ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1951 , 1957 , 1958, 1959)
O ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1951 )
O Goberno Civil de Lugo ditou a seguinte CIRCULAR. " Suspendidas as chamadas festas de Entroido por Orde de 3 de febreiro de 1937, que por outras disposicións foi sucesivamente mantida en vigor para cada un dos anos pasados, sen que no actual teña variado sustancialmente algunha das circunstancias que aconsella por entón a adopción de tan discreta como xustificada medida"
"Este Goberno tivo a ben dispoñer que continue na provincia aquela suspensión sen concreción de prazo non podendo na súa consecuencia celebrarse en adiante festa ningunha que exteriorice en calquera maneira aquel carácter, desde o domingo de sesaxésima até o primeiro da Cuaresma , ámbolos dous inclusive, nin autorizarse durante eses quince días o uso de dominós, caroutas ou disfaces na rúas ou lugares públicos, nin nos cafés, casinos e circos de todas clases , tolerándose somente os bailes privados nas sociedades e circos de recreo, previa autorización doi goberno, con traxes de época ou rexionais que non constitúan disfrace e sen velar o rostro en ningún caso, e ao facelo público este goberno agarda que todos os alcaldes e axentes da autoridade , dependentes da miña, velen polo exacto cumprimento da mesma, dando conta dos infractores para seren debidamente sancionados".- Lugo , 1 de febreiro de 1951. O Gobernador Civilk: José del Valle Vázquez "
ANO DE 1957
Na Estación do ferrocarril retratouse o grupo de carnavaleiros " Chulapos " formado por Xosé Luis Goyanes, Mariña, Xenín Quiroga, Lolitra , Xosé Luis Pedrero, Carmiña Goyanes , Tachín e Eulalia Salgueiro.
ANO 1958
Baile no Casino.
Disfrázanse de soldados: Palmira Díaz Gallego, Maruxa Caloto e Iolanda Díaz Gallego.
Organizada polos mozos da Rúa Maior, houbo festa de Entroido na Praza da Constitución, con carreiras de saco, romper olas a cegas, etc. Fixeron unha figura do Entroido, colacada no fondo da praza que rematou queimada.Consérvase unha fotografía na que aparecen veciños e nenos da Rúa Maior e algúns dos organizadores.
ANO 1959
Unha Comisión de mozos organizou na Rúa Maior-Praciña do Concello un desfile carnavalesco e festa popular amenizada , o día 5, pola Orquestra Unión Céltigos. Na Imprensa Cabañas editaron unha folla con rimas tiduada " O Antroido comenta as modas".
SOCIEDADE O ANTROIDO
A Comisión de Festexos ten a honra de convidar a Vostede e familia ao "Desfile Carnavalesco e Festa Popular " que se celebra na Praza do Concello o vindeiro día 5 , amenizada pola orquestra Unión Céltigos. A Comisión
O ANTROIDO COMENTA AS MODAS
Xa chegou o Antroido / disposto a da a tabarra .,/ O que non queira oílo / que se vaya pra cama.
Por esos mundos de Dios / moitas cousas se nos ven ; / vouvolas contar a vós /pra que as sepades tamén
A calva estavos de moda, / sobre todo en Oceanía : / a Sárria inda non chegou, /non tardará moitod días
O que necesitan os homes / son unhas cantas horquillas ; / e despois unhas faldas /pra parcer mulleriñas
Outros, en cambio, dalles / por presumir de familia : / polos cabeza abaixo , / e non soltan calderilla.
Hainos que tamén levan / pantalós axustadiños /: recórdanme a falda tubo / que leva o sexo femenino.
Vinos tamén con chaquetas / que son abertas por tras, /eu no sey pra que será / supoño, por comodidad,
Como as mulleres se rín / das modiñas dos rapaces /ahora tócalles a elas / ter tamén donde rascarse
Hainas que van pola calñle / que parecen pisas huevos , / velas en cambio na cas / e parecen "esperpentos"
Vin un grupo certo día / que parecían ser finas ; / pregunteilles quen era o Cid /e contestáronme que Atila.
Outras en cambio presumen / de sangre azul na familia ; /azul teñen a cara / de botarlle "camomilia"
Ahora levan unha bufabnda / que dicen que é po frío / e o único pra que sirve / e pra colgalas dun pino
Ahora está de enhkrboa / con Kimbo, as medias tan finas / pois xa poden presumir / de que enseñan as rodillas.
Como xa se termInou / este montón de mentiras, / pídolles mil perdós / e recoméndolles tila
O ANTROIDO
Comentarios
Publicar un comentario