UN ANECDOTARIO SARRIAO : PARRAFEOS VILEGOS ( 755 )
UN ANECDOTARIO SARRIAO : PARRAFEOS VILEGOS ( 755 )
Xaime Félix López Arias
Son faíscas fuxidias, intres vividos nas rúas, coñecidos no pasar de homes e mulleres .... palabras a furto. cacholadas e .......E por iso quero contar algunhas vivenzas , conversas , accións, actuacións e actitudes acontecidas na vila de Sárria , que por pouco coñecidas merecen a nosa atención e que dalgún xeito van dando forma ao noso especial xeito de vida nunha vila fachendosa e aberta á que temos ouvido calificar como a vila dos TRES F ( Fina, Fróvola e Fría ). ..... Non nos coñecen.
**********************************************************************************
1.- A ENTRADA DO PÁRROCO DON CECILIO GÓMEZ
Falecido o párraco de Santa Mariña de Sárria don Adolfo Reverendo ( noemado o reverendo don Adolfo Reverendo ) o bispo Ona de Echave nmeou por seu sucesor a don Cecilio Gómez . Anunciada a súa chegada á vila foi organizada unha misa de presentación á que , autoridades locais inclusas, compareceu un bon número de fieis.
Chegada a hora de se dirixir ao espectante público saíu da sancristía, custodiado por dous monagos, vestido coa alba cruzada por estola e coa cabeza coberta con bonete, fixo a xenuflesión de rigor diante do altar e , pousón por razón do propio peso, subiu a escada con certe dificultade e xa no púlpito reirou o bonete, pouso as mans no peitoril , xirou a cabeza a dereita e esqueda, e con voz forte , despois dun tempo de silenzo , exclamou :
¿ Quien soy yo ?
( novo espazo de silenzo, e xa con voz máis amelada ...... )
Estaba yo en mi pequeña parroquia de tierras de Monterroso cuando nuestro querido Obispo me llamó a Lugo y me dijo...... CECILIO, TE NECESITO EN SÁRRIA.....
E foi así como os sarriaos coñeceron o nome do pastor da parroquia máis extensa da vila
................................................
2.- SERMÓNS
Don Cecilio era ampuloso e engolado no verbo, barroco na espresión, imprimindo constantes altos e baixos cos que xogaba no desexo de que os fieis estivesen pendentes das súas palabras todo o tempo. Ao londo do predicote intercalaba varias veces a expresión.... " Porque al fin y a la pstre....e introducia así uha nova presgunta retórica.....
Os fieis , que viñan acostumados a xeitos de sermonear de tempos máis curtos, resignábanse e facían ouvidos xordos ás requintadas expresións do pregador....
Porque ,,,, " al fin y a la postre " todos eles eran crentes e practicantes daquelas vellas palbras populares : " Padricame cura , pradícame frade / por unha orella me entra e pola outra me sae "
E no fondo, ali moi ao fondo, os sarriaos amosaban fachenda e presumían dos moi elaborados parladoiros do seu parroco.alcipreste con titulación universitaria , pousón no falar e profundamente sentencioso que ocupaba a Casa Reitoral da Travesa da Igrexa.
.................................................
3.- O SERMÓN DO SANTO ENTERRO
No tempo do seu curato a procisión do Santo Enterro comezaba na igrexa de Santa Mariña e remataba na Igrexa da Mercé, cun solemne sermón Foi moi sonado o que el protagonizou aquel Venres Santo.
Chegados á igrexa os portadores da urna pusárona diante do altar e aínda que seguían a entrar os procesionantes Don Cecilio , subido ao púlpito, comsezou o seu sermón. Fixo un demorado xesto de chamada de atención extendnedo varias veces os seus brazos, deixou pasar un demorado espazo de tempo, xirou sobre el mesmo e extendendo o seu brazo dereito cara a urna dixo coa máis forte das súas voces....
Ahí lo tenéis... ... ( longo silencio ).............yerto está......
A xente seguía entrando na igrexa.... o silenzo era total.... Don Cecilio xirou o corpo cara os fieis, levantou o brazo dereito e apuntou co dedo índice cara a porta dixo con voz de trono...
,,,, Ahí viene Juan.....
E deuse un duplo xiro colectivo de cabezas.... Os fieis sentados nos bancos xiráronas cara a porta con caras interrogantes nas que se lía .... ¿ Qeun dos que entran será o tal " Juan" ?
