SÁRRIA : O CAMIÑO DE CHANTADA ( 776 )

                                     SÁRRIA: O CAMIÑO DE CHANTADA  ( 776 )

O  Camiño de Sárria  a Chantada, que seguía cara Pontevedra, atravesaba o Miño no Saviñao, e foi un dos camiños de postas  establecidos no tempo no que os correos   partindo de Sárria xiraban  a diversos puntos de Galicia.

No Diccionario   de SEBATIÁN DE MIÑANO  ( 1827 ) achamos clara referenza a ese camiño de Chantada , e aos camiños que dende  Valdeorras, Caldelas   e Lemos, e outras partes  atravesaban  o río Miño , para pasar á riberia da dereita,  servíndose das barcas establecidas , que faciltaban o paso de persoas e animais,  pagándolle ao barqueiro o seu traballo.

Referíndose á parroquia de SAN VITOIRO DE RIBAS DE MIÑO, que  mantiña fortes elo coa vila de Sárria ,  podemos coñecer  cara onde ían os camiños que  a atravesaban:

......" Hai sobre o MIño, dous BARCOS grandes  e capaces de  adnitiren cabalarías; a unha  chamada da SARDIÑEIRA , sita e amarrada  no lugar do PORTO, desta parroquia, ten dous camiños, un deles dirixese  pola PONTE SARDIÑEIRA, queestá  na embocadura do MIÑO , ao SAVIÑAO , MOFORTE DE LEMOS, o seu val e demais partes  ; o outro atravesa  esta parroquia  por xunto da súa igrexa ,  vai a SANTA MARÍA DE SEGÁN, onde se divide para PORTOMARÍN, LUGO, SÁRRIA E CASTELA; é tamén tránsito  dende esta parroquia  e as da súa contorna, para CHANTADA , OURENSE  e SANTIAGO.

A outra barca   chamada do PINCELO, está situada  e amarrada  no lugar do mesmo nome , na parte oposta do Miño , e o outro estremo  nesta parroquia  nos termos do lugar e CASA  DE RAMISQUEDO,  ten un camiño  que atravesa  por esta de SAN VITOIRO,  POR ONDE OS DE MONFORTR  CON TODO O SEU VAL  E OS DE CALDELAS  transitan  para as feiras de TABOADA , AGOLADA, MONTERROSO, MELIDE , A CORUÑA  e SANTIAGO". 

                                             **************************** 

A Barca do Pincelo  sinalou a estrema  entre as provincias de Lugo e Ourense creadss en 1822, e tamén a estrema entre os Partidos Xudiiciais de Sárria e Monforte de Lemos  que a primeira Deputación Provincial pretendeu establecer  e que o movemento reaccionario  de  1823  impediu  se conssolidade.

                                              ************************** 

Dende San Vitoiro de Ribas de Miño por Portomarín alcanzábase a  cidade de Lugo , indo cara o Norte, e por outro ramal  pasando por  Sárria e O Cebreiro xiraban cara Castela ,   

Se ían cara o Sur, pasando o Miño  ,pola barca da Sardiñeira ou do Porto podían pasar cxara Chantafa e Pontevedra .  E pola Ponte Sardiñeira  outro ramal ía cara o Saviñao , Monforte de  Lemos e  o seu Val, e dende ali podía dirixirse a Caldelas e Valdeorras.

                                               ****************************** 

Vindo de Sárria  os  camiñantes  , pasando por San Vitoiro , despois de cruzar o río pola barca do Pincelo  podían seguir cara Taboada  e outras partes.

                                               ****************************

CAMIÑOS SEGUIDOS  POLO PADRE SARMIENTO VI NDO DE CASTELA PARA SE DIRIXIR  A  PONTEVEDRA

Viaxando de Madirid a Pontevedra fre MARTIÑO SARMIENTO    incorporose ao Camiño de Santiago engtrando en Galicia, paado o Bierzo, popolo Cebreiro.

 NO BIERZO.... (14 de maio, MARTES  ).... ... A Cacabelo, légoa. A Pieiros , media lñegoa, MEDIDIA E NITE . Até aquí cheguei en calesa, e así  seguin ás veces  camiño diferente  do das mulas.

