SÁRRIA : REORGANIZACIÓN ECONÓMICO-ADMINISTRATIVO DO CONCELLO ( 1951 ) (770 )
SÁRRIA:: REORGANIZACIÓN ECONÓMICO -ADMINISTRATIVA DO CONCELLO ( 1951 )
( 770 )
Sesión extraordinaria de 30 de agosto de 1951
Alcalde-Presidente : Xosé Gayoso Fernández . Concelleiros : Alfredo López Vázquez.- Euxenio González López.- Román López Rubín.- Emilio Zaera Gayoso.- Ramiro Fernández López.- Xosé Vázquez Gayoso.- Manuel Pérez Vázquez. Antonio Fernández Loueiro.- Antonio Méndez López
.....................................................
MOCIÓN DO SR ALCALDE Á CORPORACIÓN
O desbaraxuste existente nos servizos centrais deste Concello dende hai longos anos, agravado polas circunstancias nacionais debidas á domimación política do marxismo e a Cruzada da súa liberación , e pola máis recentw e local , da desafortunada xestión de quen con imprudente xestión asumiu todas as complicadas funcións da Segredaría e da Intervención durante máis dun lustro , sen a preocupación e o celo correspondentes vai quedando cada día máis ao desconerto , como consecuencia das repetidas inspecións ordnadas por esta Corporación , a que, aínda cando reservasa nas súas aspiracións por falta de colaboración técnica intuiu dende os primeiros momentos a necesidade dunha reorganización económico-administrativa total para sacar a vida municipal do marasmo que viña asfixiando toda iniciativa.
E proseguindo nese empeño localizados xa os principios defectos a subsanar , faise preciso abordar a cuestión do persoal en cuxo aspecto a incuria perxudicou con duplo efecto á administración e aos funcionarios xa que por inaplicación das disposicións transitarias da Lei de 1935 , e pola contina transgresión dos Regulamentos dee 23 de agosto de 1924 e de 14 de maio de 1928, non se achan taxativamente recoñecidos os dereitos dos funcionarios nin a Corporación conta con garantías de idoneidade que, en canto aos mesmos , representa a súa seleción, inamobilidade e independenza.
Excusado parece decir que nunha Secretarí na que faltan libros de actas e na que outros áchanse con elas sen autorizae, non aparecen xiquer vestixios de expediantes persoais dos funcionatios municipais . , nin moito menos libro´rexistro das súas pricipiais circunstancias e resolucións corporativas tal que para implantar un orde, sen lesividade de dereitos, a Corporación , que ven preocupada co estudo do pronlema, vese na precisión de resolver o recoñecemento da situacións consolidades polo trascurso do tempo e avaladas polo público concepto , xa que non sería lícito esixir en todo o caso a exitstrnza de formalidades , de cuxo defecto só a propia administración se pode sentir respondable.
Por dedución, pois, dalgúns acordos mellor ou peor formalizados , dos orzamentos e doutos indicios documentais achados ao chou , así como do íntimo convencemento , propoñemos, como fito ou marco de arranque da normalización administrativa , a adopción dos seguintes acordos
Primeiro
Fixación da plantilla de persoal con arranxo aos artigos 319 e seguintes da Lei de Réxime Local
Técnicos administrativos.- Segredario-Interventor- Depositario
Administrativos : Oficial maior.- Oficial primeiro.- Oficial de Intervención.- Oficial segundo.- Dous auxiliares.- Unha mecanógrafa.- Recadador de arbitrios.
Técnicos.- Inspector Xefe Veterinario.- Dous Inspectotres Veterninarios.- Tres médicos de Asistenza Pública Domiciliar,. Dous Inspectores farmacéuticos.- Un Médico do Hospital .- Un Arquitecto.- Un Director da Banda de Música.
Técnico .auxiliares: Un practicante,. Unha Comadrona.
De servizos especiais: Un encargado da báscula. e bomba de incendios e outro do reloxo público.
Subalternos : Cabo da Garda Municipal.- Cinco gardas..- Cinco serenos .. Un ordenanza .- Un capataz.- Tres peónss.- Un enterrador.- Unha encargada da limpeza da Consistorial.