E os que entraban con retraso , sentíndose cada un deles apuntados polo dedo sacerdotal, poñían caras interrogantes ou explicativas.... Nunhas a expresión era ¿ Quen é Juan ?... e os outros ... Eu non son o Juan que o dedo acusador do pregador sinala . Eu estou entrando tarde , e non é pola miña culpa ?-
Nunca cehgamos a saber se entre os que entraban no templo n houbo alguén chamado "Juan"... E as seguintes palabras de don Cecilio déronnos a coñecer que el estaba teatralizando a chegada de San Xoán Evanxelitsa ao Santo Sepulcro....
.................................................
4.- PROFESOR DE MATEMÁTICAS
Por moi pouco tempo Don Cecilio foi profesor de matemáticas na Academia Felipe II ( Rúa Maior 22 ) . Aínda que estaba acostumado ao ensino non se deu feito co grupo de rapazolos de 12 anos que lle tocaran en sorte, uns representantes máis da " tuzarada" sarriá que tanto fixo rabear a sucesivas xerazóns de profesores. Don Cecilio non foi quen de manter orde na clase, e pediu o relevo.
......................................................................................................................................................................
5.- ASESORAMENTO XURÍDICO
Licenciado en dereito, os seus servizos eran requeidos por persoas procedentes das terras de Monterroso e Antas de Ulla, que se desprazaban a Sárria na percura de consellos xurídicos, e viñan de tan lonxe a pasaren "consulta".
Cando don Cecilio, na comapña de un ou dous homes, paseaba de riba abaixo pola Praza de don Xoán María Lópezm, todos sabiamos que andaba a artellar algún pleito no territorio do partido xudicial de Chantada.
.....................................................................................................................................................................
6.- UN ANÁLISE DE FUTURO
Cando houbo unha peregrinación da mocidade da Fronte de Xuventudes que ía amiño de Santiago celebrouse na Praza unha misa de campaña.
Na sancristía agardaban para a celebración don Cecilio e un bon número de curas da comarca. Eu estaba ali.
Un dos sacerdotes preguntoulle a don Cecilio _ .... Vendo esta forza de xuventude e o entusiasmo que poñen, ¿ non lle parece que cando desapareza Franco esta mocidade seguirá o seu camiño ?".
Don Cecilio sorriu e dixo pousón:..
" Non o creo, Todo mudará. Xa pasou iso cando foi da Unión Patrióica, que todo era forza e comer o mundo... caeu Primo de Rivera e todo foi fume de palla e quedou en nada ".
Non hai dúbida de que don Cecilio Gómez era un certeiro futurólogo.
************************************************************************************
7.- A PISTA DA PINZA
A mediados da década de 1970 a parroquia de San Salvador da Pinza tiña como única vía de comunicación a estrada de Sárria a Portomarín , aberta pouco antes de 1930, e na que están as dúas casas do lugar do Neo. As demáis aldeas e casares da freguesía mntiñan as antigas corgas e carreiras, estreitas polas que o tránsito dos vellos carros empezaba a dar paso a contados tractores.
Algúns veciños deron na teima de abriren unha pista que, con orixe na estrada , subise até todos os lugares permitindo o uso dos modernos medios de comunicación: Para obteren ese beneficio pediron axuda no Concello e tamén ao axente da Extensión Agraria coñecido como Don Xesús " O Aldaluz".
Este fixo varias reunións que sempre remataron mal porque os interesados rifaban entre eles e non chegaban a acordos . Cando parecía que estaban contesres sobre o alargamento, a muda de paredes ou o respecto á recollida de augas , gavias e madoiros, sempre aparecía alguén que poñia atracos ou esixenzas que impedían facer realidade aquelo que tanto dician desexar
Un día , polo verán, unha xunta dos veciños baixou a Sárria para falaren, unha vez máis, para falaren con Don Xesús , e alguén lles dixo que andaba pola Praia do Chanto , onde había un xantar oficial, E aló foron . Unha vez máis dixéronlle que tiñan a vontade de que se abrise a tan desexada pista , e querían saber se a Extensión Agraria lles podería conceder unha subvención . El escotounos con toda a amabilidade de que sempre facía gala , e cando o parlamentario pinciano rematou a súa exposición poñendo toda a seriedade que lle permitía o estado de euforia propia da hora da sobremesa poucos intres antes pasada, dixolles :
- Para a vosa pista non vou a pedir subvención ningunha , vouna pedir para que no Neo, e ao longo da marxe dereita de estrada poñan unha alambrada de dous metros ......
- ¿ Unha alambrada ?, preguntou o pinciano- ¿ Para que ?
