LEVAN UN NENO EXPÓSITO DE TREMEADO A COMPOSTELA ( 1815 )

                                         MANUEL, UN EXPOSITO DE TREMEADO

 O Hospital Real de Santiago de Compostela acollia aos nenos expósitos de Galicia, que ao ser postos de manifesto , e sen demora, tiñan que ser levados a ese establecemento,

O 28 de novembro de 1815  en ocasión de estar na súa TABERNA DE TREMEADO ( na freguesía de San Fiz de Vilapedre) , XOANA LÓPEZ , natural de Vilachá das Cortes ( na XurisidicIón de San Pedro de Portomarín ), foi sorpendida en horas de noite  por uns homes facinerosos, que ela sospeitou serían ladróns, por andaren agavelados unha porción deles  na contorna ,  e entregáronlle un neniño " ameazándoa de morte se ao punto non se retiraba do pobo con el e que o bautizase e o levase  ao Hospital de Santiago"-

O  día 30 Xoana López estaba xa en San Salvador das Cortes tratando de bautizar a o meniño, e  o presbítero Anxo Bieito Rodríguez, de Pedrouzos ( Santiago de Ribas de Miño) fixo a solemne cerimonia, autorizada polo pàrraco de San Salvador das Cortes e San Martiño de Castro,  Xoán Bieito Vázquez.

Ä criatura déronlle o nome de MANUEL, e fixeron de padriños Francisco López, das Corrtes , e Xoana Rodríguez, de Vilachá,  Na fe de bautismo consta como fillo de pais, e de avós, incógnitos. Ao non lle apoñer apelidos pasaría a ser Manuel Incógnito, aínda que é posible que ao entrar no Hospital Real lle desen apelido, tal como "Expósito"  ou outro como o acostumado" de Santa María " ou algo semellante

Dende a súa aldea nadal, Vilachá de Cortes, Xoana López , desafiando distancia e  friaxe seguiu por Portomarín, Medlide e Arzúa ata a compostelana Praza do Obradoiro, onde entregaría  no monumetal  hospicio  ao malfadado pequeniño recibindo o correspoondente recibo.

Se alguén en interese en saber se quedou rexitsrada esa entrada  no benéfico establecemento haberá qu consultar os rexistros correspondentes ao mes de decembro de 1815. Ben poidera suceder que, como pasaba moitas veces, o recén nado morrese mentres o levaban no colo , e en non moi boas condicións, ao longo dos perto de 100 quilómetos que separan Vila há das Cortes de Santiago.




Comentarios

  1. Estou pesquisando sobre meu bisavô paterno. Eu não o conheci, ele nasceu em Pontevedra em 1870 e faleceu no Brasil. Era pai da minha avó paterna. Através do family search descobri que sei pai tinha família em Tremendo. Mas não tenho certeza. Caso alguém tenha informação sobre família

    ResponderEliminar
  2. Continuando. Sobrenome do meu bisavô Conde, pai José Conde mãe Josepha Navarro

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares