SAN MAMEDE DA CHANCA ( SÁRRIA ) 1761
SAN MAMEDE DA CHANCA
En 1761 San Mamede da Chanca formaba parte da Xurisdición de Sárria ( Partido de Froián ) e no eclesiástico, como anexo de San Xulián de Chorente estaba integrada no Arciprestado de Sárria.. Era unha pequena parroquia na que dende 1891 se integraron lugares segregados de San Miguel de Piñeira.
Eran veciños da freguesía :
01.- ANTONIO ARES, casado, 60 anos, 1 fillo de 30 anos, 1 filla ( 4 persoas )
02.- ANTONIA LÓPEZ , viuva, 4 fillos menores, 4 fillas, a sogra ( 10 persoas )
03.- BASILIO LÓPEZ, casado, de máis de 60 anos, 1 fillo de 30 anos,1 fillo maior dos 18, 1 fillo menor, 1 filla ( 6 persoas )
04.- BERNARDO LÓPEZ , FERREIRO , casado, 50 anos, o sogro de máis de 80 anos, 3 fillos menores e 3 fillas ( 9 persoas ). Tiña un gaño de 30 reais en cada un ano,
05.- BERNARDO DE ALVAREDO , casado, 42 anos, 5 fillos menores, , 3 fillas, 1 criado de máis de 60 anos ( 11 persoas ),.
06.- DOMINGOS CARRIL, FERREIRO, casado, de máis de 40 anos, 4 fillos menores, 2 fillas ( 8 persoas ) Regulábanlle 30 reais de gaño en cada un ano.
07- PEDRO FERNÁNDEZ, XASTRE, casado, de máis de 50 anos, 3 fillos menores, 5 fillas, 1 irmá. Polo oficio regulábanlle 30 reais ( 11 persoas )
08.- PEDRO GONZALEZ, casado, 40 anos, a nai, 2 fillo menores, 1 irmán de máis de 20 anos, 2 irmás ( 9 persoas )
09,. PEDRO LÓPEZ, casado,maior dos 30 anos, 2 fillos menores , 2 fillas ( 6 persoas )
Eclesiásticos:
Francisco Alonso Díaz, cura de San Xoán de Noceda, tiña bens na parroquia.
Emolumentos do Común:
Edificios eclesiásticos:
A igrexa de San Mamede ( a vella) . Os enterramentos facíanos no interior do termplo
Eran posuedores de bens e dereitos en San Mamede da Chanca as seguintes persoas:
1.- Antonio Ares ( *), 2.- Antonia López ( * ). 3.-Basilio López. 4.- Bernardo López ( *).5.- Domingos Carril ( *).6.- Bernardo Rodríguez de San Miguel de Piñeira. 7.- Bernardo de Alvaredo. 8.- Xosé González. 9,.Leandro Rodríguez ( San Miguel de Piñeira ).10.- Miguel Carril. 11.- María Fernández. 12,. Patricio Fernández. 13.- Pedro Fernández ( *). 14.-Pedro Rodríguez ( San Miguel de Piñeira). 15.- Pedro González ( *). 16.- Pedro López (*).17.- Tomé López. 18.- Emolumentos do Común.
Notas: Esta parroquia viu aumentada a súa superficie en 1891.
Para a formación de árbores xeneáloxicas de persoas relacionadas con San Mamede da Chanca, os datos anteriores a 1871 poden consultalos nos libros parroquiais depositados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal- Praza de Santa María ).
Os datos de nacementos , casamentos e defuncións posteriores a 1870 constan no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior, 1 ). Están dixitalizados os do ano 1950 endiante.
Comentarios
Publicar un comentario