A FONTE DE GALAMUXÍN ( Xaime F. López Arias)
A FONTE DE GALAMUXÍN
Xaime Félix López Arias
No camiño de Vilar a Sardónigas , onde chaman Os Chaos, está a Fonte de Galamuxín, un fío de auga que verte baixo dun carballo e ao pouco encora nunha poza na que se reflicten vizosas folgueiras , Dende alí saen dúas pequenas caldeiras . A da esquerda vai para o Prado do Presedo e a da dereita tira cara Veiga, polos campazos de Virita Longa.
O Toño do Xirgal baixaba todos os días deica a Fonte de Galamuxín, As augas eran de pillota , ou cando menos il dicía que o eran, e por iso ao longo dos anos , de verán e do inverno, andaba a congostra do Pando e abrialle camiño ás augas da poza para que correran pola caldeira da esquerda cara o Presedo. Gorentaba en mirar o miragre diario da auga que se desfacía en escumas brincadeiras con un marmurio de ledicia longamente contido. Mais iso só pasaba cando non se lle adiantaba o Avelino. E nese caso....
O Avelino do Campo tamén baixaba día a día do ano á Fonte de Galamuxín. Para il as augas non andaban á pillota , ao amparo duns papeis , segundo il dicía vellos e firmes papeis, aínda que nunca souberan deles e uns dicían que os había e outros máis que se algunha vez os houbera estaban comestos polos ratos. Era esta unha teima que viña de vello. Os do Campo e os de cas do Xirgal sempre se levaran mal. Non había falas duns cos outros. Cecais a lonxana e definiva liorta e rifa sonada sería no tempo dos avós ou dos bisavós , e ninguén, aínda que quixera decilo , podería dar razón de certo. Namais raiar o sol o Avelino baixba rente da parede da Casa Grande polas Cortiñas de Ferradal , e dáballe liberdade ao decorrer das augas pola caldeira da dereita mentras as miraba cantareiras esnaquizándose contra os seixos arrombando co entullo de follas secas . Para il era como unha fonda benzón pousar a ollada no madoiro cando pasaban para a campaza de Virita Longa.
Algúns días , nembargantes, era o Toño quen se adiantaba e ao chegar tiña que se conformar con pousar os ollos a súa presa valeira e entón atoaba con torróns a outra caldeira para que as augas entrasen no seu rego. Velaba unha hora para comprobar que o Avelino non voltaba para facer nova torna, e voltaba satisfeito para a casa.. Pola contra o Avelino facía o propio cando achaba choído o seu tornadoiro.
E así un día e outro día nunha teimuda carraxe de anos foron tecendo uns e outros unha sebe de xenreiras unha arredante arañeira diante dos ollos, e así aínda que case eran veciños da porta non fixeron outra cousa que darlle azos a aquela mala herdanza que os ataba....
.....................................................................
Era a do Quince na vila. Agosto viña enxoito e a secura facía marelear os campos e as searas. Na televisión non daban auga semana tras semana.Había xa meses que as augas das fontelas e mesmo as de moitos pozos foran esmorecendo pouco a pouco e somente a Fonte de Galamuxín seguía a encher a sombriza poza a pé do Carballo Vedro., respondendo así ao nome de "fonte viva" que os devanceiros do Xirgal e do Campo lle viñeran apoñendo dende a noite dos tempos.
Nese día nin o Toño nin o Avelino tiveran tempo de ir de mañán cedo a facer ceibes as augas da aapoza.Chegaban os días da festa da parroquia e había moitos labor nas casas. Po outra parte os ramistas querían que as festas do 79 fosen as mellores da contorna e por iso, como todas as casas agardaban facer grandes convidadas ningún dos dous tivera ocasión de se achegar ao fondal de Galamuxín cando xa estaba sendo a hora de xantar. E un e outro tomaron a decisión de baixar a abrir a poza en beneficio propio cando os seus reloxos marcan os dez minutos de antes das duas. Tomaron con presa, cada un pola súa banda , o seu acstumado camiño
.............................................................................
O Toño de Xirgal baixaba cara a fonte pola congostra do Pando, Mandou á filla pequena que fose pescudar o que se sentía na eira dos do Camo.
- Están a esfolar un cabirto, papá, aínda lles queda que facer....- dixeralle a meniña,
E seguro de non se atopar co Avelino colleu o rodo e botou a andar. Camiñaba sen presa ningunha. "Valera máis deixalo por hoxe, cecais a poza estexa valeira e aínda teño labor dabondo labor para facer na casa".
O Avelino do Campo tirou cara Galamuxín polo carreiro do Souto. Tiña a seguranza de que non atoparía a ninguén Non levaba presa e cando rematase a torna querí voltar polas millarengas do Pacio,
..............................................................
O primeiro en chegar foi o Toño. A poza estba chea e a auga xa rebordaba cara as folganzas do camiño. Abríuna de vagar e a auga toda algareira correu cara o Presedo,,,,,
O Avelino baixaba descoidado e até que brincou por riba do escairo non se prodecatou da presenza do Toño. " Xa estás aí,, ladrón "- dixo con xenreira. " Xa andas a roubar o que é meu ", díxolle o Toño
Había moitos, moitos anos que que non se atopaban fronte por fronte, Foran días e anos de faceren camiños separados para que as vellas xenreiras non se lles puxeran diante coma nun espello acusador no que asomasen as facianas iradas, aldraxantes , dos do Xirgal e dos do Campo xa enterrados na campa da igrexa da freguesía,
Anos de indiferenza , de acedas lembranzas, de mandatos acusatorios, de promesas de vinganza contidas malamante, de loitas soterradas ,,,, e de súpeto todos aqueles vieiros separados como un trebón de mal agoro viñan a se axuntar na beira do Carballo Vedro.
