SANTIAGO DE FARBÁN (SÁRRIA) 1761

                                                 SANTIAGO DE FARBÁN ( SÁRRIA )

 A parroquia de Santiago de Farbán pertencía á Xurisdición e Marquesado de Sárria, do Partido da Andaduría- do Camiño Francés. Exercía o señorío riba dela o Conde de Lemos- Marqués de Sárria.Conformaban  a freguesía os lugares  de Filloi , Acea de Baixo ,Pacios de Casteledo, Ribela , Lama da Rigueira e Vilariño.

En 1761  as familias que nela moraban eran as seguintes:

01.- MARTIÑO DO PÁRAMO, FIDALGO, viuvo, de máis de 60 anos,  1 criado maior, 1 criada ( 3 persoas). Moardor en Pacios de Casteledo.

02.-  ANXO VALCARCE, casado, 40 anos, 1 fillo menor, 3 fillas ( 6 persoas )

03.-  AGOSTIÑO LÓPEZ, casado, 40 anos,  1 filla, 1 irmá ( 6 persoas)

04.- DOMINGOS LÓPEZ, casado de máis de 60 anos,  1 fillo casado de máis de 20 anos,  1 fillo menor, 1 neto, 1 filla ( 7 persoas )

05.- DOMINGOS DÍAZ, viuvo,  de máis de 60 anos,  1 neto casado de máis de 25 anos, con 1 fillo menor, 1 filla ( 5 persoas )

06.- FROILÁN LÓPEZ, CARPINTEIRO,  casado, de máis de 40 anos,  3 fillos menmores, 3 fillas ( 8 persoas ) Tiña un gaño de  20 reais no ano.

07.-  FRANCISCO SÁNCHEZ, casado, de máis de 60 anos,  1 xenro casado,  1 filla maior,  1 neto menor, 1 filla (  7 persoas )

08.-  GREGORIO LÓPEZ, XASTRE, casado, de máis de 60 anos,  1 fillo imposibilitado (3 persoas ). Non lle regulaban gaño ningún.

09.- XOÁN LÓPEZ DE RIBELA , viuvo, de máis de 60 anos,  1 fillo casado de máis de 60 anos,  4 netos menores, 1 neta (8 persoas )

10.-  XOÁN GARCÍA,  casado, de máis de 60 anos, 1 fillo menor, 1 filla ( 4 peroas )

11.- XOÁN BALBOA.,  casado, de máis de 40 anos, 3 fillos menores, 1 filla ( 6 persoas )

12.-  XULIÁN CABANAS, ARRIEIRO  ,  casado, 1 fillo maior, 1 fillo menor,  1 filla ( 5 persoas ). Polo oficio tiña o gaño de  30 reais en cada ano.

13.- XOÁN GUDÍN, TECELÁN,  casado, de máis de 30 anos,  3 fillos menores, 2 fillas (7 persoas) Regulábanlle o gaño de  15 reais em cada un ano.

14.- MATÍAS LÓPEZ, casado, 60 anos, 1 xenro de máis de 30 anos, 1 filla, 1 neto, 1 neta ( 6 persoas)

15.- MARTIÑO LÓPEZ,  casado, de máis de 60 anos,1 fillo maior, 1 cuñado ( 4 persoas)

16.-  SANTIAGO GONZÁLEZ, viuvo, de máis de 60 anos, 2 fillos maiores ( 1 imposibilitado),  2 fillos menores, 2 cuñadas eivadas ( 7 persoas )

                                              Emolumentos do Común

Tiñan 82 ferrados de terreo no Monte de Arzán,

A parroquia de Santiago de Farbán , xunto coa de Santiago de Castelo dos Infantes, era anexa de  Santa Mariña de Sárria.

A igrexa parroquial estaba en Filloi, non lonxe da Fonte do Cristo, e os enterramentos facíanse no interior do templo.  Había unha capela : Nosa Señora da Cousela.

O Arcediago de Sárria tiña en Filloi a tulla na que gardaba as rendas de apn ( centeo e trigo) que lle corrrespondían no arciprestado.

Xoán García  tiña na Acea de Baixo  4 rodas de muiños fariñeiros no río da Sárria.- 

Colmeas: Xoán Garcia ( 7 trobos )  Xoán López ( 2 trobos9

Eran posuedores  de bens e deritos nesta parroquia:

01.-  André Loureiro.02.-Anxo Valcarce (*).03.- Apolonia López. 04.-Agostiño López ( *). 05.-Antonio López ( de San Fiz de Reimóndez ). 06.- Alonso López ( de San Fiz de Reimóndez ). 07.-  Antonio González ( de San Fiz de Reimóndez ).08.-  Agostiño López. 09.-  Antonia López ( de San Pedro de Maside).10.- Bartolomeu López ( de San Fiz de Reimóndez ). 11.- Bernardo Rivera ( de San Martiño do Fontao ).12.- Clara Méndez. 13.- Catarina Capón ( da vila de Sárria ). 14.- Domingos López Souto ( *).15.-  Domingos Díaz ( *). 16.- Domingos do Souto. 17,- Domingos López ( de Santa Mariña de Sárria). 18.-  Diego Robiños ( de Santa Mariña de Sárria ).19.- Domingos Ares ( de Santa Mariña de Sárria). 20.-  Condesa de Lemos-Marquesa de Sárria. 21.-  Froilán López ( *).22.- Froilán Pumares. 23.- Francisco Sánchez ( ^). 24.- Francisco de Armesto ( da vila de Sárria).25.- Francisco López ( de Santa Mariña de Sárria ).26.-Francisco Losada ( de San Salvador de Vilar de Sárria ). 27.- Gregorio López ( *).28.- Xoán López de Ribela( *). 29,. Xoán García ( *). 30.- Xoán Balboa ( *). 31.- Xoán Pradeda ( da vila de Sárria )..32.- Xoán de Neira ( da vila de Sárria ). 33.- Xoán González ( de San Pedro de Maside).34.- Xulián Cabanas ( *). 35.- Xulián Gudín. 36.-Xulián Díaz ( da vila de Sárria). 37.-  Xulián López de Castro ( de San Xoán de Fafián ). 38.-  Xosé de Armesto ( da vila de Sárria ). 39.- Xulián Francisco  López ( de San Pedro de Maside ). 40.- Xosé López da Airexe ( de San Xoán de Fafián ). 41.- Xoán Alonso Gudín ( *). 42.-Lucrecia Valcarce ( da vila de Sárria ). 43.-Matías López ( *). 44.- Martiño Díaz. 45.-  Martiño de Páramo, 46.- Manuel Pradeda ( de Soutomerille-Castroverrde ). 47.- Manuel Melle ( da vila de Sárria ).48.- María Fernández ( de San Salvador de Sárria ).49.- María Neira ( da vila de Sárria ). 50.- Miguel Carril ( da vila de Sária ). 51.-  Pedro Loureiro. 52.-  Pedro de Outeiro ( de San Fiz de Reimóndez ). 53.-Pedro López ( de San Salvador de Vilar de Sárria ). 54.- Plácido Sarmiento ( da vila de Sárria). 55.- Roque Arias ( de San Pedro de Maside ). 56.- Santiago González ( *).57,. Emolumentos do común.

A propiedade aparecía repartida entre  16 veciños e  40 forasteiros.

NOTA:  Os interesados en facer árbores xenealóxicas derivadas de persoas relacionadas  con Santiago de Farbán , anteriores a 1870, deberán coslutar os libros parroquiais conservados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episicipal-Praza de Santa María).

Para datos posteriores a 1871 hai que solicitar certificacións no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ). Os posteriores a 1950 están informatizados.


Comentarios

Publicacións populares