XULIÁN REGUEIRO LÓPEZ : MÉDICO DESTACADO CON CARREIRA TRUNCADA ( 763 )

 XULIÁN REGUEIRO LÓPEZ : MÉDICO DESTACADO CON CARREIRA TRUNCADA. ( 763 )

Xulián Regueiro López,  médico,  natural de Santa Mariña de Galegos ( Láncara ). Foi fillo   de Xusto Regueiro  López e Pilar   López López.  Cursou medicina   en Madrid   e en 1913   obtivo o tíduo  de Licenciado  en Medicina, disciplina  que despois perfeciona   en Suiza e Alemania. Foi Xefe   de Laboratorio  da Faculdade de Medicina de San Carlos  en Madrid ( 1936 ) , médico  da Asociación de Prensa  e especialista  en doenzas  do estómago,  fígado e sangue,

** ( 1925 )  O doutor Olivares  encárgalle a direición  e estudo da sección  de aparato dixestivo  na consulta  e salas da  Facukdade de Medicina de Madrid.

**  ( 14.05.1925 ) Conferencia  no Centro Galego de Madrid  encol de "  Augas mineiromediciñaís  de Galicia , e  sinalan que é especialista  en doenzas do sangue e  nutrición.

**  ( 10.10.1925 ) Despois de rematar a súa presenza en Ourense, onde pasaba consulta nos veráns,  pasa a Sárria para recoller a familia  para trasladarse despois a Madrid. 

** ( 1927 )  Nomeado médico especialista  da Asociación da Prensa.

** (  1..09.1928 )  Reanuda a súa consulta temporeira en Ourense.

** ( 1929 )  Forma parte da Comisión Organizadora  das Primeiras Xornadas Médicas  Galegas  da Coruña,  xunto con  Xulio R,  Lacorrere , Rafael Martínez Uzal,  Eduardo R, Lacorrere , Henrique Hervada  e X,  Souto Beavis, 

** ( 5.07.1929 )  Sae de Madrid para a consulta de verán en Ourense.

** ( 23.08.1929 ). - Conferencia nas Xornadas  Médicas de Galegas: Tema:   " Síndrome latentes  da vesícula  biliar ". ( Era membro  da Comisión Executiva  das Xornadas  , na  súa  Primeir Asemblea na Coruña ),

** ( 10.09.1929 )  Recibe unha homenaxe  no Gran Hotel Miño de Ourense , pola súa intervenci´pn nas Cornadas Médicas Galegas. 

** ( 24.09.1929 )  Sae de Ourense para Lugo.

** ( 5.04.1930 ) " El Adelanto" ( Salamanca ).- " Colexio Médico e  Academia Médico Escolar. O Doutor Regueiro López  . A súa conferencia na Faculdade de Medicina..- Mañá domingo, 6 de abril, ás 12 da mañá  , tendo lugar na Aula Teatro  da Faculdade de Medicina  , a conferencia a cargo de  don Xulián Regueiro López , da Faculdade de Medicina de Madrid , que disertará  encol do tema "  Alerxia das vías biliares  , con radiografías   da vesícula biliar",  As Xuntas Ditreitivas do Colexio  Médico e Academia Médico-Escolar , encaráronlle facer a presentación do conferenciante ao  ao Profesor de Patoloxía Xeral  da nosa Faculdade, don Primo  Garrido. Case  nos atrevemos a asegurar  que esta conferencia constituirá  un bon suceso  máis das dúas entidades médicas salmantinas  , que tan brillantamente  organizan  os seus cursiños de conferencias.  A asegurarmos  isto indúcenos  a relevante persoalidade  do doutor Regueiro , porque non pretendemos descubrilo, pois polo mundo científico  é coñecido dabondo , senó só trazarmos  unha lixeiras liñas biográficas .

O doutor Regueiro López  realizóu a súa formación  científico-profisional  na Faculdade de Medicina de Madrid  onde cursóu os seus estudos ; despois pasóu  ao carón dos profesores  Madinaveitia  e Pittaluga. Por indicación do profesor Madinaveitia . proseguiu os seus estudos  na Suiza alemá , onde pasou catro anos ; dous pensionado pola Xunta de Ampliaciòn de Estudos  para estudar Fisiopatoloxía  do aparato dixestivo  no Instituto de Química Biolóxica , ao lado do profesor Burgi , e outros dous nas  clínicas do eminente clinico profesor  Sabi, onde foi auxiliar.

Á súa volta  a Madrid foi axiña nomeado Xefe de Laboratorio  na Faculdade de Medicina , e en 1925  o profesor Olivares  encargoulle a direción e estudo  da sección de aparato dixestivo  na colsulta e salas  da Faculdade de Medicina , así como axudante  nas intervencións desta especialidade.  Dende a dita data  a súa actuación  está íntimamente ligada  á do profesor Olivares.

En 1927 foi nomeado  especialista da Asociación da Prensa.  As súas publicacións  científicas  máis importantes   son as seguintes : "  Contribución ao estudo  das  células  de Riedi". Este traballo figura case  íntegro no libro de Hematoloxía  do Profesor Pittaluga , pois tivo grande importancia  porque destruiu  o concpeto que até entón  se tiña en clinica  do dito celular. "  Contribución ao estudo das granulacións  nas células de tipo linfoideo",, " Novos métodos  hematoloxicos aplicados  nas células de tipo linfoideo", "Dispepsia  intestinal  e hidratos de carbono" , " Úlcera crónica , indolora e pseudoclorosa", "  Insulina e  e gastropatías ",  " Síndrome latente  da vesícula biliar " .

O pasado verán foi organziador  das Xornadas Médicas Galegas , que tiveron unha grande importancia  na vida científica española , É , pois,  o doutor Regueiro  unha autoridade  na medicina patria , e como dicimos , a súa conferencia vai constituir  un novo bon suceso  que enadir  á tan ben  cimentada historia  que alcanzou  a Academia Médico-Escolar  nos seus cursiños de conferencias .

Rematada a conferencia  as Xuntas Direitivas do Colexio e a Academia Médico-Escolar  agasallarán ao doutor  Regueio cun xantar íntimo , Esta homenaxe  faise extensiva  a todos os que desexen  asitiren , recollendo as súas  tarxetas no Hotel Comercio, 

** ( 07,1930 ).-  Suspende a consulta en Madrid e pasa a Ourense. 

** ( 1930 ).-  Monta en Ourense unha clínica  de doenza do sangue , A prensa preséntao  como " decidido defensor  e protector  dos galegos que van a Madrid  e potencia e colabora  coas agrupacións rexionais en Madrid ",

** ( 7.08,1930 ),. Sae de Ourense para Lugo.

** ( No xornal " Galicia", de Ourense, 6.01,1931 ).- Publica o artigo "  Que se precisa para vivir ? " , no que adica especial atención ás vitaminas.

** ( 18.02,1931 ) ,.  Falecemento da súa  nai Pilar López,  en Santa Mariña de Galegos ,

** ( 1931 ) ,- En Madrid tiña a consulta  na Calle Zurbano  34,

**  ( El  Debate,  31,03,1931 ),. Diante da demisión do Decano de Medicina da Faculdade madrileña  e o motivado artigo por el publicado , Regueiro López  verteu  a seguinte opinión "  Entristece dicilo , mais a realidade  é que a Universidade  española non existe , Ninguén será tan cándido  que crea  que o estudo científico-clínico , polo que se esforzan algúns profesores, é asimilado  polos estudantes. Creo que non estará  de máis dicirlle  á Sociedade que o noso nivel cultural descende  intensamente , O seu artigo  ten un valor  moi grande, pois fai vibrar a moitos espiritos  que permanecen  aletargados", 

**  ( El Progreso, 22.07.1931 ).-  Vogal por  e relación  con América, no Secretariado  de Galicia de Madrid".

** (  25-07.1931 ).-  Conferencia : " Complicacións agudas  da úlcera  gastro-duodenal".

** ( 1931 ).- Colabora  na organización das Segundas Xornadas Médicas Galegas, de Vigo, como segredario xeral.

** ( 26.02.1932 ).-  Conferencia  en Unión Radio de Madrid : " Estudos biolóxicos das anemias".

**  ( 03.1932 ) ,. Intervén  no  primeiro ciclo de conferencias  da Mutua Benéfica Galega  , no que tamén participa Otero Pedrayo. 

** ( Vida Gallega,  20.08.1932 ).-  No concurso aberto  pola importante revista profesional  " Medicina " , ao que se presentaron  72 concursantes e por un xuri formado por ilustres  Catedráticos  da Faculdade, foille concedido o primeiro premio  da Fundación do Marqués  de la Vega de Anyo "ao doutor médico lucense  establecido en Madrid, don Xulián Regueiro López", A obra presentada ao concurso fou un notable traballo  encol do tema "  Drenaxe duodenal das vías biliares. 

** (  5.09.1932 ) Está en Vigo, de paso para Ourense. 

** ( 1933) .- Presenta nas Xornadas Médicas Galegas  de Lugo os seus traballos  "Sondaxe  de toda a cavidade  gastrointestinal ( 14 radiografías ) e  "Fisiopatoloxía  da vesícula biliar ( en  34 radiografías ) ". Xunto cos demais participantes é agasallado na Sociedade A Unión de Sárria  e fan visita á Casa de Saúde  de San Fiz de Vilapedre dirixida polo médico alienista Ricardo Núñez Rodríguez.

** ( 14.08,1933  ) .-  Dentro  da programación  das Xornadas Médicas Galegas lé no cabido da igrexa do Cebreiro a súa ponencia " Unha  vivenda rural galega".

**  ( 10.1933 ).- A finais  de mes sae de Ourense  para Madrid

** ( 1934 ).-  Ten a súa  clínica  particular en Madrid , na calle Zurbano  34 , con consulta  de 2 a 4  da tarde.

** ( 1935 ) Participa  nas Xornadas Médicas  Oficiais galego-portuguesas , en Ourense,  formando parte do Comité de Honra.

** (  1935 ) Participa  no Ciclo de Conferencias  organizado pola Fundación  Benéfica Valdecilla , de Santander.

** (  Vida Gallega,  26.02.1936 ).-  Dá unha conferencia  en Madrid , organizada pola Mutualidade  Benéfica  Galega  Quinta Saúde , na calle Jardines  13,  dentro  dunha programación  na que interveñen tamén Roberto Novoa Santos e Antonio Rey Soto.

**  Vogal da Xunta  de Goberno  do Colexio  Oficial de Médicos de Madrid.

** (  13.07.1936 ).-  Suspende o  servizo médico  da Asociación de Prensa madrileña.

                               Levantamento militar 

** (  30.07.1936 ).-  O levantamento mílitar cólleo  en Ourense, onde fai un donativo  de 500 pesetas para Acción  Ciudadana.

** (  10.1937 ).- Asimilado  a Tenente Médico  no Hospital  de guerra de Oña.

                                          ..................................................

** ( 28.09.1941 ).-  Médico Especialista  no Hospital de Santa María de Lugo.

**  ( 28.09,1941 ).- Pasa a xornada no Carballiño.

** (  1945 ).- Sae  para Ourense para vacacións.

** (  El Progreso, 4.11.1966 ).-  Publica  un artigo : "  O Premio Nobel" 

** (  El Progreso, 16.05.1971 ).-  Publica : " In memoriam. Henriqueta Grudoña. Duquesa Viuva  de Calvo-Sotelo ).

**  ( El Progreso,  22.10.1972 ).-  Fai doazón  de 1.000 pesetas para a adquisición  do soar para o  Instituto  de  Ensino Medio de Sárria,

                                                   ****************** 

Publicou algunhas  monografías sobre doenzas  do aparato dixestivo , entre elas  " Úlceras crónicas indoloras do estómago" ( Madrid , 1929 ) ;  "  O problema  de cancro  gástrico" (  en Galicia Clinica,  1946 ).

                                                    ******************* 

En Sárria vivíu na  casa número 42 da rúa Diego Pazos-

************************************************************************************* 

                             FAMILIARES DE  XULIÁN  REGUEIRO LÓPEZ 

                                                      PAI

REGUEIRO LÓPEZ, XUSTO.-  Natural de Santa Mariña de  Galegos  ( Láncara ), Casou con Pilar López López.Fillos :  Xulián, Xinés, Xermán,  María, Eduvixes , Gustavo e Pilar Regueiro López.  Foi Fiscal de Láncara en 1899 / 1900, ERea dono dun muiño no río Armiela que moía menos de seis meses ao ano. Era dono de dúas casas en Madrid , na Calle de la Palma , 16 e Calle Valverde , 26,

REGUEIRO  LÓPEZ,  EUDUVIXES.- Natural de Santa Mariña de Galegos ( Láncara ). Filla de Xusto Regueiro López   e Pilar López López.

REGUEIRO  LÓPEZ, GUSTAVO.-  Natural de Santa Mariña de Galegos . Fillo de  Xusto Regueiro López e  Pilar López López.  Faleceu o 22.02.1922 aos 23 anos.

REGUEIRO LÓPEZ,  MARÍA.-  Natural de Santa Maríña de Galegos ( Láncara ) Filla de  Xusto Regueiro López e Pilar López López.

REGUEIRO LÓPEZ, XERMÁN.- Natural de Santa Maríña de Galegos  ( Láncara ).  Fillo de Xusto Regueiro López e Pilar López López.  Faleceu o  día 6 .08.1949 aos 58 anos. Fillas :  Mariña, Vitoira,  Aurita,,  Silvina, Carme e Dores  Regueiro Vivero.

REGUEIRO LÓPEZ, XINÉS.-  Natural de Santa Mariña de Galegos   ( Láncara ) . Fillo de Xusto Regueiro López e Pilar López López. . Membro da Xunta  Municipal do Censo  Electoral. Xefe do Subsidio ao Combatentes ( 1938 )  Alcalde de Láncara  en 1940.   Viviu algún tempo en Lugo. . Foi asasiñado  na súa casa de  Galegos  o 30.04.1947 . En maio de 1949 foi inaugurado  un mausoleo  no cemiterio de Lagos  e instalaron unha  lápida   na súa honra na estrada de Becerreá , que está desaparecida.

(  El Progreso.  3.09.1927 ).-  A Garda Civil do posto de Sárria  detivo a Ramón Piñeor Franco  e Xinés Regueiro López que lle venderan  unha pistola  coa que se intentara  Manuel Arias Vázquez autor dun incendio  ocurrido días psados naquela vila,"

( El Progreso , 3.05,1947 ),.  Letras de loito.  " Dorosa impresión causou nesta cidade  a nova da tráxica morte de  Don Xinés Regueiro  López ( q.e.p.d. ) pertencente á prestixiosa  familia de Galegos ( Láncara )  e emparentado con apreciables  conveciños nosos.  Residiu algún tempo  atrás  nesta cidade, onde co seu afable  trato e simpatía  conquistara numerosas  amizades. Nas comarcas de Láncara e Sárria , era tamén xustamente apreciado,  sendo o seu  pasamento  moi sentido  e máis polas  circunstancias   que nel concorreron.  Hoxe  celebraranse  en Santa María de Galegos  solemnes funerais  en sufraxio da súa alma  e a inhumación  dos  seus restos no panteón familiar. Estes actos  constituirán , sen dúbida algunha , sentidas manifestacións de dó  e exteriorización  da repulsa  polo seu asesiñato , así como de aprecio, do que nunha ampla  comarca da provincia  se lle ten  aos seus familiares, en especial ao seu pai don Xusto Regueiro , aos que , xunto co seu irmán , don Xulián, distinguidos amigos nosos, acompañamos  sinceramente  na súa natural  dor" 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares