SAN MARTIÑO DO FONTAO ( SÁRRIA ) 1761

                                          SAN MARTIÑO DO FONTAO

Parroquia da Xurisdición de Sárria, no Partido da Andaduría do Camiño Francés, que era na súa maior parte de señorío do Conde de Lemos-Marqués de Sárria. O lugar do Rigueiro formaba parte da Xurisdición de Castelo dos Infantes. Estaba formada polos lugares do Fontao, O Rigueiro, Vilasante do Camiño e  O Polvoreiro.

En 1761 as familias moradoras na freguesía  eran as seguintes: 

01.- BERNARDO RIVERA QUIROGA, FIDALGO, casado, 54 anos, 2 fillos menores, 2 fillas.

02-  DOMINGOS GONZÁLEZ ,  viuvo, de 62 anos, 1 fillo  MANUEL GONZÁLEZ, FERREIRO, 2 netos menores,  1 neto maior, 1 filla ( 6 persoas ) Regulábanlle o gaño de 30 reais en cada un ano.

03.- GREGORIO MELLE,  casado,  58 anos, 1 irmán maior,  1 xenro  MANUEL GONZÁLEZ, casado,  de 30 anos, 3 fillos menroes, 2 fillas ( 10 persoas )

04.- XOÁN QUINTE , casado, 50 anos,  1 fillo menor, 1 fillas (  4 persoas )

05- LOURENZO LÓPEZ ,  casado, 42 anos,  1 fillo maior,  2 fillos menores,  1 filla ( 6 persoas )

06.- FRANCISCO LÓPEZ  ARRIEIRO, casado, de máis de 60 anos,  4 fillos maiores,  1 sobriño  maior,  2 fillas , 1 criada (  10 persoas ). Regulábanlle  un gaño de 100 reais en cada un ano.

07.- BIEITO LÓPEZ ,  casado, 40 anos, o sogro,  2 cuñados maiores,  3 fillos (  8 persoas )

08.- XOSÉ LÓPEZ DA AIREXE, casado,  de 60 anos, 1 fillo XOÁN LÓPEZ, casado, de 20 anos, con unha filla (  5 persoas )

09.-  SIMÓN RODRÍGUEZ.  , viuvo, 60 anos,  2 fillos maiores,  2 fillas (  5 persoas )

10.-  FRANCISCO LÓPEZ, ZAPATEIRO DE VELLO, viuvo,  de 60 anos,  fillo BARTOLO LÓPEZ, casado, de 32 anos,  2 fillos menores, 1 fillas ( 6 persoas )

                                          Eclesiásticos

Frncisco  de Aguiar , párraco,  tiña  8 partidas  do igrexario. 

                                         Edificios relixiosos

Igrexa de San Martiño do Fontao, con Casa Rectoral anexa. Os enterramentos facíanos no interior  do templo.

Capela da Nosa Señora dos Remedios  no Fontao. Capela no Pazo de Vilasante.

A edificación máis destacada era  o Pazo de Vilasante.

O Camiño de Sárria ao Courel pasaba por Vilasante e O Fontao.

                                Emolumentos do Común

12 ferrados de primeira calidade  en Ardiguante, pola parte de sur;  12 de segunda a levante ;  12 de terceira a poñente e norte. Estremaba  a levante e poñente  con San Salvador de Vilar de Sárria, ao sur con zarras dos veciños.

6 ferrados en Soutur , Estrema a levante  con terras dos veciños, a poñente con Santa Mariña de Sárria  e a sur  camiño público.

En 1761  eran posuedores de bens e dereitos  en San Martiño do Fontao as seguintes persoas:

01.- André López.02.-  Antonio López. 03.-Amaro Bravo. 04.-  Alexandre López. 05.- Alonso Mendoza( da cidade de Lugo, Señór de Castelo dos Infantes ). 06.-  Bernardo Rivera Quiroga ( *). 07.-  Bieito López ( * ).08.-  Catarina López. 09.- Domingos  González ( * ). 10.- Domingos do Campo. 11.- Domingos López Franco. 12.- Diego González. 13.-  Diego López. 14.- Domingos Freán. 15.- Frairz López. 16.- Condesa de Lemos. 17.- Francisco López Fontao. ( * )18.- Francisco López "Vedraño" ( *) 19.-  Francisco Losada. 20.- Fernando Mendoza. 21.- Francisco Rodríguez. 22.- Gregorio Melle ( * ). 23.- Xosé López Pedroso. 24.-  Xosefa López. 25.- Xosé de  la Peña. 26.-Xosé Teixeiro. 27.- Xosé Condomiña, 28.- Xosé López, 29.- Xosé Barrio. 30.- Xoán do Outeiro. 31.- Xulián López de  Castro. 32.- Xoán López. 33.- Xosé Diaz. 34.-Lourenzo López  (*). 35.-Manuel Sánchez. 36.-  María González.- 37.- Pedro López, 38.- Simón Rodríguez ( *). 39.- Santiago Díaz. 40.- Emolumentos Común,

NOTA:   As persoas interesadas en facer as árbores xenealóxicas relacionadas con persoas con orixe en San Martiño do Fontao, anteriores a 1871 poden consultar os libros parroquiais despositados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal - Praza de Santa María )

Os datos posteriores a 1870 poden ser consultados  no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ); Nacementos , Casamentos e Defuncións. Os de 1950 en diante están informatizados.

Comentarios

Publicacións populares