FIDALGOS DE SÁRRIA ( 1761)

                                                                FIDALGOS DE SÁRRIA ( 1761 )

Clase social privilexiada  quen xeralmente  facía ostentación da súa calidade poñendo brasóns cuartelados  representando os apelidos  das familias de onde viñan. Tiñan dereito  a utilizar "don" diante do seu nome e  usaban relación máis ou menos longas cos apelidos familiares , e en moitos casos os membros dunha  irmandade recibían combinacións tomadas dos  apelidos dos seus avós , bisavós.... con enteira liberdade, o que dificulta moitas veces  saber os lazos existentes entre eles,

Os fidalgos estaban libres do pagamento  de impostos e por razón da súa calidade persoal só eles podían ocupar postos  de goberno nos rexementos das vilas, tendo preferenza para acceder á milicia, aos estudos eclesiàsticos e univesitarios, tendo que demostrar "limpeza de sangue" en expeditenes seguidos na Chancelaría de Valladolid, aos que moitas veces se opoñían  os  demais veciños das parroquias onde moraban, porque se había recoñecemmto de fidlagos tiñan  os do común que pagar máis nos repartimentos impositivos de cada ano..

Había fidalgos que trasmitían esa condición aos seus fillos  e outros que eran fidlgos iñan esa condción só polo tempo da súa vida.

Nas parroquias do actual concello de Sárria, en 1761, había os seguintes fidalgos:

1.-  MANUEL GUTIÁN. San Miguel de Biville

2.-  NICOLAU BALBOA SARMIENTO . Santo Estevo de Calvor ( Pazo de Perros)

3.-  MARIANA  SAAVEDRA VALCARCE, Santo Estevo de Clvor

4.-  FRANCISCO DÍAS. San Xulián de Chorente

5-  GREGORIO  NÚÑEZ. Santa María de Corvelle

6.-  XOSÉ DE PÁRAMO . Santa María de Corvelle

7.-  MARTIÑO DO PÁRAMO. Santiago de Farbán  ( en Pacios de Casteledo )

8.-  XOSÉ PARDO. San Sadurniño de Ferreiros

9.-  XOSÉ DÍAZ. San Sadurniño de Ferreiros

10.-  XOÁN  ALONSO PARDO. San Sadurniño de Ferreiros

11.- MIGUEL DÍAZ. San Sadurniño de Ferrreiros

12.-  PEDRO DÍAZ. San Sadurniño de Ferreiros

13.- BERNARDO  RIVERA QUIROGA . San Martiño do Fontao ( Pazo de Vilsante )

14.-  FRANCISCO SOMOZA . San Pedro de Froián

15.- FRANCISCO CAMINO VILLAR. San Pedro de Froián ( Notario)

16.- GUILLERME DÍAZ GUTIÁN. San Pedro de Froián

17.-  XOSÉ DÍAZ. San Pedro de Froián

18.-  MANUEL DÍAZ.San Pedro de Froián

19.-  PEDRO BALADO. San Pedro de Froián

S20.- PEDRO XOÁN  LOSADA RIBADENEIRA.  San Sadurniño de Froián ( Pazo de San Sadurniño )  Señor xurisdicional

21.- PEDRO TABOADA. San Sadurniño de Froián

22.-  MADALENA RODRÍGUEZ. San Sadurniño de Ferreiros

23,.  XULIANA LOSADA, San Sadurniño de Ferreiros

24,.  ANXO MÉNDEZ. Santo Estevo do Mato

25.-  PEDRO PARDO. Santo Estevo do Mato

26.- FRANCISCO PARDO. Santo Estevo do Mato  ( Abuín )

27.-  FRANCISCO SÁNCHEZ . Santa María  de Lier

28,. ANDRÉ DÍAZ. San Martiño de Loureiro

29.-  NARCISO DÍAZ GUTIÁN. San Martiño de Loureiro

30.-  FRANCISCO DÍAZ. San Martiño de Loureiro

31.-  SEBASTIÁN TABOADA-  San Martiño de Loureiro

32.-  PEDRO DÍAZ. Santo Estevo de Lousadela

33.- FRANCISCO RIVERA. San Martiño de Louseiro ( Pazo do Barrio)