- Para que non vos votedes á estrada ... porque sodes un perigo público...
Os solicitantes voltaron para as súas casas moi ofendidos....mais o remedio foi bon porque quedaran picados . E así poucos días puxéronse pola súa conta a anchearen ramplas , camiños e corgas , tiraron as paredes e fixeron outras novas.... e deseguido Concello e Extensión Agraria tiraron de talonario e as oportunas e desexdas pesetas fixeron realidade a pista que nacendo no Neo chega até o xacobeo casar de Morgade.
........................................................................................................................................................................
8.- O RETRATO DO DITADOR
Pola Festa do Corpo de Cristo , festa oficial do Concello de Sárria, no ano 1977, no primeiro andar da Casa Consistorial , a histórica Casa de Vaamonde , no que entón era a Sala de Sesións , celebrouse a tradicional recepción de autoridades e funcionarios locais , as entón chamadas " forzas vivas" , reunidas darredor da mesa concellil ornamentada con entremeses varios , viños e licores xenerosos e " pasteis de Matías " ( aquelas gozosas cañas e milfollas gravadas na memoria de xerazóns de lambeteiros sarriaos.
Despois de escoitar as interpretacións musicais e as danzas na praza, que aínda que mantiña dende 1889 matiña a placa cerámica na que se lia " Plaza de la Constitución " pero que había que chamarlle " Plazuela del Ayuntamiento , digo que , rematados os aires musicais e as danzas de garulos e raparigas, todos os convidados pasaron do balcón á sala para darlle ao dente e botar uns gaiosos grollos de "viño español".
Na parede da cabeceira do salón de sesión un retrato de Franco e víase a sombra froito de pó de décadas do retrato do Primo de Rivera , que fora dali retirada en " razzia" feita por un mozo da localidade , da que fora fuxidía testemuña " O Rubio", aguacil do Concello, que non deu parte nin novas da hábil sustración.
Xa todos pacíficamente postos aos sans deportes da paponcia e a beboncia de conta do erario municipal os egrexios larpeiros " intercambiaban pareceres " e especulacións varias cano Don Xesús " O Andaliz" , cun movemento de man pediu silenzo dirixíndoa cara a parede principal dixo falando moi alto:
- Unha moción de censura para o Concello... ¿ Que fai aí o retrato do ditador ).
Un silenzo de chumbo caeu na sala; algún dos presentes quedou estantío co vaso na man ou co bocado de doce na beira da boca.
- A ese, a ese, - dixo con voz chorosa e entrecortada o veterinario Herrero de la Gala , leonés ben coñecido polo seu integriso-, a ese , a ese dentro de pouco tempo imos a choralo todos os españois.
E vai entón Don Xesús " O Andaluz" e disparou unha nova seta:
- Eu, eu xa chorei..... ¡ pero de alegría !
Un novo silenzo feito de granito de Betote bateu nas testas dos presentes, que en rápido regate dixo con falar sedoso:
- Señores, por favor , calma aquí estamos a celebrar un acto festivo, por favor...
E o acto seguiu sen incidentes , e non houbo novas que falasen de cortes de dixestións ou agolsamentos compulsivos, nin manifestacións declarativas do estado de ánimo por parte dos presentes...
Ao día seguinte, seguido instruccións do Señor Quiroga Vázquez, descolgou o desfasado retrato e levouno para o faiado onde no caos dos expedientes balorentos pasou a facerlle compaña ao retrato de Alcalá Zamora, óleo de non moi boa calidade no seu día restaurado polo artista sarriao Manuel Rodríguez Díaz " Rodim", que decora hoxe unha das oficinas municipais.
Foi aquela unha das batallas gañadas por Don Xesús " O Andaluz" que por non figurar recolleito nos anais históricos nin nas novas xornalisticas merecente é de ser lembrado para xeral memoria.
Nota: Analizado o retrato fotográfico do xeneral Fraco, achouse que estaba pegado riba do que fora retatro oficial de Alfonso XIII ... do de Azaña non se achou referenza porque de seguro que fora destruido rabiodamente no verán de 1936.
...................................................................................................................................................................
9.- CONCELLEIROS VERSUS CABO DE MUNICIPAIS
Varios dos concelleiros de derradeira Corporación Municipal presidida polo Alcalde Euxenio Quiroga Vázquez prpuxéronse acabar cos xeitos arbitrarios de actuar que tiña o Cabo de Municipais. e en cada sesión deron en presentaren mocións , rogos e preguntas para censurar actuacións e privalo dos privilexios dos que disfrutaba , como o de ter gratificacións por servizos que ben podían seren realizados adiante polo persoal , ou prerrogativas sen explicación , entre elas a de dar liñas de edificación, condescendencias para uns e imposicións non axeitadas para outros , esixencias nuns caos, tolerancias noutros, etc, etc.
