SAN SADURNIÑO DE FERREIROS ( SÁRRIA ) 1761

                           SAN SADURNIÑO DE FERREIROS

A parroquia de San Sadurniño de Ferreiros en 1761 formaba parte do Marquesado de Sarría, Xurisdición do mesmo nome e Partido de Ferreiros. A ela pertencian os lugsres do Axeito,  Formarigo, Outeiro, Airexe 

As familias moradoras na freguesía eran as seguintes:

01.- ANTONIO LÓPEZ LOSADA, casado,  60 anos, (  con el FRANCISCO  DÍAZ, ZAPATEIRO, casado, de 40 anos,  2 fillos menores, 2 fillas menores, e ANTONIO LÓPEZ, 24 anos, ) 3 fillas maiores,(  12 persoas ).  Regulábanlle un gaño de 30 reais en cada un ano.

02.-   ANDRÉ DE QUIROGA ,  casado, de 60 anos,  1 fillo,  de   25 anos, XOSÉ DE QUIROGA,  1 fillo menor, 1 filla, e   XACINTO VÁZQUEZ, casado, de 35 anos,  1 fillo menor, 1 filla, 1 irmá, 1 cuñads,  1 criado menor (  13 persoas )

03.-  ANDRÉ LÓPEZ, casado, 33 anos,  1 fillo menor,  3 fillas,  a nai, 2 irmás ( 9 persoas )

04.-  ALONSO  LÓPEZ, VENDEDOR DE VIÑO,  casado, de 50 anos, 2 fillos, 1 fillo menor,  a nai (  6 persoas ). Regulábanlle un gaño de 15 reais en cda un ano.

05.- BARTOLOMEU LÓPEZ REBOREDO,  casado, de 65 anos,  e TOMÉ DE ARCOS.  casado, 36 anos,  1 filla, 2 criados, 2 criadas (  9 persoas ).

06.-  BERNARDO LÓPEZ,  casado,  de 33 anos, 3 fillos menores, 1 filla, a nai ( 7 persoas )

07.- CARLOS DE CASTRO ,  casado, de 55 anos, un criado Pedro de Castro, de 24 anos,  1 criada (  4 persoas )

08.- FRAIZ PLACERES, casado, de 40 anos, e con el DOMINGOS LÓPEZ,  casado, de 30 anos, 1 filla menor (  5 persoas )

09.-  GRACIA RODRÍGUEZ,  3 fillas maiores ( 4 persoas )

10.- XIL LÓPEZ,  casado, 2 fillos , un deles  DOMINGOS LÓPEZ, de  40 anos,  e outro  PAULO LÓPEZ, de 30 anos,  con 1 fillo menor (  5 persoas )

11.- GONZALO DÍAZ,  casado,  de 25 anos, e con el MANUEL LÓPEZ, de 40 anos, 1 cuñada maior ( 4 persoas )

12.- XOSÉ PARDO, FIDALGO ,  casado ,  de 40 anos,  1 fillo,  PEDRO PARDO , de 18 anos,  2 fillos  menores,  a nai, 1 criado menor,  1 sobriño, 2 criadas ( 10 persoas )

13.-  XOSÉ DÍAZ. FIDALGO,  casado, de 47 anos,  e MANUEL DÍAZ,  casado, de  23 anos,  1 fillo menor,  1 sobriño, 2 criadas  (  8 persoas )

14.- XOSÉ SÁNCHEZ, ARRIEIRO,  casado, de 40 anos,  2 fillos menores, 2 fillas . Regulábanlle  un gaño de  18 reais en cada un ano.

15.-XOÁN TOIRÁN,  viuvo, de 64 anos,  1 fillo menor, 3 fillas menores (  5 persoas )

16.- XOÁN LÓPEZ DE FAZAIS,  viuvo, de 60 anos,   e con el  MARÍA LÓPEZ, viuva, 2 fillos menores, 1 filla  ( 5 persoas )

17.- XOÁN GONZÁLEZ,  casado, 33 anos, 1 filla menor,  2 criados,  1 criada maior ( 6 persoas )

18.-  XULIÁN LÓPEZ DA SILVA, viuvo,  de 80 anos,  1 fillo MANUEL LÓPEZ DA SILVA,  casado, de 34 anos,  3 fillas menores, 2 fillas menores, 1  criada menor ( 9 persoas )

19.- XOÁN ALONSO PARDO, FIDALGO, casado, de 33 anos,  2 fillas,  1 criado maior, 1 criada  menor ( 6 persoas )

20.- MIGUEL DÍAZ, FIDALGO,  casado, de 40 anos,  3 fillos menores, 2 fillas ( 7 persoas )

21.- MANUEL LÓPEZ, casado, de 55 anos,  1 fillo  XOÁN LÓPEZ,  casado, de 35 anos, 2 fillos mneores, 2 fillas menorres (  8 persoas )

22.- MANUELA VÁZQUEZ,   1 fillo casado , FRAIZ DO CASTRO ,  de 30 anos,  1 filla maior,  1 criado menor ( 5 persoas )

23.- MARÍA RIVERA, viuva,  2 fillos menores, 2 fillas , a nai ( 6 persoas )

24.- PEDRO  DÍAZ, FIDALGO, SISEIRO DO VIÑO , casado, de 45 anos,  3 fillos menores,  2 fillas, 1 criado, 1 criada (  9 persoas ). Regulábanlle  un gaño de 15 reais en cada un ano.

25.- FELIPE MELLE, de 50 anos,  con Manuel García, casado, de 30 anos,  1 fillo menor, 1 criada menor ( 5 persoas )

                                Eclesiásticos

 CAETANO DE CASTRO, veciño de  Sárria , como capelán da capela da  Nosa Señora da Concepción  de Corvelle posuía dúas partidas de terreo en Ferriros.

FROILÁN  DE PÁRAMO E NEIRA,  veciño de Corvelle,  como capelán da Capela de San Paulo de San Marftiño do Río posuía bens en Ferreiros.

MARCO LÓPEZ,  de Corvelle, posuía dúas partidas de terreo en  Ferreiros.

                                           Edificios relixiosos

A igrexa de San Sadurniño de Ferreiros, de traza románica. Os enterramentos facíanse no interior no templo.

Capela de Ladairo,

Emolumentos do Común

Eran posuedores de bens e dereitos na freguesía as seguintes persoas:

01.- Antonio Losada ( de Lousada ).02.- Antonio Valcárcel ( de Santa Mariña de Galegos ). 03.-  Antonio de San Pedro ( de Santo Estevo de Calvor ). 04.- André de Quiroga ( * ).05.- André  López ( *) 06.- André Mourín ( de San Pedro de Seteventos ). 07.-  Alonso López( *). 08.- Bartolomeu López Reboredo ( *). 09.- Bernardo López ( *).10.-  Bernardo Rivera ( San Martiño do Fonao). 11.-  Domingos Mourín (  San Xulián da Veiga ). 12.- Diego de Yebra ( Piñeiro).13.-  Condesa de Lemos-Marquesa de Sárria. 14.-  Fraiz Placeres ( *). 15,.  Francisco de Castro ( Santa María de Corvelle ). 16.-  Gracia Rodríguez  ( *) 17.- Xil López ( *). 18.-  Gonzalo Díaz ( *). 19.-  Xosé Pardo ( *). 20.-  Xosé Díaz ( *), 21,. Xosé Sánchez ( *). 22.- Xosé López ( de San Mamede do Camiño ). 23.- Xosé López do Piñeiro ( Santa María de Corvelle). 24.- Xoán Toirán ( *). 25.-  Xoán Saavedra ( de San Martiño de Louseiro). 26.- Xoán de Neira ( da vila de Sárria ), 27.- Xoán López de Fazais ( *). 28.-  Xoán González ( *) 29.-  Xoán López da Veiga ( San Martiño de Louseiro). 30.- Xoán do Rego ( de Santa María de Corvelle ). 31.-  Xulián López da Silva  ( *). 32.-  Xacobo López ( de Santa María de Corvelle ). 33,. Xoán López ( de Santa María de Corvelle ). 34.- Xoán Alonso Pardo ( * ). 35.-  Lucas Somoza Saavedra ( San Martiño de Laiosa ). 36.- Miguel Díaz ( *). 37.- Manuel López ( *). 38.- Manuela Vázquez ( *). 39.- Manuel Cedrón ( de Farnadeiros). 40.- Manuel López ( de San Pedro de Seteventos). 41.- Manuel López ( de Santo Estevo de Calvor ). 42.- Marco Mourín ( de San Xulián da Veiga ). 43.- Martiño López ( de Santa María de Corvelle ). 44.- Mateu López ( de Santa María de Corvelle ). 45.- María ( Rivera ( *). 46.-  Nicolau Balboa ( Santo Estevo de Calvor ). 47.- Pedro Díaz ( *). 48.- Felipe Melle ( *). 49.- Felipe López ( de San Martiño de Louseiro ). 50.- Felipe López Balboa ( de San Martiño de Lousiro). 51.- Pedro Carlos ( de San Xoán de Pando). 52.- Emolumnentos do Común.

NOTA.  Os interesados na formación de árbores  xenealoxicas  de persoas relacionadas con  San Sadurniño de Ferreiros poden consultar os libros parroquiais ( bautismos, casamentos, enterramentos anteiores ao ano  1871)  depositados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal- Praza de Santa María ).

Os datos posteriroes a 1870 pódense consultar no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ). Dende o ano 1950 están informatizados.


Comentarios

Publicacións populares