( 15 de maio, mércores )  Detívenme  este  ndía todo no Priorado de VILELA  ( O.S.B. )

DE VILELA A O CEBREIRO ( 16 de maio, xoves  ) .- A Perexe, medi légoa,. Ambasmesta-A Veiga, media légoa ( ä dereita  o Val de Balboa , á esqiuerda o Castelo de Valcarce  ).- As Ferrrías, media légoa ( MEDIODÏA ) ,. No Castelo din  hai unha inscrición.-  A A Faba, media légoa.- Á Lagoa ( de Caastela ), tres cuarftos de  légoa.- Ao Cebreiro, tres cuartos de légia. ( NOITE ). O Cwebreiro : Priorado da O.S.B.

DE O CEBREIRO A  SORRIBA DE BARBADEL (  17 de maio,  venres ).-  A Liñares, media légoa- A Hospital da Condesa,   un cuarto de légoa.- Ao Padornelo e O Poio , un curto.-  á Fofría,  1 légoa .- A Biduedo u cuarto de legoa.-  A Foilebar, media légoa.-  A As Psantes ,  un oitavo de légoa.-  A Ramil ( Tulla  de Samos ) e Triacastela.- ( MEDIODÏA ).-  San Xil, un cuarto.-   A Montán , un cuarto de légoa.- ( á esquerda, Lousada ).- Á Furela,  un cuarto de lègoa .-  A Pintin, un cuarto de légoa.-   A Calvor, un cuarto de légoa.- ä Aguiada, un cuarto  ( á esquerda , Perros * lugar de nacemento da súa nai Clara Balboa ).-  A San Mamede do Camiño, un cuarto   de lñegoa.- A San Pedro do Camiño , un cuarto de légoa .- Á Vigo,  un cuarto de légoa.-  Á PONTE DE SÁRRIA  ( e SÁRRIA ),  U CUARTO DE LÉGOA.-  Ao Río Cigulñeira (  Río de  Barbadelo   ), un cuarto de légoa  .- A BARBADELO    un  curto de légoa.- ( NOITE no Priorado  ,en Sorriba,  , dependente do Mosteiro de Samos ( O.S.B.)

DA CASA DO PRIORADO DE SORRIBA, EN BARBADELO   AO PRIORADO DE RIAZÓN (  18  de maio,  Sáb ado ).-  Ao Mercado da Serra .- A Abeledo  ( á esquerda   San Sadurniño de Ferriros , podería  sa qjuerer referirse a San Sadurniño de  Froián, Piñeira, A Chhanca e San Pedro de Froián no medio ).-  A Paradela, lugar,   unha légoa  ( refírsee a Santa María de Vilamaior ou Santa María de Vilamaior da Lobatair ( * ) ).- Palacio  ( á esquerda Viñamaior e C erxedo -  Palacio, ou Feira  de Paradela .- A Paredes  de Arriba, esquerd.-  A Paredes de Abaixo, légoa.- Ä Portaxe, légoa.- A Rebordondiego, á dereita  Sobreda, anexo de  Aiaz.-  Á Venda da Retorta., légoa.-  Margaride de Seteventos.- MEDIODÍA .-  légoa.-  A Escairón.- A Marrubio.-  Nosa Señora do Camiño-Á PONTE DE BELESAR.-  Belesara de Seteventos, léggoa.-  Cstro,  O Bañal e Río do Bañal.- Lagoa de Belesar , légoa .-  Cambillán, Ponte do Couto,  río do Couto .- RIAZÓN DE LAGOA , noite ( acollodo polo seu sobriño Frei Millán )

...... e de alí  pasando por  Oseira  e O Carboeiro  segui cara Pontevedra, a onde chegou  o día 25 de maio. 

( * ) Con evidnte erro algún autor identificou este Vilamaior con San Miguel de Paradela ) 

************************************************************************************** 

 

 

DE PIEIROS A O CEBREIRO (  

                                               DENDE  O CEBREIRO 

Comentarios

Publicacións populares