ACTUACIÓNS DO XULGADO DE SÁRRIA ( ENTRE 1836 E 1908 )

 ACTUACIÓNS  DO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA DE SÁRRIA ( ENTRE 1836 E 1908 )

A creación dos Xulgados de Primeira Instancia e os Partidos Xudiciais entre 1820 e 1823, e a súa recuperación en 1835, dedron paso en 1840 á consolidación  do Partido Xudicial de Sárria no que se integraron os concellos de Láncara, Paradela, O Páramo, Rendar ( O Incio ), Samos e Sárria, onde exerceron xurisdción Xuices de Primeira Instancia e Instrución, ademais dos Xuices Municipais, Xuices Comarcais, Xuices de Paz e Xuices de Distrito .

1.- PERCURA DUN FUXIDO DO CÁRCERE DE SÁRRIA ( 1836 )

O Xuiz reclama a persoa dePEDRO LÓPEZ, de Vilar de Robledo,  en Lóuzara,  fuxido do cárcere. Sinais:  28 anos, talla curta , pelo negro, ollos castaños, barba  pouca, cor trigueña; chaqueta de pano pardo, pantalón de lenzo branco, capote de pano pardo vello e roto e chapeu de fábrica de Portugal,

2-   PERCURA DUN FUXIDO DO CÁRCERE DE SÁRRIA ( 1840 )

Na noite do 20 de maio de 1849  fuxiu do cárcere de Sárria  XOÁN PARDO, de Eirexalba- Sinais_  Estatura curta , cor morena, barba  pouca, pelo castaño,nariz longo; chapeu portugués de copa alta vello, pantalón e chaqueta  vella de pano pardo e el é faltoso de un ollo. Xuiz: Antero Rubín de Oroña

3.-  PERCURA DE AUTORES DA QUEIMA DE AIRAS  FUXIDOS ( 1840 )

XOSÉ PARDO, preso e fuxido do cárcere, PEDRO SACO. NICOLAU DE CASTRO  e XOSÉ GONZÁLEZ ( de Santalla de Veiga ) queimaron as airas  de Miguel do Campo  e de Vicenzo de Castro o 15 de xullo de 1840, e o xuiz encarga a súa captura.Sinais de Pedro Saco.- Estatura alta , cara redonda,  ollos negros, nariz regular, barba negra e pecha,. cor trigueña ; veste pantalón e chaqueta de pano azul, chaleque de seda negro con flores. Sinais de Nicolau de Castro.- Estatura baixa , cara alongada,  naríz afiado  cor baixa; e veset pantalón e chaqueta  de pano pardo ordinario. Xuiz: Mariano Feijóo.

4.- CAUSA SEGUIDA POR INCUMPRIMENTO DE CONDENA POR LADRÓNS ( 1842 )

XOÁN ARMESTO e PEDRO FERNÁNDEZ, de Santa María de Vilar, foron encuasados por laçdróns no an o 1829 e destinados a presidio non cumpriron condena , e o Xuiz pide a súa captura. Sinais de Xoán Armesto: 80 anos, estatura curta, pelo canoso, ollos roxos, nariz ancho, cor rubicunda; veste chaqueta, calzón e botíns de pano pardo, chaleque de saial  raiado e chapeu vello. Sinais de Pedro Fernández.- Idade 60 anos, estatura 5 pés, pelo cano, ollos castaños,naríz regular, barba poboada,  cara redonda, cor trigueña ; veste chaqueta e chaleque de pano pardo, pantalon de dazaoiteno e chapeu de copa alta. Xuiz: Xosé Bieito Pardo Balmonte ).

5.-  CAUSA POR ROUBO EN SAN VICENZO DE PARADELA  ( 1842 )

O Xuiz segue causa contra NARCISO FERNÁNDEZ, de San Vicenzo de Paradela, por roubo e como indiciado  contra MANUEL RIVERA, da mesma veciñanza- Sinais de Manuel Rivera.-  30 anos, estatura 5 pés cumpriodos, pelo castaño, ollos pardos, nariz regular, barba clara, cara redonda, boa cor:; veste pantalón  e chaqueta de pano dazoiteno, chaleque de  pano negro, chapeu calañés  redondo e capote dazaoiteno. Xuiz: Xosé Bieito Pardo Balmonte.

6.- CAUSA POR ROUBO NO MAZO, EN SANTA MARÍA DE CASTRO DO REI ( 1843 )

Na noite do 27 ao 28 de  decembro de 1843  na casa de Xosé López roubaron ; Unha capa nova de "béjar" lustrada con bandas de pano negro, un capote a medio uso de pano"reaza" con bandas de baeta morada, un pantalón casi novo , tres calzonciños do mesmo, dous panos novos de fábrica francesa, unha medias de la negra novas,  unha vara de baeta encarnada,  dous vasos de prata novos, dúas parellas de aros para mulleres, unhas tesouras,  un chapeu novo portugués de copa alta;  unha chaqueta de dazaoiteno casi nova, uns zapatos de bon uso, 8 reais en diñeiro; dúas arrobas de carne de porco e a mesma cantidade de unto,

7.-  CAUSA POR ROUBO  NA CASA DO CURA DE SAN MIGUEL DE PARADELA ( 1843 )

Na noite  do 10 de xuño de 1843    foi roubado na súa casa o cura de San Miguel de Paradela, por suxeitos descoñecidos que fraturando unha porta se introduciron nela, roubando  3 cobertores,  1 capote de  pano de "béjar " negro,  1 chaqueta  e 1 pantalón tamén negrod, 7 garfos de ferro estañados , un reloxo de prata  inglés  e a carne dun porco. Sinais do ladrón:  Talla de máis de 5 pés, cara alongada, picado da virola,sen patilla, vestía de pantalón de pano castaño escuro, chaqueta do mesmo d chapeu de copa alta e ancho arriba, Xuiz:  Antero Rubín de Oroña.

8.-  CAUSA POR ROUBO NA IGREXA DE SAN XOÁN DO MURO ( 1843 )

O 19 de setembro de 1843 roubaron na igrexa de San Xoán do Muro : 1 cálice coa súa patena de prata doble d dourada  que alza unha terza esforzada e tén un rótulo no pé., o seu valor 5.000 reais  e unha alba de lenzo garnida  de encaixes ordinarios,Xuiz: Nicolau Casanova.

9.-  CAUSA POR ROUBO NA REIGOSA EN SAN CRISTOVO DO REAL ( 1844 )

Na noite do día 2 foi roubada a  casa de Xosé Veiga, na Reigosa, parroquia de San Cristovo do Real,por catro homes descoñecidos e armados, ea  tres deles  puideronos familiares verlles os sinais. Roubaron;;  1 chaqueta de pano de cor verde, 1 pantalón de "béjar" 1 chaleque de pano encarnado,  3 ou 4 camisas de lenzo,  uns zapatos novos,  algunhas medias e carpíns,  unha tea de lenzo de 9 varaas,  2 navallas de afeitar cos seus estuches novos, unhas tesoiuras, 1 fouciño,  1 unto, porción de manteiga, unha ola con mel, 2 saquetos, 1 fol novo, 3 panos de lenzo, 2 dengues ( 1 de pano encarnado e outro de baeta avilado) novod,  máis de 500 reais en diñeiro e outros varios efectos. Sinais dun ladró;  Cara  redonda, cor boa, vista moi viva,patilla de abondo crecida, veste chaqueta de pelos usada e 1 chapeu de copa alto portugués. Sinais de outro ladrón:  Estatura alta, cara longa e delgada, cor macilenta ou pálida, vista irascible, sen patillas ,veste  unha chaqueta vella,  chapeu rondeño  e pantalón remontado de  pano "somonte" castalo. Sinais do outro ladrón:  Estatura regular,  bastante gros, cor moi trigueña, bastante barbado  con patillas no perigallo; veste a  estilo de Madrid con un pano de seda negra e chapeu fino de copa alta. Xuiz: Rodrigo María Somoza Pallares.

 10.- CAUSA POR ROUBO EN BACORELLE, EN SANTA MARÍA DE CASTRO DO REI ( 1844 )

Na tardiña baixa do 11 de decembro de  1843 roubaron na casa de Fiz López, en Bacorele, parroquia de Castro de Rei de Lemos, sendo agredido  polo seu veciño ANDRÉ DE CASTRO. Interesan a súa captura. Sinais do fuxido:  Estatura 5 pés, cara alongada, barba negra,  cor trigueña,  faltoso do ollo esquerdo ; veste  pantalón de pano pardo, chaqueta e chaleque  de pano azul, chapeu portugués. Maior de 40 anos. Xuiz:  Nicolau Casanova.

11.- CAUSA POR ROUBO EN SAN MARTIÑO DE ROMELLE ( 1844 )

Na noite   do 4 ao 5 de  febreiro de 1844 roubaron na casa de Xoán López, en San Martiño de Romelle ( Samos ), uns ladróns enmascarados  con panos na cara, e só coñeceron que os tres que entraron traían  u trabuco e dúas pistolas. Un deles levaba  un capote de pano pardo cubertto, e o outro unha manta castelá. Roubaron: Unha capa e 1 vestido novo de pano "somonte", 18 varas de lenzo e estoipa, sete touciños e o diñeiro que acharon. Xuiz: Nicolau Casanova.

12.- CAUSA POR ROUBO EN SANTIAGO DE ESTRAXIZ ( 1844 )

O 18 de xaneiro de 1844 uns ladróns,  en gabela e pola noite, entraron na casa de  Manuel Pardo, de Estraxiz.Formaban a gabela 6 ou 7 ladróns . Roubaron :  Porción de diñeiro e catro pares e medio de garfos de prata usados e marcados cun M e un P. Estaban mandados por outro de mías de 7 pés de alto, cara redonda  e chea, branco, vestido de pantalón de pano gris, zamarra de pel negra e rota e chapeu  de copa baixa  e ala ancha. Todos vestían  vestían pantalón e chaqueta pano pardo e chapeus baixos  con ala ancha, e só o vestido de un deles era de pano negro con visos encarnados nas voltas das mangas  da chaqueta. Era  de 5 pés de alto e moreno. Xuiz:  Nicolau Casanova.

13.- CAUSA POR FUXIDA DO CÁRCERE DO PÁRAMO ( 1844 )

FRANCISCO LÓPEZ, desertor  fuxido do cárcere do Páramo, veciño de Sesmonde, parroquia de Santiago da Laxe. Sinais:  22 anos,  estatura 5 pés, pelo castalo escuro, ollos castaños,  cara redonda, barba pouca,  cor trigueña ; veste  pantalón e chaqueta  de pano dazoiteno, chaleque azul e chapeu alto portugués. Xuiz: Nicolau Casanova.

14.- CAUSA POR  ESTRACIÓN VIOLENTA DE CARTA DIRIXIDA Á ESTAFETA DE MONFORTE ( 1844)

Interesan a captura de  XOÁN SARRAPIO . da casa de Veiga de San Tomé de Castelo da Somoza  acusado da extración violenta dunha carta que levaba Xosé Veiga paraa Estafeta de Monforte. Sinais:  Estatura alta, cara redonda,  cor boa,  barba pecha, ollos castaños, nariz regular; veste pantalón negro, fardeira  de pano e gorra de visera. Xuiz: Nicolau  Casanova.

15-CAUSA POLO ROUBO E CRIME DO CURA DE SAN MIGUEL DE PARADELA ( 1845 )

"En causa criminal pendente neste  Xulgado e escribanía de Vaamonde polo roubo e horroros asasiñato  cometido  na casa e persoa  de don Francisco Älvarez Builla, cura de San Miguel de Paradela, acordei o arresto de Francisco López de Sesmonde, parroquia de Santiago da Laxe, e Luis López, fillo de Froilán, de Santa María de Vilaragunte, que non puideron ser habidos no medio das dilixencias  na súa solicitude, polo que se exorta ás autoridades da provincia coa fin de que por cantos medios lles suxira o seu celo se  sirvan procurar  a súa captura, remitíndoos ao dispor deste tribunal coa debida seguridade  no caso de seren aprehendidos para o que ao efecto van a continuación os seus sinais persoais. Sárria,  3 de febreiro de 1845- Xosé García.- Sinais de  Francisco López.- 23 anos, estatura  5 pés  ben completos, pelo negro, cara redonda, cor boa, barba lampiña,  nariz regular, ollos negros ; veste chaqueta  e pantalón de dazaoiteno, chaleque negro e chapeu portugués-Sinais  de Luis López.- Idade 24 anos, estatura 5 pés escasos, pelo castaño, cor trigueña, barba lampiña, ollos castaños, algo picado da virola; veste  chapeu calañés  chaqueta e pantalón  de pano pardo e chaleque azul xa usado.

( 5 de marzo de 1845 ) "Polo presente cito, chamo e emprazo a FRANCISCO LÓPEZ, de Sesmonde, parroquia de Santiago da Laxe, e a LUIS LÓPEZ,  fillo de Froilán, da Casa de Mesía en Santa María de Vilaragunte, contra quen se está procedendo criminalmente polo roubo e asasiñato cometido na casa e persoa  do último cura de San Miguel de Paradela, D. Francisco Álvarez Builla, para que dentro de 9 días  comparezan persoalmente neste Xulgado ou no cárcere desta vila a se defenderen dos cargos  que contra eles resultan, Se así o fan adminstraráselles recta Xustiza  e no contrario caso b sustanciarse  e determinarase a causa  na súa ausencia  e rebeldía  sen máis citalos  nin emprazalos  parándolles o perxuizo  a que haxa lugar  e entendéndose os autos e demáis dilixenzas nos estrados deste  Tribunal.Dado en Sárria a 5 de marzo de 1845 ( Xuiz: Xosé García, tenente alcalde de Sárria, en funcións de Xuiz de Primeira instancia, por indisposición do titular )

16.-  CAUSA CONTRA MARCO LÓPEZ CARABANAS  E CARME LÓPEZ POR TRATO ILICITO  E OUTROS EXCESOS ( 1845 ) 

Acusados de trato ilicito e outros excesos Marco López "Carabanas" de Manán e Carme López, de Lezode, fuxiron e dan orde de captura. Sinais de Marco López: Talla alta, picado da virola, cor boa, barba pecha, veste pantalón de estopa, chaleque de pano negro,  chaqueta negra, sombreiro de pslls. Sinais de Carme López:  Talla curta,, cara redonda, cor boa, ollos castaños ,  pelo castaño ; veste saia de la, dengue de baeta encarnado, mantela de pano negro. A súa idade 40 anos. Xuiz:: Nicolau  Casanova.

17,. CAUSA POLA FUXIDA DUN REO LEVADO POR TRÁNSITOS CARA A CORUÑA ( 1845 )

O xuiz de Sárria interesa a captura de  XOÁN FERNÁNDEZ, natural e veciño de Madird, tendeiro, reo fuxido  cando por tránsitos era conducido ao cárcere da Coruña para cumprir  a condea imposta pola Audiencia Provincial. Sinais:  Talla 5 pes, idade  50 anos, cara redonda,  cor boa,  ollos negos,  nariz regular e pechado de barba negra;  veste calzón de pano escuro, faixa de estambre encarnado, chaleque de pano azul con botóns  de metal branco e pe de cadea, elástico de la ordinaria, medias de la branca e calcetas de fío, e chapeu calañés vello.

18.-  CAUSA POR ROUBO NA  CASA DO CASTRO EN SANTA CRISTIÑA DE PARADELA ( 1845 , 1846)

a) Por un roubo na  casa de Francisco López, da casa do  Castro en Santa Cristiña de Paradela o xuiz acorda o arresto  do "barroso" XOSÉ  IGLESIAS , de Carreira en Moreda de Chantada. Sinais: Idade de 40 a 50 anosm estatura 5 pés escasos, delgado de corpo e cargado de ombreiros,  cara redonda, cor trigueña, barba pouca e negra, pelo e ollos tamén negros, soe vestir  unhas veces pantalón de estopa, e outras de pano aprdo, chaqueta de isto mesmo e en outras ocasións  de pano azul, chaleque de cotí e chapeu de copa alta. 

b)  No roubo na Casa do Csstro na noite do 4 ao 5 de agosto de 1844 levaron 2 vacas de cor vermella , unha coa súa cría, de idade como de 6 anos, e a outra negra e de 8 a 9 anos, un pote de bronce, o seu porte 29 cuartillos, unha chaqueta e chaleque de   pano verde, 2 varas e media  de estopa, uns zapatos e unha camisa da muller do Francisco  .(6.12.1845) O xuiz  Estevo Sánchez exorta  para percurar  aos autores.

c)(  5.02.1846 ) Acordo de arresto de PEDRO LÓPEZ, do Val do Couto,  INACIO E LOURENZO  GÓMEZ POTEIRO de San Sadurniño de Chave. Sinais de Pedro López: 25 anos, estatura alta, pelo negro, cor trigueña, picado da virola, cara redonda, barba pouca, nariz afiado,  ollos azuis,  veste chapeu de sola, chaqueta e pantalón de pano pardo, chaleque negro e zapatos grosos. Sinais de Inacio Gómez Poteiro, 12 anos máis ou mneos,  estatura moi curta, pelo castaño,  cara alongada,  cor trigueña, barba lampiña. acostuma n traer  gorra de la branca, pantalón de estopa e un mandil tamén de la.Xuiz: Nicolau Casanova.

d) ( 11.04.1846 )  O xuiz acorda o arresto de MARÍA VIÑAS, de Segán no Saviñao. Sinais:  Idade 46 anos,  estatura regular , pelo, cellas e ollos negros, nariz regular , cara redomnda, cor trigueña; veste dengue, saia e mandil de picote.

19.- CAUSA POLA FUXIDA DUNHA MULLER CASADA EN RENDAR ( 1845)

MARÍA XOSÉ LÓPEZ, muller de Xosé Gómez , de Rendar fuxiu da casa familiar  e acorda o xuiz  que sexa arrestada e levada ao Xulgado, Sinais:  Talla alta, cara alongada, cor boa,  nariz regular, ollos e pelo castaños, chaqueta de cúbica e mantela de pano negro. A súa idade 22 anos. Xuiz : Xosé García, tenente de alcalde en funcións de xuiz,

 20.- CAUSA POLO ROUBO DUNHA  BURRA ( 1845 )

O 16 de marzo de 1845  roubáronlle a  Xosé Francisco  Bilar, da Casa de Neira de Vilaleo, unha burra  de cor castaño escura  de 5 cuartas e media de alzada, unha albarda, unha  manta encarnada moi usada de fábrica de Zamora, unha alforxa forrada de coiro e unha capa de pano "béjar".

