O ULTIMO ABADE DE SAMOS
JOVINO CRISTOBAL GÓMEZ PEREIRA, relixioso bieito baixo o nome de MAURO GÓMEZ PEREIRA, naceu na vila de Samos o 10 de xullo de 1895 ( Tomo 39, Paxina 136 ) , Foron os seus pais Manuel Gómez e Xoana Pereira. Profesou como monxe bieito no Mosteiro de Samos , e foi nomeado abade deste cenobio , Despois do incendio de setembro de 1951 adicou constantes esforzos para lograr o renacemento da vida relixiosa dentro dos seculares muros . Deu pulo a numerosas melloras e dotacións na vila e concello de Samos.
Faleceu o 12 de xullo de 1977 e a partida que recolle a súa defunción, obrante no Rexistro Civil de Samos non recolle alusión ningunha á súa condición de abade. Fixo a correspondente declaración o relixioso Xosé Candelas Piñón ( monxe do mesmo Mosteiro ) , correspondendo a comprobación ao médico Laureano Álvarez Armada., e consta que será enterrado na Cripta do Mosteiro de Samos. Asinan tamén a acta o Encargado do Rexistro Civil de Samos, Xosé Valdés Grandas e o Secretario Mario Castro Goyanes.
Non se recollen máis datos referidos ao Padre Mauro que a indicación de que o seu último domicilio estivo en Samos-Lugo, e ao feito de que o seu estado era o de solteiro.
Non hai na partida ningún dato concreto , fora da coincidencia dos apelidos Gómez Perira, que permita coñecer a súa condición de relixioso e abade ( fora da circunstancai do seu enterramento na cripta reservada para os monxes bieitos ) e os responsables da inscrición deixaron en branco o espazo de " Otros títulos o datos", onde dada a persoalidade do falecido , se ve a pouca sesibilade amosada diante de figura tan destacada , que deberían ter indicado algo así como:" Foi Abade do Mosteiro de San Xulián e Santa Basilisa de Samos , coñecido na vida relixiosa e nas relacións sociais como Mauro Gómez Pereira",
A acta que recolle a morte de quen no século naceu e foi bautizado como JOVINO-CRISTÓBAL GÓMEZ PEREIRA, está recollida na Sección 3ª do Rexistro Civil de Samos, no Libro 70 , Páxina 241.
Comentarios
Publicar un comentario