SÁRRIA: XORNADAS GASTRONÓMICAS DO PORCO ( 767 )
SÁRRIA: XORNADAS GASTRONÓMICAS DO PORC0O ( 767 )
MEIGAS E TRASGOS
VII XORNADAS GASTRONÓMICAS DO PORCO. TERRA DE S ÁRRIA. 19,20 E 21 febrerio 1993.- 27 Xornada de Clausura
¡ TILIN ,TILIN , 7A ANDAMOS CO PELEGRÍN !
Dene o Cebreiro baixando / ven de vagar Pelegrí / e eu coido para mi / que baixa ledo, cantando / un bon xantar agardando, / e connosco aquí o veremos / nas Xornada que aquí temos / na honra de San Bandullo, / e senon, cun estadullo, / unha malla lle metemos.
A cantos con el camiñan, / logo de pasa-las serras / co agarimo das xerras, / os ollos lles aloumiñan, / e aquela fame que tiñan / por estas terras ben matan / ta axiña coma catan / de nabizas caldo quente / ou cocidiño con dente / que ledas horas desatan,
¿ Que dicir dunha empanada / sexa de raxo ou de zorza, / que ós espíritos forza, / en dixestión controlada, / á meditación sublimada , / e vai en combinación / co moi sabros lacón / ou cun preciado botelo, / ( que sorte chegar a velp ). e chopurizos a cachón ?
Pelegrín e a súa compaña / con queoixo e freixós mantidos , / en pouco gasto metidos / como quen vai de campaña. / hanse de dar ben a maña / coas moi sabidas orellas , / e vexo eu, abofellas,. / que non lle han dicir que non / a una anaco de roscón / e ó moi doce mel de abellas.
Peregrinos das lareriras / nós de peregrinos vamos, / uns imos alo pra Samos, / coma xentes lambeteiras / e outros, por estas xeiras, / teñen en Sárria estación / e mesa e mantel servidos / pois son deles ben queridos / os chourizos e o xamón.
X.F.L.A.
.....................................................
VENRES, 19.- Caldo de nabizas.- Lacón con grelos.- Queixo do país.- Membrillo.- Viño do país.- Café e augardente ( 1.100 pesetas )
SÁBADO, 20.- Caldo de costelas.- Empanada de zorza.- Freixós con nata e mel.- Viño do país.- Café e augardente ( 1.100 pesetas)
DOMINGO, 21.- Sopa de cocido.-Cocido galñego.- Filloas.- Viño do país.- Caf´e e augardente ( 1.400 pesetas )
SÁBADO, 27.- XORNADA DE CLAUSURA
.........................................
HORRIBLE CRIME COMETIDO EN SANTALLA DE ARXEMIL NA PERSOA DUN INOCENTE ORFO A QUEN NINGUÉN LLE VALEU EN TAN MALA HORA
En Santalla de Arxemil, / a unha legua de Sárria , / vivñia un inocentiño / que por nada protestaba; / tiña casa ben coberta,, / mantenza non lle faltaba / xogaba canto quería, / e axiña se deitaba, / e axiña se deitaba. / Con moito agarimo todos / do inocentiño coidaban / e el, sempre caladiño, / co bon folgar ben medrba . / E un día de xaneiro / cando o sol alboreaba , / entrou xente cri<minal / no sitio onde el estaba, / collérono polas orellas. / ¡ Ai coma el berraba ! / e riba dunha mesa longa / con grande presa o deitaban, / Aterrecido o inocente / con gran forza protestaba, / mais de nada lle valeu , / ó ctavarlle a coitelada. / Fixeron con el roxóns, / e moitas máis trangalladas, / que cos inocentes bonss/ é co que fan lambetyadas.
X.F.L.A.
.................................................
UN SAÚDO
Neste Ano Xacobeo as Xornada Gastronómicas do Porco, "Terra de Sárria" mm chegan á súa séptima edición.
Hai que felciitar ós orgrganizadores e colaboradores deset evento , pola ilusión que no seu labor poñen, e porque co seu esforzo contribúen a potenciar os productos da bisbarra, e dar espallamento ó bon facer dunha hostelería que ten como distintivo ofrecer calidade.
Sabemos que é pouco doado levar adiante esta programación , e que teñen os seus organizadores plans para unha maior potenciación das Xornadas.
Todos queremos que ano tras ano , se é posible, se chegue a novas metas. Para iso haberá sempre o apoio das institucións.
Quero desexarlle a quen nos visiten nestes días unha feliz estancia entre nós, e recomendarlle complementen as horas de mesa e mantel, con visitas ó Mosteirp de Samos, ó Val do Incio , a Lóuzara ou ás fermoas igrexas románicas da clomarca.
Aquí nesta Galicia inteiro tan pouca coñecida acharedes unha xente acolledora , unha paisaxe insospeitada e horas para o lecer.
Arturo Corral Guitián .- Alcalde de Sárria.
....................................................................
ORGANIZACIÓN
RESTAURANTE ROMA.- Rúa Calvo Sotelo-Sárria.- RESTAURANTE O MEIGALLO.Praia do Chanto .Sárria.- RESTAURANTE " SAN JUAN" Estación de Autobuses. Sárria. RESTAURANTE BREOGÁNS.- Travesía Marqués de Ugena, 1. Sárria.- RESTAURANTE A VEIGA. Samos.- RESTAURANTE O PATIO . Castro dos Petod- Vilar de Sárria.
ORGANIZAN. MEIGAS E TRASGOS CIT.- GREMIO DE HOSTELERÍA.
COLABORAN: CONCELLO DE SÁRRIA.- DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.- DIRECCIÓN XERAL DE TURISMO DA XUNTA DE GALICIA
O cocho é regalía / o cocho moi bon vos é, / eu prefíroo pendurado / e non andado de pé.
DIPUTACIÓN PROVINCIAL LUGO
************************************************************************************
2
Comentarios
Publicar un comentario