ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1889 )
O ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1889 )
(1889 )
Mes de marzo-- Domingo: Unha orquestra de instrumentos metálicos fixo un pasarrúas. No Casino, ás 10 da noite, houbo baile que rematou ás 4 da madrugada.Os mozos ofreceronlles ás mozas camelias , doces, viño de Xerez e Manzanilla e Champán. . Tamén celebraron do Domingo de Piñata.
( EL REGIONAL, 15/03/1889)
EN SÁRRIA
Malia o tempo crú de choiva e frío que se deixou sentir os días de Entroido, estes estiveron animados na vila de Sárria.
O domingo pola tarde unha orquestra de instrumentos metálicos e composta por mozos de bon humor, deixou ouvir os seus melodiosos acordes saíndo a percorrer as rúas . Distinguiuse nela a afinación e o mellor gusto, así como o seu direitor,cuxa batuta era un robusto salchichón manexado hábilmente e dando con el as entradas e finais, aos que respondía a orquestra cunha marcada exactitude.
Ás dez da noite principiou o baile dado polo Casino.
Simpàticas e fermosas señoritas , acompañadas algunhas polas súas mamás e demáis señoras, cruzaron o salón, e moi axiña este convertiuse nun Edén , profusamente alumeado r decorado con tanta elegancia e bo gusto, que presentaba un brillantísimo aspecto. Quixera lembrar neste intre a denominación dos traxes que con tanta elegancia locían as encantadoras mociñas que formaban aquel precioso conxunto, mais non é posible, e contanteríame con dicir que arrebataban e fascionaban coas súas grazas , como fascina un soño fantástico. Estivo animadísimo, e durou até as catro, grazas ao seu presdente e xoves de recepción que coa galantería e finura que os caracteriza fixeron que tan amena velada se alongase tanto para ben das namoradas parellas.
O luns houbo baile de nenos, que resultou algo desanimado por falla destes, xa pola mala noite que fixo ou xa polas circunstancias especiais nas que se achaban algunhas familias.
O do martes, tan deslumbrante como o do domingo ; moitas e ocorrentes máscaras e os traxes das belas máis bonitos, se se quer, reinando como no outro a orde e a animación que ben pode ennobrecer aos xoves da dita vila é á xunta do Casino que con tanta delicadeza saben responder a todos estes actos, sentindo pola miña parte, dados os meus anos e eivas, non poder partillar con eles as mesmas alegrías, as mesmas ilusións, os mesmos encantos"
Comentarios
Publicar un comentario