- Sempre andas coas túas malas mañas, es un falsario.
- Mira Avelino, que ti ben que o sabes , Esta é auga de pillota, Quen antes chega antes a leva,,,,,
- ¡ Que pillota nin que raios ! Sempre llo escoitei ao meu pai, e a el dixéronllo o seu pai e o seu avó,que son da casa as quendas dos tres días da semana... E hoxe é martes...E por iso a auga hoxe é nosa.
- ¿ Vosa ? ¿ Pola cara bonita dos do Campo ? Hoxe pilleina eu antes e tócalle ao Sirgal ata o mencer de mañá.
-- ¿ A auga túa ? ¿ A auga dís que é túa ? Agora has ver o que eu fago coa túa auga---
- Non é cousa rara que fags o que pensas facer. Sempre me andades velando e tan axiña como eu a torno xa estado os do Campo rapiñándoa ,,, ¿ Pensas que non me prodecato das túas falcatruadas ?.. O que nunca eu pensei que te puxeses a roubala diante dos meus ollos.
- ¿ E que fas ti ?.... Andar de espión, sempre ás agachadas, pescudando por donde eu ando, para onde eu vou, para tornar a auga que eu levei por dereito. Eu ben o vexo e ben se ve o daño que andas a facer E agora qjue estou aquí non viñen para perder o tempo en parrafeos , e tanto me dá que esteas diante coma que non... Viñen para guiala para o meu prado e abrireille paso agora mesmo,
- Volvocho dicir que esta é auga de pillota e tí e todos os homes de barba ben o sabedes, ¿ Por que non a pleiteaches nuinca ? Tí sabes ben que a perderías.
- Iso aída se ha ver... Téñocha ben documentada... E onde falan papeis, calan barbas...
- Non me fagas rir ni me quentes máis a caneza... ¿ Que documentos has ter ? ¿ Mandouchos el rei por correo ?
Énrabexado polas bulras o Albino colleu a súa roda e abriule paso á auga para a banda de Virita Longa Por uns intres todo foi unha poefñia dec poñer e quitar pedras e torróns, de poñer franco o rego e de cegalo, ata que cando xa estaban cansos de facer e desfacer viuse a poza coas dúas cales pechadas,
Os dous homes estaban fronte a fronte cos seus ollos sanguiñosos e ameazantes,
- ¡ A ver se es home de levar a auga para o Presedo !
- ¡ A que non te astreves a endereitala cara Virita Longa ?
E cada un dos dous homes púxose en garda a carón da súa caldeira.
De sutaque, como se algún invisible xuiz de carreira lles tivera dado a saída foron cara a poza ... Os rodos foron alzados , ameazantes, un home fronte ao outro home, e por un intre só se escoitaron xuramentos e ameazas gallopantes e os esforzos dunha loita cega e os rodos eran xa como afiados gumes de cotelos asasiños. Arriba e abaixo, brincos dentro e fora da poza, con opostos esforzos rompedores de tantas teimosias acugulados nos separados camiños e as xenreiras, remataron en senllos golpes de adverso infrixidos cos metálicos aveños, facendo profundos corte que abriron fontelas de sangue e abaixaron o irado lume duns ollos que esmorceron ao caer aqueles dous fortes corpos que ían perdedo a súa forza.
Arrastrádose polo lamacento fondo da poza , cada un deles por separado, aínda puideron retirar coas masn as pedras e os torróns que pechaban os dous tornadoiros..
- É de pillota,- dixo tatexante o Toño.
- Hoxe é miña, teño documentos,. . falou esmorcente o Albino
..... E despois un mar de sangue tinguiu as augas que correron ceibes polos camiño abaixo...
E cando as derradeiras pingas dos vermellos sangues se mesturaron esluíndose na cantareira corrente, ergueuse no ceo unha treboada que mollou os sedentos campos e levou de entullada toda a poeira dos camiños daquela terra miserenta.
A Fonte de Galamuxín, por baixo do tapís de variados verdes das folls do Carballo Vedro , seguía co seu marmurio preguizoso mentres parecía que nos fríos ollos daqueles dous homes sen vida caídos na poza había como dous lostregos de triunfo e na vella árbore o eco repetía teimudo "¡ A auga é miña ! ¡ A auga é miña".
E darredor da poza, por un intre , puido ser visto o conxunto das faces dos vedraños dos do Xirgal e dos do Campo irmandados forzosamnte na estadea das ánimas condeadas ao eterno camiñar polos escuros camiños e as terras ermas,, E aquelas faces reflectíanse no tráxico espello da auga encorada , na poza , pechas as tornas por cada un dos corpos dos caídos loitadores para os que se abrían os vieiros sen fin das congostras e as frías carrionzas. . .
.
Comentarios
Publicar un comentario