Xulián, Adai, Riomol, Luaces ( ? ), , Castro do Rei e Lea ( 16 concellos ).
47º.- PARTIDO DE CHANTADA.- Chantada, Chouzán, Asma, Vilar, Taboada, Peibás, Monterroso , Amarante , Camba, Guillar e Carboentes ( 11 concellos )
**********************************************************************************
( 30 de xaneiro de 1822 ) CREACIÓN DA PROVINCIA DE LUGO E FIXACIÓN DAS SÚAS ESTREMAS
ESTREMAS DA PROVINCIA DE LUGO
Esta provincia confina polo Norte co Océano Cantábrico, polo Sur coas provincias de Ourense e Vilafranca , polo Oeste coa da Coruña , e por Leste , coa de Oviedo. Estrema Norte : Principiando por Leste cara o Oeste, é dende a ría de Ribadeo por toda a costa até a illa de San Vicenzo na ría de Santa Marta.O límite occidental na dita illa de San Vicenzo e segue cara o Sur por toda a ribeira oriental da ría de Santa Marta , continuando polo río Mers até Insoa , desde onde inclinándose ao Surleste , vai pasar polo monte Caxudo e por Leste do río Canteira , polo oriente das Pontes de García Rodríguez e o seu termo a buscar as vertentes aos ríos Ladra e Paraga e ao Mandeo , e polo Monte Falgueiro e polo Leste de Cambas ; seguindo logo polo Sur-Surleste por entremedidas de Anafreita e Grixalba até o Porto Salgueiro , dende cuxo paraxe inclinándose primerio a Surleste e logo ao Suroeste , pasa a Leste de Monte Hérmora entre Meire e Cuiña . entre Ambreixo e Leboreiro até a confluencia do río Tambre co Ulla . e seguindo a ribeira dereita deste último río até dar no Norte de Amarante . torce a Surleste , atravesando o río até o pobo do Salto de Agoela ( que queda nesta provincia ) , pasando a Leste de Amarante. A estrema meridional principia no sito Salto de Agoela e pasando polos termos de San Martiño , Olveda, Taboada e Mourelle , que quedan destas provincia , vai buscar a Barca do Pincelo , dende cuxo punto toma a esquerda do Miño, e síguea até a súa confluencia co Sil, cuxa dereita continúa até Punta Cigarrosa . Neste punto de Cigarrosa principia o límite oriental que pasa pola vertente do Soldón e orixe do Visuña, e continúa polos actiais límite da provincia de León , Leste do Cebreiro , Pedrafita, Comeal e Pozó , até encontrar o punto no que se cortan as estremas de León, Asturias e Galicia , e desde este punto segue até a ría de Ribadeo pola estrema actual de Asturias con Galicia.
....................................................
AS TERRAS DE GALICIA pasaron a formar parte das provincias de A CORUÑA, LUGO, OURENSE , VIGO E VILAFRANCA DO BIERZO
************************************************************************************
( 19 de maio de 1822 ) INSTALACIÓN DA PRIMEIRA DEPUTACIÓN CONSTITUCIONAL DA RECÉN CREADA PROVINCIA DE LUGO.
.O xoves 16 de setembro quedou instalada a Deputación provincial que comezou as súas sesións. A instalación verificouse nas Casas Consistoriais a presenza do Concello constitucional e dun numeroso concurso , e de seguido con un lucido acompañamento pasando por diante do Batallónda Milicia activa de Lugo . e da Milicia nacional que formaban na Praza da Constitución , e que por disposición do Sr. Comandante Xeral estaban na orde de parada , dirixiuse á Igrexa Catedral onde foi cantado un solemne Te Deum".
**********************************************************************************
( 31 de outubro de 1822 ) REPARTIMENTO DE IMPOSTOS ENTRE OS PARTIDOS E CONCELLOS DA RECÉN CREADA PROVINCIA DE LUGO-
1º PARTIDO DE CRUZUL.- Cruzul, Triacastela, Penamaior, Vilanova, Cancelada, Noceda, O Cebreiro, Torés , Doncos, Neira de Xusá, Neira de Rei e Cervantes ( 12 concellos )
2º.- PARTIDO DA FONSAGRADA.- A Fonsagrada, Castelo, Navia de Suarna, Baleira, Castroverde, Montecubeiro, Meira, Moleiras, Carballido, Robledo e Negueira ( 11 concellos )
3º.- PARTIDO DE LUGO.- Lugo, Carballido, Portomarín ( San Xoán ), Portomarín ( San Pedro ), Torredez, Riomol, Friol, O Páramo, A Pobra de San Xulián, Adai, Lea , San Xoán do Campo, Bacurín, Ferreira de Pallares, Narla, Castro do Rei e Luaces ( 17 concellos )
4º.- PARTIDO DE MONDOÑEDO.- Mondoñedo, Viloalle ou Masma, Val de Lourenzá, Alfoz , Terra Cha ou Valadouro, Vián, Riotorto ou Meilán, Vilameá, Órrea, Abadín , Nois ou Foz ( 11 concellos ).
5º.- PARTIDO DE MONFORTE.- Monforte, Couto Vello, Couto Novo, Vilasante, Sober, Sabiñao, Doade, Eiré, Cereixa, Fiolleda, Ferreira de Moreda e Fornelas ( 12 concellos )
6º.- PARTIDO DE ORTIGUEIRA,. Ortigueira, Espasante, Mogor e Bares, Bravos, Senra , San Clodio, Loiba, Mañón. Couzadoiro, Mera e Devesos ( 9 concellos ).
7º.- PARTIDO DE RIBADEO.- Ribadeo, Cedofeita, Sante, Trabadam , Vilaformán, Miranda, Conforto, Barreiros e Cabarcos ( 9 concellos ).
8º.- PARTIDO DE QUIROGA.- Quiroga, Brollón, Seara, Bendollo, Pombeiro, Hospital e O Courel ( 7 concellos ).
9º.- PARTIDO DE SÁRRIA.- Sárria, Samos, Lóuzara, Reboiro, O Incio, Guntín ( de Lemos ), Somoza Maior, Paradela, A Pinza, Vilapedre, Láncara , Vilouzán e Castro do Rei ( de Lemos ) ( 13 concellos.
10º.- PARTIDO DE VILALBA.- Vilalba, Lousada , Arcillá, Santa Cristiña, Outeiro de Rei, Anxeriz, Lagostelle, Baamonde, Cresente, Saavedra e Parga ( 11 concellos )
11º.- PARTIDO DE VIVEIRO.- Viveiro, Cervo, Val, Xove, Ourol, Galdo, Negradas, As Grañas, Xerdiz, Boimente, Muras, Cabanas, Bravos e San Pedro de Viveiro ( 14 concellos )
12º.- PARTIDO DA ULLOA.- A Ulloa, Vilar de Donas, Augas Santas e Terra da Orde ( 4 concellos )
13º.- PARTIDO DE TABOADA.- Taboada, Peibás, Monterroso e Amarante ( 4 concellos )
14º,. PARTIDO DE BURÍS.- Burís, Labrada, Devesos, Cabreiros e Freixo ( 5 concellos )
Nomes que recibían os patidos: Cruzul, A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo , Monforte, Ortigueira, Ribadeo , Quiroga, Sárria, Vilalba, Viveiro, Melide ou Ulloa, Chantada ou Taboada , ( parroquias segregadas da provincia de A Coruña )
**********************************************************************************
A creación da Provincia Constitucional de Lugo con fixación das súas estremas inttoduciu modificacións con relación aos partidos xudiciias , con agregacións e segregacións impostas polo trazado liñal das estremas interprovinciais, e no desexo de racionalizar eses partidos xudiciias, e os concellos que neles estaban integrados, a Deputación Provincial de Lugo formou un proxecto para establecer a súa división en partidos.
