ENTROIDO DE SÁRRIA ( 1886 a 1954 )
ANO 1886
( 3.03.1886 ) A TUNA MONFORTINA actuóu polas rúas de Sárria e diante das casas das autoridades , Deu un concerto no Casino, ao que asistiron poucas mozas por mor de estaren a gardar loito. A tuna voltóu para Monforte o día 5.
.....................................................................................................................................................................
ANO 1889
( EL REGIONAL , 15.03.1889 ). EN SÁRRIA
ENTROIDO NA RÚA.- BAILES NO CASINO.- BAILE DOS NENOS.- O PRIMEIRO BAILE DE
PIÑATA
Malia ao tempo cru de choiva e frío que se deixóu sentir os días de Carnaval, estes estiveron animados na vila de Sárria.
O domingo pola tarde unha orquestra de instrumentos metálicos e composta por mozos de bon humor , deixóu ouvir os seus melodiosos acordes saíndo a percorrer as rúas. Distínguenese nela a afinación e o mellor gusto, así como o sewu direitor , cuxa batuta era un rexo salchichón, manexado habilmente e dando con el as entradas e remates, aos que respondía a orquestra cunha marcada exactitude.
Ás dez da noie principiou o baile dado polo Casino.
Simpáticas e fermosas señoritas , acompañadas algunhas polas súas mamás e demáis señoras,cruzan o salón, e ben axiña se constituiu nun Edén., profusamente alumeado e decorado con tanta elegancia e bon gusto, que presentaba un brillantísimo aspecto. Quixera recordar neste momento a denominación dos traxes que con tanta elegancia locían as encantadoras mociñas que formaban aquel precioso conxunto , mais non me é posible, e contentareime con dicir que arrebataban e fascinaban coas súas gracias, como fascina un soño fantástico. Estivo animadísimo e duróu até as catro , garzas ao señor Predidente e xoves de recepción coa galantería e finura que os caracteriza , fixeron que tan animado serán se alongase tanto para ben das namoradas parellas.
O luns houbo baile de nenos que resultóu algo desanimado por falla destes, xa pola mala noite que fixo, ou xa por circunstancias especiáis nas que se achaban algunhas familias.
O do martes, tan alabarado como o do domingo ; moitas e ocorrentes máscaras, e os traxes das belas máis bonitos , se se quer, reinando como no outro a orde e animación que ben pode ennobrecer aos mozos da vila é á xunta do Casino.
Ao remate deste tratouse polos rapaces máis animados dar un baile de PIÑATA , aínda que non era costume neste pobo, por cuxa razón non estivo tan concorrido, reinando emporiso a alegría e entusiasmo como nos anteriores.
Nel foron agasalladas as mociñas polos seus admiradores con " bouquets" de lindas camelias, doces, xerez, Manzanilla e Champagne , rematando a xuntanza ás catro e deixando un emperecedeiro recordo a todos os que tivemos a sorte de pasarmos os Carnaváis en Sárria,
Serva, pois, de noraboa esta mal trazada reseña ás encantadoras nenas de Sárria , o mesmo que aos mozos e direitor do Casino que con tanta delicadeza saben respostar a todos estes actos , sendo pola miña parte , dados os meus anos e non poder compartir con eles as mesmas alegrías, as mesmas ilusións, os mesmos encantos !!! . F.
...............................................................................................................................................................
ANO 1898
TRIDUO DE DESAGRAVIO.-..... " Domingo, luns e martes de Entroido nas igrexas estaba establecido o costume de facer un Tríduo de Desagravio polos "moitos pecados que se producían en todo o mundo coa ocasión da celebración das festas do Carnaval" contra os que se loitaba con actos relixiosos consistentes en Exposición do Santísimo, rezo do Rosario e Trisaxio , rematando os cultos con Sermón e Reserva.
Nota: Esta práctica. mesmo nos tempos de " suspensión absoluta imposta nos anos da Ditadura franquista, celeb rouse en Sárria, especialmente na igrexa de Santa Mariña, até ben entrada a década dos anos 1960"-
.......................................................................................................................................................................
ANO 1899
O ENTROIDO DE MENDRÓS
En Mendrós, da parroquia de Vilar de Sárria, " aldeiña de perto da vila de Sárria remataron as festas do Entroido cun acto de salvaxismo.
Na noite do martes , varios viciños daquel pobo , atacaron con paus e fouces a un doutro enteiramente indefenso, abríndolle a cabeza cun golpe de fouce e rompéndolle un brazo.
Por causa das feridas o agredido áchase en grave estado e temen pola súa vida",
.....................................................................................................................................................................
ANO 1901
( LA IDEA MODERNA, 21.02.1901 ).- DESDE SÁRRIA
TRES BAILES DE ENTROIDO
Como novas de actualidade nesta vila poido comunicar a vostede as seguintes:
No comezo do século XX, apenas se notaron nesta vila os Carnaváis nos tres días nos que se soen celebrar as festas de Momo, feita excepción dalgunhas mascaritas que percorreron a vila na tarde do martes,
Polo que fai aos bailes populares, polo que me contaron , estiveron moi animados e concorridos os tres que se realizaron nas noites do domingo e martes, contando co organizado pola entusiasta sociedade " Círculo de las Artes" da que é presidente o xove avogado D. Xoán López Cela, inaugurándose nos locáis da mesma a luz de " acetileno" ( * ) .
Os ditos bailes foron amenizados por tres bandas de musica e neles houbo multitude de mascaritas que divertiron aos concorrentes,
..................................................................................................................................................................
ANO 1906
( EL REGIONAL, 16.02.1906 )
O grupo músico-vocal LOS ZUAVOS de Lugo " dirixidos polo músico de San Fernando, Ramón de San José, desprazouse a Sárria visitando ás autoridades e distinguidos persoeiros".
......................................................................................................................................................................
ANO 1908
SUSPENSIÓN DO BAILE DO CASINO E DO ENTERRO DA SARDIÑA.- BAILE DO MARTES DE ENTROIDO NO " NUEVO CLUB" ESTABLECIDO NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN.CASA NOVOA
Por razón do falecemento de don Benigno Quiroga Ballesteros suspenderon o "Enterro da Sardiña".
No Casino non houbo baile.
Na Sociedade "Nuevo Club ", presidido por Castor Fernández López houbo baile o Martes,
......................................................................................................................................................................
