VILA DE SAMOS
A VILA DE SAMOS EN 1761
A vila de Samos ( O Fontao, O Lugar e A Torre ) xunto cos lugares de Foxos e a Ferrería formaba parte da parroquia de Santa Xertrude de Samos ( establecida no século XVIII ) cuxo altar parroquial estaba dentro da igrexa do Mosteiro de San Xulián de Samos.
A vila ocupaba a parte central da freguesía e o río Sárria deixaba á dereita o Mosteiro, O Lugar e A Torre e á esquerda O Fontao.
As estremas da parroquia de Santa Xertrude de Samos principiaban co Camiño Vello de Fombeade, de alí seguía á Fonte Lodeiros, de esta ao Marco da Medorra, de el ao Marco de Foxos, de ali ao Marco da Carreira do Rigueiral, desta á Pena Redonda, e dela ao sitio do Camiño Vello de Fombade, primeira demarcación.
Na parroquia había 26 veciños e 31 casas habitables, e había outra destinada a cárcere e unha máis, estaba en pardiñeiro, que antes fora o cárcere da xurisdición. O número total de habitantes civís era de 80 que sumados aos monxes e criados do mosteiro facía un total de 172 persoas.
Hai que sinalar que na vila de Samos non había cregos, xa que un monxe era o encargado de atender a parroquia,
O edificio máis destacado era o Mosteiro, que tiña anexa a Capela de San Salvador, e había un "hospital para pobres. No Mosteiro vivían 61 monxes sacerdotes, 7 relixiosos leigos, 23 criados maiores dos 18 anos e 1 criado menor.Para o traballo dos bens o mosteiro tiña 4 bois.
Fronte aos 92 individuos ( monxes, leigos e criados ) acollidoa no mosteiro na freguesía de Samos residían un total de 80 persoas.
Veciñanza da Vila de Samos
1.- XOÁN AMARO QUIROGA, casado, 44 anos. Polo oficio de xastre gañaba 2 reais cada día.
2.- XULIÁN LÓPEZ, casado, 30 anos, 1 fillo menor. Polo oficio de carpinteiro tiña o gaño de 140 reais
3.- LOURENZO RIBERA, casado, 28 anos. Polo oficio de carpinteiro tiña un gaño de 140 reais.
4.-XOÁN GONZÁLEZ, labrego, casado, 29 anos, 2 fillos menores.
5.- ANSELMO VALDÉS, labrego, viuvo, 62 anos,
6.- ALEXANDRE DE VEIGA, labrego, casado, 60 anos.
7.- ANTONIO VALDÉS, labrego, casado, 62 anos, 2 fillos maiores ( un deles casado e con dous fillos menores ). O fillo chamado XOSÉ VALDÉS, polo oficio de xastre tiña un gaño de 140 reais.
8.- ANTONIO VILLANUEVA, labrego , viuvo, 71 anos, na súa compaña estaba ISIDORO GONZÁLEZ, casado, 43 anos, 2 fillos menores. Polo oficio de xastre tiña un gaño de 140 reais.
9.- BIEITO GONZÁLEZ, labrego, viuvo, 70 anos, 1 fillo maior ( que tiña un fillo menor ). O fillo ANTONIO GONZÁLEZ polo oficio de xastre tiña un gaño de 150 reais.
10.- FERNANDO LÓPEZ, labrego, casado, 70 anos.
11.- FRANCISCO LÓPEZ, labrego, casado, 54 anos, 1 fillo maior.
12.- FRANCISCO MONTERO, casado, 40 anos.
13.- FRANCISCO DÍAZ,labrego, casado, 38 anos, 1 fillo menor.
14.- XOÁN DE LA FUENTE, labrego, casado, 40 anos,
15.- XOÁN CALDEIRO, labrego, casado, 70 anos, 1 fillo maior.
16.- XOÁN VALCARCE, labrego, casado, 36 anos.
17.- XOSÉ VALDÉS, labrego, olteiro, 22 anos.Polo oficio de xastre tiña un gaño de 140 reais.
18.- XOSÉ RAMIL,labrego , casado, 30 anos, 1 fillo menor. Polo oficio de xastre tiña un gaño de 140 reais.
19.- MARTIÑO DA TORRE, labrego, casado, 58 anos, 1 fillo maior, e o xenro XOÁN LÓPEZ,casado, 30 anos que polo oficio de ferreiro tiña o gaño de 60 reais.
20.- MANUEL GONZÁLEZ, labrego, casado, 31 anos, 1 irmán solteiro, de 24 anos.
21.- MANUEL LÓPEZ,labrego, casado, 30 anos, 1 fillo menor.
22.- PEDRO PÉREZ,labrego,labrego, casado, 42 anos, 2 fillos maiores , 1 fillo menor.
23.- PEDRO CORTES, labrego,casado, 66 anos, 1 fillo menor.
24.- PEDRO GONZÁLEZ ,labrego, casado, 29 anos, 1 fillo menor. Polo oficio de ferreiro tiña un gaño de 60 reais.
25.- SILVESTRE CAMINO,labrego, casado, 48 anos 2 fillos menores.
26.- ESTEVO RAMIL, labrego ,casado, 30 anos
Outro XOÁN LÓPEZ era ferreiro cun gaño de 3 reais por día.
, POSUEDORES DE BENS NA VILA DE SAMOS E CONTORNA
En xeral o dominio dos bens inmobles correspondía ao Mosteiro de Samos que os cedía para o seu aproveitamento á particulares que pagaban renda en cada ano por tempo fa vida de tres reis de España e trinta anos máis.
1,. Anselmo Valdés- Tiña casa e 7 partidas de terra- Gado propio: 1 vaca , un cuxo, 1 xatiño e 3 porcos.
2.- Alexandre de Veiga. Tiña casa e 5 partidas de terra. Gado propio: 2 vacas, 1 xatiño e 3 porcos.
3.- Antonio Valdés.- Tiña casa e 18 partidas de terra. Gado propio: 2 vacas, 2 cuxos, 3 porcos de ceba.
4.- Antonio Villanueva- Tiña casa e 7 partidas de terreo. Gado propio: 1 vaca, un cuxo e 2 porcos.
5.- Antonio Rodríguez ( falecido ) Tiña 11 partidas de terreo herdadas por Francisco Díaz.
6.- Antonio Vázquez. Tiña casa e 5 psrtidas de terreo-Gado propio: 2 porcos de ceba e 1 marranquelo.
7.- Ambrosio Ribera ( ausente ) Só tiña gado.
8.- Amaro Quiroga. Tiña dúas ( 2 ) casas e 6 partidas de terreo. Gado propio: 2 porcos de ceba e 2 requiños.
9.- Ana María Rodríguez. Tiña unha casa e 16 partidas de terreo. Gado propio: 2 vacas, 2 cuxos e 2 porcos de ceba.
10.- Bieito García ( ausente ) Tiña casa e 10 partidas de terreo. Non tiña g ado.
11..- Bieito González. Tiña casa e 10 partidas de terreo. Gado propio; 2 vacas, 2 cuxos 5 porcos, 10 ovellas, 5 años e 4 colmeas.
12.- Basilio López ( de San Martiño de Lousada ) Tiña 2 partidas de terreo.
13.- Domingos Losada ( de Santa María de Loureiro do Real ) Tiña 7 partidas de terreo.
14.- Diego Pérez ( ausente ). Tiña unha partida de terreo.
15.- Euxenio Guerrero ( ausente ) Sen bens raíces.
16.- Francisco Ribera ( de San Vicenzo de Carracedo ) Fidalgo. Tiña unha casa e 4 partidas de terreo.
17.-Francisco Rodríguez ( de Santalla de Pascais ) Tiña 1 partida de terreo.
18.- Francisco da Torre ( de Santalla de Pasacais ) Tiña 1 partida.
19.- Francisco López ( falecido) Sen bens raíces.
20.- Fernando López. Tiña unha casa e 7 partidas de terreo. Non tiña gado.
21.- Francisco Díaz. Tiña unha casa e 10 partidas de terreo. Non tiñla gado.
22.- Xosé Solbeira. Tiña 12 partidas de terreo. Gado propio:1 vaca, 1 cuxo e 4 porcos.
23.- Xosé González ( falecido) Tiña 14 partidas que pasaron a Pedro González.
24.- Xosé Fernández ( de San Mamede do Couto ) Tiña 1 partida de terreo.
25.- Xosé Abad ( de San Mamede do Couto ) Tiña 1 partida de terreo.
26.- Xosé Díaz. Tiña 11 partidas de terreo. Gado propio: 1 vaca, 1 cuxo, 6 ovellas , 2 años e 5 porcos.
27.- Xosé Ramos ( falecido) Non tiña bens raíces.
28.- Xosé López. Tiña 6 partidas de terreo- Gado propio: 2 porcos.
29.- Xoán da Fonte. Tiña 5 partidas de terreo. Gado propio:
30.- Xoán Valcarce. Tiña unha casa e 5 partidas de terreo. Gado propio: 2 vacas, 2 cuxos e 3 porcos.
31.- Xoán Caldeiro ( falecido ) Tiña 18 paridas de terreo, que pasaron a Marco Caldeiro.
32.- Xoán Bordel . Tiña unha casa e 11 partidas de terreo. Gado propio: 1 vaca, 1 cuxo e 5 porcos.
33.- Xoá Fiz de la Fuente. Tiña 9 partidas de terreo. Gado propio: 2 vacas, 1 cuxoi e 2 porcos.
34.- Xoán Valdés. Tiña unha casqa e 12 partidas de terreo. Gado propio: 1 vaca, 1 cuxo e 4 porcos de ceba,
35.- Sabela do Sánchez ( de San Mamede do Couto ). Tiña dúas partidas de terreo.
36.- Lourenzo Cota ( de Santo Estevo de Calvor ). Tiña unha partida de terreo.
37.- Martiño da Torre.- Tiña unha casa e 13 partidas de terreo. Gado propio: 2 vacas, 1 xatiño, 1 becerro, 6 ovellas e 7 porcos.
38.-Manuel Pontes. Tiña dúas partidas de terreo. Non tiña gado.
39.- Manuel Rodríguez ( de Santalla de Pascais ). Tiña 3 partidas.
40.- Manuel do Chao ( falecido ) Non tiña bens raíces.
41.- Manuel González. Tiña dúas ( 2 ) casas. e 24 partidas de terreo . Gado propio: 1 boi, 4 vacas, 2 cuxos, 2 xatiños, 10 ovellas, 6 años e 7 porcos.
42.- Manuela Fernández ( de Santalla de Pascais ). Tiña 3 partidas de terreo.
43.- María López.Tiña unha casa e 4 partidas de terreo. Gado propio: 2 porcos de ceba.
44.- Margardia Fernández ( de Santalla de Pascais ) Tiña dúas partidas de terreo.
45.- Matías Rodríguiez ( de Santalla de Pascais ), Tiña 8 partidas de terreo.
46.- Marco Caldeiro ( herdeiro de Xoán Caldeiro ) Tiña unha casa e 17 partidas. Gado propio: 4 vacas e 2 crías.
47.- Pedro Magdaleno. Tiña 12 partidas de terreo.
48.- Pedro Cortes. Tiña 1 partida de terreo. Gado propio: 1 vaca, 1 cuxo e 3 porcos de ceba.
49.- Pedro Cota ( de Santalla de Pasacais ) Tiña unha casa e 7 partidas de terreo. Gado propio: 2 vacas, 2 cuxos e 2 porcos.
50.- Pedro Pérez. Tiña unha casa
51.- Pedro González.- Comprou un leiro de 1 ferrado ( A Cortiña) e tiña 12 partidas de terreo. Gado propio: 3 porcos.
52.- Rosa Vázquez ,. Tiña unha casa e 7 partidas de terreo.Gado propio: 1 vaca, 2 porcos de ceba e 1 unha colmea.
53.- Silvestre Camiño.- Tiña unha casa e 13 partidas de terreo. Gado propio: 2 vacas, 2 cuxos, 10 ovellas, 6 años e 4 porcos de ceba.
54.- Santos Rodríguez ( de Santalla de Pascais ) Tiña una casa e 2 dúas partidas de terreo.
55.- Teodora Álvarez. Tiña unha casa de un alto no Fontao, de 5 por 9 varas. Gado propio: 1 vaca, 1 cuxo e 3 porcos.
56.- Francisco Lópewz ( de San Mamede do Couto ). Tiña 3 partidas de terreo.
BENS DO MOSTEIRO DE SAMOS
Ademais do Mosteiro, coa súa igrexa e anexos, tiñan a Capela de San Salvador, como bens de finalidade relixiosas. Posuían na vila: 1.- Unha casa no Fontao, de baixo e sobrado de 5,5 por 7 varas. 2,. Outra casa de baixo e saobardo, de 5 por 18 varas. 3.- Outra casa no Lugar, de baixo e sobrado, de 5 por 6 varas, estremando pola dereita coa Ponte e pola esquerda con Antonio Valdés., que era o Cárcere da Xurisdición de Samos.( Trátase do Cárcere Novo que sustiitui ao Cárcere Vello que en 1753 estaba a pardiñeiro ).
HOSPITAL PARA POBRES
" Hai una casa que serve de Hospital para Pobres , que o mantén o dito Real Mosteiro sen que para iso teña destinado renda ningunha por fundación, máis que única,mente a devoción de asistilos.
A BOTICA DO MOSTEIRO DE SAMOS
Até a creación dunha botica particular na vila de Sárria entre O Cebreiro e Portomarín somente había a botica mosteiral. En 1761 os peitos emiten o seguinte informe:
"Que a Botica que consta da operación propia do mosteiro cuxo produto está regulado en 2 reais, consideran con toda verdade os presentes peritos que ao presente non deixa utilidade ningunha porque co motivo de se ter establecido outra botica na vila de Sárria, perto desta freguesía, se lle quitou a esta caseque toda a venda que tiña , aín da que en realidade o que hai no mosteiro non ten nin pretende máis comerzo con ela que a conservación e medicación precisas para os individuos do mosteiro, por cuxo motivo moitas especias e xéneros corrómpense e destrúen, e aos veciños desta poboación, e especialmente aos pobres dánlles graciosamente as mediciñas precisas para as súa doenzas sen estipendio ningún, cuxo feito é constante e patente, e polo mesmo non lle poden considera produto"
En 1753 con relación ao boticario ( monxe do mosteiro ) declararan un gaño de 200 reais, que oito anos despois quedou reducido aos citados 2 reais, ao se instalar o boticario Inureta na vila de Sárria.
No Castatro do Marqués da Ensenada aparecen reflectivos diversos oficiais: 6 xastres de a dous reais e ,medio por día de traballo; 1 carpinteiro de a 3 reais por día; 1 ferreiro de a 4 reais por día, 2 canteiros de a 3 reais diarios, 1 albanel de a 3 reais, 1 escultor e tallista de a 6 reais por día e 2 pobres de solemnidade vivindo da esmola que pedían.
En 1761 figuran relacionados 5 xastres, carpinteiros 2, e ferreiros 3.
MELEIROS
( 1753 ) Había 29 colmeas.- Xosé González ( 10 ) Alexandre de Veiga ( 5 ) Anselmo Valdés ( 4 ) Xoán de la Fuente ( 4 ) Rosa Vázquez ( 3 ) Xoán Fiz de la Fuente ( 2 ) Bieito García ( 1 )
(1761 ) Había 20 colmeas: Pedro González ( 6 ) BEstevo Ramil ( 5 ) Rosa Vázquez ( 4 ) Xoán de la Fuente ( 4 ) Bieito González ( 1 )
O MUIÑO
Na vila de Samos había un muiño de dúas pedras que moìa seis meses no ano, cobrando o muiñeiro a maquía correspondente.
O Mosteiro nomeaba o Xuiz da Xurisdicón e o escribán de número
O Abade era señor territorial e tiña carácter "quasi eposcopal" con dependnencia direita de Roma porque as parroquias a el suxeitas non dependían de ningunha diocese ( " nullius diocese" ).
+
BOTICA DO MOSTEIRO DE SAMOS
Estaba atendida por un monxe. En 1761 os peritos informan: " Que a botica que consta da operación propia do mosteiro cuxo produto está regulado en 2 reais consideran con toda verdade os presentes peritos que ao presente non deixa utilidade ningunha porque co motivo de terse establecido outra botica na vila de Sárria, moi perto desta freguesía, quitouselle a esta casi toda a venda que tiña aínda que en realidade o que hai no mosteiro non ten nin pretende máis comerzo que a conservación e medicación precisas para os individuos do mosteiro por cuxo motivo moitas especias e xéneros corrómpense e destrúense, e os veciños desta poboación , e especialmente aos pobres dánselle graciosamente as medicinas precisas para as súas doenzas sen estipendio ningún, cuxo feito e constante e patente, e polo mesmo non se lle pode considerar produto.
O Real Mosteiro de Samos era dono dunha casa no Fontao, de baixo e xobrado, de 5,5 x 7 varas. Outra casa no Lugar, de baixo e sobrado, de 5 x 18 varas. E outra máis no Lugar, onde estaba o CÁRCERE, tamén de alto e baixo, de 5 x 6 varas. Estremaba pola dereita coa ponte e pola esquerda con Antonio Valdés.
HOSPITAL PARA POBRES
"Tamén hai unha casa que serve para HOSPITAL DE POBRES que o mantén o dito Real Mosteiro sen que para iso teña destinado renda ningunha por fundación, máis que únicamente a devoción de asistilos"
Na vila de Samos non había tendeiros, mesóns, panadarías nin carizarías. Había un muiño de dúas pedras ( unha delas arruinada ) que moía seis meses no ano-
COLMEAS
Había un total de 20 trobos: Pedro González ( 6 ), Estevo Ramil ( 5 ) Xoán da Fonte ( 4 ) ,,Rosa Vázquez ( 4 ), Bieito González ( 1 )
,( En 1753 houbera un total de 29 colmeas: Xosé González ( 10 ), Alexandre de Veiga ( 5 ), Xoán de la Fuente ( 4 ) ,. ,Rosa Vázquez ( 3 ) , Anselmo Valdés ( 4), Xoán Fiz da Fonte ( 2 ), Bieito García ( 1 ). OFICIOS
En 1761 había na vila de Samos 5 xastres, 2 carpinteiros e 3 ferreiros. En 1753 traballaran na vila 6 xastres, 1 carpinteiro, 1 ferreiro, 2 canteiros, 1 albanel, 2 zapateiros e 1 escultor e tallista. Vivían en Samos dous pobres de solemniodade sostidos coas esmolas que pedían,
Os samonenses pagaban por primicia 3 ferrados de centeo po xunto. Polo Voto de Santiago 9 ferrados de centeo, a razón de ferrado e medio cada labfrego con xugada. Por desmos pagaban 4 ferrados de trigo, 40 ferrados de centeo, 16 ferrados de castañas verdes e 2 libras de manteiga,
O Mosteiro nomeaba Xuiz para administrar xustiza e escribán.
Comentarios
Publicar un comentario