Ese proxecto non chegou a ser realidade ao ser suprimido en 1823 o réxime liberal, e cando se constitúe a segunda provincia constitucional de Lugo, con forte diminución do número de concellos, as terras de Ortigueira pasaron á provincia da Coruña, a terra chantadina que pertencera á provincia de Ourense apsa para a provincia de Lugo e Ribas de Sil-San Clodio, quedou dentro da provincia de Lugo, dánose ademías trocos puntuais de parroquias, tal foi o caso de Salto de Agoela que pasou á de Pontevedra.
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
CIRCULAR Número 5º
Sección de Correos , Camiños e Canles División territorial
O primeiro coidado da Deputación de Lugo foi dividir esta nova provincia en partidos xudiciais con arranxo ao prevén o artigo 16 do decreto das Cortes de 27 de xaneiro último e a Real orde de 29 de marzo , Esta operación que noutras provincias a penas ofrece dificultades áchase suxeita aquí a gravísimos inconvontes .
1º.- porque a pobreza do país montañoso que éo máis despoboado non permite aumentar o número de partidos que ocasionan gastos considerables , e
2º porque nalgúns puntos non se acha unha poboación de cincuenta veciños reunidos en catro, seis e aínda oito légoas. E como un xulgado de primeira instancia non se debe establecer en canto sexa posible onde poidan residir o mesmo Xuiz , algún ou algúns avogados, escribáns e procuradores , onde haxa un cárcere seguro , e onde os litigantes dispoñan de se aloxar, de aquí é que esta dificultade é case insuperable.
A Deputación tivo que se suxeitar a esta disposición do país e os seus conato dirixíronse a concilialo todo de maneira que resulte o mneor número posible de inconvintes. De modo ningún se lisonxea de de ter acertado nas súas operacións porque carecendo dun mapa exacto e non coñecendo prácticamnte a Deputación unha grande parte da provinciam e moi doado que se teñan produciod equivocacións malia que se tomaron informacións dos Concellos cabeza de partido, dos Xuices , dos Alcaldes das cabeza de partido e de varios particulares,
Pouco satisfeitos poren da exactitude do bosquexo que fixo dos partidos de que debe contar esta provincia, ofrécelle ao público e lle prsenta aos Concellos para que tanto estas Corporacións como os particularesn dirixan as observacións que teñan que facer , apoiándose en cantas razóns se lles ofrezan , e acompañando se lles é posible un croquis exacto do país ou unha puntual noticia da configuración e das relacións duns pobos con outros.
Para que as observacións recaian sobre puntos esenciais deberase ter presente:
1º.- que ningún pobo é por xurisdición que dende el se teña exercido , ou porque crea que mereza ser fomentado, ten dereito a ser cabeza de partido diferente da que se lle asigna , porque ao establecer estas non se trata do interesa particular desta ou da outra poboación senón do xeral de todos os habitantes do partido.
2º Que aínda algunhas parroquias poidan estar máis en proporción de acodiren a outra cabeza de partido diferente do qu se lle asigna , é indispensable que sofran este prexuizo porque se precisa a súa conorrencia para a formación do partido no que agora se asitúan, e da incomodidade dun certo número de veciños resultan grandes aventaxes a moitos milleiros de alma,
3º Que non sempre é a distancia a que incomoda aos po bos para iren ás cabezas de partido senón a falla de relacións e as´elles máis doado concorrer a pediren xustiza a tres ou catro légoas de distancia , cando ao mesmo tempo van ao mercado, á feira ou ao tribunal eclesiástico , que o andar dúas légoas para iren ao xulgado, cando exclusivamente se reduce a aquelo a súa viaxe.
A Deputación creu que esta Provincia debe ser dividida nos once partidos seguintes RIBADEO, MONDOÑEDO , VIVEIRO, VILALBA, A ULLOA, MONFORTE, A POBRA DO BROLLÓN, CERVANTES, MEIRA, SÁRRIA E LUGO.
A continuación faise un breve resume das estremas de cada un e das razóns bque se tiveron presentes para sinalalas.
