A II REPUBLICA EN SÁRRIA ( 1931 )
A II REPUBLICA EN SÁRRIA ( 1931 )
( 23 de abril de 1931 )
Constitución da Comisión Xestora do Concello de Sárria
N sala capitular do Concello de Sárria, a vinte e trtes de abril de mil novecentos trinta e un. Reunidos D. Xesús Abad López, 4º Tenente de Alcalde, en funcións de Presidente, D. Nestor Gonzalez Fuentes, 3º Tenente de Alcalde e Depositario interino de fondos municipais, e os señores D. Camilo González Macía, D. Dalmiro González Zaera, D. Vicenzo Páramo Losada e D. Xosé Fernández Márquez, estes como membros. baixo da presidenza do primeiro dos nomeados , o dito Sr. González Macía, da Comisión xestora interina nomeada para actuar neste Concello, en virtude de comunicación nº 277 do Negociado primeiro do Goberno Civil da provincia e dta 18 de abril actual, á que se deu lectura no acto polo Oficial maior do Concello en funcións de Segredario por licenza do propietario na actualidade , e despois de terse dado lectura , tamén no acto aos nombramentos individuais dos ditos señores González Macía, González Zaera, Páramo Losada e Fernández Márquez, procedeuse de seguido ao arqueo extraordinario de fondos, dano o resultado seguinte :
Posto riba da mesa o libro diario de Intervención de ingresos correspondente ao exercizo en curso de 1931 , aparece no seu folio primeiro, un mandamento de ingresos nº 1 e na aperura cunha existenza en Caixa en 1º de xaneiro de 1931, de 78.434,71 pesetas e súa suma en 31 de xaneiro de 1931 de 79.254,11 pesetas, sendo o número do último mandamento de ingreso asentado o 4.
Posto riba da mesa o o Diario de intervención de pagamentos tamén correspondente ao exercizo en curso de 1931 , resulta o primeiro mandamento de pagamento en primeiro de xaneiro do ano actual e o último, ao número 15 ao folio 7, continuando no 8 , coa suma total de en 23 de abril, ou sexa no día da data, de 18.246,75 pesetas.
Posto riba da mesa o Libro de Arqueos . resulta un saldo anterior de 61.007.36 pesetas, no arqueo verificado o 15 de abril actual, co motivo da proclamación da República ; e resultando dos asentamentos nos libros Diario de intervención de ingresos e Diario de intervención de pagamentos , que desde a dita data de 15 de abril actual ao día de hoxe, que non houbo movementto de fondos, procedeus de seguido a formalizar a acta de arqueo, con motivo da trasmisión de poderes ,que a asinaron o Sr. 4º Tenente de Alcalde do Concello que cesa, D. Xesús Abad Díaz, en funcións de Alcalde, e o D, Camilo González Macía, en funcións de Presidente da Comisión xestora que se psesiona, así como o Depoitario interino que cesa, D. Nestor González Fuentes e o Oficial maior dito. en funcións de Secrtario-Interventor, dando o seguinte resulktado : Existenza en fin do arqueo anterior do 15 de abril actual, 61.007,36 pesetas; ingresado: nada: obrigas satisfeitas: ningunah, nos días intermedios do 15 ao día de hoxe inclusive, arroxando unha existenza nesta data de 61.007,36 pesetas, na forma segjuinte:
Saldo en conta correnet no Banco de Españaa favor deste Concello, en 20 do mes actual, segundo xustificante riba da mesa, do dito Banco de 60.671,26 pesetas , que é o mesmo que figura na acta de arqueo de hoxe, da que se trata.
Na arca municipal 336,10 pestas. Faise constar que as 60.671,26 pesetas que figuran en conta corrente continúan depositadas no d´ñia de hoxe na Sucursal do Banco de España en Lugo, téndose cerciorado a Comisión xestora por conferenza telefónica co Direitor da dita Sucursal, a quen no acto se oficia anualndo as sinaturas do Alcalde e Depositario saíntes.E na s´ñua consecuenza , faise constar tamén que a cantidade única que retira en metálico o D. Dalmiro González Zaera, designado Depositario polo Sr, Presidente é de 336, 10 pesetas, como existenza na arca municipal,
Faise constar tamén que non existindo neste Concello inventario de documentación , nonse pode facer polo de agira neste acto de toma de posesión , xa que precisamente se encontra na actualidade ordeándose a documentación ao dito obxecto, traballo longo e detido; polo tanto queda toda como estaba baixo da custodia do Segredario, e sen responsabilidade para a Comisión xestora..