34,.  LUCAS DE LA VEGA. San Pedro de Maside ( Casa da Vilerma )

35.-  FELIPE PARDO RIBADENEIRA. Santo Estevo do Mato

36.-  XOÁN PARDO RIBADENEIRA. Santo Estevo do Mato

37.-  PEDRO PARDO  RIBADENEIRA,. Santo Estevo do Mato

38,.   ANDRÉ DE PRADO. San Salvador do Mato.  Manán

39.-  PEDRO DE PRADO . San Salvador do Mato

40.-  XOSÉ FERNÁNDEZ LAMELA- San Salvador do Mato

41.-  ANTONIO DÍAZ GOYANES. San Salvador do Mato ( O Mato)

42.-  DOMINGOS GUDÍN. Santiago de Nespereira-  Vilar de Lamas

43.-  FRANCISCO SAAVEDRA. Santiago de Nespereira. Vilagudín

44.- MIGUEL SOMOZA. Santiago de Nespereira- Casa Candedo

45.-  SALVADOR GUDÍN, Santiago de Nespereira. Vilar de Lamas

46,. BIEITO DÍAZ  GUITIÁN. Santa María da Pena

47.-  DOMINGOS VALCARCE. Santo André de Paradela

48,. ANTONIO SARMIENTO. San Salvador da Pinza

49,.  DIEGO CAPÓN. Santa Mariña de Rubím

50.-  MANUEL CAPÓN. Santa Mariña de Rubín

51.- PEDRO CAPÓN. Santa Mariña de Rubín

52.- LUCAS SO,MOZA SAAVEDRA. San Salvador de Sárria/ Laiosa ( Casa Grande )

53,.  FRANCISCO DE ARMESTO TABOADA San Salvaodr de Sárria

54.-   XOÁN DE ARMESTO. San Salvador de Sárria

55.-  XOÁN  DE NEIRA Santa Mariña de Sárria

56.-  ANTONIO DÍAZ SOMOZA. Santa Mariña de Sárria

57.-  MANUEL YEBRA. Santa Mariña de Sárria

58,.  ANTONIO LOSADA. Santa Mariña de Sárria

59.-  XOÁN  DE PRADEDA. Santa Mariña de Sárria

60.-  PEDRO ANDRÉ DE LOSADA. Santa Mariña de Sárria

61.- TAREIXA PRADEDA. Santa Mariña de Sárria

62.- XOSÉ ANTONIO DE LA PEÑA. Santa Mariña de Sárria

63.-  XULIÁN DÍAZ DE GUI FTIÁN. Santa Mariña  de Sárria

64.- FRANCISCO PARDO. San Xulián da Veiga

65..- XOÁN DÍAZ DE FREIXO. San Xulián da Veiga. Casa de Outeiro ou da Veiga

66.- GABRIEL DÍAZ  Santiago da Veiga

67,.  XOÁN DE NÁXERA. Santiago da Veiga

68.-  ANXO DÍAZ. Santa María de Vilamaior

69.-  ANDRÉ  GONZÁLEZ CEDRÓN- San Miguel de Vilapedre Señor xurisdicional

70.-  XOÁN CEDRÓN San Miguel de Vilapedre

71.-  ALONSO DÍAZ. San Salvador de Vilar de Sárria. Castro dos Petos

72.- FRANCISCO  ANTONIO LOSADA<  San Salvador de Vilar de Sárria

 Fidalgos con casas señoriais e xurisdicións en coutos da comarca residían en Lugo, Betanzos... e tiñan administradores que cobraban as rendas , nomeaban xuices , facían presentacións de curas párracos para igrexas das que eran padroeiros, sostiñan obras  pías ,.....

As familias fidalgas maís destacadas  entre as establecidas  na Terra de Sárria hai que sinalar os Díaz de Guitián, Díaz de Freixo, Somoza, Valcarce, Rivera, Sobrado, Ribadeneira, Losada,  Balboa, Neira, Armesto.....


Comentarios

Publicacións populares