RIBADEO
A estrema Norte desste partido é dende o río Masma que desauga en Foz o Océano até á ría de Ribadeo ; polo Leste as estremas coa provincia de Asturias; polo Sur as parroquias de Vilaboa , Vilaudriz, Xudán , Recesende e Vilameá que quedan neste partido , e polo Oeste pasando pola Auganosa e Serra da Cadeira , va a buscar o mesmo río Masma , quedando compreendidas neste partido as parroquias de Valboa, Trabada, Fórnea, San Xusto de Cabarcos e Celeiro.
Aínda que este partido segundo as estremas que se sinalan a penas completa cinco mil veciños, e aínda que formando un triángulo e achándose a cabeza nun dos vértices , hai pobos que distan dela cinco légoas, a Deputación ben examinadas todas as razóns non se determinou a suprimilo. Debería entón incorporarse enteiro ao de Mondoñedo que quedaría cunha monstruosa extensión, e reuniría maior número de habitantes daqueles a quen pode administrar xustiza un só Xuiz. Por outra parte aínda que Ribadeo estea nun extremo , é o maior porto da provincia e xa polos consumos que fai , xa polo comerzo atrae aos habitantes das inmediacións que concorren en grande número aos mercados. Os pobos que formaban o antigo concello de Miranda son os máis distantes da cabeza de partido , máis achándose case todos beira do Eo que é navegable máis de dúas légoas antes de desembocar no Océano , non teñen grandes dificultades que venceren para ir a Ribadeo. Ademais se aqueles pobos se destinasen aos partidos de Meira e Mondoñedo , o de Ribadeo quedaría demasiado reducido e por atender á conveniencia duns poucos veciños prexudicábase b a tres ou catro mil.
MONDOÑEDO
Estrema polo Norte co Océano cantábrico dende o cabo de Burela onde desemboca o río Areoura até a ría de Foz . Por Leste sube pola esquerda do Masma e estrema Oeste do partido de Ribadeo compreendendo o Val de Lourenzá e as parroquias de Santa Marí Maior , Santa Marta de Meilán , Riotorto e Bretoña e deixando para Meira as parroquias de Órrea, Ferreiravella , Aldurfe , A Aguarda e A Pastoriza . De aquí segue polo Sur compreendendo as parroquias da Reigosa , Regueiro de Estoa, San Martiño dos Cucos, Graña de Vilarente, Corvite, Aldixe , Abadín, pola Serra de Montouto, e polo termo da parroquia da Balsa, quedando todas estas para Mondoñedo e deixando para o de Vilalba as de Moimenta , Moncelos , Árbol, Castromaior e Corvelle. Volve ao Oeste pasando polo Monte Xistral , termos da parroquia de Montouto á Pena de Tobías , ao Monte Fornás, alto de San Domingos por enttredias das parroquias de Vilacampa e Miñotos, aquela do partido de Mondoñedo e esta do de Viveiro , vai buscar a costa do Monte do Buio e segue a súa cordilleira con direción ao Areoura por cuxa dereita segue até o mar.
A situación desta cidade, a súa cadeira episcopal , e o ter sido capital daquela antiga provincia proporciona o que se lle dea ao partido do que é cabeza unha extensión considerable sen que ningún dos pobos diste moito do xulgado. A Deputación non creou que se poderá facerb variación ningunha nas estremas co partido de Viveiro e polo que toca aos que ten cos de Vilalba e Meira seguiu as cordilleiras que forman en xeral as vertentes de augas ao Miño , En canto ás súas estremas pola parte de Ribadeo, non se lles pode dar máis extensión sen deminuir notablemente a poboación daquel partido,
VIVEIRO
A súa estrema Norte principia na illa de San Vicenzo que está na ría de Santa Marta de Ortigueira e segue a costa até a embocadura do río Areoura . Volve a Leste e sube pola esquerda do dito río quedando para este partido a parroquia de Cangas , e deixando a de Burela para o de Mondoñedo, até o Monte Xistral pasando a liña divisoria por entremedias das parroquias da Balsa que é de Mondoñedo e Viveiró que pertence a este partido , Dende Viveiró vai buscar o río Eume coñecido co nome de Muras, cuxo curso segue deixando a freguesía do Burgo para Vilalba , e a de Muras para este, seguindo polo dito río até os termos da provincia até o mar. Pasa logo ao Sur do Monte Bouzoá por entremedias da parroquia de Roupar que é do partido de Roupar e o Burgo que corresponde a este. Torce ao Oeste por entremedias das parroquias de Muras que queda neste partido ea das Pontes de García Rodríguez , que é da provincia de A Coruña , e segue polo Monte Caxide na buscar o río Mera polas mesmas estremas que dividen esta provincia da de A Coruña.