Inmediatamente de asinada a acta de arqueo, o Sr, Presidente da Comisión xestora asina tamén ao remate dos últimos asentamentos ditos nos libros diarios de intervención de ingresos e pagamentos.
De seguido o Sr. Abad López , estando como dito quedas , en funcións de Alcalde , entrega o mando como talao Sr. González Macía , cumpridas que foron as formalidades propias do acto, posesionándose o dito e cesando o primeiro dos expresados.
POr último deuse lectura de novo ao último pàrrafo da xa expresada comunicación do Goberno civil da provincia, que expresa deberán tamén cesaren neste acto todos os restantes señores da Corporación municipal que viña actuando, e na súa consecuencia o Sr. Abad López, como Tenente de Alcalde, ofrece facerlles saber o seu cesamento aos restantes membros da Corporación.
E co consinuado deuse por rematado o acto, extendédose a presente que asina os intervintes , e de todo eu Segredario accidental certific o, e tamén que desta acta exténdense dúas copias certificadas, unha para o Goberno ciuvil da provincia e outra para enviala á Comisión xestora psesionada.
Camilo González.- José Abad.- José F. Márquez.- Vicente Páramo.- Dalmiro.- Nestor González.- Jesúa Puche González. .Sro. acctl,
( 24 de abril de 1931 )
Sesión extraordinaria inicial da Comisión Xestora Municipal
ePresidente: Camilo González Macía. Vogais: D. Dalmiro González Zaera, D, Vicenzo Pàramo Losada , Dm Xosé Fernández Vázquez.
MOCIÓN.- O Sr. Presidente proponlle á Comisión que se faga constar en acta a satisfación da mesma polo advenimento da República en ben de España, nos conceptos de Liberdade, Xustiza e Progreso, que constitúen o seu programa, e que se felicite ao Goberno, exprtesándolle sincera adhesión e fervidos votos polo triunfo da Democracia española. E a Comisión, en votación nominal , e por unanimidade así o acorda.
HORARIO DAS SESIÓNS ORDINARIAS.- O xoves de cada semana, ás 11 horas.
HORAS DE DESPACHO DA ALCALDÍA.- Diariamente , para audiencia, comparecenzas e sinatura de 12 a 13 horas.
SERVIZO DA GARDA MUNICIPAL ARMADA.- a).- Un garda encargado do servizo diurno das 6 da mañá ás 9 da noite. b ) Dous gardas serenarán desde as 9 da noite ás 4 da madrugada.
O garda de servizo de día andarásomente provisto da "porra reglamentaria" e será o encargado do Matadoiro e das Tablaxerías ( Carnicerías ) e de facilitar o parte diario,
Os gardas de noite usarán arma curta, e entregarán os partes ao seguinte día do servizo na Alcaldía.
O servizo prestarano alternando por quincenas.
RATIFICACIÓN.- A Comisión Xestora ratifica o nomeamento feito polo Presidente de don Dalmiro González Zaera , para o cargo de Dpositario de Fondos, interino .
( 30 de abril de 1931 )
Sesión Ordinaria da Xunta Xestora Municipal
Presdente: D. Camilo González Macía. Vogais: Dalmiro González Zaera, Vicenzo Pàramo Losada, Xosé Fernández Márquez.
FESTA DO TRABALLO.- Coñecedora a Comisión de que foi declarada Festa Nacoional o día primeiro do vindeiro maio, data na que viña en cada no celebrándose a Festa do Traballo, aínda que sen c arácter oficial até agora, a Comisió , en votación nominal e por unanimiade, acordou darlle a esta na localidade o maior relevo posible, secundando así as orientacións do Goberno provisorio da República que nos rixe; e que ao efecto pola Presidenza sexa publicado un Bando para xeral coñecemento da festa nacional de referenza e coa fin de que o comerzo desta vila permaneza pechado, sen excdción ningunha, e o mesmo os obradoiro de todas as clases, bancos, oficinas públicas, etc. etc., para que deste medio poida celebrarse debidamente esta festa conmemorativa e nela poidan participar todas as clases sociais deste pobo.
Tamén se deu por enterada a Comisión, con natural compracenza , do propósito que anima ao Comité Republicán da localidade de facer correr pola súa conta o pagamento dos honorarios dunha banda de música que amenice a festa pública no expresado día; e na súa consecuencia en votación nominal e por unanimidade a Comisió acorda que conste na acta e tamén un expresivo voto de grazas ao mesmo Comité polos seus entusiasmos para cooperar a esta festa do Traballo que tamén é símbolo do triunfo da Democracia e fraternidade universal.
LICENZA PARA UN FORNO.- Leonardo Prieto López solicita en 25.04.1931 licenza para a construción dun forno dentro dun edificio de pranta baixa na "Corga de Vales " ( hoxe Rúa Pedro Saco),, na traseira da casa , e tamén licenza para poñelo en funcionamento para cocer pan para a venda. Despois de recoñecemento no terreo conceden as autroizacións pedidas ( Tempo de resolución do expediente : 5 días )
ESCOLA DE MEIXENTE.- Don Pedro Páramo Arias, párroco de San Xulián de Meixente, solicita autorización para rematar a construción dun edificio, para adicalo ao ensino e habitación da mestra, " edificio que se constrúe pola conta do expoñente, para funcionamento da Escola Nacional de Pacios, no punto chamado "A Cruz" ( paraxe de Castelo). A Comisión concede a autorización pedida.
ARRANXO DA PORTA DO CEMITERIO.- Acordan que, por administració, se arranxe a porta e as ferraxes e sexa pintada .
CAMIÑOS.- Acordan eliminar unha grande fochanca que por botar fora o río Sárria se fixo no camkiño que da Ponte Ribeira vai á estrada de Samos, e que se arranxen outros camkiños da contorna e se recollan as augas suxas e zurrios.
BANDEIRAS E SELOS.- Acordan comprar unha Bandeira Tricolor de tamaño regulamentar e tamén unha Banderia Galega axstada ao deseño último e xeralmente adoptado como divisa desta Rexión. Tamén acordan facer un selo novo para a Alcaldía co escudo da Republica Española en manter en uso o selo en metal da Corporación por non conter nada relativo á monarquía.
( 7 de maio de 1931 )
Sesión Ordinaria da Comisión Xestora Municipal
Presidente: D. Camilo González Macía-Vogais: D. Dalmiro González Zaera, D. Vicenzo Páramo Losada, Xosé Fernández Márquez.
ROTULACIÓN DE RÚAS.- A Comisión , para que se conmemore dun xeito público e permanente nesta vila se conmemore o recente advenimenento da República Española ao poder e despois de ter ouvido o parecer individual de cada un dos membros da mesma, en votación nominal e por unanimidade, acorda:
Que a Rúa do Porvir se chame no sucesivo de "Casares Quiroga".
A chamada até dagora de Alfonso XIII pase a se denominar "Avenida da Liberdade"
A coñecida por de Reina Victoria sexa agora chamada " Rúa do 14 de Abril"
Que antiga Rúa Maior , pase a se denominar do "Capitán Galán"
E por último que a actual Praza da Constitución, sexa no sucesivo "Praza de Alcalá Zamora"
E ademais acorda a Comisión que consinuada nova rotulación das rúas teña o carácter de executiva , para que non sofra adiamento a súa implantación , e que con cargo ao capiduo de imprevistos do Orzamento prorrogado en curso sexan adquridas as placas necesarias co obxdecto de colocalas no seu día nos lugares correspondentes.
LICENZA PARA UN FORNO DOMÉSTICO.- Solicitada por Xesús Neira Seijido, de San Miguel de Vilapedre licenza para facer un forno de cocer pan na súa casa, no camiño da Pobra de San Xiao a Goián, foille concedida.
