VILAS LUGUESAS ENTRE O CEBREIRO E O MIÑO
VILAS LUGUESAS ENTRE O CEBREIRO E O MIÑO
VILA DO CEBREIRO.- Na entrada do Camiño de Santiago en Galicia, parroquia de Santa María a Real do Cebreiro, e cabeceira de xurisdición do mosteiro dese nome. Eclesiásticamnte formaba parte do Arciprestado de Triacastela, diocese de Lugo.. Coa implantación dos concellos constitucionais en 1820 pasou a ser cabeza do concello do Cebreiro, no partido de As Nogais, condición que acabará perdendo cando a Casa do Concello se instala na aldea de Pedrafita, situada nun punto estremo do termo municipal entre a fronteira provincial e a estrema coa parroquia de San Xoán de Noceda ( As Nogais ), aproveitando a súa situación na estrada Madrid-A Coruña,
VILA DE TRIACASTELA.- Vila de fundación real por Afonso IX, rei de Galicia e León ( Burgo Novo de Triacastela, Vila Nova de Triacastela ), formada por espazos das parroquias de Santiago de Triacastela e San Breixo de Triacastela ( ou San Breixo da Balsa ). Tamén foi coñecida como A Pobra de Triacastela ) Exercían o señorío na vila o Conde de Lemos-Marqués de Sárria e o Cabido de Santiago de Compostela. Eclesiásticamente formaba parte do Arciprestado de Triacastela , diocese de Lugo. En 1820 pasou a ser cabeceira do concello constitucional integrado no partido de As Nogais, cuxa cabeceira acabará pasando á Becerreá,
VILA DE SAMOS.- Vila nada darredor do Mosteiro de Samos, que con algúns lugares de perto pasará a ser a parroquia de Santa Xertrude de Samos, no século XVIII., na que era señor xurisdicional o abade do Mosteiro de San Xulián de Samos. Eclesiásticamente non dependía de ningunha diocese ( 2 nullius diocese" ) porque o abade tiña categoría " quasi episcopal" , Acabou formando parte do Arciprestado Samos-Triacastela.No remate doséculo XVII o abade Anselmo de la Peña ( 1689- 93 ) "diante do pouco rendemento que daba os foros das casas da vila de Samos prppuxo que cando fosen reatando os tempos de cada un deles non se aforasen e as edificacións fosen derrubadas". Isto non chegou a ter efecto, e aínda que con poucas casas a vila mantívose na súa integridade En 1820 pasou a ser cabeceira do concello constitucional de Samos e tamén do Concello de 1835 , que no seu dimensionado viuse consolidado en 1840.
VILA DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN.- Vila situada no Camiño de Santiago, que foi de señorío do Cabido de Santiago e de familias fidalgas, e até as primeiras décadas do século XIX foi cabeceira do Couto de Tras Loio onde exercían señorío tamén outras familias fidalgas ,A parroquia de San Pedro de Portomarín formaba parte do Arciprestado do Páramo-Gondrame , no bispado de Lugo, Foi cabeceria, en 1820, do Concello de San Pedro de Portomarín, no Partido de Lugo, e entre 1835 e 1840 ese concello formou parte do Partido Xudicial de Sárria. A vila e parroquia de San Xoán de Portomarín, en 1840, integrarose na vila de Portomarín, cabeceira do concello do mesmo nome , dentro do Partido Xudicial de Chantada. O encoro de Belesar supuxo a desaparición por asolagamento da poboación e o traslado da igrexa parroquial a un "novo" Portomarín alzado no Monte do Cristo.
VILA DE LAIOSA.- Vila situada no camiño de Monforte de Lemos a Asturias e ao Cebreiro. Tiña unha única parroquia: San Martiño de Laiosa. Era cabeza de Xurisdición na que eran señores os López de Lemos e os Condes de Maceda até as primeiras década do século XIX. Eclesiásticamente formaba parte o Arciprestado da Somoza-O Incio-O Mao, da diocese de Lugo. En 1820 integrouse no concello constitucional de Guntín ( de Lemos ) do Partido Xudicial de Sárria- En 1840 pasou a formar parte do Concello de Rendar, no Partido Xudicial de Sárria, que posteriormente paso a ser nomeado Concello do Incio,
VILA DE SAN XOÁN DE PORTOMARÍN.- Vila situada no Camiño de Santiago (
Burgo Novo de Portomarín ) na marxe dereita da Ponte Miña, na que até
as primeiras décadas do século XIX exerceu señorío a orde militar dos
cabaleiros de San Xoán de Xerusalén ( Orde de Malta ). En 1820 foi
cabeceira do Concello de San Xoán de Portomarín, do Partido Xudicial de
Lugo, e entre 1835 e 1840 formou parte do Partido Xudicial de Chantada
en Carballo, e xa definitivamente no seu dimensionado actual quedou no
Partido Xudicial de Chantada e coa parroquia de San Pedro de Portomarín
pasou a formar a nova vila de Portomarín, que desapareceu asolagada
polas augas do encoro de Belesar, sendo trasladada a igrexa parroquial
de San Xoán e algúns monumentos importantes a un novo emprazamento no
Monte do Cristo.
VILA DE RUBIÁN.. Vila situada no camiño francés de Lugo a Monforte de Lemos, onde tamén confluía o camiño francés de Sárria a Monforte. Na parroquia de Santiago de Rubián. No seu Campo da Feira está a Capela do Ecce Homo á que concorrían devotos das terras de Lemos e Sárria. A vila de Rubián era cabeza da ampla Xurisdición da Somoza Maior de Lemos no Condado de Lemos. En 1820 foi cacebneria do Concello Constitucinal da Somoza Maior de Lemos, dentro do Partido Xudicial de Sárria. En 1835 o concello constitucional da Somoza Maior anexionou as parroquias que entre 1820 e 1823 formaron parte do concello de Paradela, agás San Facundo de Ribas de Miño que se integrou no concello de San Pedro de Portomarín,En 1840 Rubián pasou a formar parte do concello de Bóveda, no Partido Xudicial de Monforte de Lemos.
Comentarios
Publicar un comentario