CIGOÑAS EN SÁRRIA

                                               CIGOÑAS EN SÁRRIA

Nos primeiros días do mes de marzo de 1974  aparceu en Sárria unha parella de cigoñas que, despois de loitar contra as pegas e os corvos que soían pousar  no abeto pinsapo de " Villa Andrea"  ( o popularmente mal denominado " Pino do Masrqués" )  fixeron alí o seu niño.

No ano 1975 tamén  aniñaron no abeto e a súa presenza desatou xeral curiosidade  xa que nin os máis vellos da vila daban acordanza, nin xiquer referencial, de que  os seus pais o os sejus avós sinalasen  ter coñecemento de que  nalgún tempo  fosen vista na comarca.

 No  ano 1976 a chegada retrasouse  ao día 20 de ma rzo.  E ano a ano a presenza  das cigoñas foise consolidando, e a súa chegada adiantándose  e no ano 2021 as primeiras parellas apareceron entre os días 22 e 24 de decembro.

Dentro do concello de Sárria hai presenza de niños especialmente de San Fiz e San Miguel de Vilapedre e na Zona de Concentración Parcelaria do Mato e San Xulián da Veiga. Hai niños a carón da Lagoa do Tumbiadoiro ( Vilamaior ), en Santo André de Paradela....-  Ao longo da estrada de Lugo, en Vilapedre ) a proliferación de  niños  fixo perigar en varias ocasións o fluido eléctrico e así para eviar  novas prazas puxeron elementos metálicos  puntiagudos con efectos disuasorios.

Houbo un tempo no que unha parella de cigoñas  deu na teima de facer niño na cheminea da Feculeira e para que desistisen  fixeron lume no fornelo da base. Tamén , con evidente perigo de derrube polo moito peso que alcanzan os seus espazos de nidificación,  non se deixou que consolidasen asento na espadana da igrexa de San Pedro de Maside, e aínda que para disuadilas  colocaron un alto poste cunha plataforma non lonxe do templo, non fixeron caso do ofrecemento 

Hai que aclarar que aínda que en Barbadelo hai un lugar que se chama A Ciguñeira e entre Fontao e Castelo dos Infantes hai un paraxe  que se chama Ciguñeira, esa denominación nada ten que ver coas cigoñas, pois fai alusión a unha "cicconiaria" , terra húmida onde prolifera a "falsa cicuta".

E no caso do Cruce da Ciguñeira e do Barrio da Ciguñeira  tampouco se dá relación coas cigoñas, porque  eses nomes naceron do feitode que unha persoas  procedente do casar da Ciguñeira ( Barbadelo ) alzou casa na antiga denominación da Carreira de Santa Mariña ( estrada de Corvelle, agora Rúa Diego Pazos  ) con fronte á Estrada de Samos, e por ser a primeira  casa desa situación esa "Casa do Ciguñeira" pasou a darlle nome ao cruce e por extensión o primeiro nome de Barrio das Casetas deu paso a  ser coñecido como Barrio da Ciguñeira.

Por certo, hai que o denomina como Barrio da "Cigüeñeira" en evidente erro.




Comentarios

Publicacións populares