ENTROIDO DE SÄRRIA ( 1880 , 1888 )

                         

                                  O ENTROIDO EN SÁRRIA ( 1880 )

O Baile Infantil no Casino de Sárria ( Diario de Lugo,  12.02.1880 )

".....Libres  as infantís  fantasías  de toda preocupación  que non fora animación e algún  entregouse durante cinco horas , dende as oito á unha da noite, aos acompasados movementos da polka , do rigodón e da danza  cunha seriedade e tempero  que rivalizaría co de históricos personaxes , mercé a cuxos imitados traxes  se convertiu a estancia en centro de ananos guerreiros, afamados reis e estirados diplomatas, presentándose sen grande esforzo discursivo á mente do simple observador.

Era de ver ali como as nenas María Solance, Balbina Macía, Luisa Yáñez, Asunción Gallego. Ascensión Lois e Leonor Saco, menores algunhas de sete anos, coas súas parellas Román Freijo ,Ovidio Martínez., Luis Prieto, Toñico Batallón, Xulio Álvarez, Antoñito Macía, o seu traveso amigo Henrique, executaban primorosamente , sen direcións alleas,os xiros do rigodón, lanceiros e virxinia con precisión mecánica , e tal se todos obedecesen a unha forza impulsora única , arrincando  da numerosa concurrenza  espontánea salva de nutridos aprausos.... "

                                O ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1888 )

( Información  facilitada pola esposa de Manuel Castro Díaz, fareiro residente en Cuba, por carta )

San Sadurniño de Ferreiros: ....."tamén tiveron moita divertición  este Entroido, vistíronse  8 VELLOS, 2 GALANAS  e 2 MADAMAS e agora págana porque o S. Cura non quere asinarlles a doutrina"

No Casino , o domingo e o martes, houbo bailes de máscaras dende as 10 da noite, e o luns baile de nenos  dende as 8 da tarde.

 (El Regional, 16/02/1888 )

O Domingo de Carnaval celebrouse no Casino de Sárris o baile co que todos os anos esta sociedade acostuma a agasallar  aos seus socios e familiares.

Por testemuñas presenciais   sabemos que estivo animadísimo, figurando entre os concorrentes as señoritas Balbina Macía, que locía precioso traxe de cíngara; Lola Macía, de india ; Pepita Castro, raiña do Sol; Leonor Saco, raíña da Lúa ; Ascensión Neira, de manola;  Consuelo Gallego, de trovador;  e ademáis as señoritas de Otero, Asunción Gallego ; Lola Neira; Aurelia Macía;  María Neira; María Lois e outras que non lembramos e que vestián todas tgraxes de costumes.

Dende a primeira hora asistiron á festa uns cantos máscaras  dos que tomaron parte  na mascarada celebrada en Lugo pola Sociedad Venatoia, sendo atentamente agasallados polo presidente do Casino  D. Xusto Mascía.

Comentarios

Publicacións populares