ANO 1909
( EL PROGRESO, 25.02.1909 )
A NOVA RONDALLA
Na tarde noite de onte, domingo de Carnaval, percorréu as rúas desta poboación a nova rondalla tiduada LA LIRA SARRIANA , organizada aquí por entusiastas mozos , e dirixida polo intelixente músico D. Xoán Gómez Fuentes.
Diante das casas das autoridades recreativas de dalgunhas particulares , executaron escollidos números do seu repertorio.
Foron recibidos e agasallados con simpatía. Os que compoñían a colectividade en relativo número , ostentaban fermosos distintivos.
Tributáronlles eloxios e apreciouse que traballaron con bon suceso.
O ENTROIDO
Na aludida tarde de onte víronse nas rúas algunhas máscaras soltas.
A concurrenza foi relativa, malia o bon tempo.
O " NUEVO CLUB"
Segundo me contan, na sociedade NUEVO CLUB instalado na Rúa Maior , celebrouse na noite do domingo dende as once un animado e concorrido baile de máscara sen que ocorrese incidente algún desagradable.
NO CASINO
Este ano, o mesmo que ocorréu no anterior, non se celebróu no Casino o tradicional baile de máscaras nos días sinalados, domingo e martes de Entroido, nin tampouco o luns o de nenos que noutro tempo, aínda non lonxano, se celebraba con entusiasmo e regocixo.
Non ten nada de particular que algúns socios do Casino de Sárria se pregunten tamén para cando quedan espectáculos gratis na mencionada sociedade recreativa.
O ORFEÓN
Na tarde do Martes de Entroido , percorréu este pobo o ORFEÓN SARRIANO , e tivemos o gosto de ouvirmos esta colectividade , que dirixe o xove D. Luis Carrozas.
A Sociedade "NOVO CLUB " , na noite do mesmo día, celebróu outro baile de máscaras , que estivo concorrido dabondo.
Febreiro 21 de 1909. O Correspondente
.......................................................................
ENTROIDO NO " NUEVO CLUB"
Celebración do Entroido no "Nuevo Club",presidido por Manuel González, con baile de máscaras no que foron premiadas Amalia Rodríguez " ("Sevillana" ), Xoaquina Rodríguez ( "Fortuna" )Neves González ("Manola" ), María Cabarcos ( " Manola" ), dúas mozas con mantóns de Manila brancos, Carme Castiñeira e Elvira Durán ( traxes típicos galegos ) , Sabela Rigueiro ( " Xitana" ), Pilar Rodríguez ("Andaluza" ) Adriana Díuaz ( "Xixonesa" ). Traxes de gala: Aurelia Rodríguez, Asunción e Elvira Yebra, Neves e Rosario Rodríguez, e as señoritas de Somoza , López, Vázquez e irmás Hermida. Algúns cabaleiros vestían traxes de diversas rexións.
.................................................................................................................................................................
ANO 1910.- Febreiro
ENTROIDO NO " NUEVO CLUB".- COMPARSA DOS RONDALLISTAS TURCOS
Entroido no "Nuevo Club", na Casa Novoa, Rúa Maior 12. " Malia a non ofrecer garantía o temporal reinante , noptouse nesta vila unha animación extraordinaria nos Carnavais, pois con dificultade se transitaba polas rúas debido á concorrenza de persoas que por elas circulaban.
Na tarde do Martes recorreu as rúas da localidade unha comparsa composta de rondallistas vestidos de turcos, que executaron con suceso brillantes partituras, dirixida polos profesores Saco e González Fuentes. E pola noite nos salóns da Sociedade Recreativa "Nuevo Club" tivo lugar un brillante baile ao que asistiron distinguidas damas entre as que figuraron as belas señoritas Neves González Fuentes e Enma Vázquez, que locían elegantes bebés; Consuelo Vázquez e Filomena Cabarcos, flamencas ; Sabela Regueiro, segadora e Asunción Yebra, turca ; María Cabarcos , Valentina e Elvira Durán, Amadora López, Delfina Pallares, Petra Pérez, Amalia Castro, Amalia Rodríguez, Aurelia Rodríguez, Pilar López, Carolina Toirán, Matilde Núñez, Aeronia e Esperanza Arjiz. Dores Vázque, Laurita Fernández, María González, María Reboiro, Rosario e Neves Rodríguez e María Estévez que tamén locían elegantes traxes de sala. No tempo qu durou o baile , reinou o maior entusiasmo , polo que merecen eloxios o presidente do Círculo de Artesanos e comisión organizadora ( Z)"
.......................................................................................................................................................................
ANO 1916.
BAILE EN BENEFICIO DO HOSPITAL MUNICIPAL
A Comisión organizadora programou baile para os días 5 e 7 de marzo, a beneficio do Hospital. A orde do baile foi: Two-Stop, Vals, Polka, Tango Arxentino, Mazurka, Schotis e Galop. Editaron un carné de baile para reservas das bailadoras.
......................................................................................................................................................................
ANO 1917
( EL PROGRESO, 21.02.1917 DENDE SÁRRIA ( DO NOSO CORRESPONDENTE )
OS CARNAVÁIS
Sárria 21.- Con extraordinaria sosaría esluiuse o día de onte. Nin unha musica., nin unha comparsa. Nada absolutamente, nada. As rúas desertas coma nunca.
Foron dabondo as persoas que acodirom a Lugo a gustaren da xolda que aquí non poidemos achar.
En FARBÁN , un grupiño de campesiños celebraron a festa " ao seu xeito" , con bailes minúsculos e pobre romaría.
Os anunciados en Sárria - en beneficio dos Exploradores e do Asilo- foron un fracaso rotundo, apenas media dúcea de persoas, que pouco tardaron en abandoar o local marchanco coa música .... ás súas casas.
A TUNA
A agardar aos simpáticos escolares samtiagueses numerosas persoas.
BAILES DO DOMINGO DE PIÑATA
( EL PROGRESO, 28.02.1917 ). DENDE SÁRRIA ( DO NOSO CORRESPONDENTE )
OS BAILES DE ONTE
Organizados por unha comisión de distinguidos mozos desta localidade celebráronse onte amenos bailes no Salón Principal das Escolas Matías López.
A concorrencia foi extraordinaria e o aspecto do local brillantísimo , durando alí a festa até as catro da madrugada.
O ambigú moi ben servido.
Foron moitas as entradas expendidas cuxo produto líquido será destinado a fins benéficos.
Ao felicitarmos aos dilixentes organizadores , sentimos moito que eles non se fixesen cargo dos bailes do domingo e o martes de Entroido,
.................................................................................................................................................................
ANO 1919
UN CRUPO DE RAPAZAS CORRE O CARNAVAL POLAS RÚAS DA VILA
Un grupo de rapazas sairon a " correr o Carnaval " polas rúas de Sárria e prepararon unhas cantigas que circularon impresas.
Unhas mociñas d 'aldea
Retrouso
Chegamos d'aldea , vimos a cantar, / que chegou o antroido, ben o vimos vir // mala morte o mate, logo ha de fuxir.
As nenas dio delantal / hanvos dicir as verdades / Non o tomedes a mal / para eso son carnavales.
Pa.....ño estás namorado / e dígoche que por teu ben / que te cases de contado / a que atopache con quen
Non volvas F...... de caza / que vas pillar un catarro / e véndote d' esta traza / disgustaras 'e a de Carro
Non te alixas, non, Pe.....ño / nin chores pol-a luguesa / que cha vin de parrafeo / na fonda da Burgalesa
Escoita M......., querido / vouche dar un bon consello / non sexas tan presomido / mira que acabas co espello
G.....hache d ' alegrar / dos pandeiros o redoble / mais preparate a bailar / algo máis qu ' o pasodoble.
Eu ben che dixen A,,,,,,,, / que non foras a Santiago / que che había poñer medo / ver o Santo d 'a cabalo
Escoitamos un sospiro / do rapaz que está na esquina / eu non seiu se será S..... /por aquela rapaciña
Toca a bandurria D......./ cando queiras conquistas / qu ' escoitándote as rapazas / vólvense totlas d ' atar
Pa....ño ponte contento / non chores d ' esa maneira, / si unha se foi pro convento / outra virá que te queira
Mira X.....non seas bobo / déixate de forasteiras /busca agarimo no pobo / que non son tan mintitreiras
Sabe ben o silabario / a do traxe colorado / eso ben o sabe M...... / que o deixou namorado
G...... vaite da plaza / deixate de banderillas / porque chora unha rapaza / si unha cornada te pillas
Señor Xuez, Señor Alcalde , / fagan xusticia, por Dios / e manden ós aguaciles / que prendan os solteirós
Tamén ó doutor lle canto / que viva por moitos anos /parece ter maus de Santo / para os enfermos sanos
Anímate M........ / cásate c'unha sarriana / que así de vivir soliño / salirache algunha cana
Sea ben ou sea mal / cantemos todos a coro / viva, viva o Carnaval / que se vai marchar logo.
......................................................................................................................................................................
ANO 1921
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 19.01.1921 ).- Circular ditando disposicións aos Alcaldes para que nos días do Entroido se interrompa o menos posible a vida normal dos pobos.
.......................................................................................................................................................................
ANO 1923
( 6.02.1923 ) Circular nº 30.- Proibición do uso de disfraces utilizando uniformes de todas clases do Estado, mesmo os da Cruz Vermella , compreendendo nesta ao das enfermeiras.
.........................................................................................................................................................................
ANO 1925
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 28.02.1925 ).- Circular do día 21, recordándolles aos alcaldes diten as medidas que conveñan co motivo das populares festas do Entroido.
............................................................................................................................................................................
ENTROIDO DO ANO 1926
( EL PROGRESO , 23.02.1926 )
O CARNAVAL NO CASINO.- O CARNAVAL NA UNIÓN- BAILES POPULARES.- POLAS RÚAS.- CARROZA E COMPARSA DOS PIERROTS
OS CARNAVAIS EN SÁRRIA
NO CASINO
Nese ambiente de distinción que caracteriza as súas festas déronse un baile de máscaras na noite do luns e un "asalto" , de cinco a nove , na tarde do martes.
Ambalasdúas festas resultyaron concorridísimas e sen precedente o mesmo de parellas .
A direitiva fixo honra á tradición fixo honra da súa galantería , obsequiando espléndidamente con pastéis , viños xenerosos e licores aos ali congregados.
NA UNIÓN
Tamén con concorrenza extraordinaria , que facía insuficiente o amplo salón de festas, tiveron lugar dous bailes de máscaras, o domingo e martes, e un infantil , na tarde do luns , ao que asistiron máis dun cento de nenos, moitos deles con caprichosos disfgraces-
A todos agasallounos a diretiva con caixiñas de bombóns e outras golosías , premiando , ademáis con preciosos xoguetes , a dous nenos de cada sexo que, no xuizo do xuri, constituido por distinguidas señoras e señoritas , resultaron seren os de relativa maior orixinalidade no disfraz. Foron agraciados: primeiro premio Manolito González Moreno; segundo : Gonzaliño Sánchez Moreno. Primeiro premio para nenas: Berta Puche González ; segunda; Uxía López Rodríguez.
Diante da insistencia do presidente da Sociedade de referenza e da Sra, Marquesa de Ugena, cuestionouse que os seus respectivos fillos , malia teren concorrido ao baile con artísticos e valiosos disfraces, que se eloxiaron merecidamnte , se considerasen fora de concurso.
BAILES POPULARES
Autorizáronse dous no domingo e martes . Un resultóu excesivamente concorrido nos dous días, e o outro case tamén deserto nos dous días.
POLAS RÚAS
Moi reducudo número de máscaras e todas de pésimo gusto. Tampouco causaron alteración algunha da orde as "merluzas"
que soen "pescarse" nestes días con exhibición nas rúas.
NOTA SIMPÁTICA NA TARDE DO MARTES
Foi a dunha artística carroza , verdadeira runfla de bon gusto e estética, tupida de flores brancas e rosa, na que un nutrido grupo dos nosos " encantiños". todo beleza, xuventude e simpatía, con elegantes traxes de " pierrots" , tamén branco e rosa, compartían con distinguidos mozos desta vila, o natural regocixo dunhas horas nas que se derrocharon multitude de serpentiñaa entretecidas entre os balcóns da veciñanza e os arcos complementarios do conxunto ideal que, ao seu pasao, prestaba aquel veículo de traza e efecto insuperable, O Sr. Gómez Requejo, infatigable procurando obter o maior partido nas súas instantáneas.
Entre os edificios , fronte aos que fixo alto ao seu paso a carroza de referenza, temos que facer especial mención , do domicilio do Sr, Macía de la Vega ( Luciano ) , e do Sr, Macía López ( Manuel ) , quen obsequiaron con delicada fartura aos ocupantes da repetida autocarroza, mentres se libraba unha verdadeira batalla de serpentiñas , améndoas, etc. Ao facer alto fronte da residencia do Sr. Quiroga ( Antonio ), como remate do itinerario do percorrido ; foron tamén exquisitamente agasallados por tan distinguida familia - Ao dito señor débeselle ainiciativa. direición artística e a maior cooperación do que merecidamnte titulamos: nota simpàtica da tarde.
Acompañaban a repetida as señoritas Mercé Saco. Lolita Quiroga, Maruza González Macía, Lolita Pérez Batallón, Rosita de Oñate e Purita Zaera ; e os señores Luis e Luciano Macía, Manuel Saco Rivera. Manuel Rivas. Antonio González Macía. Casiano Pérez Batallón , Román López Rubín , Emilio Zaera Gayoso. Matías de Oñate ( fillo ), Matías Vázquez, e o expresado organizador do conxunto, Sr. Quiroga.
Os nosos parabéns a todos eles. LILIPUTIENSE
......................................................................................................................................................................
ANO 1927
( EL PROGRESO, 8.03.1927 )
ENTROIDO, ENTERRO DA SARDIÑA E DOMINGO DE PIÑATA
DESDE SÁRRIA
OS REGOCIXOS DO CARNAVAL
Non podían seren máis brillantes as festas que a sociedade sarriá denominada A UNIÓN organizóu para lle render culto a Momo.
Certo que dos entusiastas mozos que compoñen a direitiva agardábase moito, mais ninguén podía supoñer un grao tan alto de brillantez como os festexos carnavaleiros tiveron.
O domingo e martes de Entroido , os salóns de "A Unión" vespironse coas máis preciadas galas para albergaren na noite de ámbolosdous días a todo Sárria.
Era verdadeiramente encantador o espectáculo que o salón de "A Unión" ofrecía, orlado polos fermosísimos " encantiños " que son orgullo desta pequena vila.
Unha orquestra formada por coñecidos profesores lucenses , encargouse de proporcionar o medio de que até as primeiras horas da mañá se rendese culto a Terpicore no medio dunha alegría e un entusiasmo indescritibles.
O Mércores de Cinza e tamén organizado pola sociedade aludida , percorréu as rúas da vila a xeito de ENTERRO DA SARDIÑA unha lucida e ben organizada retreta.
E ven o DOMINGO DE PIÑATA . Cando aínda perduraba o recordo dos anteriores bailes , anunciouse outro para a noite de antonte , festa que foi digno epilogo dos análogos que se celebraron domingo e martes de Carnaval.
Ben podemos dicir que as festas do Carnaval en Sárria constitúen actos de brillantez tamén inigualable , que o seu recordo perdudará por moito tempo na memoria dos habitantes desta vila.
Ben merece por isto a Xunta Direitiva de " A Unión" que consiuemos para ela un aprauso e unha felicitación que dabondo merecidos os teñen , quen, como o Presidente D. Nestor González, o Vicepresidente D. David López Rivas , o Segredario D. Antonio Ríos , o Vicesegredario D. Manuel López Carballeira, o Tesoureiro D. Antonio Sánchez e o Vicetesoureiro D. Casiano Pérez Batallón e demáis señores compañeiros de Direitiva dos citados, souberon facernos pasar unha agradable tempada de "Carnestolendas".
Vaian , pois , para todos eles eses aprausos que xa tiñan conquistado por múltiples motivos, dende que se encargaron de rexiren o destino de " A Unión" lograron sacala do estado de incertidume na que se achaba..
CORRESPONDENTE
....................................................................................................................................................................
ANO 1929
( EL PROGRESO, 27.01.1929 ) autorización: " Conceden autorización aos comerciantes que se adican á venda de obxectos do Carnaval nos días 27 dos correntes, 3 , 10 de febreiro, luns , martes e mércores de Entroido, dende as 4 ás 8 e media da noite.
...................................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 23.02.1929 ).- Real Orde Circular_ " A Súa Maxestade El-Rei ( que Deus garde ) tivo a ben dispoñer que , en adiante, non se considere como un período de dias festivos , senón que o luns e martes seguintes ao Domingo Quincuaxesima sexan días laborables por completo en oficinas publicas e comerciáis , Bancos, Centros docentes e Establecementos industriáis , non se permitndo na rúa disfraces nin saída de comparsas máis que das doce da noite do sábado ao amencer do luns , podendo tamén celebrar a festa chamada de Piñata por igual número de horas referidas ao así nomeado vulgarmente.
O Carnaval, aínda que de moi antiga orixe hoxe está en franca decadencia".
.........................................................................................................................................................................
ANO 1931
A Sociedade A UNIÓN dará na honra dos seus socios e familias, os días 15,16, 17 e 22 grandes bailes de máscaras no seu novo domicilio ( * ).
Prometen estaren animadísimos dado o entusiasmo que existe entre o elemento xove.
Co motivo das festas do Carnaval do CÍRCULO SARRIANO actuarán as bandas acostumadas.
( * ) "Villa Aurelia", na Rúa Matías López.
................................................................................................................................................................
ANO 1936
CRUZ VERMELLA ( 12.1936 ).- " Queda terminantemente proibido o uso de disfraces tanto no Carnaval como en todo tempo, con traxes ou emblemas propios da Institución",
...................................................................................................................................................................
ANO 1937
Pasados seis meses do comezo da guerra dende o Goberno Xeral da España franquista xurdeu a orde de suspensión absoluta das festas do Entroido. Neses convulsos tempos , en espazos xeográficos afectados pola mobilización das quintas e a sangría de mortos e mutilados nos campos de batalla , a xustificación das tradicionáis celebracións carnavaleiras tiña plena xustificación, e mesmo polo feito de evitar que o feito de se disfrazar, o de facer parodias e críticas amparadas no anonimato, ou a produción de atentados e vinganzas persoáis,
Ao non poñerlle límite temporal á esa suspensión deuse o caso de que ano a ano, nos meses de febreiro, e por máis de trinta anos, se fixese unha mimética reprodución do ciontido da Orde Circular de 3 de febreiro de 1937.
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 7,01,1937 ).- CIRCULAR DA INSPECIÓN DO ENSINO PRIMARIO.
" 1º.- Que sexan días de vacación nas escolas primarias os domingos, os días festivos establecidos pola Igrexa , as festas nacionáis recoñecidas polo goberno nacional que poidan establecerse no sucesivo e o LUNS E MARTES DE CARNAVAL.
( Poucas semanas despóis esa vacación escolar, e a festa carnavaleira en xeral serían suspendidas, léase "proividas", e aqueles que poideran ter a ousadía de seguir os vellos ritos serían perseguidos e sancionados )
....................................
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 3-02.1937 ) GOBERNO DO ESTADO.- GOBERNO XERAL. ORDE CIRCULAR.
" En atención ás circunstancias excepcionáis polas que atravesa o país , momentos que aconsellan un retraimento na exteriorización das alegrías internas, que se compaxinan mal coa vida de sacrificios que debemos levar , atentos somente a que nada falte aos nosos irmáns que velando pola honra e a salvación de España loita na fronte con tanto heroísmo como abnegación e entusiasmo , este Goberno Xeral resolveu suspender en absoluto as festas do Carnaval.
E a estes efectos encarezo á VE tome as disposicións oportunas para o seu máis exacto cumprimento , evitando poida celebrarse ningunha clas destas festas en días tan sinalados nos que o noso pensamento debe estar de corazón dos que sofren os rigores da guerra e dos que ofrendan a súa vida na defensa da nosa santa causa de redención.
Valladolid , 3 de febreiro de 1937
O Gobernador Xeral.- Luis Valles
Señores Gobernadores Civís ( Boletín Oficial do Estado do día 5 )
................................................................................................
APLICACIÓN DA SUSPENSIÓN ABSOLUTA DAS FESTAS DO ENTROIDO NA PROVINCIA DE LUGO
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO , 6.02.1937 ) GOBERNO CIVIL
CIRCULAR Nº 16
Habida consideración aos momentos trascendentáis para a Patria que están a vivir e nos que se está forxando unha España mellor e máis digna do seu glorioso pasado ; e tendo en conta que precisamos darmos unha sensación de austeridade serea , tanto como de nos preocupar e estimar cal merecen os sacrificios que tantos españóis e irmáns nosos renden á Causa Nacional o Goberno Xeral do Estado Español resolvéu suspender en absoluto as festas do Carnaval no presente ano.
É tan lóxica esta medida m exterioriza de xeito tan perfecto o modo de pensar, serio, reflexivo do pobo español , modelo de fidalguía e patriotismo na hora presente , que non é preciso ditar disposicións para o cumprimento da orde citada. . Por iso limítome a recordarlles ás Autoridades e aos seus axentes que me están subordinados , o máis exacto cumprimento daquela disposición e que co maior coidado me denucien aos contraventoras , que teño a sewguridade non se poderá sinalar nin un só; pois non en van nesta provincia todos os corazóns latexan ao unísono no seu amor a España , co pensamento posto nos seus gloriosos defensores que ofrecen á Patria desvelos, privacións e dores, son os artífices gloriosos do triunfo esplendoroso , que a España inmortal alcanza xa no seu brillante amencer,
Viva a España inmortal. ¡ Arriba España !
Lugo, 4 de febreiro de 1937.- O Gobernador. Ramón Bermudez de Castro
.................................................................................................................................................................
ANO 1941
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 28.02.1941 ).- Circular trascribindo a do Excmo. Sr Subsecretario do Ministerio da Gobernación pola que se dispón que continúe a suspensión das chamadas festas de Carnaval.
..................................................................................................................................................................
ANO 1942
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 10.02.1942 ).- Circular nº 33.- " Mantén a suspensión..... " coa soa excepción daqueles establecementos , que pola súa especial índole, teñen permiso para celebralos diariamente , mais áinda estes mesmos, non poderán anuncialos ao público como "bailes de Carnaval" nin introduciren neles variación algunha que direita ou indireitamente leven o propósito de conmemoraren estas festas ".
ANO 1943
(BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 31.03.1943 ) .- CIRCULAR do Goberno Civil suspendendo " as chamadas festas do Carnaval.
...................................................................................................................................................................
ANO 1945
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 6.02,1945 ).- Circular nº 30 .- " Dispoñendo que continúe a suspensión sen concreción de prazo , isto é , por tempo indefinido, non podendo na súa consecuencia celebrarse en adiante festa algunha que exteriorice en calquera forma aquel carácter , dende o Domingo de Sesaxésima até o primeiro da Cuaresma , que corresponden neste ano aos días 4 ao 18 do corrente mes de febreiro , ambolos dous inclusive , nin autorizarse neses quince días o uso de dominós, caroutas ou disfraces nas rúas ou lugares públicos. nin nos cafés , casinos e circos de toda clas os bailes que periodicamente acostumaban organizar con tal motivo".
.........................................................................................................................................................................
ANO 1946
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 28.02.1946 ).- Circular de 26.02.1946 "suspendendo as chamadas de Entroido.
......................................................................................................................................................................
ANO 1954
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 20.02. 1954 )
A Circular nº 42 do Goberno Civil reitera a vixencia da Orde Circular de 3 de febreiro de 1937 e dí ..... " tolerándose só os bailes privados en Sociedades e Circos de Recreo, previa autorización deste Goberno , con traxes de época ou rexionáis que non constitúan disfraz e sen velar o rostro en ningún dos casos"
.........................................................................................................................................................................
ANO 1959
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 31.01.1959 ), Circular nº 5.- Mantén a suspensión das festas de Carnaval, autorizando só os bailes privados en Sociedades e Circos de Recreo , previa autorización do Goberno Civil , con traxes de época ou rexionáis que non constitúan disfraz e sem velar o rostro en caso ningún .
.........................................................................................................................................................................
ANO 1962
( BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 31.03.1962 ). Circular de 1.03.1962 pola que se recorda " a vixenza das ordes de Gobernación encol das chamadas festas de Entroido.
........................................................................................................................................................................
ANO 1964
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 29-02.1964 ).- Circular de 10.02.1964 recordando que continúan vixentes as ordes que se inclúen , sobre as festas chamadas de Entroido.
.................................................
( EL PROGRESO, 15.02,1964 ).- Actualidade en Sárria.- Resultan moi brillantes os bailes de Carnaval nas sociedades locais.
Estes días a actualidade estivo centrada como é natural nas extraordinarios festexos destas datas , xa que O TRADICIONAL FESTEXO QUE O MARTES POLA TARDE SE FACÍA NA RÚA MAIOR NON SE CELEBRÓU. É unha lástima que se deixe desaparecer , pois comezaba a atraer no dito día unha grande concorrenza de todos arredores a ela. En troques , o dito día , volveuna a celebrar a parroquia de FAFIÁN que xa antes era moi concorrida.