As propostas sometíanse a votación e malia que algúns concelleiros , por amizade , o defendía unha a unha foron desaparecendo prebendas ou posicións de forza.
Nunha daquelas sesións, rematada a orde do día , o concelleiro Manuel Alvaredo " Rego" pediu a palabra , iniciando a petición coa xa moi repetida frase introdutoria " Agora imos falar do Cabo... !
Entón dixo López-Vizaíno :
--- Eu quero decir, e non dende a amizade , que eu quero falar do funcionario eficiente e exempla que....
Interrumpiuno " Rego ":
- ... Iso está ben... Pero imos falar do Cabo...
Tratando de cortar o asunto tomou a palabra Quiroga:
- Mirade... eu xa vou entrando en anos e xa ten un canas por todo o corpo e.....
- Iso non se dubida ... E agora imos falar do Cabo...
E sen mais voltas pasou a facer o relatorio das actuacións que non eran axeitadas e tiñan que ser suprimidas.
Sesión a sesión foron caendo as tolerancias e permisividades , perdendo ademáis algunhas das gratificación que dende anos atrás lle foran concedidas.... Xa non sinalaba liñas de edificación, xa non xestionou o alumeado público.... os concelleiros asumiron delegacións e xestionaron diferentes áreas ... e o Cabo foi perdendo favor e poder...
O certo foi que se antes de triunfar aquelas mocións o Cabo saudaba "miltarmente " ao paso dos concelleiros, de ali endiante deixou de facelo, coincidindo coa baixa do seu poderío e dos seus ingresos.
.................................................................................................................................................................
10.- O COMUNISTA LIBERTARIO E O CABO DE MUNICIPAIS
Nas primeiras eleccióms xerais do período democrático membros dun daqueles partidos comunistas máis extremistas instalaron no paseo central do antigo Campo da Feira un coche con megafonía dende onde unha e outra vez lanzaban unha mensaxe:
- A terra para quen a traballa.... A terra para quen a traballa.
O Cabo dos Municipais , que só nos días de feira e festas oficiais, vestía de uniforme, e que así vestido presentaba unha certa semellanza co " xeneralisimo", achegouse ao coche da propaganda onde un home sentado coa porta aberta e o micro na man, estaba a repetir o seu lema.... A terra para quen a traballa.... A terra para quen a traballa...
Levando a man á gorra en onsequioso saúdo dirixiuse ao propagandista:
-.... Bon día.... ¿ permiso para usar a megafonía ?
O politico mirouno con sorptresa e abrindo os ollos e asombrado diante da imperiosa esixencia, a micrófono aberto dixo:
- ¿ Permiso ?... ¿ Que permiso ?.... ¿ En que país vive vostede ?
O Cabo insistiu :
- Presente o permiso , por favor.... e apague iso...
- ¿ Dende cando se precisa permiso ?
- Apague o altavoz..
- ¡ Que apague o altavoz !.... Miren cidadáns como queren calar a voz do pobo..... A terra para quen a traballa.... agora estamos nun país libre.
- Apague o altavoz... non llo repetirei outra vez.
- Apagueo vostede se quere e atéñase ás consecuencias ... Non sei se se enterou aínda de que chegou a liberdade .... A terra para quen a traballa..... A terra para quen a traballa....
Os feirantes que se foran achegando ao coche do propagandista facendo circo darredor estaban á espreita agardando cal ía ser o remate daquel enfrontamento verbal.
Lentamente o Cabo dos Municipais pegou volta e pasando por entremedias de duas tendas tirou cara o toural da feira.
..........................................................................
11.- OS RAMISTAS DO SAN XOÁN DO ANO 1971
No ano 1971 un fato de rapaces. axudados por algúns adultos de barba vella, levaron adiante labores de minamento da comisión de festas nomeada polo alcalde Quiroga, que dera a coñecer o desexo de que bailes e demais actuacións dos festexos se programasen nas rúas da parte baixa da vila deixando os seculares escenarios das dúas prazas da " Vila".
A comisión oficial non quixo meterse en meas e un a un foron saindo de xeito discreto e o corpo social, segundo informaba moi alarmado o Villarabid a veciñanza manifestaba temor porque Sárria qiuedase sen festas.