As estremas deste partido cos de Mondoñedo e Vilalba eran tan naturais que non se podían alterar. A única dificultade que tivo a Deputación foi en conservar ou suprimir a porción do partido de Santa Marta de Ortigueira que queda neste partido. A Deputación desexaba moito acceder ás pretensións daqueles pobos deixándolles un xulgado, mais como a súsn poboación a penas excede de tres mil veciños e non hai absolutamente proporción de lle agregar máis parroquias das que ten sen desfacer o partido de Viveiro, viuse precisada a formar dos dous un só, establecendo a cabeza nesta última vila , como é indudablemente ofrece máis aventaxes. Desta sorte hai algúns pobos que quedan a cinco légoas de distancia do xulgado, mais estes males son inevitables polas razóns expresadas xa, e tampouco son de grande consideración nun país poboado e de boas comunicacións.
VILALBA
Estrema polo Norte cos partidos de Viveiro e Mondoñedo polos límites que quedan expresados. Por Leste co partido de Meira e parroquias de Outeiro e Pacios que son daquel partido, Segue a dereita do Miño , confonando co partido de Lugo até a embocadura do Parga neste río compreedendo as parroquias de Moimenta, Roás, Momán , Rubiños, Xustás, Arcillá, Sisoi, Telmil, Damil e Rábade . Segue ao Sur pola marxe esquerda do río Parga até a súa mesma orixe , perto das parroquia de Maariz e Vilar que quedan no partido da Ulloa, co que estrema o de Vilalba por esta parte .Torce logo ao Oeste polo Monte Folgueira, Serra da Loba e Pena do Curro polas mesmas estremas que separan a esta provincia da de A Coruña.
Este partido cinguiuse ao Narla e o Miño, porque aínda que antes atravesaba estes ríos e chegaba até as inmediacións de Lugo, notábanse os prexuizos de semellante monstrosidade e estaba reclamando remedio . As súas estremas con Viveiro e Mondoñedo son case os mesmos que tiña antes , e pola parte de Meira quitáronselle algunhas parroquias que antes lle pertencián e que se achan a moi curta distancia daquel pobo.
A ULLOA
Estrema polo Norte con Lugo polo río Narla, e seguindo a dereita do dito río dende a súa orixe até máis abaixo de Guimarei onde se xunta un arroxo que nace no Monte da Meda, vai buscar o río Ferreira b, fronte a freguesía de Vilamaior , pasando por entremedias das de Guimarei e Vilafiz , Gundriz e Bacurín. Condes e A Retorta , quedando para Lugo, Vilafiz, Bacurín e A Retorta, e as tres restantes para este partido. Segue a dereita do Ferreira até a súa desembocadura no Miño. por cuxo río baixa até a Barca do Pincelo, onde desemboca o río Barxelas , e subindo por este até a freuesía de Piñeira , que queda na provincia de Ourense, pasa polos termos das de Cerdeda e Taboada dos Freires, a primeira de Ourense e a outra deste partido e vai buscar o teso que hai entrenedias de Bouzoá e Olveda, aquela de Ourense e esta de Lugo e segue o cume da cordilleira até o Salto de Agoela, que queda neste partido , Segue polos altos do Farelo, A Fonfría, Facha e Frádegas baixando ao Ulla pola estrema do termo da freguesía de Santa Mariña de Castro que con todo o distrito do Axuntamento de Amarante e de Peibás quedan neste partido ; atravesa o río Ulla na súa confluenza co Pambre , e segue a buscar o Monte Érmora, quedando para este partido as freguesías do Mato e Remonde e pasando entremedias das de Ambreixo e Leboreiro, Cuiña e Meire, seguindo sempre até a orixe do Narla polas estremas da provincia da Coruña.
MONFORTE
Principia a estrema Norte deste partido ns Barca do Pincelo, e segue até a parroquia de Ver, confinando co partido de Sárria pola liña xa demarcada no límite Sur deste último partido, Dende Ver torce a Leste compreendndo as parroquias de Ribas Pequenas , Valverde, A Parte, Eixón , Fornelas, Cereixa, Pinel e Vilachá, quedando para o partido da Pobran as de Abrence, Castrosante, A Pobra do Brollón e Piño. Únese ao río Lor máis abaixo da Ponte Lor , pasando por entremedias das parroquias de Rozabales , que queda neste partido e Barxa que é do da Pobra. Entra co Lor no Sil , baixando pola dereita deste río até a confluenza co Miño polo que sube até a Barca do Pincelo, confinando coa provincia de Ourense polo Surleste que é a estrema do Sil e polo Oeste que é a do Miño.
Este partido áchase perfectamente redondeado e aínda que sería suscetible dun aumento considerable pola parte de Quiroga , non é posible darllo porque entón o partido da Pobra do Brollón quedaría en estremo reducido . Polo demais situada a vila de Monforte case no centro dun val féril e sendo unha poboación considerable para o país, reúne todas as avantaxes que se poidan desexar para que todos os habitantes daquel partido acudan a pediren xustiza coa naior facilidade.
A POBRA DO BROLLÓN
Estrema polo Norte co partido de Sárria até o Monte Iribio polas parroquias de Santa María de Foilebar, San Lourenzo de Vilarxoán, San Xoán de Lóuzara e San Cristovo de Lóuzara que son deste partido , Por Leste estrema co partido de Cervantes e provincia de Vilafranca , pasando polos montes do Faro divide augas ao Soldón e ao Visuña até a Ponte da Cigarrosa , forman estremas e quedan neste partido as freguesías de Pacios do Courel , Mera do Faro, Vilarmel, A Seara , Soldón e Cereixido. Dende a Ponte da Cigarrosa torce ao Sur seguindo a dereita do río Sil, até que desemboca nel o río Lor , confinando por esta parte coa provincia de Ourense . Polo Oeste estrema co partido de Monforte e sube polo Lor até fronte Rozabales , diríxese ao Cabe e pasa polas parroquias de Ambasmestas, Barxa, Abrence , Castroncelos, A Pobra do Brollón , Rei, Piño, Guntín e Bóveda que son deste partido. Dende ali estremando co partido de Sárria diríxese pola dereita do río Mao até Foilebar , quedando para este partido as parroquias de Laiosa , Eirexalba , Rendar e Sirgueiros.
A Deputación ocupouse moitos días no arranxo deste partido e non está aínda satisfeita dos seus traballos porque o terreo ofrece dificultades invencibles . O partido de Quiroga foi cortado pola liña divisoria e unha boa parte del quedou para a provincia de Ourense . En tal estado había dous partidos que tomar, ou suprimir o partido de Quiroga ou aumentalo formando un novo , Suprimíndoo era indispensable reunir todo aquel país a Monforte dende onde ha nove ou dez légoas á Ponte Cigarrosa que é o extremo. A Deputación non creu que isto se podía verificar xa pola excesiva poboación que tería entón o partido de Monforte e xa tamén pola súa excesiva extensión. Preferiu pois o reunir aos restos de Quiroga algunhas parroquias que antes pertencían a Sárria e Monforte , e formou de todas un novo partido que tamén é moi extenso e cuxa cabeza se acha case nun extremo,Mais non foi posible darlle máis regularidade nun país onde non non se encontra poboación reunida, e que se acha cortado en grande parte por enormes montañas cobertas de nrve moitos meses do ano.Os habitantes dos montes do Courel terán mil dificultades que vencer para acodiren ao xulgado de primeira instancia, máis é imposiblr fixalo noutro punto que en xeral lles proprcione máis aventaxes.
SAN ROMAO DE CERVANTES
A estrema Norte deste partido comeza na orixe do río Neira , e confinando co partido de Meira polas altura de Córneas, Seoane, Quintás, A Gasalla e Lamas de Moreiras que quedan neste partido , e incorporándose ali no río que pasa pola beira deste último pobo, segue o seu curso até que se incorpora no Navia , e o deste río até a fronteira de Asturias , seguindo as estremas que dividen a esta provincia daquela até Val de Rao, onde torcendo a Leste segue polas estremas de Asturias e Vilafranca até o Monte do Faro . Continúa a Sur polo Monte Iribio, a buscar o río Neira , e pasa polos termos das parroquias do Hospital, Ríocereixa, Zanfoga, Veiga de Forcas, Poio, Fonfría, Viduedo , Lamas , Fontes de Narón , Vilaesteva, Vale e Constantin quedando as expresdas parroquia para este partido . Dende Constantín segue a Oeste o curso do Neira até a súa orixe, pasando polas parroquias de Penarrubia, Campo Redondo e Esperela, que quedan neste partido.
O país montañoso que forma case todo este partido non permite que se lle dea moita extensión . e a Deputación incorporando a Navia de Suarna e deixando para Lugo toda a dereita do Neira . Tivo tamén que mudar a capital, xa porque Cervantes ofrece a maior poboación reunida de todo o partido e xa tamén porque é a máis central.
MEIRA
Este partido estrema por Leste coa provincia de Asturias, dende onde remata a estrema do de Ribadeo , até o río Navia , e co partido de Cervantes b, quedando para o de Meira as parroquias de Vilabol de Suarna, San Martiño do Arroxo, San Pedro do Río, Freixo, DEgolada e Lastra. Torce dende aquí ao Sur polo Monte da Bacoreira, Monte de Cirio e pola cordilleira que separa as parroquias de San Martiño de Goberno e Santa Marí de Ameixide, que son deste partido, das de Bendiá e Loentia b que pertencen ao de Lugi, va a buscar a esquerda do Miño máis abaixo da parroquia de Quintela que queda neste partido. Desde que torce v ao Sur até este punto , pasa polos termos que compreenden as parroquias de Bolaño, Vilabade, Pena, Castroverde, Montecubeiro , Lea, Cirio , Fraialde, Viladonga , Ansemar. A estrema Oeste sobe dende Quintela pola esquerda do Miño. compreendendo as parroquias de Coea e Bazar, pasa logo por entremedias da Reigosa, que é do partido de Mondoñedo e Outeiro e Pacios que son deste , compreendo A Pastoriza... e a Ferreira Vella , deixano para Mondoñedo. a Bretoña e Riot4orto . diríxese a Santa Comba de Órrea deste partido que estrema con Xudán e Vilarmide, do de Ribadeo , vai a San Xurxo de Piquín tamén destebpartido, atravesa o Eo pola ponte que hai naquela parroquia e compreende as de Carballido e Os Baos , seguindo despois ao Couto de Frades e á Valiña das Ovellas que estrema coa provincia de Oviedo.
A este partido que antes se chamaba da Fonsagrada agregáronselle algunhas parroquias de Vilalba e por outra parte quitouselle a antiga xurisdición de Navia de Suarna porque se acha a moia distancia. A Deputación creu que non podí e subsistir a cabeza na Fonsagrad, porque aquel terreo é demasiado áspero, as neves cargan ali moito m e dista moi pouco do extremo da provincia. Meira, por outra parte. ofrece mási avantaxes , e entre outras a de se achar alí un Mosteiro suprimido , do que cecais podrerasew sacar partido para Cárcere e outros establecementos . Ten unha feira moi concorrida cada quince días, hai botica, Escribáns e proporción para se aloxaren os que van aos seus negocios , ten correo e disfruta dun temperamento suave e sano.