Segundo
Que da dita plantilla sexan considerados para todos os efectos provistas en propiedade , as seguintas prazas , cuxos titulares expresamente tamén se relacionan :
Administrativos.- Oficial maior: D. Xosé Penela Castedo. Oficial primeiro : D. Manuel Vázquez Saco
Técnicos .- Inspector xefe Veterinario : D. Antonio Díaz López. Dous Inspectotes Veterinarios : D, Pedro Fernández Llamazares López e don Henrique Herranza. Gómez Tres médicos de APD : D. Luis López Valcárcel, D. Manuel Portela Pardo e D. Antonio Pena Carrozas. Inspector Farmacéutico. D. Antonio Peña Villamarín . Un Mèdico do Hospital; Casiano Pérez Batallón.
Técnicos-Auxilioares : Unha Practicante: Dª Rita Sampedro. Unha Comadrona: Dª Pilar Hombreiro de la Torre,
Subalternos : Cabo da Garda Municipal : Cabo da Garda municipal : D. Eduardo Pombo Arias.
Terceiro
Que a estes titulares se lles computen para efectos de quinquenios e haberes pasivos , os servizos que levan prestados ao Concello en calquera cargo e situación, en propiedade, interinamente ou de maneira temporal , como se foran prestados no cargo que hoxe ocupan e se lles recoñece con denominación actual, E a tal efecto solicitarán os que consideren deben serlles recoñecidos, aportando as probas nas que funden a súa solicitude.
Cuarto
Que para as prazas se fagab á posible btrvidade, con carácter interino , as designacións que se estimen oportunas.,
Quinto
Que con arranxo ao previsto polo artigo 32...6 da Lei de Réxime Local, se anuncien provisión en propiedade as vacantes ; ben entendido que transcorridos seis meses a partires do seu nomeamento , entenderanse caducados todos os nomeamentos , sen que poidan repetirse aqueles cuxo nomeamento ,,,,,,
Sexto
En canto á praza de Interventor , que se considera de trascendental importancia para a normalidade económico-administrativa, que se comunique a súa vacante aos Dirección Xeral de Administración Local, e interín pola misma non se provee, se designe ao titular do Concello de Monforte, con carácter accidental e cos haberes pre4supostos.
E que igualmente se comunique a vacante do Depositario.
Séptimo
Que en canto á Segredaría , continúe accidentalmente desempeñándoa o Oficial Maior , interín pola expresada Dirección Xeral non se resolva o expediente instruido ao titular Sr. Pérez Batallón.
Oitavo
Que se publiquen os os extractos destes acordos no Boletín Oficial da Provincia , e que no sucesivo se coide pola Segredaría, a publicación por trimostres, de todos os que se adopten pola Corporación.
Noveno
Que pola Segredaría se abra un libro-rexistro de persoal e os expedientes individuais de todos os funcionarios en propiedade , nos que, encabezados por estes acordos, consten todas as circunstancias persoais e resolucións corporativas que no sucesivo os afecten.
Décimo
O Depositario , propietario o accidental , prestará a fianza sinalada pola Orde de 19 de xuño de 1946 , do Ministerio da Gobernación , e a Corporación fíxaa en 35.000 pesetas , " trinta e cinco mil pesetas.
O Recadador de Arbitrios tamén presentan fianza en metálico ou valores , na Caixa municipal polo 10 % da recadación do ano anterior.
**********************************************************************************
+
Don Xosé Gayoso Fernández , Alcalde e Xefe Local de FET y de las JONS , Deputado Provincial , Conselleiro Provincial do Movemento , Perito industrial, en posesión da Medalla da Vella Guarda e Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros. Faleceu onte , ás catro da tarde, aos 50 anos na súa casa de Sárria , confortado cos Auxilios espirituais.
D:E:P.
A Corporación Municipal,
Participa tan sensible perda e roga unha oración pola alma do finado e a asistenza aos funerais que polo eterno descanso da súa alma terán lugar na igrexa conventual dos Padres Mercedarios ás once do vindeiro sábado , día 21, e deseguido á condución do cadavre d ende a casa mortuoria. Rúa Maior 22, ao cemiterio municipal.
Sárria, 20 de Xuño de 1952.
EL PROGRESO, 20.06.1952 publicou outras catro esquelas : a ) Dos funcinarios técnicos e administrativos e subalternos do Concello de Sárria b ).- Da C.O.S,A, da provincia , por ser vogal do Cabido e da Comisión Permanente da Cámara Oficial Sindical Agraria. c ) Da Xunta Directiva do Casino de Sárria d ) Das súas irmás Mercé e María do Pilar e cuñado.
Comentarios
Publicar un comentario