SÁRRIA.- AS JONS E A FALANXE EN SÁRRIA ( 775 )

 SÁRRIA: AS JONS E A FALANXE EN SÁRRIA  ( 775 )

                                               AS X.O.N.S. EN SÁRRIA 

( 11.1935 )    CAMARADA : Sabes   que hai moi pouco tempo  o noso movemento NACIONAL SINDICALISTA   está a tomar forza  organizada na Comarca de Sárria  e debes saber tamén   que as nosas fieiras  medran máis cada día  formando nela o máis aberto  e valente da xuventude obreira e campesiña.

Os nosos inimigos  tremen  porque  se achega o día no que van a ter fin  as súas actividades  de traidores  e  covardes,. Deféndense como reptís  vertendo en ouvidos inclutos  especies  que tenden  a desvirtuar  os nosos fins . Nestes momentos  débese recordar  que no noso  xuramento  hai un párrafo  que di: XURO REXEITAR E DAR POR NON OUVIDA  TODA VOZ DE AMIGO OU INIMIGO  QUE POIDA DEBILITAR O ESPIRITO DA FALANXE

O  noso triunfo é indiscutible  porque é necesario.Nada, nin ninguén,  nos cortará o paso, O noso temple é  revolucionario e indomable, pois representamos a mocedade viril fronte  ao vello e caduco

                    Un  saúdo NACIONAL SINDICALISTA. O Xefe Local ¡¡¡ Arriba España !!! 

( Nota interna da  Xefatura Local )

********************************************************************************** 

 (12.01.1936 ) REVISIÓN DE   LICENZAS DE USO DE ARMAS.-- Coa fin de evitar sucesos       loitosos  . dí o Gobernador -  como o acontecido hoxe en Sárria  , onde houbo unha liaraza  entre elementos  facistas  e outros de ideoloxía contraria  , resultou ferido o xefe de Falanxe Española. señor González Zaera  , farei unha revisión  de todas as licenzas de uso de armas. Teño o criterio  de que estas só  se  lle deben conceder ás persoas  que necesariamente as necesiten e de recoñecida honorabilidade.

**********************************************************************************

       ( 2,04,1936 )  DETENCIÓN EN SÁRRIA.-  Na madrugada  de hoxe , e por orde gubernativa, forom detidos , descoñecéndose  os motivos , don Mario González,  don Cándido Pinto, donXesús Vázquez  Saco , correspondente  de " Alborada" e o mestre de Santo  André de Paradela.

********************************************************************************** 

                               FALANXE ESPAÑOLA DAS X.O.N.S.

( Setembro -Óutubro 1936 ) DECLARACIÓN DO GARDA CIVIL  PEDRO GARCÍA.

.... no senso de que o expoñente  era demasiado horado , enérxico e cumpridor  do seu deber  e que eles ( os falanxistas ) non poderían  polo tanto obrar con liberdade,

 Por ter recibido orde da superioridade no senso  de restrinxir  o gasto de gasolina facilitada polo Estado, negoulla a diversos elementos da Falanxe que se negaron  a prestar servizo na compaña da Garda Civi, retirando unha parella permanente que estaba na vía do camiño de ferro e outra que prestaba servizo  pola noite  no Campo de Aviación , todos servizos ordeados polo Señor Gobernador Militar de Lugo, e que dende mediasdos de setembro, aproximadamente, tiveron  que reducir os gardas civñis  e soldados sen falanxistas , malia o pouco número existente  na praza dos primeiros; atribúe  tal decisión da Falanxe Española  non só ao desexo  que os elementos  desta tiñan de molestar  á Garda Civil, para desta maneira  cometeren todas  as arbitrariedades   que ao parecer viñan cometendo  e que se foran acompañados pola Garda Civil non poderían realizar  semellantes atropelos.

Que tivo coñecemento  particular  dalgúns feitos , que pasa a relacionar  a continuación  e que aconsellou ás persoas que llas comunicaron  formalizasen  denuncia para poder actuar oficialmente o expoñente, mais negábanse a iso temendo graves represalias que os elementos da Falanxe podían adoptar con posterioridade á denuncia pois a organización gozaba de grande poder , estándo atemorizada a veciñanza de todo o partido xudicial.

As peroas que  poiden aportar datos  para o escrarecemento  das aldraxes  ás que fixo referenza a testemuña son os seguintes.

OE EMPREGADOS  DA SUCURSAL DO BANCO PASTOR  E DO  DA CORUÑA  establecidos nesta vila ; pois don Eloi González Zaera , don Manuel Martul González e don Manuel López  dixéronlle á testemuña , confidencialmente,  rogándolle  non  procedese  no terreo oficial,  que se presentaron nas Oficinas  do Banco Pastor  onde eles  traballaban  un GRUPO DE FALANXISTAS   coas armas na man  esixíndolle ao Xerente  lles entregase a suma de 5.000 pesetas .....

Que  un feito análogo  ocurriu no Banco de A Coruña.

Tamén chegou ao coñecemento do declarante  que o xefe local da Falanxe,  coñecido por REQUEJO , se presentou  no domicilio da veciña desta Vila  dona Xosega Valeibal ( sic ) , VIUVA DE MACÍA ,  esixíndolle a entrega inmediata   de 500 pesetas e como a susodita señora  non lle deu máis de 250 , tiroullas ao chan  obrigándoa, pistola en man,   a entregarlle  a total cantidade que lle pedían.

Don PEDRO CORTIÑAS ,  industrial desta Vila ,  nunha noite que a testemuña non pode precisar  a  data , chamou ao telefono  á Casa Cuartel da Garda Civil , manifestando que un GRUPO DE FALANXISTAS   tiñan arrodeado o  seu domicilio  ao obxecto de se apoderaren  de varios xénero existente no  comerzo  e almacén da súa propiedade circunstancia  que  non poidero realizr por ter saído o declarante e  gardas a apatrullar  a poboación, evitando esta claa de atropelos.

Posteriormente, a este mesmo señor, leváronlle dos seus almacéns , mediando vale, 19 xamóns e 1 bocoi de viño , indo á fronte do grupo da Falanxe o dito REQUEJO.

Igoalmente sabe de público rusmusmús  a testemuña  que aos FILLOS DE DON ANTONIO SÁNCHEZ ( * Casa de Vento" )  tamén lles esixiran  25.000 pesetas, máis de 100 xamóns , bocois de viño e outros obxecto. 

Tamén chegou a ouvidos do  declarante que a don DOSITEO PIÑEIRO , veciño de Treilán , tivérano detido  no csbozo  do Concello  uns tres días  e para poñelo en liberdade   esixíronlle   a suma de 15.000 pesetas. ( * No Concello  os falanxistas  tiñan aos  irregularmente detidos  no cuarto da calefacción, onde moitos deles foron obxecto de vexacións e aldraxes ).

A  AVELIÑO LÓPEZ QUINTANA , do lugar de A Aguiada, para que lle puxeran  a súa esposa en liberdade , detida por falanxistas,  tivo que lle entregarlle ao referido SEÑOR REQUEJO  a cantidade de 1.000 pesetas.

A VALENTÍN LÓPEZ LÓPEZ, de O Carballal,  para poñer en liberdade  á súa esposa  esixíronlle 10.000 pesetas , rebaixándollas o SEÑOR REQUEJO  a 9.000 pesetas.

********************************************************************************** 

                             FALANGE ESPAÑOLA  DE LAS JONS  

FALANGE  ESPAÑOLA   DE LAS  JONS  DE LUGO.-  JEFATURA PROVINCIAL.  ARRIBA ESPAÑA

Ao Excelentísimo  Concello de Sárria. Falange Española  de  las JONS  de Lugo , desexando   poñer de manifesto e que  quede ben patente  a admiración que sente  por ese home xigante , por ese xenio marabilloso  que se  chama  JOSÉ ANTONIO PRIMO DE RIVERA, alma e soleira  do GLORIOSO ALZAMENTO NACIONAL,     que trouxo consigo un fecundo amencer  nesta España Nova  que temos a dita  de gozar, solicita  dese Exceletísimo Concello que se lle renda a homenaxe perene  de que se lle adique unha rúa nesa Cidade, onde a inmensa maioría  do pobo  xa fixo patente  a súa devoción ao glorioso  AUSENTE cos seus vítores  e aclamacións  en todas aquelas  ocasións nas que tivo oportunidade  para iso.

FALANGE ESPAÑOLA DE LAS JONS  de Lugo  espera ser atendido nesta súplica  por ter a seguridade   de que os seus sentimentos   son compartidas   pola súa dignísima   corporación.

                                             Lugo, 22 de marzo de 1937,

                                              O XEFE PROVINCIAL : Fellonera 

Nota. Non foi até o ano 1957, vinte anos despois  desta  petición, cando o Concello de Sárria acordou darlle o nome de " José Antonio Primo de Rivera " á Rúa de San Lázaro (  primeiro treito da estrada provincial de O Mazadoiro á Lama Rigueira)  Agora " Rúa Xela Arias". 

************************************************************************************ 

                     

      FALANGE  ESPAÑOLA TRADICIONALISTA  DE LAS JONS

Consello  local de  F.E.T.  e das JONS  de Sárria  constituído  de acordo  coa Orde Circular  nº 36 da Secretaría  Xeral  23 Dbre. 1949.

LIBRO DE ACTAS.-  Só contén sen asinar , a de 1º de abril  1950. Presidente :  Xosé Gayoso  Fernández . Segredario :  por ausencia  de Antonio López Fernández, Bienvenido Díaz de Freijo. Tesoureiro Local : Manuel Pèrez Vázquez, por defunción  de Anxo Torres Gallego-

Acordouse  colocar o nome  de Xosé Antonio  Primo de Rivera na fachada  da Igrexa de Santa Mariña.

20 e 21 de novembro  de 1949

Coincidindo co Día da Dor tivo lugar un funeral na igrexa de Santa Mariña, e no lado esquerdo da frenteira do templo  con letras soltas douradas puxeron a lenda JOSE ANTONIO DE RIVERA ¡ PRESENTE !

( Aínda que  en repetidas ocasións  as xerarquías  locais manifestaron  a intención de  enadir os nomes dos "caídos " sarriaos  baixo do anterior encabezamento  nunca se  fixo, sendo cecais  a única cabeceira de partido xudicial na que as ordes dadas nese senso foron ignoradas ).

*******************************************************************************

                      SARRIAOS  MEMBROS DE FALANXE ESPAÑOLA 

1 .-  Mario González Zaera, 2.- Cándido  Pinto, 3.-  Xesús Vázquez Saco. 4.- Víctor Rodríguez. 5.-  Gomez Rodríguez " Requejo", 6.-  Luis López López. 7.-  Xosé Gayoso Fernández, 8.- Anxo Torres Gallego. 9.- Manuel López Vizcaíno. 10.- Leopoldo López Rodríguez, 11.- Manuel López Rodríguez ( Manuel López.Vizcaino Rodríguez ), 12.-  Manuel López López. 13.-  Manuel Carrozas Varela. 14.- Manuel Pèrez Vázquez. 15.-  Luis Macía Vázquez. 16.- Antonio López  Fernández ( Pequeniño do Palacio ), 17.- Agostiño Loureiro  ( de Cabanas ) 18.-  Bienvenido Diaz de Freijo. 19.-  Román López Rubín. 20.-  Pedro Gudín, 21.-  Jesús García. 22.-  Rubio de Vilamaior. 23,. Manuel Díaz Castrp. 24.- Manuel Castro Castro. 25.- Francisco Xabier Saco Rivera. 26.´Teijeiro

Comentarios

Publicacións populares