NA UNIÓN.- Nesta Sociedade, popular en toda a provincia , celebráronse os seus extraordinarios bailes con moita animación e máis concorrenza de socios e forasteiros . O domingo, se ben non houbo disfraces , o baile foi animado . O luns resultóu o infantil dunha asistenza de pequenos extraordinaria , facéndolles pasar unha feliz velada Na noite do martes , como sempre, o salón fíxose pequeno , a animación foi grande e o baile alongouse , como é costume en Sárria , que xa ten fama de iso, até altas horas da madrugada.,Esta noite houbo bastantes forasteiros, se ben é certo que menos que noutros anos . Porén os bailes desta sociedade foron moi bons,
NO CASINO.- O baile destan Sociedade , o luns , foi de extraordinaria animación. O conxunto Os "Teddy Rock" co seu ritmo modeno actuaron toda noite incansablemente , pois o baile era estupendo, e os asistentes non paraban de bailar no medio da grande animación reinante.Mesmo malia a seren a maioría matrimonios , gozaron dunha grande noite no Casino. Non dubidamos da vindeira recuperación da sociedade e os seus magníficos bailesm que eran e voltarán a seren dignos da Sociedade,
......................................................................................................................................................................
ANO 1965
( 02.1965 ).- BANDO DA ALCALDÍA DE SÁRRIA.- "....Recordando a Orde Ministerial de 12 de marzo de 1963 proibindo a fabricación e uso dos tradicionáis petardos que invaden as nosas rúas durante as Festas dos Carnaváis . A nosa felicitación ao señor Alcalde por esta atinada medida preventiva."
.....................
( EL PROGRESO, 27.02.1965 ) FESTIVÁIS DE CARNAVAL.- Prometen resultaren moi animados os festiváis que anuncian as sociedades O Casino e A Unión , cousa xa tradicional en Sárria.
O programa anunciado é o seguinte: O Domingo grande baile de noite na Unión. Luns, no Casino, ás 7 asalto e dende as 11 da noite grande baile. Este mesmo día na Unión celebrarase o tradicional baile infantil no que a Dirección agasallará aos nenos con xoguetes e lambetadas , rematado este asalto . Os festiváis do Casino serán amenizados por unha afamada orquestra de Santiago de Compostela e os da Unión por unha moi renomeada da nosa provincia.
......................................................................................................................................................................
ANO 1968
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 29.02.1968 .- Circular do día 26 de febreiro . " recordando que continúan vixentes as Ordes de 3 de febreiro de 1937 e de 22 de febreiro de 1940 encol das festas chamadas de Carnaval.
...................................................................................................................................................................
ANO 1973
( EL PROGRESO, 2.03.1973 ). Continúan vixentes as ordes sobre as festas chamadas de Carnaval.
O Ilmo. Sr. Direitor Xeral de Políitca Interior e Asistenza Social do Ministerio da Gobernación recorda ao Gobernador Civil de Lugo que continúan vixentes as ordes de 3 de febreiro de 1937 e de 26 de febreiro de 1949 sobre as chamadas festas de Carnaval , O Gobernador Civil. Guillermo Ruipérez del Gallego.
..................................................
Nota do correspondente de El Progreso VILLARABID ,- Baile na Sala de Festas " Xuntanza ". O Domingo baile de noite en A Unión. " Reina grande expectación darredor do baile infantil que na tarde de mañá , luns, terá lugar na Sociedade A Unión. A "grey" moza agarda a data con ansiedade e as súas mamás igoalmente , xa que son moitaas as que tratan de que o seu peque ou peques vaian o mellor posible . Para uns e para outros que a xornada resulte como é de agardar e xa é tradicional en Sárria.
Pola noite no Casino grande baile é de supoñer resulte moi concorrido, Hai animación nestas festas.
O martes : Baile de noite en A Unión. Orquestra " Los Centauros " de Oviedo.
..................................................................................................................................................................
ANO 1985
TESTAMENTO
Selo : Nihil Melior ( lacón e chourizos ).- Número 1985.- Escritura de Testamento anual outorgado por D. Antroido Chorizez e Lacónez, a favor de Uns e mailos outros o 19 de febreiro 1985. Autoizado por Don Antón de Piñata e López Enterro da Sardiña ( veciño do lugar ).
TIMBRE RING-RIG. Póliza : 5 chourizos.Vale. CLASE-XA . 27 S1921985ALA
MIL NOCENTOS OITENTA E CINCO
Comezo o meu testamento / amplñiando a filiación : / Eu son fillo de Chourizo / e da señora Lacón, / e coma non teño fillos / e mozo solteiro son / con todo siso e cordura / fago esta disposición : /
Dispoño que o meu enterro / se faga polo serán, / e con enchentas e bailes / todos o festexarán. /Quero que que canten e brinquen / os vellotes e as mociñas , / e que con ledicia arrinquem / do corazón as espiñas./ E que cadaquén se apañe / para poñer caras novas . / que con outras xa andamos / facendo nas cousas bobas . / Endeben de responsos quero / unha festa nunca vista, / e que para espelir o frío / todo o mundo teña pista, / Non me enterren nunha cova / que é cousa fea e moi triste, / gárdenme nos corazóns , / que o meu corazón resiste / as calores do verán / e as friaxes que aviste, / e para o ano vindeiro / será ben que eu resucite ./
Das cousas que non son miñas / quero eu facer unha manda , / pois son moi pobre e honrado / e non teño nin bufanda. /
Aos que turran do carro, / en Santiago e en Madrí, / déixolles os meus ollos / para que miren para aquí , / e poñan boca xeitosa , / boquiña de petimí , / e digan sempre " pra todos" / e esquenza o " para min". /
A Boyer e os seus " muchachos" / voulles deixar a carteira, / non teño medo por iso, / pois seique fica valeira./
Serras, serróns e serruchos / repartiréi pola vila / pra rematar pinicidios , / ¡ e cada quen se espila ! /
Á empresa construtora / da Ponte da Ciguñeira, / mil ferrados de paciencia / e acougo canto queira, / pois se por rairos cativos / non pode camilñar lixeira / no Canal de Panamá / botaría a vida enteira. /
Para o Alcalde e o Concello / déixolles manta e abrigo , / e se tapen "todos xuntos" / cando ven curisco e frío, / pois se cadaquén turrando / leva auga ao seu miño, / vivirán tempos a secas / podendo ser a mantidos./
Deixo para as mulleres, / pois nunca tiven ningunha , / un retrato meu de novo, / pra ver se así pesco unha / pois que sempre se namoran / de quen está máis lonxamo , / véndome no natural , / nunca faría bon ano. /
E a moitos lacazáns / voulles deixar os meus brazos, / pois como feitos de palla, / só valen para dar abrazos, / e así con folga e festa / non han de pasar traballos, /
Para os taberneiros todos / voulles facer un legado, / e doulles con grande amor / de bon viño dous canados / pra que o repartan todos e fagan viño dez anos. /
Os meus pés tan desfeitiños / de brincar e de bailar / déixollos aos raparigos / que comezan a agromar, /para que acouguen algo / que non todo é choutar, / e con tantos rocanrroles /vánsenos esmendrellas , /
O meu peito valeroso / pro Kremlin e Washington / mandaréi unha caixiña , / como honrado valedor , / con un letreiro que diga: / " Meu estimado señor / quítese axiña a careta / que só o Antroido eu son ,/ Señor Reagan sexa guapo , / e Chernienka , sexa bon, / bailen un agarradiño / e sentiranse mellor /. Non nos amolen a festa / co deutorio e o neutrón, / carafio, sexan formales, / e teñan esa atención , / déixense dous de missiles / deixen o tute cabrón / e xoguen unha brisquiña / deixando fora a paixón, / Pídello o Antroido, señores, / que é de bon corazón / e quere seguir vivindo / con sorrisos a cachón".
Quero deixar estas pernas / aos amigos futbolistas / para que correndo moito / suban axiña nas listas./
A miña grande cabeza / ten que gardarse en conserva, / pois por haches ou por bes / politico haberá que a perda , / e cun pequeno trasplante / ao mellor non hai tal merma. /
Os meus zocos corredores / déixollos aos das Pedreiras / pra que non se enchan de trollo / e non caian nas silveiras. /
As miñas orellas grandes / maándollas a catro xordos / que non escoitan as voces / e chámanlles " peixes gordo". /
Mando as mans a quen as queira / se quere gañar o pan , / que o Antroido é boa xente / e non manda traballar . /
Os dentes non van na manda / que teñen grande valor, / e téñoos embargados / pra pagar a un prestador./
E a outra parte que falla, / de aire alegre e zumbón, / ¡ esa non lla deixo a naide ...! / ¡ nin xiquera ao c capador ! /
********************
Eiquí me tedes , sarriaos, / velliño e esmendrellado, / e como son brincadeiro / táchanme de desgraciado / Morro conento, amiguiños, pois sei que o meu corazón / vai a ficar enterrado / no medio dun mundo bon,/
E devóvovos o sorriso / que cada ano me dades, / a ledicia é sempre vosa / e en vós mesmos a achades. /.
Perdoade a este Antroido / que andivo desnorteado, / e que agora vos mesmos / o tedes resucitado.
.....................
Ë copia literal do seu orixinal, gardado no Arquivo de Festas e Liortas, baixo do número antes diro, e para os seus desventurados fillos , os Vilegos de Sárria, fixen eu que, en testemuño de verdade, poño o seu sinal.
Selos: Carouta. Antroido. Lacón e Chourizos,
...........................................................................................................
Renovando con sorrisos / a tradición popular / queremos que nos axudes / e poidamos viaxar. / Pra axuda dos rapaces / de Educación Permanente / solta só cinco pesiños / pois sonche moi boa xentes, ¡ E bon Antroido, a miguiños !
PRINTED IN PATARREXO DE ARRIBA ( CONFIDENCIAL )
Autoría: XAFA
***********************************************************************************
ANO 1992
ENTERRO DA SARDIÑA ( 4.03.1992 )
FERRETES DO ENTERRO DA SARDIÑA ( Música de : A Saia da Carolina.
Retrouso : Xa temos en Sárria / o gas natural, / xa pode o alcalde / levalo pra Oural/ ¡ Que a leve, que a leve / parécenos ben, / que a nós co butano / xa nos chega ben ! /.
Dixero-os peregrinos / ó chega-lo matadeiro : / " Xa chegamos a Santiago , / xa cheira a botafumeiro".
Miraron pro Torreón / e quedaron asombrados :/ "ou é a Torre de Pisa , / ou se está esborrallando,/
¿ Onde está a Praza de Abastos ? / - preguntaron os romeiros - / estalle moi parecida / ó outro botafumeiro"/
Retrouso
O Poligono Industrial / é a cousa máis necesaria , / como no-no arranxen pronto / funden ó pobo de Sárria./
Mira que manda carallo / o Polígono Industrial / pois soio se fala diso / nas coplas do carnaval,/
A mini Praza de Sárria / está levada do diaño, / segue aí empantanada, / veciños, ano tras ano./
Foron famosas no mundo / as obras do Escorial, / e a mini Praza de Sárria / aínda lles vai ganar, /
Retrouso
As rúas da nosa Vila / están como un basureiro / hai que poñer ós ediles / a axudarlle "ó barrendeiro",
Se o río Sárria falara / poñeríase a berrar ; / " que cochos os do Concello / que non me queren limpar !".
A rúa de Xosé Antonio /- a que ten tantos faroles - / ¡ quen poidera cun milagre / convertilas en "arbóles" /
Retrouso
Vaia sorte a da Sarriana / que ten dous campos de fútbol , / un para ir a entrenarse / e outro pra perde-los puntos,/
Os de Tiro de San Xoán / nin con moitas cacicadas / poderán ir este ano / a tirar ás Olimpiadas , /
O Lar Cultural de Meigas / vese alumear de lonxe , / e a probe da directiva / fará as xuntas en Bonxe. /
Como o ano "apasao " se dixo / xa fixero-no " Meigallo" / e por iso este ano / téñeno inaugurado,/
Retrouso
Animádevos veciños / facede unha suscripción / para traer auga de Lourdes / e resucita.la Unión,/
Os da "sanidá" de Sárria / xa non se levan tan mal , / conseguiron ter despachos / con vistas cara o "Cristal!, /
A liorta das parroquias / aínda nos ten xorobados , / xa dicen os parroquianos " con la Iglesia hemos topao,"/
Xa está o pobo moi farto / de impostos municipáis, / tómanos a nós por fatos , / ¡¡ Non queremos pagas máis !! ;/
Organiza: MEIGAS E TRASGOS CIT
Sárria, 4 / 3 / 92
....................................................................................................................................................................
.....................................................
