ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1893 , 1899 )
O ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1893, 1899 )
( 1893 )
Casino de Sárria: No carné de baile editado en Valladolid , Imprenta Pastor, para a súa entrega ás "señoritas" indicban a orde dos bailes : wals, rigodón, polka, rigodón, mazurca, rigodón e wals.
( EL REGIONAL, 14/02/1899 )
Segundo nos comunican de Sárria o Entroido naquela vila está animadísimo . Para darlle máis realce constituiuse unha asociación da que fan parte como presidente D. Ramón Guitián Rodrígeuz e os señores D. Ramón Castaño Guitián, D. Fermín Somozas, D. Vicenzxo Saco, D. Antonio Rivas Teijeiro, D. Salustio Somoza Franco, D. Manuel López Somoza e os señores Vera e Gutiérrex do comerzo.
A presidenta de honra é a simpàtica e belisima señorita dona Amparo Prado.
Nos elegantes alóns do café e billar " El Español" ( * ) establecido na Praza da Constitución , celebra esta sociedade animados bailes, aos que concorre numerosa representación da mocedade de Sárria, merecendo calurosos plácemes os iniciadores de tan alegres festivais-
(* ) O café estaba instalado na Casa de Novoa - Praza da Constitución 4 - onde anos despois se instalaría a sociedade recreativa " El Nuevo Club"
O ENTROIDO DE MENDRÓS
O Martes de Entroido, despois de rematar a festa no lugar de Mendrós ( Vilar de Sárria ) un grupo de persoas, armados con paus e fouces atacaron a un varón que, indefenso grande , , recibiu unha malleira polo que resultou ferido gravemente, tendo que ser trasladado á vila de Sárria para recibir atención médica.
Comentarios
Publicar un comentario