21.- CAUSA POR MALOS TRATAMENTOS EN RENDAR ( 1845 )

Percura de HILARIO PARADA , de Santa María de Rendar, por dar malos tratamentos a Xoán Veiga. Sinais:  30 anos, estatura de máis de 5 pés, pelo negro, ollos castaños, nariz regular, barba pecha, cara redonda, cor boa,  viste pantalón e chaqueta de pano pardo, chaleque de la do paí e chapeu de copa alta portugués. ( Xuiz: Nicolau Casanova )

22.-  CAUSA POR MALOS TRATAMENTOS A UNHA MULLER EN ALBÁN ( 1845 )

Percura de  FRANCISCO RODRÍGUEZ de Sárria, PEDRO LÓPEZ e XOSÉ GARCÍA ,de Albán por malos tratamentos  a María Nogueira. Sinais de Pedro López:  Talla 5 pes, cara redonda,cor boa, ollos negros, algo poboado de barba, veste pantalón e chaqueta  de pano negro, chaleque de tea , chapeu de charoil. Sinais de Xosé García:  Talla regular, cara redonda, sen barba, ollos castaños, nariz afiado; de 21 anos, veste pantalón , pantalón de pano dazaoiteno, chapeu portugués e outras veces cachucha de pano. ( Xuiz: Nicolau Casanova )

23,. CAUSA POR AGOCHAMENTO DUN FUXIDO DE PRESIDIO ( 1845 )

O Xulgado de Sárria  encausou a  ROSA FERREIRO de San Vicenzo de Carracedo ( Láncara ) por encubridora de MANUEL RODRÍGUEZ, fuxido de presidio. Sinais do fuxido: Talla 5 pés e 3 polegadas, cara ancha, pelo e cellas  acastañados , ollos castaños, nariz regular, barba lampiña, cor trigueña.; Veste pantalón e chaqueta de pano pardo, chaleque de tea, chapeu de aba grande.

24.- CAUSA POR  ROUBO E MALOS TRATAMENTOS EN CARRACEDO ( 1845 )

Interesan a captura de MANUEL RODRÍGUEZ por roubo e malos tratamentos sufridos por Antonio Fernández de San Vicenzo de Carracedo ( Láncara ). Efectos roubados:  Tres camisas de home, dúas de muller, tres panos brancos de lenzo  con cenefa azul dous portugueses de percal encarnado e azul turquí con bandas  de pana dourada, tamén usados e un touciño. Sinais do Manuel Rodríguez ( ou Quiroga), fillo de Tomé e Ana Quiroga, de Carracedo, c asado, labrego  28 anos, ten pelo, cellas e ollos  acastañados escuros, nariz regular, barba lampiña, cor trigueña , cara ancha , estatura 5 pés e 3 polegadas. Xuiz: Nicolau Casanova.

25,--  CAUSA CONTRA OS MEMBROS DUNHA GABELA DE LADRÓNS ( 1845 )

O Xulgado persigue a MANUEL RODRÍGUEZ, de San Vicenzo de Carracedo, e outros , que pertencían á gabela  de ladróns  de MANUEL MARTÍNEZ "MOURILLÓN",  e acorda arresto tamén de XOSÉ PEREIRA, de Queizán, e de VICENZO RAMOS " aragonés". Sinais do Martínez:  Talla alta, cara redoinda, branco, barba pouca. Sinais do Pereira : Curto de talla, cara redonda, boa cor, barba pecha. Sinais do Ranos: descoñecidos. Todos tres vestían roupa nova de primavera. ( Xuiz: Nicolau Casanova ) 

(23.07.1846 ) Ampliación da causa contraVICENZO RAMOS ( @ "Aragonés ), MANUEL RODRÍGUEZ  ( @ Farfante ) e outros que pertenceron á gabela  de MANUEL MARTÍNEZ  ( @ Mourillón ), acordando tamén o arresto de XOSÉ FERNÁNDEZ PADUSCO ( O Novo ), de Santiago de Barreiros, ANTONIO DO VAL DE FURÍS ( Castroverde ) e ANTONIO LÓPEZ ( de Navarra ),Sinais de Xosé Fernández:  40 anos, talla 5 pés, cor branca , pelo negro, ollos negros, nariz regular, poboado de barba, viste pantalón pardo, chaqueta de pano "béjar" negro e chapeu portugués Sinais de Antonio do Val: 50 anos, talla  5 pés,  pelo negro, ollos castaños, nariz  grosa, barba pecha, cor branca. veste chaqueta de pelos negrs, chaleque  verde, pantalón negro remontado de pano verde , chapeu branco rondeño  e zapatos de coiro.( Manuel López Somoza, Primeiro Tenente de Alcalde de Sárria, en funcións de Xuiz )

26.- CAUSA  POR  LESIÓNS A UN VECIÑO DE ALBÁN ( 1846 )

Na noitiña do 16 de marzo de 1846 foi ferido Xosé González, de Santa María de Albán, por ANTONIO TOURÓN ( @ Piorneiro ) de San Miguel de Piñeira. Sinais do agresos: Maior de 40 anos, estatura 5 pes ; pelo castaño, ollos negros, nariz regular, barba roxa, cara regular,cor boa; veste pantalón e chaleque azulk, chapeu portugués de copa alta usado ( Xuiz: Nicolau Casanova ) . ,

27,.  CAUSA CONTRA VECIÑOS DO CONCELLO DE RENDAR  POR ESTAR AO FAVOR DA REBELIÓN ESTALADA EN LUGO(  1846  )

 Por tomaren parte en favor da rebelión estalada en Lugo o 2 de abrilde 1846 o Xulgado percura a detención de XOSÉ LOSADA RODRÍGUEZ ( de Santa Cristiña do Viso ), XOÁN RODRÍGUEZ (sw San Salvador do Mao ) e XOSÉ CALDAS  ( de Santa María de Reboiro )- Sinais do Losada: 22 anos, altura 5 pés ben cumpriods,cara redonda, cor trigueña, barba lampiña, pelo, cellas e ollos negros,Veste pantalón  de estopa, chaleque  de pano negro, chaqueta de la branca  e sombreiro de palla. Sianis  do Rodríguez:  22 anos, estatura regular, cor trigueña, pelo, cellas e ollos negros, Vestía pantalón de estopa, chaleque de la branca, chaqueta de pano pardo e chapeu de cartón  de copa baixa. Sinais do Caldas:  22 anos, 5 pés cumpridos, cara regular, barba lampiña, pelo, cellas  e ollos negros.- Vestía pantalón de estopa , chaqueta de pardo, sombreiro de palla e zapatos de correa ( Xuiz : Nicolau Casanova )

28.-  CAUSA POR ROUBO NA FEIRA DA CRUZ DO INCIO ( 1846 )

Acordan o arresto de PEDRO VÁZQUEZ  (@ Chavago ), de San Salvador do Mao, por roubar a María Fernández, de Lugo. Efectos roubados: 10 panos de seda con varios cores de  unha vara, 2 de "casimiro" de cor rosa e os 6 ao completo de herbas  ou fondo encarnado tres  e os outros negro. Sinais do Vázquez: 58 anos máis ou menos, altura 5 pés ben cumpridos, barba e pelo canos, cara alongada con unha marca na meixela esquerda, cor trigueña, nariz afiado, cellas e ollos negros. Veste calzón , chaqueta de pano pardo, chaleque de picote e chapeu portugués vello. ( Xuiz:: Nicolau Casanova ).

29.- CAUSA POR ROUBO A  RAMONA VILA ( 1846 )

Acordo de arresto de XOSÉ FERRIRO VILA . de Santa María de Queizán, por roubar a Ramona Vila.  Sinais: 24 anos, pelo e cellas negros, ollos negros, mariz regular, barba pecha,  cor trigueña, cara redonda, estatura 4 pes e 6 polegadas e liñas; Vestia cachucha  de pano azul con un botón arriba, chaqueta de pano de cor aceitona  usado, chaleque do mesmo pano e cor, pantalón de pano "tarazona" ( Xuiz: Manuel López Somoza )

30.-  CAUSA POLO ASALTO  DUNHA CASA EN PIÑEIROÁ DE CEDRÓN ( 1846)

Na alta noite  do 27 ao 28 de outubro de 1846 foi asaltada a casa de  André López do Río en Piñeiroá ( Santiago de Cedrón )por máis de catro anos armados con carabinas e sables. Sinais: Dous deles  erande idade de 28  a 30 anos, ben traxeados, estatura regular, brancos de cara, sen patillas, con panos emobozados ou mal postos tapados o pescozo e parte da barba: Outro con pantalón de gris, chaqueta negra con botoadura  de metal amarelo, chapeu rondeñlo cunha borla na aba e outra na copa. Outro traía un chapeu de xunca da palma dos da Coruña de  aba  ancha, copa circular  e baixa. E oiutro viña mal traxeado , moreno,  e marcado de virolas,  estatura menor dos  5 pésm  cun pau na man  e os outros un cun sable  núo  e o outro cunha carabina , que era o do pantalón gris, Falaban ao estilo do país ( Xuiz : Pedro María Penzol).

31.-  CAUSA POR DEMISIÓN DE BENS A FAVOR DE ACREEDORES  ( 1846 )

PEDRO SANTISO  QUIROGA, de San Vicenzo de Carracedo, en 30.07.1846 dimitiu dos seus bens  en favor dos cretos  debidos a varios suxeitos.( Xuiz:  Pedro María Penzol Lavandera ).

32.-  CAUSA POR ROUBO NA IGREXA DE SAN ROMAO DO MAO ( 1849 )

Na noite do  7 a 8  de xaneiro de 1849 roubaron na igrexa de San Romao do Nao:  Un cálice e patena,  1 botafumeiro coa súa naveta,  e cruz sen o remate de abaixo. O cálice  e a patena eran  de prata bastante usada  e sobredourada pola parte de dentro e o vaso do cálice, sendo de bronce a cruz que tiña un crucifixo do mesmo metal, lisa e de planchas cravadas riba da madeira, sendo de metal tamén a naveta,

33.-  CAUSA POLO ROUBO DUNHA MULA EN RONFE ( 1849 )

Arresto de  XOSÉ TREBOLLE de Santa Mariña de Rubín polo roubo dunha mula  a Xosé Camba Taboada, dono da Casa de Ronfe. Sinais: 40 anos, estatura 5 pés,  cor morena, naríz grosa, pelo castaño escuro, barbilampiño.

34.-  CAUSA POR ROUBO EN BACORELLE- CASTRO DE REI DE LEMOS  ( 1849 )

Na noite do 14 ao 15 de novembro de 1849 roubaron na casa de  Brais e  Xoana Pérez de Bacorelle ANTONIO RODRÍGUEZ ( @ Asturiano, criado deles ), XOSÉ e PEDRO MÉNDEZ, veciños do Mosteiro Vello,MARÍA MANUELA RODRÍGUEZ MÉNDEZ, esposa de Agostiño González de Bacorelle, e outros. Sinais de Xosé Méndez: 30 anos, pelo castaño escaso, cara regular, cor boa , barba non moi poboada de cor castaña escura o mesmo que os ollos,veste  decentemente ao estilo do país, chapeu rondeño portugués e calza botas.Sianis de Pedro Méndez: 18 anos, estatura 5 pes, cor boa,  pelo e ollos castaños, cara e nariz regulares e sen barba ;veste pantalón azul celeste remontado, chaqueta e chaleque negro e chapeu rondeño, portugués. Sinais de Antonio Rodríguez ( @ Asturiano ):  40 anos, talla cumprida, pelo longo e negro, barba poboada, nariz regular, cor trigueña ; é coxo dunha perna; veste de pano de cor negro vello e sombreiro de palla. Sinais de María Manuela Rodríguez Méndez: 22 anos, estatura alta, cara alongada,  boa cor,  nariz afinada,  boca pequena, ollos castaños, pelo roxo; veste decentemente ao estilo do país. ( Xuiz: Inacio Suárez )

35,.  ADXUDICACIÓN EN USUFRUTO  DOS BENS DA CAPELA DE SAN MAURO ( 1850 )

XOSÉ  DA TORRE , de Santa Cristiña de Paradela, posuedor da Casa de Bermil,  pide a adxudicación  en propiedade  e usufruto dos benes  da capela vacante de San Mauro.( Xuiz: Gregorio MªCouceiro )

36.-  CAUSA POR INTRUSISMO NA ARTE DE CURAR ( 1852 )

Percura de  MIGUEL LÖPEZ, do lugar do Barco, en Portomarín, e veciño de San Xulián de Frades, por terse intrusado na arte de curar, causando instantáneamente a morte de Xacinta López,  de San Miguel de Vilapedre. Sinais :  36 anos, cara redonda, ollos pardos, nariz regular, barba castaña,; vestido decente ( Xuiz: Gregorio mª Couceiro)

37.-  CAUSA POR AMEAZAS (  1851 )

Percura   de FRANCISCO PÉREZ, de San Pedro de Láncara,  acusado de ameazas  a Dores Sánchez,  de San Xulián da Veiga. Sinais: Maior de 25 anos,  estatura 5 pés,  cara longa,  cor morena,  boca e mariz regulares, pelo e ollos castaños ; veste pantalón de pano verde, chaleque de circasiana, chaqueta de dazaoiteno e chapeu calañés. ( Xuiz: Gregorio Mª Couceiro )

38.-CAUSA POR DESAPARICIÓN DUNHA ÉGOA (  1851 )

O 18 de xuño de  1851 desapareceu  unha égoa que estaba  nunha finca  de Francisco Tourón de Vilamaior de Paradela ( Lobataira ).  Sinais do animal:  alzada de 6 cuartas e media, cor castaña, calzada de pés e mans, topina con lunar  branco no costelar dereito.

39.-CAUSA POR ROUBO DO PETO DE ÁNIMAS NA IGREXA DE LIER ( 1852 )

Percura  de PEDRO DÍAZ, de Mondín, parroquia de Santa María de Lier,  por roubo do peto de ánimas da igrexa da súa freguesía. Sinais:  Maior dos 60 anos,  estatura, boca e nariz regular, pelo e barba canosos; ollos castaños, cara alongada, cor trigueña; vestía  pantalón e chaleque de dazaoiteno negro, chaleque de pano azul, chapeu de fábrica portuguesa e calza zocos de pau dos do país ( Xuiz: Gregorio Mª Couceiro ),

40.-  CAUSA POR FURTO  EN TEIXEIRA DE SAN SALVADOR DO MAO ( 1854 )

 Percura de  PEDRO VÁZQUEZ  ( @ Chavagós ) de Teixeira- San Salvador do Mao , para ingresar no cárcere  do partido  polo furto de dúas fouces de monte a Antonio Ferreira de  Fonteita do Corgo. Sinais:Idade 59 anos,  estatura mediana, pelo canoso,  boca e nariz regulares,  ollos abrancuxados e nun deles ten unha úlcera cancrosa; veste pantalón curto, chaqueta e chaleque mendados e sombreiro de palla vello na cabeza,( Xuiz: Francisco Losada Aguiar )

41.-  CAUSA POR ROUBOS  AO CURA DE SAN MARTIÑO DA TORRE E NA TABERNA DE GRALL.AS ( 1854 )

Percura de NICOLAU DE CASTRO, de Santa Mariña de Adai do Páramo e outros polos roubos  na casa de Manuel González de la Rivera, cura de San Martiño da Torre e na  Taberna de Grallás, de María López. Sinais do fuxido: 25 anos, estatura cumprida,pelo negro, ollos castañso, nariz anchio, barba lampiña, cara regular, cor trigueña; veste pantalón e chaqueta de pano castaño escuro, chaqueta de tea circasiana e chapeu calañés. ( Xuiz: Francisco Losada Aguiar )

42.-  CAUSA POLA QUEIMA DUNHA CASA EN MARTÍN ( 1855 )

Percura de PEDRO DA TORRE, veciño da aldea de Fontes en Santa Mariña do Incio, por incendio da casa de Xosé Vizcaíno, de Martín, na mesma parroquia, e por roubo de efectos. Sinais:  40 anos, estatura , boca e nariz regulares, pelo negro, ollos castaños; veste pantalón  de pano pardo, chaqueta de embarcado negro, ( Xuiz: Francisco Losada Aguiar )

 43,-. CAUSA POR ROUBO E LESIÓNS AO PÁRROCO DE POUSADA-A FONSAGRADA 

( Auxilio Xudicial ) O Xulgado da Fonsagrada solicita colaboración para deter a XOSÉ MÉNDEZ, natural de Bacorelle , parroquia de Castro de Rei de Lemos, por rpoubo e lesións  corporais a Xosé Antonio Sobrado, pàrroco de San Lourenzo de Pousada. Sinais:  34 anos, estatura 5 pés cumpridos, cara longa e chea,, nariz regular, pelo e ollos castaños escuro, barba poboada, cuxa patilla sacou durante a súa estadía no cárcere da Fonsagrada; veste  de pantalón de pano pardo aberto por diante, chaleque de pana. Fuxido en mangas de camisa, sen chapeu , que o deixou coa chaqueta. Zamarra de pelos que soe traer.

44.-  CAUSA POR INTENTO DE ROUBO EN GAVELA ( 1852 )

(Auxilio Xudicial ) O Xulgado de Lugo interesa a captura de FRANCISCO LÓPEZ, da Candela, parroquia de San Miguel de Monseiro, e DOMINGOS VALÍN, de Santiago de Cedrón, por intento de roubo en gavela na casa de André López e Xosé  López de Piñeiroá. Sinais do Francisco López: Estatura regular, cara redonda, cor trigueña,  26 anos;: veste pantalón branco de estopa, chaqueta de pano pardo, chaleque de casiana, sombreiro de palla e calza zapatos. Sinais do Domingos Valín: Estatura 5 pés, cara redonda, nariz regular, ollos castaños, pelo castaño, cor boa ; e veste pantalón e chaqueta de pano pardo, zapatos de coiro e zxapatos de pau.

45.-  CAUSA POR ROUBO FRUSTRADO DE MILLO EN ZANFOGA DE SAN PEDRO DE MASIDE ( 1857 )

O Xulgado acorda a prisión de NICOLAU e ROSENDO RODRÍGUEZ, da aldea de Zanfoga-Maside, por  roubo frustrado de millo a Xosé Losada, de Carreiroá, na mesma parroquia. Sinais de Nicolau Rodríguez:  20 anos, estatura regulñar, pelo e ollos castaños, cor boa, sen barba ; veste pantalón de casiana mendado, chaleque  de pano castaño vello e chapeu negto de feltro. Sinais de Rosendo Rodríguez: 18 anos, estatura curta, pois é afeminado, pelo e ollos castaños, boca e nariz regulares, é coxo do pé esquerdo,; veste pantalón de estopa., chaleque  moi vello de pano e sombreiro de palla,estopeado, calza zocos.( Xuiz : Bieito María Fole )

46.- CAUSA POR  ROUBO NA CASA DA AGRACEIRA, PARROQUIA DE SANTO ANDRÉ DE PARADELA , EN SÁRRIA( 1857 )

Na noite do 26 de febreiro de 1857 dous homes  descoñecidos entraron na isolada Casa da Agraceira ( Santo André de Paradela-Sárria )  e roubaron os seguintes efectos: 171 reais en napoleóns , 6 ou 7 reais en calderilla, un aderezo de prata afiuliquinado de uso dunha muller, 5 camisas de home, de lenzo, uns calzonciños de lenzo, unha servilleta de a vara de ancho coa súa  cenefa darredor , 25 panos dos que2 son de seda, un cor de rosa, outro de distintas cores, outro de lanciña, 6 de lenzo e os demais  muselinas e algodón, catro pares de carpíns  e 2 de medias . ( Xuiz: Bieito María Fole ).

47.-  CAUSA POR FURTO DUNHA MULA EN EIREXALBA ( 1857  )

O día 15 de agosto de 1857 roubáronlle  a Manuel Casas, de Eirexalba , unha mula  de cor negra, de 7 cuartas de alzada, de 4 anos,  con 5 botóns de fogo de feitura recnte na man esquerda e unha chaga no interior , estaba aparellada  con albarda e un cobertor  con manta nova. ( Xuiz: Francisco Losada e Aguiar )

48.- CAUSA  POR FURTO  DUNHA ÉGOA EN SAN MIGUEL DE VILAPEDRE ( 1858 )

Na noite do  26 ao 27  de novembro de 1858 roubáronlle a Xoán Franco, de San Miguel de Vilapedre, unha égoa de cor castaño escuro, de   6 cuartas e media de alzada, pouco máis ou mneos, calzada dos dous pés , leva unha estrela branca na fronte, aparellada de albarda, atafal e atufariña zamoráns,  unha colcha nova de cor branca e azul , outra usada, outro aparello encarnado, un cobertor branco usado, dous estribos de ferro, que tiñan un arame para colgar as correas , da que unha é nova  e a outra usada, tendo levado pero non as brillas  e tamén a pel dun can cor parda  que servía de aparello, e por separado os ladróns levaron do Franco vara e m,edia  de pano pardo monte. ( Xuiz: Francisco Losada e Aguiar ),

49.- CAUSA POR FURTO NUNHA TULLA EN SAN XULIÁN DE MEIXENTE ( 1858 )

Na noite do 30 ao 31 de xaneiro de 1858  ROQUE DO SISTO, de San Xulián de Meixente, roubou na casa de  Felipe López do Páramo, de Santalla de Arxemil, cantidade de centeo que este gardaba na súa tulla. Sinais persoais: Talla cumprida,  cara alongada, pelo castaño, barba castaña, calzón curto  e almilla encarnada, de uns 50 anos  ( Xuiz: Francisco Losada e Aguiar )

50.- CAUSA POR FALSO TESTEMUÑO ( 1859 )

BRAIS RÍO LÓPEZ, de Santa Marta de Castroncán e  XOSÉ RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, de Santa María de Suñide,  son perseguidos para que ingresen no cárcere de Sárria, para cumpriren condena por falso testemuño.  ( Xuiz: Francisco Losada e Aguiar ).

 51.-  PERCURA DUN CONDENADO ( 1860)

DOMINGOS ANTA VALCARCE, veciño de Sárria, é percurado  para que entre no cárcere para cumprir  100 días de prisión correccional.( Xuiz:  O de Paz,Xoán Saco Quiroga, por ausencia do titular )

52.- CAUSA POR FURTO DE XESTAS (1860 )

ANXO TOURÓN, de Mendrós, na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria, acusado de roubar xestas a  André de Reboredo, de Mendrós. Sinais particulares: 15 anos, estatura curta, cor trigueña,  boca e nariz regulares, pelo e ollos castaños ; veste  pantalón de tea e de estopa,chaqueta de pano pardo,  chaleque do mesmo moi usado, calza zocos de pau e sombreiro de palla na cabeza ( Xuiz: Francisco Losada e Aguiar ).

53.- CAUSA POR DESERCIÓN DUN VECIÑO DE VILAPEDRE ( 1862 )

( Auxilio Xudicial ) O Xuiz de Reinosa, Pedro Sagastizábal , empraza a  ANTONIA RODRIGUEZ, viuva , de San Salvador de Vileiriz, accidentalmente moradora en Reionsa,  e  a DOMINGOS PÉREZ, por complicidade  na fuxida de  MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ, quinto do último remprazo

54.- CAUSA POR FALSO TESTEMUÑO ( 1867 )

Resultan emprazados: XOSÉ MARTÍNEZ, de Santa Mariña do Incio, XOÁN TABOADA, de San Vicenzo de Froián, INACIA NAVIA,  de Santa María de Suñide, MANUEL LÓPEZ, de San Martiño de Louseiro e RAMÓN CALDEIRO, de Soaxe, en Santiago de Cedrón, acusados de falso testemuño ( Xuiz: Xosé María Noriega ).

55 ..  CAUSA POLA DESAPARICIÓN DA MULLER DUN VECIÑO DE SAMOS ( 1867 )

Emprazamento der  FRANCISCO GRANDAL ROSENDE, casado, de San Martiño do Real, por pagamento de custas  debidas pola desparición da súa muller Xosefa Montero López ( Xuiz: Xosé María  Noriega )

56.-  CAUSA POR DESORDES PÚBLICOS E OUTROS EXCESOS EN SAMOS ( 1869)

Emprazamento  de MANUEL IGLESIAS  VALCARCE  de San Paio en San Cristovo do Real, e de SEVERO LÓPEZ , de Vilamelle, en San Mamede do Couto, por desordes públicos e outros excesos ocorridos no distrito de Samso os días, 15, 17 e 18 de abril. Sinais  de Manuel Iglesias:  52 aanos, estatura regular, pelo cano,ollos castaños, nariz regular, barba poboada, cara ancha, cor boa,  picado de virolas ; veste chaqueta de pano, pantalón de pardo monte, chaleque de pano, chapeu redondo e choto, calza zapatos de coiro. ( Xuiz: Gregorio Vieito de Hoyos ).

57.-  CAUSA  POR LESIÓNS A UN VECIÑO DE ACEVEDO EN CASTRO DE REI DE LEMOS ( 1870 )

Emprazamento de  PEDRO ( @ ) MAROTO, de iñorada  natureza e veciñanza e de MANUEL LÓPEZ, de Feás, en Castro do Rei de Lemos, por lesións a  Francisco López, de Acevedo-Castro de Rei de Lemos (  Xuiz: Ramón Guerra e Neira )

( 1873 )

58.- ROUBO SACRÍLEGO DA CRUZ MAGNA DE SAMOS E OUTRAS ALFAIAS (  24.01,1873 )

Requisitoria   na persecución dos autores do roubo  feito na sancristía  da igrexa do Mosteiro de Samos o 24.01.1873. Obxectos roubados: Cálice de prata cicelado, doado pola raiña Isabel II- Unha patena e unha culleriña. cálice liso de paratm patena e culleriña, outro cálice liso e patena de prata de feitura antiga, un pratiño e viñaxeiras de prata, " Unha cruz grande nomeada "A MAGNA" de antiquísima construción.de prata e falsas pedras, tendo en letras góticas a inscrición " O abade Brandila  regala este signo aos monxes de Samos". A cruz parroquial de prata.- Un botafumeiro de prata de bon tamaño. un viril dourado ao fogo, tres crismeiras de prata, un relicario  para o Viático , unha coroa da Virxe e uns pendentes de prata , dourados. ( Xuiz, Manuel Rivera, en funcións de Xuiz de Primeira Instancia,  29 de xaneiro de 1873 )

                                               (  1873 )

59.- ROUBO SACRÍLEGO  NA IGREXA DE SANTIAGO DE TOLDAOS-  O INCIO  ( 15.16.01.1873 )

Requisitoria para  deter e poñer no cárcere aos autores do roubo feito na igrexa de Santiago de Toldaos ( no Concello de Rendar ) na noite do 15 ao 16 de xaneiro de 1873. Obxectos roubados:  Dous candeeiros  de metal amarelo  da altura de medio metro,  un cálice coa súa patena  de prata dourada, unha alba de lenzo do país e dous amitos  do mesmo xénero, de medio uso e outros ornatos (  Xuiz de Primeira Instancia de Sárria, Ramón Guerra Neira,  3 de febreiro de 1873 ).

60.-   CAUSA POR DENUNCIA FALSA ( 1877 )

Emprazamento de XOÁN CORTIÑAS SAAVEDRA, de Santiago de Toldaos, acusado de denuncia falsa ( Xuiz: Ramón Guerra e Neira ).

61  .-  CAUSA  POR ROUBO AO CURA DE BARÁN, EN PARADELA ( 1877 )

Inreresan a captura  de XOÁN FERNÁNDEZ DÍAZ, solteiro, de 46 anos,  veciño de Barán, ausente, acusado de roubar ao cura de San Pedro de Barán.

62.-  CAUSA POR ROUBO NA IGREXA DE CASTRO DO REI DE LEMOS (1880 )

Persoas descoñecidas roubaron  na igrexa de Santa María de Castro do Rei de Lemos de onde levaron unha sotana  e de 90 a 100 libras de cera.

63 -  CAUSA  POR ROUBO NA IGREXA DE SANTA MARÍA DA LAMA ( 1884 )

Uns descoñecidos   roubaron  varios efectos de ouro e prata e unha caixa de prata con reliquias de San Vitoiro  que se gardaban na igrexa de Santa María da Lama .

64.-  CAUSA POR UN HOMICIDIO EN GOIÁN  ( 1902 )

Percura de  HENRIQUE PAZ SOMOZA, de San Miguel de Goián,  acusado do homicidio do seu veciño Antonio Pérez López. Sinais particulares:  25 anos,  solteiro,labrego ,  estatura 1,70 metros, delgado de cara  e corpo, usa bigote, barba rubia, sen marcas, veste pantalón de pano claro,usa boina azul, calza borcegués de becerro dos chamados de chanclo e camkisa de franela con listas.

65.-  CAUSA POR UN HOMICIDIO ( 1903 )

Interesan o arresto  de MANUEL LÓPEZ ( @ ) CALLAO, de 23 anos,mías ben groso ca delgado, sen marcas , afeitado, pelo negro e longo, ollos mnegros, nariz regular ; veste traxe de pana negro, camisa branca de lenzo do país, zapatos usados de becerro e chapeu branco. Acusado de homicidio.

66-  CAUSA POR UN HOMICIDIO ( 1904 )

Interesan o arresto de  XOSÉ MARÍA LÓPEZ FENÁNDEZ de Vilaesteva , solteiro, 24 anos,  fillo de Domingos e Froilana,  estatura regular,  cor trigueña, cara redonda, picado de virolas,  pelo e barba de cor negra, afeitado; veste chaqueta e chaleque de  cor abrancuzada, pantalón de tear,calza zocos, non ten marcas. Está fuxido e é acusado de homicidio.( Xuiz  Luis María de Mesa )

67.-  CAUSA POR UN HOMICIDIO EN SAN XULIÁN DE MEIXENTE ( 1908 )

FRAIZ VÁZQUEZ ARIAS, fillo de Domingos e Antonia, veciño do Currial, na parroquia de San Pedro de Maside, é acusado da morte de Manuel Vázquez Arias , de San Xulián de Meixente.




Comentarios

Publicacións populares