SARRIA : O CINE SALÓN ( 1919 / 1949 ) ( 773)

                       SÁRRIA : O CINE SALÓN ( 1919 / 1949 )                    (773)

Nome  dado ao Teatro-Salón  promovido por varios sarriaos e que se estableceu   no primeiro treito da  Rúa do Porvir, agora co nome de Rúa  Marqués de Ugena, en 1918  e no que se proxetou o primeiro filme  o 16.03.1919.  Para facelo realidade formaron sociedade, entre outros sarriaos,  Matías de Oñate López ( Marqués de Ugena)  Manuel Gutiérrez, Matías Vázquez Quiriga ( " Moreno" ) , Euxenio Quiroga Macía e Antonio Quiroga Macía, que reservaron para as súas familias o dereito de usaren as prazas de  palco. 

A obra era sinxela, estaba por baixo da rasante da rúa  e tiña unha ampla porta   central, e a esquerda  e a dereita desta senllas portas grandes , que daban direitamente ao salón, que abrían para fora, e permitían un rápido desaloxo  ao remate das funcións ou no caso de evacuacións forzosas . O espazo destinado ao proxector , era como  unha caseta   enadida  no lado dereito da edificación.

Tiña un escenario  preparado para representación  de obras teatrais , de variedades e musicais,   no que se instalaba a pantalla para proxección de filmes, orixinariamente  mudos que se acompañaban con música de piano e  algunhas ocasións.

O espazo destinado ao público  acollía palcos  de seis prazas,   patio de butacas, dianteira  de grada  e xeral,  con prezos diferenciados .  Ordinariamento as entradas eran de butaca,  dianteira de grada e xeral- 

 En 1943  o Cine Salón aparece co nome de CINE IDEAL nunha relación do Goberno Civil de Lugo na que figuran as salas de cienma autorizadas na provincia.  Os porgramas de filmes proxectados  que dos anos seguintes se conservan manteñen a denominación CINE BARGAGELATA.

* ( 27.07.1919 ).-  Función de cine e varietés  ao Cine-Salón.

* ( 04.02.1920 ).-  Actuación do Trío Puchol   xunto coa artista " Nena".

* ( 03,08,1920 ).-  Actuación da Compañía de Zarzuela   de Leonardo Rodríguiez.

* ( ...01.1923 ).-  Varias actuacións  da Compañía  Cómico-Dramática   Revert-Mali : "Es mi hombre ", " El caudal de los hijos", " Mi marido se aburre", " Los pollos bien ".

* ( 05.09.1923 ) .- Reposición de "Seis retratos , seis peetas " e " Pulmonía doble".

* ( 04.01.1924 ).-  Velada teatral a favor de " La Unión"  " Los asistentes", " El hongo de Pérez".

* ( 19.10.1924 ).-  Sesión de cine :  " Un drama entre fieras.Episodios 4,5,6: La enganza del leoprado" , "  Tempestad en el desierto", " Hacia el rescate".

* ( 26.10.1924 ).-  Sesión de cine :  " Los misterios de la selva"m Episodios 7,8, 9": " Cubil de Fieras ", "El secuestro",  "Al amparo de los monos".

* ( 05.09.1927 ).-  Velada de boxeo , con  Mera ( ex-entrenador de Uzcudun )

* ( 12 e 17. 04.1928 ) .- Festival en beneficio da Cruz Vermella. 

*  ( 18.04.1936 ).-  Velada do Cadro Artístico de Radio  Lugo.

*  ( 26.10.1936 )..-  Función no Cine-Salón  a tavor da suscrición  para a adquisición dun aeroplano  para o exéército alzado conta a República. ao que querían darlle o nome de " Lugo".

*  ( do 4 ao 9. ,. Conferenzas apoloxéticas para homes  a cargo dos relixiosos   mercedarios   Xosé María Vallejo  e Fernando Vázquez.

                                                       Referenzas  xornalisticas

 *( La Idea Moderna, Lugo ,23.05.1918 ). DESDE SÁRRIA :  Aínda que lentamente  esta vila vai progresando,  poñéndose á altura  doutras  poboacións  de maior importancia. Uns entusiastas fillos de Sárria  teñen o proxecto  de constituiren unha empresa  que se adicará a espectáculos publicos  e especificamente  a dar sesións cinematográficas , que tan bon suceso achan  en todos os pobos cultos.  Como aquí non hai local que reúna  as debidas condicións  proxéctase  levantar un pavillón  que teña amplitude  e dotado dos elementos  necesarios en salóns  destinados a espectáculos. Ao efecto  parece que xa está  elixido o soar  que haberá de instalarse  na rúa do Porvir ,. Polo de agora , non poidemos obter  máis novas  sobre este proxecto  que celebramos velo  axiña convertido en realidade ( Correspondente;  Xosé Vázquez Castiñeira ).

* ( La  Idea Moderna, Lugo, 10.07.1918 ),.  Obras do cinema.- " Na rúa do Porvir desta localñidade  coa actividade custeadas por varios particulares  da boa sociedade , que se asociaron , as obras  para a instalaciòn dun cinematógrafo , mellora que significa adianto".