LICENZA PARA ABRIR UNHA PORTA.- Foille concedida a Pedro Fernández López permiso para abrir unha porta na súa casa no Camiño de San Mateo, en San Miguel de Vilapedre.
LICENZA PARA OBRAS NA CASA RECTORAL DE SAN XULIÁN DA VEIGA.- Concédelle permiso ao paároco Xosé Ferreiro López para facer un alpendre, poñerlle telladiño ao portón de entada e facer o muro da horta,
PETICIÓN DE CREACIÓN DUNHA ESCOLA NO LUGAR DE SAN FIZ.- O párroco de San Fiz de Reimóndez e os veciños da parroquia piden que se cree unha Escola Nacional mixta, servida por mestra, na aldea de San Fiz, para escolantes de Reimóndez, Albán e Cesár.
LICENZA AO SECRETARIO.- A Comisión Xestora cóncedelle prórroga ao Segreadio do Concello D. Ernesto López Martínez ( Acevedo ) para asuntos propios e que faga interinamente función de Segreadio-Interventor o Oficial Maior D. Xesús Puuche González.
RESOLUCIÓN.- Sobre a " Corga de Pérez ", na parroquia de Santa María de Corvelle confirman o acordado o 27 de abril.
( 14 de maio de 1931 )
Sesión da Comisión Xestora Municipal
PASO SOTERRRAÑO EN FARBÁN.- Dánlle licenza a Ramiro Armesto , de Santiago de Farbán, para facer alrago dum paso soterraño, baixo do camiño que vai da Estrada de Nadela a Campos de Vila para entrar e sair da finca Aira Vella onde ten aberta unha canteira.
LICENZA PARA CANO DE AUGAS SUXAS.- Cónceden licenza para entroncamento no saneamento da Rúa Maior das procedentes da casa nº 57, xunto da Igrexa de Santa Mariña, propeidade de Ramona Arias , de Santa María de Góo ( O Incio)
MOCIÓN.- Sinalado o día de hoxe para o cesamento da Comisión Xestora interina , para rendemento de contas solicitan do Direitor da Suciursal do Banco de España a confirmación do saldo ali depositado por valor de 60.671,26 ptas, e do Depositario Sr. González que no acto de cesamento faga entgrega das 336,10 pesetas no seu poder depositadas.
..............................
E rematadas as funcións da Comisión Xestora interina, de designación gubernativa, prroduciuse a entrada do Alcalde e membros do primeiro Concello do tempo da II República Española.
( 5 de xuño de 1931 ).- CONSTITUCIÓN DO PRIMEIRO CONCELLO REPUBLICÁN
Segundo o número de votos: Antonio González Méndez.-Xosé Moreira Rodríguez.- Antonio Valiña López.-Pedro López Vázquez.-Clñemente López Rodrígyez.-Antonio Sánchez Arias.- Manuel Pardo Armesto.- Manuel González López,. Xosé Ramón Castro López.- Xosé Vázquez López.-Manuel Valladares López.- Delfín Yebra Vázquez.- Fernando Taboada de Zuñiga.- Modesto Parado Rodríguez.- Davide López Rivas,. Henrique López Álvarez.- Santiago Pombo Pombo.- Xoán Manuel Somoza García.- Xosé Loureiro López.
Alcalde: Xoán Manuel Somoza García. Tenentes de Alcalde: Antonio Sánchez Arias.- Antonio González Méndez, Manuel Pardo Armesto. ( síndico ) e Davide López Rivas.
( 11.06.1931 ).- Expediente de prófugos.
(12.06.1931 ).- Só concorre o Alcalde ( non se celebra )
(19,06.1931).- Só concorre o Alcalde ( non se celebra )
( 27.06.1931 ).- Formación de Comisións: Facenda e Orza,mentos.- Gobernación.- Fomento e Abastecementos,
Autoriuzan o enganche ao servizo de augas a Afonso Alcalde Santander ( rúa Benigno Quiroga).- Solicitan a reapertura da Oficina Telegráfica , pechada por xubilación.
