SANTIAGO DE CASTELO DOS INFANTES ( SÁRRIA ) 1761

                                              SANTIAGO DE CASTELO DOS INFANTES ( 1761 )

A parroquia e Couto de Santago de Castelo dos Infantes  era a cabeza dunha Xurisdición  autárquica integrada ademais por Vilagade, San Salvador de Larín, Rosende da Pena , Mendrós, Casa do Regueiro do Fontao... que foran do señorío dos López de Lemos  ( Condes de Maceda)

En 1761 as familias que moraban no  seu único lugar , Castelo, eran as seguintes:

01.- BARTOLOMEU LOUREIRO , 40 anos, a nai,  1 fillo menor,  1 irmán maior, 1 criado (  4 persoas )

02.-  DOMINGOS RUBIO,  viuvo, 40 anos, a nai, 1 fillo menor, 4 fillas , 1 criada (  8 persoas )

03.- DOMINGOS RIGUEIRO , casado,  a  nai,  1  irmá,  1 fillo menor (  5 persoas )

04.-  DAMIÁN DO  BARRIO,  casado, 60 anos, 1 fillastro casado  maior, 3 fillastras  menores,  1 filla , 1 neto ( 9 persoas )

05-  FRANCISCO FERNÁNDEZ,  viuvo, 50 anos,  1 fillo maior  casado,  1 fillo maior,. 1 fillo menor, 1 filla, 1 neto (   7 persoas )

06.- XOSEFA ÁLVAREZ, viuva, 1 filla viuva,  2 netos maiores,  1 fillo casado, 1 filla, 1 criado (  7 persoas )

07.-  XOÁN SÁNCHEZ , casado, de máis de 18 anos, 1 irmán   DOMINGOS SÁNCHEZ,  viuvo, de máis de 18 anos, 1 irmá, 1 criado- (  5 persoas  ) Polo oficio de ARRIEIRO tiña a utilidade 50 reais<

08.-   XOSÉ LÓPEZ,  casado, 30 anos, 1 fillo menor, 3 fillas (  6 persoas )

09.- XOÁN ARES, casado, maior dos 18 anos, 2 fillos, 2 tías, 1 criado (  7 persoas )

                                                   Clérigos

Diego Valcarce, presbítero de San Mamede do Camiño, posuía parcelas que lle cedera  Domigos Rubio para que se ordease :Leira de Riba da Laxe,  Pedreda, Monte da Fabaqueira,  Fabaqueira,  Monte da Veiga Roma, Pedregais,  Monte de Pedregais, Monte de Tras das Barxas Total : 13 ferrados e medio.

Xosé Fernández, crego de menores,  tiña bens dados polo seu pai Francisco Fernández: Unha casa en Castelo dos Infantes ( 25 varas en cadro ), A Forca,  Souto do Carrogo, Horto da Aira, Redondelo (  12 ferrados  e 1 oitavo )

                                                Edificios eclesiásticos

A igrexa de Santiago de Castelo dos Infantes estba servida polo pàrraco de Santa Mariña de Sárria, que tamén levaba a de Santiago de Farbán. Os enterramentos facíanse no interor do templo,.

O Pazo señorial de Castelo dos Infantes  foi o sucesor do Castelo que deu nome á parroquia, do que só restaban algúns muros.

Os posuedores de bens e dereitos na freguesía , veciños e forasteiros , eran os seguintes:

1.-  Alonso de Lemos ( da cidade de Lugo, Señor territorial). 2.-André López ( de San Martiño do Fontao). 3.- Antonio López ( de San ;Mamede do Camiño ), 4.- Antonio López ( San Miguel de Frollais ). ,5,. Bartolomeu de Castro.6.- Bartolomeu Loureiro ( *). 7.- Domingos Rubio ( *)..8.- Domingos Rigeiro ( *),9.- Damián do Barrio (*). 10.-  Domingos López Cancelo ( Santo Estevo de Calvor ). 11.- Domingos Reboredo ( de San Salvador de Sárria ). 12.-Domingos do Campo ( de San Salvador de Vilar de Sárria ). 13.- Domingos Loureiro ( de San Xoán de Fafián ). 14.- Domingos González ( de San Martiño do Fontao ). 15.- Francisco Fernández ( *).  16.- Xosefa Álvarez ( *). 17.-  Xulián López. 18.- Xosé López ( *) 19.- Xoán de Outeiro (  de San Xoán de Fafián ). 20.- Xosé López ( de San Xoán de Fafián".  21.- Xoán  Sánchez ( *). 22.- Xoán Arias ( *) 23.- Xoán Quinte ( San Martiño do Fontao  24.- Xoán López Broco  ( de San Mamede do Camiño) 25.-  Manuel Sánchez ( de San Salvador de Vilar de Sárria ). 26.- Manuel Rigueiro. . 27.- Manuel López ( de San Xoán de Fafián.

NOTA.- Para formar a árbore xenealóxica de persoas relacionadas con Csstelo dos Infantes, anteriores  a 1871 hai que consultar os libros parroquiais ( batusmos, casamentos, enterramentos)  gardados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal. Praza de Santa María )

Os datos posteriores a 1870  deben ser consultados no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ). Os posteriores a 1950 están informatizados.

Comentarios

Publicacións populares