REPRESIÓN SÁRRIA E PARADELA ( 1936)
EL IDEAL GALLEGO ( 13.08.1936 )
SÁRRIA.- O ALCALDE MARXISTA FUXIDO.- O 21 de xullo foi tomada esta vila pola Garda Civil e forzas da Falanxe ás ordes do Xefe provincial don Mario González Zaera. Na Casa do Concello foron achadas grande cantidade de armas e municións, bombas , colchós e comestibles. Neste edificio instalaran o cuartel xeral marxista. O " célebre " alcalde de Sárria e as súas hostes xa fuxira cobardemente.
Pouco despois foi tomado pola Garda Civil o pobo de Paradela , onde sosprendeu nunha taberna a un grupo que regresaba da queima da casa dun concelleiro. Con ese motivo practicáronse bastantes detencións.
O 29 de xullo foi tomado Castro de Rei de Lemos , sen que os marxistas fixeran resistencia,
O delegado da autoridade militar , don Francisco Gullón Baladrón, xefe de liña da Garda Civil de esta, constituiu a Comisión Xestora de Paradela, poñendo de presidente ao propietario don Benigno López Vázquez e xestor a don Daniel López.
Puntualizacións:
O alcalde de Sárria,Antonio Páramo Sánchez, o avogado e copropietario da razón social "Casa de Bento" ( Viuva e fillos de Antonio Sánchez ), non pertenceu nunca ao Partido Comunista, nin tivo ideoloxía marxista, pois pertencía a Izquierda Republicana, partido que , en boa parte grazas ao seu ben facer alcanzou forte implantación nos concellos da comarca- Só se explica que sexa calificado de marxista desde a óptica propagandística coa que se pretnedía xustificar o alzamento militar conta do goberno lexítimo da Republica-
Antonio Páramo Sánchez salvou á vida grazas a se retirar a Vilamaior e Castro de Rei, e cando todo o concello de Paradela querdou baixo do control militar e dos fascistas pasou para o concello do Saviñao onde estivo agochado moitos anos. Chegaron a ofrecer recompensas a aqueles que faciltasen información para detelo- Tendo en conta que o seu tío Vicenzo Páramo Losada foi condeado a morte e executado no tapal do cemiterio de Lugo, por auxilio á rebelión é evidente que Antonio Páramo Sánchez tería corrido a mesma sorte, e cando deixou de ser fuxido foi rehabilitado persoalmente e exerceu de avogado e estivo á fronte dos negocios familiares.
En Pacios de Paradela na noite do 20 ao 21 de xullo foron detidos os militantes fieis á República foron detidos pola Garda Civil cando estaban a velar o cadáver de Francisco Arias, mozo veciño do lugar de Pacios , que resultara morto na mañá do día vinte en Sismonde ( Laxe ) por un disparo feito desde o interior da casa onde estaba o cura Ramón Losada. Na tarde dese día foron queimadas esa casa e a de Tosende ( Vilachá das Cortes ) e igual sorte correu a casa retoral de Santa María de Castro de Rei de Lemos. Estas queimas truxeron ás traxicas consecuencias de seren sometidos a Consellos de Guerra numeroos veciños do Concello-
LA VOZ DE LA VERDAD ( 29.08.1936)
Consellos de Guerra.- Onte celebráronse dous.- No salón de sesións da Deputación Provincial celebráronbse onte dos Consellos de Guerra sumarísimos. Presidiu os Tribunais o tenente coronel da Caixa de Recluta 51 D. Adolfo Velayos Valenciaga, intervindo como Fiscal o Capitán Auditor D. Ramiro Rivero de Aguilar e como Poñente D. Xoán de Villavicencio Pereyra.
No primeiro figuraban como procesados os veciños de Sárria Xulio Páramo Sánchez, Vicdenzo Pàramo Losada, Emilio Golás Rodríguez , Claudio Garrido Lago e Manuel Montero Montero. O Fiscal considerando os feitos constituíntes dun delito de rebelión militar, solicitou a última pena para Xulio López Paramo e o seu tío Vicenzo Pàramo Losada, interesando se sancione aos restantes encartados con cadea perpetua. A defensa estivo encomendada ao alférez de complemento D. Luis Castañón.
A outra causa foi instruída contra Emilio Cid Rodríguez, acusado do delito de tenza de explosivos. O Fiscal ìde que se lle ao procesado cadea perpetua a morte. Estivo encargado da defensa do procesado o alférez don Lourenzo Enríquez Jarrero. As sentenzas non serán coñecidas , segundo precetos regulamentares até que as aprobe a autoridade militar.
EL IDEAL GALLEGO ( 29. 08.1936 )
Lugo, 26.- Consellos de Guerra. Hoxe celébranse dous Consellos de Guerra en xuizo sumarísimo.Foron presididos os dous polo tenente coronel da Caixa de Recluta, señor Velayos, actuando como ponente o señor Villavicencio e de Fiscal o señor Rivero de Aguilar.Actou de defensor o alférez de complemento señor Castañón. Os procesados son Xulio Páramo Sánchez, Vicenzo Páramo Losada, Emilio Golás Rodríguez,Claudio Garrido Lago e Manuel Montero Montero. Todos son veciños de Sárria.Os dous primeiros son tíos ( sic ) do famoso alcalde de Sárria que tantos crimes crimes e maldades cometeu na última tempada, e para eles pidese a pena de morte. Para o resto pidese a reclusión perpetua. Están acusados de rebelión militar. Pola tarde celebrouse outro Consello de Guerra contra Emilio Cid Rodríguez por tenza de explosivos. Defende ao procesado o alférez Lourenzo Enríquez Jorrero",
Xulio Pâramo Sánchez, era irmán do alcalde Antonio Páramo Sánchez.
Vicenzo Páramo Sánchez, exportador gandeiro, era tío do alcalde Antonio Pàramo Sánchez.
Emilio Golás Rodríguez era garda muicipal. Cando saíu do cárcere integrouse no maquis que actiuaba na comarca de Sárria. e caeu ferido nunha acción da Garda Civil, en Outeiro de Barán ( Paradela) e ás poucas horas morreu no Hospital de Lugo.
Claudio Garrido Lago, era o xefe da Garda Municipal. Sufreu prisión.
Manuel Montero Montero foi acusado de tomar parte nunha requisa de dinamita feita na vila de Samos-
EL IDEAL GALLEGO ( 4.09.1936 )
Dous fusilamentos.- Lugo, 3.- Esta mañá perto do cemiterio e tras do tapal do cuartel en construción da Garda Civil cumpríronse as sentenzas do Consello de Guerra celebrado contra Vicenzo Páramo Losada e Emilio Cid Rodríguez. Cumpriu a sentenza un pelotón de Infantería. Os reos recibiron con grande fervor os Santos Sacramentos"
EL COMPOSTELANO ( 4.09.1936 )
" Cumprindo sentenza do Consello de Guerra foron onte pasados polas armas en Lugo os pasisáns Vicenzo Paramo López e Emilio Cid Rodríguez. Ámbolosdous recibiron os auxilios espirituais".D
DIARIO DE PONTEVEDRA ( 4.09.1936 )
" Cumprindo sentenza.- Onte cumpríronse as sentenzas do Consello de Guerra recentemente celebrado en Lugo contra os paisáns Vicenzo Paramo Losada e e Emilio Cid Rodríguez "
EL IDEAL GALLEGO ( 19.09.1936 )
"ACHADO DUNHA BOMBA ( Sárria.- 16.)Estes días por orde da Xefatura local das JONS do termo municipal de Paradela, cuxo cargo desempeña o médico don Pedro Gudín García, e o tenente Pedro López Vázquez, realizaron secretas e activas xestións que deron por resultado o achado dunha bomba duns 30 quilos no pobo do Mosteiro Vello, de Castro de Rei de Lemos, que a entregou un neto de Antonio López Vázquez, e que segundo dín algúns mozos daquela contorna , apareceu a carón do domicilio do exálcalde gubernamental de Paradela . Xosé López Armesto, pouco despois da toma de Castro do Rei por forzas militares e falanxistas , explosivo que foi entregado na Xefatura das JONS desta vila.