( 3.07.1931 ).- Eduardo Antonio Gómez Rodríguez, soclita enganche no servizo de augas para a casa nº 43 da Rúa Maior. Conceden a Xosé López Soto licenza para un nicho no Cemiterio. - Normas reguladoras do consumo de auga.- Requerimentos aos veciños para canos e baixantes de augas pluviais.- Vneda do "Camiño de Pérez" en Corvelle.
( 11.07.1931 ).- Contas.- 376 pesetas para arranmxo da vivenda do mestre de Sárria.- Para festas: 50 pesetas. Para a Festa do San Xoán: 23,24 ptas.- Aproban a acometida de augas para a casa de Xosé Viñas López, na Rúa Maior 62.
(20.07.1931 ).- Os veciños de Loureiro piden 2,000 pesetas para construir un grupo escolar, quedou para estudo.- Acordan a ultimación dos expedientes para a creación de escolas.- Reparación da caseta da báscula do Campo da Feira. Doazón de 50 pesetas para a Tómbola de La Unión.- Acordan facer arranxos no Grupo Escolar.
( 25 de xullo e 1, 8, 15 e 22 de agosto. 1931 ).- Non se celebraron sesións.
( 31.08 1931 ).- Conta de igresos.- Autorizan facer un alpèndre en Lousadela.- Acordo sobre o "Camiño de Abalairas",- Solicitude de creación de carterías en Barbadelo, Biville, Cesár e Louseiro.- Arranxo da Fonte das Nogueiras en Ortoá ( 300 pesetas ).- Acordan facer arranxos nas fontes de Betote, Lezoce, Barbadelo ( Vilei e Baxán ),San Fiz de Reimóndez, Santo Estevo e Tosal. Axuda de 130 pesetas para o camiño de Santo Antolín á estrada de Becerreá.- 100 pesetas para arranxos dos camiños do Regueiro, Teibente e Quintela.- Abren expediente para arranxar os camiños da "Raiceira á estrada do Oural ao Incio, e o Camiño Real de Cervos ao Mercado da Serra.- Arranxos nos pontóns de Pezais ( na Pena ) e en Goimil.- Arranxo da Travesa dos Fornos en Sárria.- Acordan arranxar o depósito de cadáveres no Cemiterio Municipal..- Arranxo da Avenida da Feira.- Acordan facer novo proxecto de obras para a Rúa Maior.- Expediente para a contratación do alumeado público por electricidade.- Normas para o peso do pan.- Compra de dúas medidas para a gra con destino ao Mercado dos Domingos na Praza de Xoán María López.- Selo para o veterinario.- Tarifas nas tablaxerías ( carnicerías )
( 7.09.1931 ).- Manuel Carrozas pide poder pechar o Souto de Ardiñal en Callás,. Ricardo Núñez Rodríguez, de San Fiz de Vilapedre, pide licenza para a construción dun edificio no Agro de San Fiz, acordan que pase para estudo á Comisión de Fomento.- Arranxo da Fonte do Sisto en Meixente.- Arranxo dos pontóns da Veiga e de Sobrado en Louseiro.- Aprobación obras na Ponte de Valiñas na Pinza.- O concelleiro Fernando Taboada de Zuñiga pon en coñecemento da Corporación que no punto denominado Barrio pertencente á parroquia de San Martiño de Louseiro, en virtude de aprtacións feitas en metálico polos naturais do país residentes en América e a aportación persoal de todas clases, prestada polos veciños da expresada parroquia, con residenza na mesma , construiron e teñen en perfeto estado de poder ser utilizado un edificio que reúne como feito ao obxecto todas as condicións hixiénicas e pedagóxicas para poder instalar dentro do mesmo dúas Escolas Nacionais, con locais capaces e independentes, un para nenos e outro para nenas, contando ademáis con cuartos axeitados, tamén independentes para destinalos a vivenda de Mestre e Mestra, e na súa consecuencia propón e interesa da Corporación, se sirva esta nacordar se solicite do Ministerio de Instrución Publica, a creación dunha Escola Nacional de nenos e outra de nenas na expresada parroquia, para poder utilizar así o dito edificio, expresamente coinbstruído en ben do ensino publico, que é sen dúbida algunha o mellor dos que se conta nos demais pobos do termo municipal. E a Corporación estimando a proposta do expresado Señor Concelleiro por unanimidade e en votación nominal solicitar a creación dunha Escola Nacional de nenos e outra de nenas en Louseiro e que se faga todo o demáis necesario para o cumprimento deste acordo, dándolle ao efecto un amplo voto de confianza ao Sr. Presidente, xestión que este acepta no acto en ben do ensino, agradecendo esta mostra de confianza da Corporación.- Larganza do Camiño do Hospital a Treilán.- Renovación da Xunta Pericial para fixación da tributación por consumos.
( 12, 19 e 26 de setembro, 3 e 10 de outubro.1931).-Non se celebraron sesións.
(19.10.1931 ).- Contas de ingresos.- Gasto de 200 pesetas para cegar dous grandes furados abertos por unha chea do río Sárria, perto da Pontre Ribeira.- A Gregorio Fernández Barrio, pobre de solemnidade, de 83 anos, déronlle unha axuda de 30 pesetas para tomar baños no Balneario de Lugo, Acordan hixienizar o pozo público de Outeiro de Ferreiros. Local Escola de Nenas no Grupo Escolar de Sárria : Acordan dividilo en dous facendo as obras con carácter de urxentes.- Redacción do prego de condicións para o alumeado público por electricidade das rúas e os edificios publicos.- Queda pendentre para estudo a subvención para a construción das Escolas de Vilamaior e San Miguel de Vilapedre..- Prórroga dos Orzamentos.- Nomemameto de Xosé López Limeres como escribente fora de plantilla co soldo de 5 pesetas diarias.
( 9.11.1931 ) Licenza de edificación a Ramón Mourelo de la Bastida na Avenida da Feira.- Acordo de arranxos de camiños, pontóns e fontes: 1,. Da igrexa de Albán pola Ciguñeira até Cedrón. 2.-Da Feira de Vilamaior a Vilamaior. 3,. Alcantarillado na Corga de Requeixo, da estrada de San Martiño de Castro á Estación. 4.- Reparos da Ponticela , no Camiño de Barreiros a Ortoá. 5.- Camiño dos Remedios a Pape.- 6.- "Corga de Vales", en Sárria. 7.- Camiño de Betote a Lousadela. 8.- Camiño de Fontela á Pontella, en San Salvador da Pena. 9.- Camiño da Lamarrigueira á Ciguñeira. 10.- Camiño desde a estrada á Corga da Ponte en Biville. 11.- Carreira da Airexe en San Mamede da Chanca
Pontóns: 1.- De Crecente, en Vilar. 2.- De Paderne, en Vilamaior.3.- De Cervos, en Barbadelo.4.- Portóns da Veiguiña ( en Requeixo).
Fontes: 1.- Do Barrio ( Louseiro ). 2.- De Outeiro ( Goián ). 3.- Fonte Vella ( Vilar do Monte ) 4.- Da Brea ( A Pinza ). 5.- De Biville. 6.-De Pape ( Cesár ). 7.- De Tuiña ( Lousadela ) 8.-De Castelo ( Loureiro) 9,. De Peruscallo ( Belante ). 10.- De Pintín ( Calvor ). 11.- De Arxemil. 12.. De Cortiñas ( Biville ) 13.- De Castelo dos Infantes. 14.- De Baixo e Lavadoiro ( Lier ). 15.- De Treilán ( Requeixo ).16.-. Fonte da Ponte Ribeira ( Sárria ) 17,. Do Sisto ( Meixente )
Dan 150 pesetas para o Camiño de Ribeiras do Pereiro en Corvelle e 150 máis para o de Santo Antolin. Prtego de condicións para o alumeado eléctrico. Días inhábiles: 24 de xuño, 25 de xullo DÍA DE GALICIA e Martes de Entroido. Praza de Abastos: Acordan elevar un metro a parede todo darredor e poñer un depósito e bomba de auga. Acordan que a Rúa Maior se acondicione con laxes de granito
Comentarios
Publicar un comentario