SAN XULIÁN DE FRADES ( SÁRRIA ) 1761

                                      SAN XULIÁN DE FRADES

A parroquia de San Xulián de Frades  era de señorío particular  e independente dos das parroquias da contorna. Eclesiásticamente formaba Curato único con presentación da Encomenda de Portomaríin da Orde de San Xoá de Xerusalén  ( Orde de Malta ). A freguesía só tiña un lugar: Frades.

En 1761 as familias que formaban a parroquia eran as seguintes:

01,.  ÁNXELA DA CAL,  viuva, 3 fillos menores  ( 4 persoas )

02.-  FRANCISCO LÓPEZ CARDEJO ,  solteiro, 30 anos ( ¿ ),  3 irmás (  4 persoas )

03.-  GREGORIO FERNÁNDEZ,  casado, máís de 60 anos,  3 fillos menores ( 5 persoas )

04.-  XOSEFA DÍAZ,,  viuva, 3 fillas menores ( 4 persoas )

05.-  XOSÉ ARIAS,, solteiro,  de 30 anos,  2 irmás ( 3 persoas )

06.- PEDRO ARIAS, casado, máis de 60 anos, 1 fillo casado, de máis de 18 anos, 3 fillos ( 7 persoas )

07.-    PEDRO TALLÓN,  casado, de 30 anos, 1 filla (  3 persoas)

                                   Total habitantes : 30

                                         Edificio relixioso

A igrexa de San Xulián  de Frades. Os enterramentos facíanse no interior do templo.

Había 2 muiños. O Camiño de Sárria a Lugo por Goián e A Ponte de Neira  pasaba  pola parroquia a uns 500 metros do lugar.

Os posuedores de bens e dereitos  na freguesía eran as seguintes  persoas:

01.- Ánxela Cal (*)-02.- Antonio López ( de Vilapedre.) 03.- Bartolomeu Brea ( de Vilapedre ). 04.- Bartolomeu Fernández. 05.- Diego Arias ( de Santa María de Vilar ). 06.- Froilán Fernández. 07.-Froilán López. 08,. Gregorio Arias. 09.- Gregorio Fernández ( *). 10.- Xosefa Díaz ( * ). 11.-  Xosé López. 12.- Xoán Arias. 13.- Xosé Arias ( *). 14.-  Pedro Arias ( *). 15.- ( Pedro ) López Cardejo. 16.- Pedro Díaz, 17.-  Pedro López.  18.- Pedro Tallón.

Había  6 propietarios  parroquiáns e 12 forasteiros.

NOTA: As persoas que desexen facer as árbores xenealósxicas  derivadas de xentes de San Xulián de Frades poden consultar os libros parroquiais no Arquivo Diocesano ( Pazo Episcopal-Praza de Santa María ), referidos a datos anteriores a 1870.

Para os nacementos, casamentos e defuncións posteriores a 1870  as consultas faránse no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ). Os datos rexistrais  de  1950 en diante están informatizados.

Comentarios

Publicacións populares