SAN XULIÁN DE CHORENTE ( SÁRRIA ) 1761

                               SAN XULIÁN DE CHORENTE ( SÁRRIA) 1761

                                                                                

En 1761 a parroquia de San Xulián de Chorente formaba parte da Xurisdición de Sárria , partido de Froián. . Tiña os lugares de Airexe,  Sanguñedo, Carballo , Tralodeiro. O Oural ( Vello ), Vilaverde e O Pacio.

As familias  constituídas na freguesía eran as seguintes:

01-  FRANCISCO DÍAZ, FIDALGO, casado, de máis de 60 anos,  2 fillos menores, 3 fillas, a nai ( 8 persoas )

02-  FRANCISCO DÍAZ DO CARBALLO, FIDALGO, casado, de máis de 40 anos, o pai, de máis de 40 anos,  4 fillos menores,  2 fillas (  9 persoas )

03-  ANXO PÉREZ, ARRIEIRO , casado, 40 anos,  1 fillo menors, 3 fillas, 1 cuñada ( 8 persoas )  Regulábannlle  15 reais de gaño en cada un ano.

04-  ANXO DOSÍO ,  casado, de máis de 40 anos,  2 fillos menores, 3 fillas ( 7 persoas )

05-  ALEXANDRE LÓPEZ FERNÁNDEZ , casado, de máis de 40 anos,  3 fillos, 1 tía ( 6 persoas )

06- ANTONIA DÍAZ, viuva, 2  fillos maiores, 1 irmá, 1 neta ( 5 persoas )

07.-  ANTONIO LOSADA, ARRIEIRO,  casado, 50 anos,  1 fillo maior, 2 fillos menores ( un deles ESTUDANTE ), 3 fillas, 1 cuñada (  9 persoas ) Tiña  un gaño de 150 reais polo oficio,

08.-  DOMINGOS BUXAN , casado, máis de 40 ,  1 fillo casado ,   XOSÉ BUXÁN, XASTRE.  1 fillo menor,  1 filla, 2 netos ( 8 persoas )

09.-  DOMINGOS FERNÁNDEZ, casado, máis de 40 anos, 2 fillos menores, 2 fillas, a nai (  7 persoas )

10.- DOMINGOS LOSADA ,  casado,  60 anos, 1 irmán  de máis de 60 anos,  o xenro  BERNARDO  LÓPEZ, ARRIEIRO, casado, co dous fillos (  7 persoas ). Tiña un gaño de  150 reais,

11.- DOMINGOS PÉREZ,  casado, máis de 60 anos,  1 fillo casado, DOMINGOS PÉRZ,  ARRIEIRO , 1 filla, , 1 irmán, 3 netos menores, 1 neta ( 10 persoas ) Regulábanlle o gaño de 150 reais no ano.

12.- DOMINGOS LÓPEZ, ARRIEIRO casado, de máis de 20 anos,  1 irmán maior, 1 irmán menor,  a nai, 2 irmás ( 7 persoas ), Tiña un gaño de 30 reais.

13.- FRANCISCO RODRÍGUEZ, casado,50 anos, 2 fillos mneores, 3 fillas,  1 criada (  8 persoas )

14.- FRANCISCO  GONZÁLEZ , casado, de máis de 60 anos,  1 fillo maior,   1 fillo menor, 3 fillas (  7 persoas  )

15.- GREGORIO LÓPEZ, casado, de máis  de 40 anos,  1 fillo menor,  2 fillas ( 5 persoas )

16.-  XOSÉ LÓPEZ , casado, de máis de 80 anos, 1 fillo casado, con un fillo menor, 3 fillas, un xenro,DOMINGOS GONZÁLEZ,XASTRE. ( 9 persoas ) Tiña un gaño de 30 reais en cada un ano.

17-  XOSÉ DOSÍO,  casado, de 40 anos ,  2 fillos menores, 2  fillas, a nora , 1 neta ( 8 persoas )

18.-  XOAQUÍN DOSÍO,  casado, de máis de 60 anos,  1 fillo casado,  1 filla, 2 netos  ( 7 persoas )

19.- XOAQUIN ALONSO,  viuvo, de máis de 60 anos,  2 netos, a nora ( viuva ), 4 netas (8 persoas )

20.- XOÁN LÓPEZ, CARPINTEIRO, casado, de máis de 40 anos,  1 tía, 1 filla ( 4 persoas ). Tiña un gaño de 15 reais.

21.- XOÁN VÁZQUEZ , casado, de máis de 30 anos,  1 irmán maior,  a nai, 2 irmás , 3 fillas ( 9 persoas)

22.-  XOÁN LÓPEZ, ARRIEIRO,  casado, de máis de 40 anos,  1 fillo maior, 1 fillo menor,  2 fillas ( 6  persoas ),. Tiña un gaño de 200 reais en cada un ano.

23.- XOSÉ GONZÁLEZ , casado, 50 anos,  2 fillos, 1 filla ( 5 persoas )1 sobriña

24.-XERTRUDE DE ARMESTO, viuva,  2 fillos, 1 cuñada, ( 4 persoas )

25.- MANUEL LÓPEZ,  casado, 60 anos,  1 fillo maior, 3 fillos menores,  4 fillas, 1 cuñada (  11 persoas)

26-  MARÍA DÍAZ,  viuva, 1 fillo maior, 4 fillos menores, 1 filla ( 7 persoas )

27.- PEDRO LÓPEZ, casado, de máis de 30 anos, 2 fillos menores, 1 filla, 1 irmá (  6 persoas )

28.- TOMÉ  FERNÁNDEZ ., viuvo , 60 anos, 1 fillo, 1 filla ( 4 persoas )

Había  na parroquia 148 individuos e  26 do persoal.  Total: 174 persoas

Arrieiros : 6. Esa actividade ven xustificda polo feito de pasar pola freguesía os Camiños de Lugo e Sárria  para  Monforte-Ourense e o de Sárria a Quiroga, e situación da  mesma  na divisoria das terras de Sárria e Lemos. Os arrieiros comerciaban co viño dos ribeiros de Valdeorras, Quiroga e Monforte, carnes e sal.cara e dende os portos e as cidades de Galicia

                         ,       Eclesiásticos

FRANCISO XABIER LOSADA, CURA PARRACO. Posuía os bens do Igrexario: Cortiña da Aosia.- Monte da Aosia.- Prado da Fonte.-Monte da Fonte.-Horto da Fonte,.-Leiro da Lama.-Cortiña do Cachufeiro.

O Curato de Chorente abranguía as parroquias de San Xulián de Chorente ( matriz ), San Sadurniño de Froián e San Mamede da Chanca.

XOSÉ VALCARCE, Presbítero de Sárria, posuía 34 partidas de terreo que as levaba por foro Xosé Pérez de San Sadurniño de Froián,  pagando  a renda aneira de 52 ferrados de centeo..

Emolumentos do Común

Edificios eclesiásticos

Igrexa de San Xulián de Chorente. Románica. Os enterramentos facíanse no interior do templo-

Capela de Santo Antonio  en Vilaverde.

CASA RECTORALa carón da igrexa parroquial.Era de baixo e un andar e da superfice de  180 varas en cadro.

A edificación civil máis importante era a Casa do Pacio. Había un muiño.

Eran posuedores de bens e dereitos na freguesía eran os seguintes:

1.- Agostiño López . 2.-  Anxo Pérez ( * ). 3.- Anxo Dosío ( *) 4.-  Alexandre Fernández,  5.- Alonso Sobrado ( de Lugo), 6,. Antonio González ( de San Cristovo da Cervela). 7,. Antonia Díaz ( *). 8.- Antonio Losada( *), 9.-  Bernardo López ( de San Mamede da Chanca). 10.-  Bieito Alonso ( San Vicenzo de Rubián de Cima ), 11,.  Domingos Buxán ( *). 12.-  Domingos López ( *). 13,-  Domingos Fernández( *), 14,. Domingos Losada ( * ). 15,. Domingos  Pérez ( *). 16.-  Domingos  González ( de San Cristovo da Cervela ), 17.- Domingos Fernández ( de San Cristovo da Cervela). 18.-  Domingos  González, 19.-  Uxío Fernández ( de San Cristovo da Cervela). 20.- Francisco Díaz ( * ). 21.-  Francisco Díaz do Carballo ( *), 22,.  Francisco Rodríguez ( *). 23.-  Francisco González ( *). 24.-  Francisco Pérez ( de San Vicenzo de Rubián de Cima ). 25.-  Gregorio López ( *). 26.-  Cidre González. 27.- Xosé López ( * ), 28.- Xosé Dosío ( * ). 29,.  Xosé Pérez ( de San Sadurniño de Froián ).30.- Xosé Boán (  Santalla de Pedrafita ). 31.-  Xoaquín Dosío ( * ). 32.- Xoaquín Alonso ( * ). 33.- Xoán López ( *).34.- Xoán González, 35.- Xoán Losada. 36.- Xoán Vázquez ( *). 37.- Xoán López ( * ). 38,. Xosé González ( * ). 39,. Xertrude de Armesto ( *). 40.-  Melchor González. 41.- Manuel Lóprz ( *). 42.- María Díaz. 43.-  Nicolau Fernández. 44.-  Pedro González. 45.-  Pedro López ( *), 46.-  Felipe Fernández ( de San Cristovo da Cervela ),47.-  Santiago García. 48.- Tomé Fernández  ( * ) 49.- Emolumentos do Común

Nota :  Para formar as árbores xenealóxicas  de persoas  relacionadas con San Xulián de Chorente os datos  anteriores  a 1871 podense consultar no Arquivo Diocesano  en Lugo ( Pazo Episcopal- Praza de Santa María).

Os datos de nacementos, casamentos e defuncións posteriores a 1870 obran no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior , 1 ), Os posteriores a 1950 están informatizados,


Comentarios

Publicacións populares