*  ( El Progreso, Lugo,  23.11.1918 ).  " Están rematadas as obras  do novo coliseo pois constitúese   co obxecto  de destinalo  á proporcionada  alternativa  de teatro e ·cin". Realízase esta obra por accións. Sendo os seus accionistas principiais  os señores Marqués de Ugena, Gutiérrez. .don Matías Vázquez e Quroga (  D. Euxenio e D. Antonio ) . Propóñense  os accionistas  dar boas series de selectos  espectáculos, sen que o fin que perseguen  sexa de lucre, senón para darlle  ao pobo un novo medio de esparcemento  e local axeitado para a celebración  de solemnidades , do que carece Sárria, tendo pleno dereito a él" ( Liliputiense ).

.................................................................................................................................................................... 

                                    INAUGURACIÓN DO CINE.SALÓN 

*  ( El Progreso, Lugo, 16.03.1919 ).- " Hoxe ás 4 da tarde verificarase  na simpática e alegre vila de Sárri a inauguración do" Cine-Salón ". Aínda  cando non remataron as obras de decorado deste salón, é tan crecente  o número de persoas  que rogaron á empresa que inauguras canto antes este espectáculo  , que decidiron  realizar hoxe esta inauguración, aprovritando a circunstancia  de ser domingo  e de contar cun programa  de películas moi selecto. Da Casa Pathé  é o aparello  de proxeccións do " Cine-Salon " , e  houbo especial interese  en que fose este aparello  do modelo máis moderno  e perfecionado. A empresa do " Cine-Salón"  non limita as súas aspiracións a presentar películas, senón que quere  instalar o salón  en condicións  de fomentar as tertulias e presenciar  outros espectáculos se o pùblico responde aos esforzos da empresa. Está , de noraboa, a alegre vila de Sárria".

........................................................................................................................................................................ 

* ( 6.04.1919 ).-  "Volve  a abrir ao público  o pavillòn de Sárria  adivcado a espectáculos e que se titula "Cine-Salón". A  reapertura realizouse bo domingo pasado cun cheo enorme . Para o vindeironDomingo de Ramos  será exhibida a interesante película "Cactus"  que tanta sona ten no mundo da cinematografía ".

* ( 3.08,1920 )..  Debut  da Comedia de Zarzuela e verso dirixida  por Leonardo Rodríguez,

........................................................................................................................................................................ 

                                                 O CINE BARBAGELATA 

* ( Finais de outubro de 1922 ).- Comezo da actividade  da EMPRESA  BARBAGELATA  á fronte do " Cine-Salón , con catro representacións    da Compañia Cómico-Dramática  de Revert Marí  coa comedia " Los pollos bien" , que constituiu un bon  suceso de taquilla".

Dende entón o " Cine.Salón" pasou a ser coñecido e publicitado como CINE BARBAGELATA.

.................................................................................................................................................................... 

 * (  21.01,1923 , El Progreso, Lugo,  " De Teatro.-  A Compañín Cómico-Dramática  de Revert Marti ancuou no " Cine.-Salón "  desta vila  poñendo en escea  "Es mi hombre" ,  "  El  caudal de los hijos", "  Mi marido se  aburre ", Agradou en xeral o argumento das obra e o labor de conxunto da expresada compañía

* ( El Progreso, Lugo,21.01,1923 ) .-   De  Teatro.- "  A Compañía Cómico-Dram´`atica de Revert Martí actuou recentemente  no " Cine.Salón " desta vila  poñendo en escea " Es mi hombre", " El caudal de los hijos",  " Mi mardio se aburre". Agradou en xeral o argumento das obras e o labor de conxunto  da expresada compañía  que mereceu os aplausos do público. Polo que fai  ao suceso de taquilla , cremos que estará compracido  o empresario Sr. Barbagelata , non decepcionándoo , para que  no sucesivo  contrate algúns números artísticos  que alternen coas sesións de Cine  , pois por seleccionadas e interesantes  que sexan as peliculas que se proxecten, o público revélase  máis esixnte,  quere música sempre  e que se levante o  pano teatral de cando en vez",

*  ( 5-08.1933 ).-  " Para obter recursos  para unha festa extrdinaria  fíxose  representación  da obra testral  " Seis retratos, tres pesetas "  de Antonio J. Onieva e José Chorero e " Pulmonía doble " de Román López Montenegr e Ramón Pérez . Actores os sarriaos  Manuel Rivas, Siro Castro, Nestor González , Luis Macía, Manuel  Castro, Antonio Balboa  e Manuel López Carballeiro.  Cantou  Amalita  Blanco.

* ( 26.10.1936 ) Función  no Cine-Teatro  a favor  da suscrición  para adqusición  dun aeroplano  que levaría o  nome de " Lugo" . O persoal do cine non cobrou , a electricidade  facilitouna  a empresa distribuiodpra  e o imprespor Felipe  Rodríguez  fixo gratis os impresos publicitarios.

* ( ...05.1939 )  Programación de teatro a cargo da  Compañía  de Fernán Graci . Comedias que levaba:  "Señorita o un americano  en Madrid", " El conflicto de Mercedes " de Muñoz Seca , " Que solo me dejas " de Antonio Pao, " Papá Gutiérrez " de Serrano Anguita  e " La Lola " de Muñoz Seca.

*********************************************************************************** 

 



 

Comentarios

Publicacións populares