SÁRRIA
A estrema Norte deste partido comeza na desembocadura do río Neira no Miño e segue a ribeira esquerda daquel río até a parroquia de Laxes confinando co partido de Lugo. A estrema Norleste principia na dita parroquia de Laxes que é deste partido, pasa engtremedias das parroquia de Pol e Constantín . Cedrón e Vilaesteva, vaia San Salvador de Toldaos e por riba do Furco a Meizarán e Louzarela e remata no Monte Iribio, quedando todas as parroquias referidas neste partido a non sr as deb Constantín e Vilaesteva que pertencen ao de Cervantes,Dende o Monte Iribio confinando co partido da Pobra , corre ao Sur por entremedias das parroquias de Santa María de Foilebar que queda no partido da Pobra e a de San Romao do Val do Mao que bé desteb , segue a Santa María de Reboiro tamén deste partido, deixando nel a San Fraiz e continúa pola dereita do río Mao até perto de San Vicenzo de Ver, e Santiago de Toldaos que por ser anexo de Reboiro queda neste partido, aínda que se acha na esquerda do Mao.Atravesa entremedias das parroquias de Ver e Teilñan, Vilacaíz e Catro do Rei, quedando para Monforte Ver e Vilacaiz e remata na Barca do Pincelo . A estrema occidental fórmao o Miño por cuxa ribeira esquerda dende a Barca do Pincelo até a embocadura do Neira, confinando cos partidos da Ulloa e Lugo.
As antigas estremas deste partido alteráronse moi pouco, circunscribíndose ás marxes esquerdas do Miño e do Neira . ás montañas que o separan do de Quiroga e do de Monforte ; a súa extensión é proporcionada e a cabeza áchase situada con avantaxe dabondo. A Deputación xulga que a penas haberá cousa algunha que rectificar nel.
LUGO
Este partido estrema polo Norte co de Vilalba e Meira e seguindo a ribeira esquerda do río Miño dende a Ponte de Rábade , até Quintela. Corre a Leste pola estrema oriental que se sinalou ao partido de Meira , quedando para o de Lugo as parroquias de Bendiá, Loentia, Ludrio , Suegos, Rebordaos , Vilalle e Esperela , vai buscar a orixe do Neira e segue a súa beira dereita inclinándose ao Sur até que desemboca no Miño , confinando cos partidos de Cervantes e Sárria, Continúa pola beira dereita do Miño até que desemboca no río Ferreira , cuxo curso segue estremando co partido da Ulloa, até máis arriba de Vilamaior que volvendo a Oeste vai buscar un regueiro que nace no Monte da meda e desemboca no Narla máis abaixo de Guimarei , formando estremas os termos das parroquias da Retorta, Bacurín e Vilafiz que quedan neste partido.Segue pola esquerda do Narla arriba até á súa orixe , e quedando para este partido a freguesía de Anafreita, vai a buscar a orixe do Parga , cuxa beira dereita segue até o Miño subindo pola esquerda até a Ponte de Rábade.
A situación central desta capital e as infinitas relacións que teñen con ela os pobos da comarca dalle a este partido as mellores proporcións e una poboación considerable sen que ocupe grande extensión . As súas estremas son moi naturais e a penas se poderá facer nel a máis lixeira innovación.
***************
Tal é a división que a xulgado a Deputación xulgou que se lle debe dar á Provincia . Inútil é advertir que non tivo á vista outro interese que a maior comodidade dos pobos , e lonxe de se crer infalible expón con toda franqueza a súa obra aos ollos de todos para que poidan indicarlle as correccións das que é susceptible., Como úicamente desexa o acerto será dócil sempre se demostren as avantaxes das variacións que se propoñan, mais debe advertir que non lle dará valor nin aos sofismas do interese, se as voces das paixóns , nin aos acaloramentos do amor propio, e que só atenderá ás razóns que se lle manifesten.Roga polo tanto ás corporacións como aos particulares , a que dirixan á súa secretaría cantas observacións teñan por convinte facer, e a Deputación quedará recoñecido a todos os que lle faciliten os medios de emendar os seus erros e de dar á división de partidos toda a perfección da que é susceptible.
Deus Garde a Vde, moitos anos.
Angel del Arenal José Lamas Pardo
Presidente Srio.
Sr. Presidente e Vogais do Concello de Sárria.
**********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario