ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1900, 1901 )
ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1900 )
Domingo, 25 de febreiro.- Baile no Casino de Cabaleiros onde instalaron luz de acetileno con 400 buxías. Presentouse un curioso disfrace de bebé.
No " Círculo de las Artes" non houbo bailes, por falla de "Salón" mentres o doino da casa , don Venancio Vázquez López, non faga desaparecer o tabique que separa os dous espazos en que está dividido, e que impide que se fagan bailes, reunións e calquera outro xeito de divertimento.
Nos salóns da Casa Novoa e no "Bar Español" tamén houbo bailes o 25 e o 27, resultando un tanto desanimados por falla de organización.
O Mércores de Cinza celebrouse o " Enterro da Sardiña" con saída dende as Escolas Públicas , coa participación das Bandas de Música de Samos e de Sárria, comparsas e dúas carrozas. Non houbo" Sermón do Enterro da Sardiña, por indispoción do encargado de facelo.
( La Idea Moderna, 03.03.1900 )
DESDE SÁRRIA
Sr. Direitor de " La Idea Moderna":
Meu querido e distinguido amigo : Para que os lectores teñan coñecemento das festas que polo motivo do Entroido se celebraron nesta vila, direille que aínda que o forte vento afuracanado que se sentía e choiva que caeu na noite do domingo, tivo lugar nos salóns do Casino un baile, ao que concorreron numerosas e simpáticas damas. botándose en falla a ausencia dalgunhas convidadas.
Tomaron parte na festa varias máscaras , e contribuía a dar realce ao acto, a luz de de acetileno recentemente instalada,
O presidente e individuos da Xunta direitiva estiveron sumamente atentos coa concorrencia , obsequiando galantemen ás damas.
Na noite do Martes celebrouse no indicado Casino outro baile idéntico ao anterior, aínda que máis concorrido e con asistencia de maior número de máscaras das que algunhas divertiron moito ao público cuns versos que cantaron, baixo do tíduo "Os sucesos ocorridos na vila de Sárria a primeiros do ano 1900".
E o Mércores de Cinza, realizouse a festa do " Enterro ds Sardiña", dirixida por varios mozos de humor, da boa sociedade deste pobo.
Serían as sete da tarde cando a comitiva partiu da casa das Escolas Públicas , dirixíndose polas principiais rúas desta localidade , con orde e amosando cultura.
Abrían a marcha varios xenetes cobertos de sábana e cucurucho, seguía, en andia, conducidoi por catro rapaces un pelele, despois ía unha fermosa carroza con infindade de faroliños, artísticamente colocados e pechaba a comitiva un locido acompañamento con sabas e velas acesas.
Dúas bandas de música , unha de aquí, a outra de Samos,executaban bonitas pezas do seu repertorio.
Presenciou o paso do enterro multitude de xentes , non só desta vila. senón dos pobos da contorna , que enchían as rúas.
Se houbese algún alumeado máis, cuxa falla se notaba , e se pronunciaran o sermón de rúbrica, a festa que eu reseño non deixaría nada que desexar.
Rematou ás nove, hora na que se queimou o cadáver do Entroido na praza pública.
Sen outra cousa por hoxe sabe é de vostede amigo s.s.q.b.s.m ( * )
O Correspondente
1º de Marzo 1900
( * ).... Información para a xente nova de 2020.
Fórmula de respecto que se poñía no remate das cartas e que se lé " seu seguro servidos que beixa a súa man".
( 1901 )
Algunhas "mascaritas " recorreron as rúas na tarde do martes. En canto a bailes estiveron máis animados os tres que se realkizaron nas noites do domingo e o martes, contando co organizado pola entusiasta sociedade " Círculo de las Artes, presidida polo avogado Xoán López Cela, inaugurándose nos seus locais a luz de acetileno ( candís de carburo).Os bailes foron amenizados por tres bandas de musica e neles houbo multitude de máscaras que divertiron á concorrenza ( La Idea Moderna , 21.01.1901 ),
Comentarios
Publicar un comentario