A ESTELA FUNERARIA DE VILAR DE SÁRRIA
A ESTELA FUNERARIA DE VILAR DE SÁRRIA
No ano 1923 cando un veciño de Vilar de Sárria andaba a facer o rebaixo dun prado da súa propiedade, entre a Ponte Vella e a igrexa parroquial de San Salvador, produciuse o achado duns restos de orixe romana, entre os que apareceu unha estela funeraria que pode ser visitada no Museu de Pontevedra.
A este achado fai referen o xornal da cidade de Tui" La Integridad" do 24 de setembro de 1923.
"SÁRRIA.- Removendo terras para fins agrícolas , encontraron en Vilar de Sárria, dúas colunas redondas . curtas e lisas, dúa pedras redondas con perforación incompleta no medio, como para un eixo ; unha pedra non grosa , con gravuras polos dous lados, apreciando nun dous personaxes de diferente sexo , de pé, un deles tocado co "peplo" ou manto romano e os dous coas caras e os pes carcomidos polo paso do tempo e do outro lado un barco con catro tripulantes , do que saen unhas liñas rectas que converxen nun punto alto céntrico ; na parte superior unha aguia e na baixa un peixe; unha sepultura de lousas do país, con insiñificante número de osos; ladrillos cadrados cocidos, vermellos , de 55 centímetros ao longo e grosos , e un muro de pedra do país , perfectamente asentada.
Continúan con interese os traballos de exploración , e , na opinión dos xa moitos intelixentes que examinaron estes achados, pertencen á época romana,
Os obxectos atopados están expostos no escaparate do comerzo de don Matías Vázquez nesta vila.( *).
( * ) Casa Moreno, na Rúa do Porvir ( hoxe Rúa Marqués de Ugena ).
Comentarios
Publicar un comentario