Chama grandemente a atención a forma na que está construída."
...................................................................................................................................................................
Pedro Gudín García ( "O Médico de Vilar de Lamas".- Natural de Nespereira-Sárria. En xullo de 1936 pasou a ser médico de Paradela, ao ser destituído Xulio González Teijeiro, acusado de esquerdista. Xunto con outro falanxista, Luis López López, pasou a exercer unha forte represión nas parroquias do concello de Paradela, con crcentes arbitrariedades que levarían á remoción deles dous , cando de orde superior o que tiña a xefatura da Falanxe de Cospeito, xunto con cinco falaxista pasou a Paradela Acabou residindo na Coruña.
Xosé López Armesto, alcalde de Paradela até o 20 de xullo de 1936, era dono dun comerzo no Mosteiro Vello ( Castro de Rei de Lemos ) , e era membro de Izquierda Republicana. Estivera emigrado en Nova Iorque, e cando a Garda Ciivl de Portomarín toma a Casa do Concello paradelense fuxe , e xunto coa súa muller manténse agochado , ao parecer na casa dos seus sogros. Calificado de "comunista" os falanxistas e os gardas fan infrutuosas batidas na súa percura, e rematada a guerra preséntase e sofre condena nun "campo de concentración" Pasou a residir en Monforte de Lemos, onde rexentou unha tenda de froitas e morreu vítima dun atropelo por un auto. Polo tanto son totalmente incertas as citas que o sinalan como morto nos primeiros meses da rebelión militar. Era irmán do coñecido fuxido Elías López Armesto, que formou parte dun grupo do maquis que operaba por Paradela, Bóveda e O Saviñao . Elías acabou sendo abatido por un membro da Garda Civil que conseguira infiltrarse entre eles gañando a súa confianza.
............................................................................................................................................................
EL PUEBLO GALLEGO (.....09,1936 )
Sárria, Traslado pausible.- Para o mellor goberno da Causa española e por motivos indispensables de orde publica o día 22 foi trasladado de Cospeito despois de realizar alí un bon labor , para o termo municipal de Paradela, o valente xefe de Milicias de Falanxe Española de las JONS, don Xulio López Rodríguez, seguido de cinco membros das súas milicias, o que satisfaceu en grado sumo á xente pacífica e de orde, desexosos de ver libre aquel Concello de elementos perniciosos á sociedade.
Os falanxistas son tiroteados.- Coa fin de capturar a certos dirixentes roxos recollidos nos seus tobos, o día 24 varios membros de Falanxe de las JONS do destacamento de Paradela, realizaron un recorrido por Castro de Rei de Lemos non atopando nas casas máis que vellos, mulleres e nenos. Pero ao pasaren por un monte á caza de marxistas , este dende unhas uces bastante mestas e altas, fixéronlles unha descarga con pistolas que, afortundamente, non fixo branco., Diante desta situación dispararon cara o mato e deseguidoi botáronse ao punto da descarga que fixeran os marxistas, quen xa fuxiran de ali cobardemente. Naquel inmediato monte están aínda reconcentrados os roxos na agarda da hora oportuna e propicia de faceren fronte ás milicias leais de España. E a única solución que queda para capturalos , dada a grande extensión do monte, é prenderlle lume ás súas tobeiras.
( EL IDEAL GALLEGO, 17.10.1936 )
SÁRRIA.- ACHADO DUNHA "BIBLIOTECA" MARXISTA.
Estes días entre as aldeas de Ferreira e Porto Carreira da parroquia de Castro do Rei de Lemos no Concello de Paradela, dous falanxistas atoparon baixo dun penedo a bandeira roxa e outros documentos relacionados co movemento marxista do Comité do citado pobo de Castro do Rei.
...............................................
O calificativo de "bandeira roxa " para a bandeira republicana e dicir que o Comité de Izquierda republicana formaba parte dun "movemento marxista" son afirmacións claramente tendenciosas , orientadas a descalificar esa ideoloxía.
...............................................................
Comentarios
Publicar un comentario