Desaparecida aquela comisión e actuando consecuentemente aqueles rapaces da " calle arriba" decidiron tomar a responsabilidade de seran os ramistas do 1971 para que se celebrasen as Festas dp San Xoán . De xeito enteiramente anónimo, a nome dun sarriao nonnato" madaron unha carta ao progreso xustificativa da loita emprendida, carta esta que fixo mover os miolos de moitos vilegos no seu desexo de coñeceren a súa identidade , teima na que fracasaron.
Dous problemas se presentaban para aqueles mozos afoutos , que nin xiquer foran á mili , O primeiro era pedirlle ao Alcalde , ao que deixaran malparado, a aportación das máis ou menos 34.000 pesetas que o Concello destinaba ás festas patronais , e o segundo que para garantir a seguridade e a orde pública se contase coa colaboración da Garda Municipal.
Armados de valor mozos e titores dirixíronse ao domiclio do primeiro edil, en hota visperal, e o máis espilido dos membros da comitiva expuxo ao que ían.... Recibiunos con clara frialdade.
- Está ben , vexo que queredes que haxa festa, Por parte do Concello non hai problema e poñer ao voso dispor a aportación municipal , a mesma ca do ano pasado.... E ben sabedes que Obras Públicas non permite que se corte a Rúa Matías López.....
. Nós queremos que o día 25 a festa e a verbena se fagan en Matías López....
- Aló vós.... Eu xa vos dixen que Obras Públicas non deixa.
- Se os gardas municipais colaboran e poñemos sinais de desvío non ten que haber problemas.
- Non contedes cos gardas, non van colaborar....
Con esa resposta a nacente comisión de ramistas verdes recibiron un xarro de auga fría, e baixaron as escaleiras co sinal da derrota nas súas caras.
- ¿ Como imos facer festa se non temos ao noso dispor os municipais ?
Chantados e estantíos na beirarrúa da Farmacia Dilo a voz da experiencia xurdiu de man de Luis Vilaesteva..
- Non hai de que se preocupar... imos brimcar á casa do Cabo. e segundo como resulte a cousa mañá achegámonos a falar ca Garda Civil...
Seguiron camiño cara o Cruce da Estación . Contáronlle o acontecido a Don Eduardo que, como tiña por costume, recibiunos no portal , envolto na súa moi coñecida bata de casa...
- Non vos preocupedes rapaces . Don Euxenio falou así porque estará encabuzado porque lle tiraron a Comisión. Vós portádevos ben cos gardas que eles non han faltar ao seu traballo...
Seguindo o consello de Luis Vilaesteva ao seguinte día dúas caixas de botellas de champán pasaron para a casa do Cabo e para todos os gardas houbo unha xenerosa primeira aportación de cartóns de tabaco. E foi así como , contra o desexo exposto polo Alcalde , os ramistas de 1971 contaron coa axuda dos gardas municipais.
E chegadas as xornadas festeiras , para evitar problemas atravesaron un camión no Cruce do Avenida e outro no de Catro Camiños cortando o paso, e protexendo os dous palcos da música , e dous indicadores coas lendas direccionais " Lugo" e " Monforte " e festa e verbena acadaron o bon suceso acostumado.
...........................................................................................................................................................................
12.- A PRIMEIRA QUEIMADA DO SAN XOÁN
( Na memoria de Eladio Díaz, Luis López García , Xosé Núñez Pedro Rivas Barreal, Eliseo Gudín González, Pedro do Dios , Genín Carrozas Manuel Díaz López, Uxío López Prado , Carlos Díaz Losada, Xaime Félix López Arias e Serafín do Cochero )
A primeira QUEIMADA POPULAR do San Xoán foi organizado, como innovadora creación, pola comisión veciñal de festas predidida a efectos formais por Eladio Díaz ( Eladio dos Americanos ) , que no seu prantexamento era asemblearia .
Reunidos poucos días antes do 24 de xuño no Forno de Gudín ( Rúa Maior 31 ) , sentados riba de sacos de fariña , a barallar novos xeitos para o día do comezo das festas , porque a tradicional verbena esmorecía de anos en ano, alguén apuntou de volver a organizar a Fogueira no Campo da Feira e sería boa cousa ofrecer unha queimada amenizada polos gaiteiros, que daquela se contrataban para sair á rúa todos os días dos festexos.
A idea foi aceptada e publicitada , e na noite do 23 os primeiros sorprendidos pola morea de xente que estaba no Campo da Feira agardando con vasos e cuncas da máis variada forma e capacidade , foron os ramistas , que lle encomendaran ser primeiro queimador ao Pedro do Dios, e como a augardente mingoaba nas cazolas houbo que ir a toda presa por mais garrafas .
Ao queimada popular do 23 de xuño de 1971 foi nacemento sonado e ano a ano a súa aceptación foi collendo novo pulo acabouse vendo enriquecida con papatoria de iscos e chourizos , coa actuación de grupos folclóricos e grupos musicais que actúan diante dunha multitude de veciños e no que a Noite do Lume está moitas veces asociada ao grupo " Eoas" que no seu repertorio inclúen unha composición músico vocal de Fuentes adicada á máxica noite .
Xa como fórmula consagrada , Fogueira e Queimada, vense reforzadas ademáis como " Noite do Lume " coa incorporación ao programa do " correfoc " no que foron elementos iniciadores grupos de Sarriá ( Barcelona ) como outros procedentes de Castelló de la Plana.
***********************************************************************************
13.- ¿ MANDATARIO OU MANDADEIRO ?
Por mor de que o alcalde Vázquez Rivas tiña moito tenpo ocipado coa sña actividade profisional de perito agrícola non era doado achalo na Casa do Concello . Un día un veciño dirixiuse ao aguacil preguntándolle se podía entrevistarse con el , e ao dicirlle que non estaba ali o paisán díxolle se sabía a onde fora. E o famoso porteiro municipal moi dilixente respostoulle : " Supoño que non vai tardar moito porque na parte baixa sa vila a un recado do Cabo".
***********************************************************************************
14.- HAI VIÑO NOS CRISTOS....
Tempos aqueles nos que a vila medraba e medraba e o servizo de auga pública minguaba e minguaba e día sí e día tamén cortaban a distribución e había que facer números para atender ás necesidades dos negocios e das familias.
Nunha semana na que as billas folgaron dun xeiro constante o teléfono soaba e soaba e aempre chegaba a mesma mensaxe,,, " Señpr alcalde, non hai auga "..." Señor alcalde, estamos sen pinga de auga " , " A auga está cortada , señor alcalde " e así unha e outra vez e cento e unha máis ... e as queixas seguían a marteleae e volta a comezar coa mesma letanía de queixas.... e cando chegou a enésima queixa , don Xesús, a veciña díxolle " Señor alcalde levamos sete horas sen auga , ¿ que fago ? ". E a primeira autoridade munícipal respostoulle... " Señora, venden viño nos Cristos ".
........................................................
Moitos anos despois , no Bar Piñeia, a vella Casa Vilaesteva, depois de sairen do Xulgado onde actuara como perito Xesús Vázquez Rivas , un avogado e algunhas das testemuñas que " foran de cabra " tomaban uns viños , e achegouse ao grupo un home da Matanza, en Castro do Rei de Lemos, moi coñecido en toda a comarca porque saía na Radio de Moforte con chistes e contos . A conversa foi derivando cara sucesos graciosos e paradelense radiofónico xa posto no seu papel prtotagonsista pasou a contar o que acontecera " cun Alcalde de Sárria " ao que un día non paraban de chamar protestando porque non tiñan auga nas casas , e el contaba o acontecido introducindo consideracións da súa propia colleita .... E o Moreno, aos poucos , interrompía o seu discursar dicndo.... ¡ Iso non foi así.... e así varias veces até que o relator dixo..... " ¿ E porque dí que non foi así ? "..... " Porque o Alcalde do que falaba era eu ", respostoulle don Xesús.... E o contista interrumpiu o seu discurso e non foi quen de seguir adiante co varal.
***********************************************************************************
15.- CEMENTO Á ESGALLA PARA O RÍO SÁRRIA : RECEITA OVETENSE
Aló polos anos finais da alcaldía de Euxenio Quiroga Vázquez os da Confederaciòn Hidrogràfica do Norte de España, con sede en Oviedo , andaban coa matraca de que había que encanar o río Sárria para evitar os danos que se podìan producir en tempo de grandes enchentas.
Un día apareceron varios enxeneiros e outros técnico hidráulicos procedentes da capital asturiana que foron recibidos na Praia do Chanto polo alcalde, o secretario e algùns concelleiros, Ali deron en bracer e deron en dicir " Aqui hai que poñer unha escolleira ali hai que facer unha mota para que non reborden as augas ", e veña a falar de muros nas dúas marxes e a lanzar proxectos e regulacións, até que o alcalde sarriao interrumpiu os seus falares dicindo : " Non, mentres eu sexa alcalde non se vai tocar o río...."
Sorprendidos pola interrupción os hidráulicos xestores puxeron caras de pampos espreitantes....
." Non o vou consentir , o río é algo vivo, non hai que poñerlles corsés El sabe ben cal é o seu camiño. Non se toca,,,"
E rematou a embarazosa situaciòn o secretario Amando Losada cando dixo aquelp de " Eu non vos entendo aos ténnicos", E un dos visitantes só atinou a decir. " ¿ E iso por que ?". E Amando respostoulle " Por que semella que tedes cerebros de formigón ".
E o certo é que aquel primeiro intento de encanamento ficou abortado.....
*********************************************************************************
16.- ¡ VIVA RUSIA !
Xesús Vázquez Rivas, recoñecido perito agrícola con exercizo en Sárria, entrou de alcalde cando morreu o alcalde Xabier López-Acevedo, e aínda que amosou a súa vontade de non ocupar a poltrona como sucesor daquel seu bon amigo, mais acabou aceptando porque o circo familiar do falecido llo pediu para que seguse levando adiante os moitos proxectos que deixara abertos. De carácter humilde e sinxelo nas súas niumerosas relacións sociais paso a presidir unha Corporación muncipal " orgánica" na que formaban os terzos familiar, sindical e de representacións , no que eran maioría perosas do medio rural , e entre eles e xa veteranos na corporación falanxistas da vella garda-
Vázquez Rivas foi moi popular entre a veciñanza , polo seu carácter aberto e bondadoso , cun certo desleixo cara as actuacións públicas , ao que se uniron dificultades familiares, polo que nos anos 1967 e 1968 insistiu en moitas ocasións diante do gobernador civil e " xefe provincial do Movemento " para que lle permitise deixar a Alcaldía, sempre con resposta negativa.
Para forzar a súa saída deu en amosar curiosas extravagancias como as de nas festas do Corpus ou do San Xoán diante dos gaiteiros e das bandas de música , con paraugas ao pescozo e abrindo a súa marcha a xeito de direitor levando o compás coa man e facendo sucesivas paradas nos bares e taberbas do traxecto... e nin con esas. O gobernador mantínao na xefatura local...
Finalmente conseguiu o seu propósito dun xeito nada ortodoxo naqueles tempos....Estando de vasos nalgúns dos establecenentos botou algún que outro " ¡ Viva Rusia ! ", que debeu resoar no goberno civil lucense porque, moi axiña, cesouno nas súas funcións con agradecemento dos servizos prestados.
**********************************************************************************
17 . - UN BOZO PARA UN COCIÑEIRO FAMOSO
Nos primeiros anos do Restaurante Litmar , a carón da Ponte de Ferro, onde Xosé Páramo tivera unha tenda de ultramariños , e onde se ofrecía unha cociña de recoñecida calidade . Coa ocasión dunha visita oficial a Sárria do gobernador civil este e os seus acompañantes foron agasallados polo alcalde " Moreno" cun escollido xantar .
Sucedéronse pratos de boa feitura e as animadas conversas víronse interrrompidas por altas voces que chegaban dende a cociña . berros subidos de tono . matadioses e verbas malsonantes, causando a natural sorpresa dos comensais coa vergoña allea dos representantes sarriaos por mlor da opinión que a Súa Excelenza podería formar dos sarriaos , porque unha mala impresión , ás veces, podería dar lugar a deméritos colectivos ou á frustración de proxectos longamente degorados.
Á hora da despedida o poncio provincial deixou caer palabras reprobatorias envoltas nunha pequena dose de retranca.
Ao día seguinte , cumprindo particulaes ordes do Alcalde, un garda municipal dirixiuse á Ferrataría Vera, no número 30 da Rúa Maior coa encarga de mercar un daqueles bozos ou bitillos de fabricación propia que ao retallo tiñan á venda, co especial madato de que o envolvesen en papel de regalo. De seguido colleu camiño cara o Litmar onde entregou en man ao destinatario o agasallo que levaba. O cociñeiro abriu o paquete e o bozo para vacas saiu á vista coa súa levián feitura de arame e ao abrir a tarxeta díptica puido ler: " Para que o poñan os que bardalláns que están na cociña" .
***********************************************************************************
18.- UNHA CEA CON FILGUEIRA VALVERDE E DÚAS ANÉCDOTAS
Veu Filgueira Valverde a Sárria convidado por Meigas e Trasgos CIT a dar unha conferencia na Biblioteca Municipal ( Rúa Pedro Saco ). Rematado o acto e na compaña da súa esposa foi agasallado cunha cea ,no Restaurante Litmar , que estaba antes da Ponte de Ferro, estando con el na mesa a presdeinta Carmela González Ruiz o seu mardio Älvaro López-Vizcaino Rodríguez e alguns dos direitivos da asociación.
Filgueira Valverde era un grande conversador e regaloulles aos seus acompañantes varias anécdotas acontecidas na súa presenza , relacionadas con Pontevedra e os anos da posguerra-
1.- Fallu dunha cea ofrecida en Pontevedra co gallo dunha visita do rei Afonso XIII ao que lle ofreceron un opíparo xantar ao que asistiron representacións civís e militares . Un dos pratos ofrecidos foi salmón, daqueles que por aqueles anos tiñan moradía nos ríos galegos. A presentación do peixe do peixe fixérona poñendo os magnificos exemplares riba dunha capiña de mofo. Xa coa posta no prato un dos militares dirixoiuse ao camareira chamando a súa atención sinalando cara a bandeira e despois cara o prato indicándolle que lle botase algo de verde.... O camareiro, moi educado, díxolle polo baixo " Señor, isto é mofo..." Ao que o bizarro militar ( naquel tempo todos os militares recibían o calificativo de bizarros ) repuxo con toda a enerxía e seguridade do mundo, ¿ E quen lle dixo a vostede que a miun non me gusta o mofo ?",
2.- Contou tamén que no tempo no que os "fuxidos" andaban polos montes colleu o liña de Pontevedra a Lalín que ía pola estrada do Alto do Candán: No auto ía tamén un matrimonio de emigrados en Cuba que falando alto interesáronse por sanberen se había perigo de que os fuxidos parasen o autobús para a punto de pistola e fusís quitarlles aos viaxeiros as súa mellores prendas. Todos os viaxeiros deronlles palabras de tranquilidade , e o matrimonio aproveitando a lentitude do desprazamento e o quentor dun sol morno que entraba polas ventaniñas deron en botar unha soneca.... De súpeto, despopis dunha foirzada parada do autobús ,.,, ¡ Pum ! ¡ Pum ! ,,, soaron disparos ... e os "cubanos" cheos de medo deron en berrara " ¡os fuxidos ! ¡ Os fuxidos !,,, Estamos perdidos," ao tempo que se agochaban tars dos asnetos.
Nada máis lonxe da realidade. O liña parara nunha gaándara e fora do autobús non se vía máis xente ca o chaufer e o cobrador. Un deles levaba unha escopeta aberta da que sacou dous cartuchos fumegantes e o outro amosaba en cada súa man unha perdiz ....
- Señores , seguimos a viaxe ,,, Xa levaba tres semanas botándolle o ollo a ese bando... E hoxe cairon dúas. Perdoen a parada . Dentro de pouco xa chegamos á vila.
E os americanos sorriron felices.
....................
E foi nesa cea cando, na hora da sobremesa , dende unha cornixa de escaiola invertida e aberta na que había luminarias caeu en picado un ratiño , que pasou entre a beira da mesa e a cabeza da esposa do conferenciante sen rozala xiquera, e sen que se prodecatase do descenso libre do rato, que sí foi seguido con natural sorpresa polos comensais que estaban da ourea banda da mesa, que evitadno todo xesto delatador ou calquera comentario improcednte, seguiron coas animadas converas nas que estaban metidos.
Ao seguinte día , informados debidamente os mesoneiros , escada mediante, poideron comprobar como unha familia de ratos, ao caloriño da luz elèctrica aniñaran na cornixa.... Do que se deduce que os ratos son bos escaladores e non están ben dotados para a caída libre.
***********************************************************************************
19.- O RONCO DO XAMÓN
Houbo un tempo
***********************************************************************************
20.- A RUINA DA CASA DE PRADO
***********************************************************************************
21.- ¡ ESCOLAS NON !
**********************************************************************************
22.- " PUES ALLÁ.........."
***********************************************************************************
23.- .....¡ SON FEOS COMA O DEMO !....
***********************************************************************************
24.- AQUI ACABA A PROVINCIA DE LUGO
( Viñoás, parroquia de San Migeuel de Vilapedre )
***********************************************************************************
25..- O MÚSICO MANUEL
***********************************************************************************
26.- O MINGOS DE PRADO
**********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario