ARRIEIROS DE SÁRRIA ( 1761 )
ARRIEIROS DE SÁRRIA
O Camiño de Santiago ( polo Cebreiro e Portomarín ) , o Camiño de Lugo ( un ramal por Goián e a Ponte de Neira , outro pola Pobra de San Xiao ) , o Camiño de Aranza ( que seguía cara O Burón e Astuias ), o Camiño de Lugo a Monforte polo Mercado da Serra e A Cervela ), o Camiño do Courel, e do Incio, o Camiño de Samos, o Camiño da Feira da Esfarrapa, o Camiño francés de Viduedo a Lugo pola Ponte de Carracedo, o Camiño de Quiroga, o Camiño de Monforte e o Camiño de Chantada ( pola Barca do Pincelo ou pola Ponte de Belesar conformaban a rede viaria da terra de Sárria.
Os arrieiros de Sárria comerciaban nos portos ( Ribadeo. A Coruña , Pontecesures.... ) ,de onde sacaban peixe e sal , levaban ferro ata a Bañeza, carnes a Madrid, e tamén portaban ata a vila e Corte a neve que xuntaban nas Casas da Neve nas abas do Iribio, levaban diñeiro para facer pagamentos por encarga
Ese feito fixo nacer unha chamada dos camiños para seren a motivación da adicación de moitas pèrsoas ao oficio de ARRIEIROS en competencia cos MARAGATOS que entraban polo Camiño de Castela,
Estes arrieiros tamén comerciaban co sal que percuraban nos portos levaban o viño dos ribeiros de Valdeorras, Quiroga, Amandi, Lemos e Ribadavia, porteaban carnes salgadas, lenzos e cobertores dos teceláns e co peixe introdiucido nas viaxes de volta,.
Nas parroquias do actual Concello de Sárria en 1761 había os seguintes arrieiros aos que lles regulaban o gaño aneiro que se indica:
01,. BIEITO LÓPEZ. Santiago de Barbadelo. 70 anos. 150 reais
02.- DIEGO LÓPEZ, Santiago de Barbadelo,. 33 anos .150 reais
03.- NICOLAU LÓPEZ. Santiago de Barbadelo. 50 anos. , 150 reais
04.- SANTIAGO DÍAZ. Santiago de Barbadelo.,62 anos. 150 reais
05.- ANXO PÉREZ. San Xulián de Chorente. 40 anos. 15 reais
06.- ANTONIO LOSADA. San Xulián de Chorente. 50 anos. 150 reais
07.- BERNARDO LÓPEZ, San Xulián de Chorente. 41 anos. 150 reais
08.- DOMINGOS LÓPEZ. San Xulián de Chorente. 30 anos. 150 reais
09.- DOMIGOS LÓPEZ. San Xulián de Chorente, 25 anos. 30 reais
10.- XOÁN LÓPEZ. San Xulián de Chorente. 200 reais
11.- XOÁN SÁNCHEZ. Santiago de Castelo dos Infantes. 22 anos. 50 reais
12.- XULIÁN CABANAS. Santiago de Farbán.60 anos. 15 reais
13.- XOSÉ SÁNCHEZ. San Sadurniño de Ferreiros. 40 anos, 18 reais
14.- FRANCISCO LÓPEZ. San Martiño do Fontao. 100 reais
15.- XACOBO LÓPEZ DO PENEDO. San Pedro de Froián, 36 anos. 30 reais
16.- MANUEL PONTÓN... San Sadurniño de Froián. 44 anos. 15 reais
17.- XOÁN GONZÁLEZ. San Sadurniño de Froián. 54 anos. 80 reais
18.- XOÁN FERNÁNDEZ. San Sadurniño de Froián. 42 anos, 30 reais
19.- XULIÁN FERNÁNDEZ. San Sadurniño de Froián. 52 anos. 15 reais
20.- XOSÉ FERNÁNDEZ. San Sadurniño de Froián. 42 anos. 80 reais
21.- PEDRO FERNÁNDEZ, San Sadurniño de Froián. 33 anos. 100 reais
22.- ROSENDO VÁZQUEZ. San Sadurniño de Froián. 62 anos. 160 reais
23.- XOÁN LÓPEZ. Santo Estevo do Mato. 56 anos. 180 reais
24.- DOMINGOS LÓPEZ DO RIGUEIRO. Santiago de Nespereira. 40 anos. 80 reais
25.- MARCO ARIAS Santiago de Nespereira. 30 anos. 80 reais
26.- DOMINGOS LÓPEZ. San Salvador da Pena, ( arrieiro do viño) 100 reais
27.- DOMINGOS LÓPEZ. San Fiz de Reimóndez. 34 anos. 200 reais
28.- MANUEL GARCÍA. Santa Mariña de Sárria. 150 reais
29.- DOMINGOS LÓPEZ CASEIRO . Santa María de Vilamaior ( feiras e mercados) 30 reais
30.- MIGUEL QUINTE. San Fiz de Vilapedre. 40 anos. ( sal ) 60 reais
31.- MANUEL SÁNCHEZ San Salvador de Vilar de Sárria. 50 reais
Comentarios
Publicar un comentario