O OURAL ( SÁRRIA )
O lugar de O Oural até 1882 concretábase nas casas do agora chamado Oural Vello, na parroquia de San Xulián de Chorente. Recibiu o nome do Monte do Oural, que tamén foi tomado pola Casa do Oural na vertente sur e o lugar de Santa Cruz do Oural, na parroquia de San Miguel de Vila de Mouros.
Darredor de 1855 a Estrada de Nadela a Valdeorras ( ou de Nadela a Campos de Vila ) veu a sustituir ao antigo camiño francés ou camiño real de Sárria a Monforte de Lemos , tan percorrido polos arrieiros de San Sadurniño, o que permitiu a implantación dun servizo de dilixenzas , con parada no Oural, que unía a cidade do Cabe e a capital provincial., a vila e estivo operativo até Sárria entre 1880 e 1882, ano no que se suprimiu cando o tren puido atravesar o célebre túnel do Oural
A chegada do ferrocarril supuxo a dotación dunha Estación de viaxeiros e mercancías nun espazo onde coflúen terreos de Chorente e da parroquia de San Sadurniño de Froián, perto do Rego das Lamas , para o que se alzaron casas para os ferroviarios e unha casiña de peóns no paso a nivel. A vía férrea fixo necesario facer o grande furado que recibiu a importada denominación de Tunel do Oural, que atá hai pouco era o máis longo de Galicia. e moi temido polos viaxeiros no tempo das máquinas a vapor.
A construción do túnel foi complicada e durou bastante tempo como recorda o cantar:
" Adeus, túnel do Oural ,/ túnel de moita longura / dous anos deixei en ti / flor da miña fermosura"
" Adeus , túnel do Oural / non sei quen te acabará / dous anos deixei en tí / flor da miña mocedá "
A estrada e o camiño de ferro xustificaron o asento de casas que conformaron o lugar coñecido primeiro como Estación, que axiña pasou a ser O Oural a todos efectos, dentro dunhas estremas que confluían a unha e outra banda da estrada, de maneira que o nacente lugar tiña casas dentro desas dúas parroquias.
A hábil politica dos propietarios do balneario das Augas do Incio, que percuraban darlle comunicación dende todas as estacións da liña do ferrocarril, fixo posible que con orixe no Oural se fixese unha estrada que por Santa Cristiña do Viso e Rendar permitía chegar a Santa Cruz do Incio e á Ferraría. Esta circunstancia favoreceu que se establecesen comerciantes e taberneiros no lugar.
Con casas nunha e outra parroquia e privado o lugar de exercer influenza sobre as terras da Lobataira ( Nespereira e Vilamaior ) ao non ser realidade a proxectada estrada do Oural á Feira de Paradela ( Vilamaior ), o lugar permaneceu estancado , sen máis actividade que a derivada do tránsito ferroviario e o foco de atención da unitaria ali establecida para servizo da parroquia de Chorente.
No tempo da posguerra civil , tanto por contar con estación de ferrocarril como por formar parte da rede de cuarteliños da garda civil para persecución do maquis , que daba seguridade , mantivo o carácter de polo de atracción para zona sur do concello de Sárria e a zona Oeste do concello do Incio.
Despois de ser rexeitada a súa instalación na zona da Veiga de Arriba ( Farbán ) o de Albán, decidiron ubicar no Oural a Factoría de Cementos, aproveitando o paso do ferrocarril polo lugar, e houbo necesidade de achegar ás futuras instalacións a pedra caliza das canteiras do Val do Mao, para o que se abriu o ramal que por Loureiro alcanza a Venda de Córneas, na estrada de Castroncán a O Incio. Aconsellou a ubicación da fábrica o feito de que pola súa proximidade á Estación con un pequeno ramal os trens podían cargar direitamente no centro de produción.
A posta en funcionamento da cementeira fixo necesaria a construción de casas para os direitivos e técnicos, laboratorios, oficinas e unha escola de ensino primario adscrita a unha fundación,. Instalouse un economato e o crecente número de empregados e de camioneiros adicados ao trasporte do cemento deu lugar á instalación de casas de comidas e bares que se uniron ás tendas de ultrmarinos de anos atrás consolidadas. A construción da fábrica e a anexa subestación eléctrica permitiron a electrificación do lugar e parroquias da contorna e a instalación dunha liña telefónica con destino á factoria e vinte anos despois o servizo telefónico xerouse na poboación.
A apertura da estrada do Oural a Vilamaior , demorada máis de 60 anos ,veu a completar a rede viaria secundaria da zona, e o número de veciños medrou considerablemente , Emporiso o artellamento cos lugares de Chorente da contorna da igrexa parroquial e co seu cemiterio presentaba a deficiencia de estar supeditado a un vial estreito con orixe nun paso a nivel do ferrocarril. Por outra parte a estrada de Vilamaior presentaba riba da entrada do túnel unha perigosísima doble volta que finalmente foi evitada cun paso alto.
O Oural pasou a ser o segundo núcleo urbano do concello de Sárria e foi recibindo diversos servizos como os de auga domiciliar e alcantarillado. Creouse o Colexio de Ensino Básico, agora chamado CEIP Antonio Fernández López no que se concentratron escolantes de parroquias de Sárria e do Incio, con Biblioteca anexa e Pavillón de Deportes. Contou coa dotación dun Centro de atención médica ( agora sen funcionamento ) o que permitiu a creación dunha farmacia.
A fábrica de cementos , pola crecente demanda , foi obxecto de varias ampliacións e ao seu carón foron xurdindo empresas auxiliares, empresas de transportes, unha gasolineira,estafeta de correos, Calfensa e mesmo as actividades establecidas na Valiña, trouxeron causa do pulo económico e de ideas que xerou a Fábrica.
O feito de que O Oural ( novo ) forme parte de dúas parroquias diferentes, aínda que históricamente servidas polo mesmo párroco, e a relativa distancia con relación aos dous templos xustificou a erección dunha igrexa que leva a advocación de San Xosé Obreiro.
Como expresión dos sentimentos de pertenza a unha comunidade singuklar e ben diferenciada naceu a "Festa do Traballo" que se celebra no mes de xullo e goza de merecida sona en toda a bisbarra.
O Parque Condado de Froián e o Campo da Festa e o Campo de Deportes " Luís Pallín" son dotacións que conforman o entramado da localidade, Coa apertura da Vía de Altas Prestacións Nadela a Monforte o descenso de paso de veículos fai que a localidade gañase en seguridade e tranquilidade.
As modificacións que se van a introducir la liña do ferrocarril entre Monforte de Lemos e Lugo van a supoñer a apertura dun novo túnel, quedando o primeiro como de servizos e evacuación, e así O Oural seguirá vencellado ao mundo ferroviario,
O sentimento de pertenza a un núcleo urbano , diferenciuado das parroquias rurais de onde se deriva, fixo xurdir a idea de que O Oural se constitúa como unidade poboacional propia , e así foi presentado un proxecto de segregación con fixación de estremas, cuxa resolución se ve demorada porque non se implican nela aqueles que deben estudala, meditala e aprobala.
Rúas de O OURAL.- Rúa Principal, Rúa Cantalarrana, Rúa do Colexio, Rúa Conde Rodrigo Suárez, Rúa das Covas, Rúa da Devesa, Rúa Doutor Fleming, Rúa da Esperanza, Rúa da Estación, Rúa do Gruñedo, Rúa da Igrexa, Rúa Lamalonga, Rúa da Muiñeira, Rúa das Nocellas, Rúa Pequena, Rúa do Pinar, Rúa POntido, Rúa da Regata, Rúa de Segadín, Rúa do Túnel. Parque Condado de Froián.
Viás de comunicación: Ferrocarril Monforte -A Coruña.- Estrada Nadela -Campos de Vila e Monforte ( C-546 ).- Vía de Altas Prestacións Nadela Monforte ( enlace no Poste ).- Estrada do Oural a O Incio e enlace a Venda de Córneas.- Estrada O Oural-Vilamaior.- Pista do Oural ao Cotarelo pasando pola igrexa e o cemiterio de Chorente.
Comentarios
Publicar un comentario