O TAMBORILEIRO. - ANTROIDO 99
1.- - Dime , Antroido , ¿ como van / as cousas no mundo todo ? / - Van como gato con raña / como año en boca de lobo ?..........Aló nesa Casa Branca, / cabeza do Ianqi Imperio, / unha rapaciña nova / e un señor pouco serio / andiveron pelexando / ( cousa de pouco misterio ) e armouse unha tal liorta / e tan ennovelado lerio / que de resultas do choio / foron para o cemiterio / uns centos de iraquianos / alleos ao putiferio./ E xa é cousa sabida / que en consecuencia inmediata / dos problemas de vexiga / de uretra e máis de "prostata", / facendo resposta antigo / " O Imperio contraataca" /. Señor Clinton, por receita /´mándolle un casco blindado / para tapar esas partes / que o deixan desairado./ Déixenos en paz o Sadam / non tire por elevació, ¡ ouh fillo do Tio Sam, / conduza con precaución. / non tela comio o Gran Kan / problemas co pantalón.
Coidadiño "coa dereita ", / hai que ser conservador , / non nos meta na desfeita, / non sexa exterminador./ Garde na tulla os missiles / e as misses no aparador , / ame con tento ás civiles / e vivirá ben mellor./ Teña coidado coas saias / e ate ben os botóns, / non sexa que o destitúan / con votos de senador. / A cabezada do burro / doulla por propio dereito, / que ben gañadiña a ten / e ben traballada a peito ./ Amén, e non tire bombas ,/ que quen pica en viña allea / á forza fica empreñado / e a cousa axiña se lea , / e logo o vestido azul, / por moito Colón que teña , / na mesma Casiña Branca / nin con mil fretas branquea.
2.- - Dime Antroido, ¿ como van / as cousas da pel de touro ? / ¿ Hai inverno ou hai verán ?. / - Van con moita centramina / que é recente tesouro, / polittica moeda fina, / verea que agora fan / dende a terra alicantina / ata a terra de Farbán. / Centrémonos foi a consiga / que de súpeto sonóu / e santas expectativas / polo país anuncióu / e con unánime forza / todo o mundo así csntóu / aquela vella letriña. / "Para o centro eu vou, / morena dime adeus, / para o centro eu vou, / e por esa decisión , / morena, que ledo estou",/ E pois que o centro está / onde sempre estar soía, / ¿ é cecáis a flor dun día / a que pide regador ? / ¿ ou é que todos partimos / percurando ao elector ?./ O certo é que despois da festa / sempre hai un pagador , / e das cinzas do pasado / foi Cascos o perdedor. /
Tranquiñlos, todos tranquilos , / que ninguén baixe da moto, / agardemos algúns meses / e entón cantará a foto , / Suben uns, baixan os outros , / e hai un troco de cromos , / iso é enciclopedia / na que nos venden por tomos / as mesmas voces de sempre / con aires de tempos novos ./ ¿ Que ten o centro, que ten / que todos para el nos levan ? / Se todos no centro están , ¿ quen son os das dúas beiras ? .
Mando para o inventor / do centro última onda / un compás de punta fina ,/ garlopa e máis escofina / de bon centralizador, / e tamén un globo sonda / que saber metereoloxía / axuda a ventá-las cousas / o mesmo ca o "predictor" . Amén, e xa ben centrados / que veñán paz e máis gloria / e con paso decidido / entremos todos na histoir./
3.- . Dime, Antroido ¿ como van / as cousas da nosa casa ?. / ¿ Sabe o diaño o que se coce ? / ¿ Sabe o diaño o que se amasa ?. / Van indo en zanzaranzán , / van indo a golpe de pito, / todo vai en paso firme ,/ conforme ao paso previsto./.......................
Pasadas as guerras punicas , / e mailas guerras peláxicas , / as ocasións de ventura / suceden ás Semanas Tráxicas ,/ Día tras día os xornáis / daban de almorzo primicias ,/ e agora silenzo é chumbo / prometen cen mil albricias . / ¿ Ulo está cadaquén ? / ¿ Hai tiros ou hai troianos ? / ¿ Por riba dos cadaleitos / hai bandeiras ou hai panos ? / ¿ Quen toca son de trompetas ,/ quen son de tocar fanfarrias ? / ¿ Por que non enche a prensa / follas á conta de Sárria ? / Os que andaban á xaneira / da electoral coiuntura . / ¿ Acharon xa o sanador / e os puntos da apucuntura ?. / A xente fai mil preguntas , / Antroido non ten resposta , / só mira, escoita e cala , / e non fai xiquer aposta . / A quiniela anda ben crúa / no tellado hai gran balbordo, / sabe alguén por ventura / se hai tripulación a bordo ? /.
Antroido nin cousa sabe , / anda un tanto desnorteado, / fai cábalas e conxeturas / e as contas non dan cadrado ./ Catro máis tres: dazasete / , en algo vou trabucado. / ¿ Van cinco, ou saco nove ? / ¿ Está todo ben atado ? / Misterio, fillo, misterio ,/ ¿ Cal será o resultado ? Aquí como San Tomé / para ben crer ¡ o palpalo ! / E mentras se barafunda / quen vai montá-lo cabalo / é quiniela con reintegro / amáis do complementario / - Tres anos de precampaña, / tres meses de preparación , / un mes de campaña forte / e un día de reflexión , / e roque dixo que roque, / e antón dixo que antón / e rifo rifa que rifo/ e roo roo que ron , / e todos mesmo semellan / Exército de Salvación ; / roque que roque roque / roque que roque ron , / todo atado e ben atado / roque roque roque ron ./
Pasadas as grandes guerras / e o fogo a diuscreción , / os ventos andan ben mainos / desde Oriente a Septentrión./ E aló se nos foi o tempo / e xa o cuco cantóu , / e xa chega a primavera , / se o inverno rematóu , / e Antroido está ben contente / que nada vai repartir , / que todo quedóu escrito / e nada hai que dicir , / que xa todo pregoado / ( multiplicar, dividir ) / ficóu para mostra e proba / do duro que é vivir./
Agora tra.la semente / virá tempo de seitura ,/ segundo as augas baixen / así virá a fartura ./ Roque roque roque roque / roque roque roque ron / barallaba ballarete / barallar é o mellor.
( XAFA 99 )
............................................................
A POBRA DE SAN XIAO: Desfile de disfraces, Xuri para a concesión de premios: Begoña Rivera, Ricardo Núñez, Arturo Sobrado, Edita e Charly
......................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario