ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1926, 1929 , 1934 )
O ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1926 )
NO CASINO
Nese ambiente de distinción que caracteriza as súas festas , déronse un baile de másacaras na noite do luns e un "asalto" de cinco a nove , na tarde do martes. Ambalasdúas festas resultaron concorridísimas , e sen precedente o número de parellas. A direitiva fixo honor á tradición da súa galantería, obsequiando espléndidamente con pastras , viños xenerosos e licores aos alí congregados.
EN "LA UNIÓN"
Tamén con concorrenza extraordinaria , que facía insuficiente o amplo salón de festas , tiveron lugar dous bailes de máscaras, o domingo e o martes, e un infantil. no serán do luns,, ao que asistiron un cento de nenos , moitos deles con caprichosos disfraces. A todos eles agasallounos a diretiva con caixiñas de bombóns e outras golosías, premiando ademáis , con preciosos xoguetes, a dous nenos de cada sexo que, ao xuizo do xuri constituido por distinguidas señoras e señoritas, resultaron seren os de relativa maior orixinalidade no disfrace. Foron agraciados: primeiro premio para neos, Manoliño González Moreno; segundo, Gonzaliño Sánchez Gómez; primeiro premio para neas,.Berta Puche González; segundo,.Euxeniña López Rodríguez. Diante da insistenza do presidente da sociedade de refernza , Sr. Lóepz Martínez ( "Acevedo") e da señora Marquesa de Ugena, consintiuse en que os seus respectivos fillos, malia ter concorrido con artísticos e valiosos disfraces, que se eloxiaron merecidamente , foron considerados fora de concurso.
BAILES POPULARES
Autorizáronse dous no domingo e martes, un resultou excesivamente concorrido e o outro caser tamén deserto nestes. Non houbo incidentes que lamentar.
POLAS RÚAS
Moi reducido número de máscaras e todas de pésimo gusto. Tampouco causaron alteración ningunha de orde as "merluzas" que se soen "pescar " nestes días con exhibición polas rúas.
NOTA SIMPÀTICA NA TARDE DO MARTES
Púxoa unha artística carroza , verdadeiro alarde de gustosa estética , tupida de flores brabnco e rosa, na que un grupo de "encantiños", todo beleza , xuventude e simpatía, con elegantes traxes de "pierrot", tamén branco e roisa, compartía con distinguidos xoves desta vila, o natural regocixo dunhas horas nas que se derrocharon multitude de serpentiñas entre os balcóns da veciñanza e os arcos complementarios do conxunto ideal que, ao seu apso, presentaba aquel veículo de traza e efecto insuperable. O fotógrafo Sr. Gómez Requejo, infatigable percurando obter o mellor partido nas súas instantáneas-
Entre os edifcios , fronte aos que fixo alto ao seu paso a carroza de referenza, temos que facer especial mención do domicilio do señor Macía de la Vega ( don Luciano) e o do Sr. Macía López ( don Manuel ), quen agasallaron con esplendideza aos ocupantes da referida carroza, mentres se libraba unha verdadeira batalla se serpentiñas, améndoas , et. Ao facer alto fronte da residenza do Sr. Quiroga ( don Antonio ). como remate do itinerairo de recorrido, foron tamén esquisitamente obsequiados pola distinguida familia, Ao dito señor débeselle a inciativa , direción art´ñistica e a maior cooperación da que merecidamente tiduamos " Nota simpática na tarde do martes ".
Ocupaban a carroza, as señoritas Mercé Saco. Loliña Quiroga, Luisa Quiroga , Maruxa G. Macía, Loliña Pérez-Batallón, Rosiña de Oñate e Puriña Zaera, e os señores Luis e Luciano Macía, Manuel Saco Rivera, Manuel Rivas, Antonio G. Macía, Casiano Pérez-Batallón, Román López Rubín. Emilio Zaera Gayoso, Matías de Oñate ( fillo ), Matías Vázquez e o expresado organizador do conxunto Sr. Quiroga . A nosa felicitación para todos-.
LILIPUTIENSE
NOTAS.- A Sociedade "Casino de Sárria" tiña a súa sede na Rúa Maior, fronte á igrexa de Santa Mariña e a Sociedade " La Unión" estaba na casa nova de Zaera, no Barrio da Estación, na entón chamda Avda Alfonso XIII , agora Rúa da LIberdade, onde se mantivo até 1931.
ANO 1929
O Domingo de Entroido desfiaron carrozas e coches engalanados , comparsas de mociñas " Charlesto", "Carroza", " De Rueda".
Luns de Entroido: Baile en " La Unión". Premios de Nenas: Charito Saavedra ( 1º premio ); "Dona Francisquita" ( Neviñas González, 2º premio ). ; "Príncipe", Delia López ( 3º premio )"Dama Veneciana", Práxedes López; "Húngara" Euxenia López ; "Exipcio"; "Polveira" : , Conchita Aranda; Premios de Nenos: Manuel G. Requejo Sánchez ( premio extraordinario ) Tinita e Xabier López, "Parella de Pierrots" ( 1º ),,, Abel Tomé ( 1º ) Xesusiño Aranda ( "Sombrilla), Henrique Sanmartín ( "Gaucho").No Casino houbo baile o Martes. Carrozas "La Caraba", " Viva la Alegría", un automóbil remolcado e unha murga.
ANO 1934
Bailkes o Domingo e Martes , ás 5 e media ta tarde. Luns, ás 10 da noite.
Comentarios
Publicar un comentario