XORNADAS DAS LETRAS GALEGAS 1984 ( SÁRRIA ) ( 765 )

                 XORNADAS DAS LETRAS GALEGAS  1984    SÁRRIA              ( 765 )

                                                  17 D3 MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Os Centros de Ensino e as Asociacións Culturais da vila de Sárria, vencelladas  nun sentimento común , botan a andar un ano máis  algunhas actividades  darredor  do 17 de maio "Día das Letras Galegas"-

Ó longo deste mes , cunha  oferta  diversificada. tenciónase  que os sarriaos  de tódalas  edades se podan asomar  á xanela aberta do teatro, da poesía e da creación literaria e musical galegas contando  para iso, tanto coa presencia  de persoas e de grupos  locais, pouco afeitos á saída  á rúa, mais que decote  fan o labor calado da semente que anda a xermolar. 

.......................................................................................................................................................................

                                             ARMANDO COTARELO VALLEDOR

Nado na Veigadeo ( Asturias )  o 28 de decembro de 1879. Catedrático de Lengua e Literatrura  Españolas   nas Universidades de Santiago e Madrid, e membro numerario  da Real Academia da Historia.

Escritor en galego e castelán , aportou ás Letras Galegas , dentro da liña realista do teatro do seu tempo , un coidadoso  retrato sicolóxico  das persoaxes , xunto  cunha ben feita  estrutura das pezas.

As súas obras " Trebón",  "Sinxebra", " Lubicán",  "Beiramar" e " Mourenza ", presentan  situacións galegas., en ambentes diversos , e chegaron a ter a favor do público.

En moitas obras de tema histórico e de investigación da literatura popular  está presente, dun xeito ou doutro,  o mundo galego, destacando  así o grande  amor de Cotarelo pola Galicia do espíritu  e da cultura.

Morreu en Madrid  o 8 de decembro de 1950

...................................................................................................................................................................... 

                                                           PROGRAMA DE ACTOS

                                                                  MAIO 1984

*  Mércores , 9.-  Discoforum " A Canción  Galega" ( dende as súas orixes até a actualidade ) . Por D, Francisco  Nieto  Niero Rodríguez   Sociedade " La Unión", ás 20 horas.

* Martes 15.-  Representación teatral  polo  Grupo MONTE ORIBIO , no Colexio Frei  Luis de Granada , ás 15 horas 30 minutos , Obra : "  Vaise pechar  unha casa máis", de Xulia Pita-

* Xoves, 17.-  Pola mañán ; Dibuxo ó aire libre. coa participación  dos escolares dos centros da vila. Tema :  Sáttia.´

- Representación  de guiñol, no Salón de Actos  do Colexio da Mercede, para alumnos dos colexios da Adunción  e da Mercede.

-  Ás  seis e meia  da tarde  o grupo  " Os monicreques "   fará un "pasacalles "  polo circuito  Cruce da Avenida -Cruce da Ciguñeira-Catro Camiños - La Unión.

- Ás sete  e meia representación de guiñol  polo grupo " Os monicreques".

* Domingo , 20.- No parque de La Unión, ás  19 horas ;

-  Actuación do grupo de danzas de " Meigas e Trasgos "

- Actuación  da Coral de " Meigas e Trasgos".

- Conferencia  sobor da significación  actual do Día das Letras Galegas e lembranz  de Cotarelo Valledor , que será pronunciada por  D, RAMÖN PIÑEIRO LÖPEZ:

* Mércores, 23.-  Conferencia do escritor D. Francisco Martín. Tema : " As  adiviñas". No Salón da Biblioteca   Municipal ás 20 horas.

* Xoves, 24.-  En " La Unión " ,  ás oito da tarde, actuación do Grupo de Teatro  do Instituto de BUP  de Sárria.

*  Mércores, 30.-  Ás 20 horas actuación do narrador  e ilusionista D. Xosé Manuel Carballo . No parque de " La Unión ".

* Outrox  actos programados  ( con datas a confirmar )

-  Recital poético-musical

- Entrega dos premios dos certames literarios organizados por " Ergueitos".

-  Recital poético  por un poeta consagrado.

- Exposición  dos dibuxos  do certame ó aire libre.

- Actuación  dun grupo teatral galrgo  ( profesional )

                                           ******************

NOTA :  Publicarase unha selección  dos traballos literarios máis destacados que se presenten ós certames convocados.

....................................................................................................................................................................

                                                    ORGANIZAN 

Centro de Capacitación Agraria .- Centtro de Educación Permanente de Aduktos.-  Colexio  Pública " Frei Luis de Granada".-  Colexio da Asunción.-  Colexio da Mercede.-  Instituto de BUP.-  Instituto de FP.- Meigas e Trasgos-CIT ,. Ergueitos.- Monte Oribio.- Sociedade La Unión.

                                                 COLABORAN

Concello de Sárria.-  Banco Pastor.-  Banco de Vizcaya. Banco de Santande.-  Banco Popular.-  Banco Noroeste.-  Banco Hispano Americano.- Banco Central.-  Banco Galicia.-  Banco Exterior de España.- Banco Español de  Crédito.- . Banco  de Bilbao. - Caixa  de Aforros de Galicia,. Librería  Cervantes.  Librería  Felipe II.- Librería  Galicia.

...................................................................................................................................................................

Tríptico editado por  Imprenta Galicia . Sárria              Depósito Legal : LU-609-1984

.................................................................................................................................................................... 

Comentarios

Publicacións populares