SAN VICENZO DE FROIÁN ( SÁRRIA ) 1761

                                        SAN VICENZO DE FROIÁN

A parroquia de San Vicenzo de Froián pertencía en parte ´a Xurisdición de Samos  e  va ios lugares eran do Partido de Froián, da Xurisdición e Marquesado de Sárria.  Estaba formada polos lugares de Vilanova, Abuín, Sabadelle

En 1761 as familias residentes na freguesía   eran as seguintes:

1.-  ANTONIO DE CASTRO , cas ado, de 50 anos, 1 fillo maior, 3 fillos menores ( 6 persoas )

2.- ANTONIO GARCÍA, casado, de  60  anos, 1 fillo casado , e este outro fillo  casado , e 1 solteiro, 1 neta  ( 8 persoas )

3--  ANTONIO LÓPEZ DO  CURRAL, casado, de máis de 60 anos, 1 fillo casado, 1 filla, 2 netos menores (  7 persoas )

4.-  ANXO MÉNDEZ, FIDALGO,  casado, de máis de 60 anos,  1 fillo maior,  2 fillos menores, 2 fillas (  7 persoas )

5.-  ANA MONTENEGRO,   e o seu fillo  PEDRO  PARDO FIDALGO, de 56 anos; 1 irmán de máis de 60 anos, 2 criados , 1 criada menor (  6 persoas )

6.-  ALONSO GONZÁLEZ, casado, de máis de 60 anos, 1 fillo maior, 2 fillas menores, un cuñdo con máis de 50 anos con 1 fillo menor (  7 persoas )

7.- DOMINGOS VILACHÁ,  1 fillo PEDRO VILACHÁ, de 40 anos, 3 irmás, 1 irmán maior (  6 persoas )

8.-   DOMINGOS ANTONIO VILLANUEVA , CIRURXÁN , casado, de 44 anos, 1 fillo maior, 1 fillo menor ,  2 fillas  (  6 persoas ) Regulábanlle un gaño de 15 reais en cada un ano.

9.-  FRANCISCO TABOADA , FIDALGO ,  casado, de 50 anos,  1 irmán maior, 1 criado maior ,  e  criados menores. Polo oficio de ESCRIBÁN  tiña un gaño de 150 reais en cada un ano.

10.- FRANCISCO LÓPEZ ,  1 nora, 3 fillos menroes, 3 fillas  ( 8 persoas )

11.- FRANCISCO RODRÍGUEZ AUSENTE,  1 fillo casado,  5 MANUEL RODRÍGUEZ , 2 netos menores,  1 criado menor (  5 persoas )

12.- FRANCISCO LÓPEZ DO SISTO,  viuvo,  1 fillo menor, 3 fillas ( 5 persoas )

13.-  GREGORIO DO SISTO ,  viuvo, de 50 anos,  1 fillo casado, 1 neto e 1 filla (  5 persoas )

14.- GREGORIO LÓPEZ, casado, 46 anos,  2 fillos menores,  2 fillas, o sogro de máis de 60 anos (  7 persoas )

15.-  XOSÉ  DO CAMPO , deixou un fillo  PEDRO DO CAMPO, casado, de máis dos 18 anos, 1 fillo e 3 fillas (  6 persoas )

16.-  XOSÉ LÓPEZ, MILICIANO ,  casado, de 33 anos,  2 fillos menores, 1 filla, 1 irmán, 1 criada (  7 persoas )

17.-  XOSÉ POLEIRO ,  casado, de 50 anos, 1 fillo casado, 3 fillos de máis de 18 anos,  2 netas, 1 criada ( 10 persoas )

18.- XOÁN ANTONIO GONZÁLEZ ,  casado, de 30 anos,  2 fillas,  3 irmáns menores,  1 irmá, 1 tía, 1 criada ( 10 persoas )

19.-  XOÁN RODRÍGUEZ,  FERREIRO ,  casado, de  40 anos,  2 fillos (  4 persoas ) Regulábanlle o gaño de  20 reais en cada un ano.

20.- XOÁN LÓPEZ, casado,  de 56 anos,  1 fillo casado,  1 neta, 1 fillo MILICIANO,  1 irmá, 1 criada (  8 persoas )

21.-  MATÍAS GONZÁLEZ , casado, 36 anos, 1 fillo menor. ( 3 persoas )

22.- MELCHOR LÓPEZ ,  casado,  de 46 anos,  3 fillos menores ( 5 persoas )

23.- PEDRO  MANUEL OROZCO, FIDALGO,  de 58 anos,  1 irmá, 1 cuñada viuva, 2 criados e 4 criadas ( 9 persoas )

24.-  PEDRO LÓPEZ DO SISTO , XASTRE,  casado, de 34 anos, 1 filla. Regulábanlle o gaño de  15 reais en cada un ano.

25.- PEDRO LÓPEZ LAVANDEIRA, CARPINTEIRO ,  casado, de 54 anos,  4 fillos maiores ( 1 deles casado ) , 2 fillas  ( 9 persoas )

26.- TOMÉ LÓPEZ, casado, de 40 anos, 1 fillo menor, 1 irmán maior. 1 irmá e 4  fillas ( 9 persoas )

27.- VICENZO RODRÍGUEZ, 50 anos, 3 fillos ( 4 persoas )

                                      Edificios eclesiásticos

A igrexa parroquial de San Vicenzo, seguno algúns autores  pervivenza dun mosteiro  medieval. Os enterramentos facíanos no interior do templo.

Había unha capela na Granxa de Abuín.

O edificio civil máis destacado era a casa  fidalga coñecida como Granxa de Abuín.Na actualidade desparecida e tamén a capela. Pervive o nome no  lugar de Abuín-



En 1761 os propietarios de bens e dereitos na freguesía de San Vicenzo de Froián  eran os seguintes:

NOTA: As persoas  que teñan interese  en formar as árbores xenealóxica de persoas relacionadas con San Vicenzo de Froián  poden achar datos nos libros parroquiais  anterires a 1871 , depositados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal- Praza de Santa María ),

Para obter datos de 1871 endiante  hai que consultar os libros de nacementos, casmaentos e defuncións no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior  ), estando dixitaliiado sa partir de 1950.

Comentarios

Publicacións populares