ROUBOS E ASASINATO DO CURA DE SAN MIGUEL DE PARADELA ( 1843 ,1845 )

        ROUBO NA CAS RECTORAL DE SAN MIGUEL DE PARADELA ( 1843 )

Na noite do 10 de xuño de 1843  foi roubado na súa casa  de San Miguel de Paradela , por suxeitos  descoñecidos que fraturando unha porta  para se introduciren nela , consistindo o roubo  en 3 cobertores,  1 capote de pano de "béjar" negro, 1 chaqueta e 1 pantalón tamén negros, 7 garfos de ferro estañados, un reloxo de peto de prata inglés  e a carne dun poroc.  Xuuiz: Antero Rubín de Oroña,

SINAIS DO LADRÓN:  Talla de máis de 5 pés, cara alongada, picado da virola, sen patilla, vestído de pantalón de pano cor castaña escura, chaqueta do mesmo e chapeu de copa alat e ancho enriba. 

 

        O ASASINATO DE DON FRANCISCO ÁLVAREZ.-BUYLLA 

              CURA DE SAN MIGUEL DE PARADELA ( 1845 )

                                     Nº  136

                     Xulgado de Primeira Instancia de Sárria                                                               

 En  causa criminal pendente neste Xulgado e escribanía de Vaamonde polo roubo e horroroso asasinato  cometido na casa e persoas  de D. Francisco Älvarez-Buylla, cura de San Miguel de Paradela, acordei o arresto de Francisco López de Sesmond, parroquia de Santiago da Laxe, e Luis Lópe, fillo de Froilán , de Santa María de Vilaragunte, que non puideron ser habidos no medio das dilixencias  na súa solicitude de prendelso, polo que se exhorta ás autoridades da  provincia  coa fin de que por cantos medios lles suxira o seu celo se sirvan procurar a súa captura, remitíndoos ao dispor deste tribunal  coa debida seguridade caso de seren aprehendidos pos que ao efecto van a continuación os seus sinais persoais.

                                                                Sárria, 3 de febreiro de 1845

                                                                         Xosé García

SINAIS DE FRANCISCO LÓPEZ.- Idade 23 anos, estatura 5 pés ben compretos, pelo negro, cara redonda cor boa, barba lampiña, nariz regular ollos negos ; viste chaqueta  e pantalón de dazoiteno, chaleque negro e chapeu portuigués.

IDEM DE LUIS LÓPEZ.-  Idade 24  anos , estatura  5 pés escasos, pelo castaño, cor trigueña, barba lampiña, ollos castaños, algo olloso da virola, viste chapeu calañés, chaqueta e pantalóns  de pano pardo e chaleque azul xa usado.

Comentarios

Publicacións populares