O CORPUS EN LÓUZARA ( SAMOS )
A FESTA DO CORPUS CHRISTI EN SAN XOÁN DE LOUZARA ( 1881 )
Da man de ENRIQUE CASTILLO SILVA que publicou a súa vivenza da festividade do Corpus Christi na parroquia samonense de San Xoán de Lóuzara no DIARIO DE LUGO coñeceremos dúas curiosas manifestacións culturais : os danzantes da procisión do Corpus e a representación teatral que se facía na tarde no campo da festa. Debidamente anosado publicamos as impresións de Castillo Silva
UNHA ROMARÍA DO CORPUS
"Os máis ignorados recantos como os máis populosos centros do mundo católico, celebran o día do Corpus con festexos axeitados ao caso e aos costumes do país, e as aldeas, máis cas cidades , botan como se soe dicir o resto , para darlle mías brillantez e grandiosida ás súas romarías.
Unha das innumerables e máis nomeadas desta contorna, concorrida e animada como poucas , ten lugar a dúas légoas de Samos, en Lóuzasra, extensa parroquia constituida por pequenos pobos agochados na estreitas e caprichosas valgadas que forman no seu descenso as elevadas montañas do Courel. Os camiños case impracticables que teñen por ceo as fermosas canipas entretecidas de carballos e castiñeiros seculares, as pinas vereas rodeadas de verdes seara e prados vizosos, vense dende moi cedo cruzadas polos satisfeitos e sinxelos campesiños que ataviados cos seus mellores traxes, van cheos de santa unción e de bon humor a oir misa , formar na procisión e a ver as danzas e comedisas anunciadas tempo antes na parroquia e na contorna.
É a hora xa no reloxo do señor cura, as campás repinican alegremente e a tradicional gaita acompañada de tambor e do disonante e insoportable bombo, cuxa introdución como instrumento popular en Galicia é de lamentar, diríxese á antiquísima e pobre Igrexa, onde vai servir de orquestra durante o santo sacrificio Celebrado este coa pompa posible, que sempre é nas aldeas humilde, sae a prtocisión a percorrer o adro.
Van de diante da Virxe, sen deixaren de bailar, oito barís mozos vestidos con abigarrados chaleques e aadornados de bandas de diferentes cores , pequenas bandeiriñas que axitan ao compás do seu baile e rodeada a cabeza por panos postos ao xeito de aragonés. Desde o momento en que comezan a xeral atención , sen esquecer o sagrado acto, fíxase moi especialmente nos bailaríns.. É de ver o primor co que manexan as súas bandeiras, as espadas e xogan os seus arcos , avanzan unhas veces, retroceden outras e voltos cara a santa imaxe, bailan sen parar ao son que lles tocan.
Remata a parte relixiosa e as xentes retíranse a xantar baixo da sombra das árbores ou á casa de algún amigo onde todo o mundo se senta á abondosa mesa para comer o ben sabido csbirto, prato obrigado en todas as festas desta terra, remollado co fresco e agradable viño de Lemos e polo serán cando xa os raios do sol non enoxan, ben omidos e ben bebidos, aínda que sen exceso, voltan os romeiros ao campo onde van facer as comedias.
Os mesmos danzantes son os autores de tan extravagante espectáculo que conta séculos de antigüidade, A obra que representan quere parecer o relato dalgún episodio dos tempos do Campeador. O gracioso interrómpeos con chistes e abre o circo-teatro , pallizando cun ramallo aso garulos, o que fai que a moitedume ceibe grandes gargalladas. O rei mándalle ao Cid que vingue ao seu pai deshonrado e o obediente vasalo, montado nun cabalo de madeira de media vara que leva pendurado dun ombreiro, dá morte e bailandi ao que proferiu a ultraxe, recibindio en pagamento e como premio a tal fazaña a man de Xemena , que é un rapaz con cara e vestido de muller . O diálogo é orixinalisimo, díno como saben, moi de corrido e con esa acentuada entonación que usan os fillos da montaña e que en moito se semellaao canto de cego. Estes sona garndes rasgos descritos as danza do Corpus en Louzra que non se diferenbciarán moitodos dos "seises" de Sevilla máis que no traxe no aire, nos movementos , na musica e na comedia.
A muiñeira xa sabida bailada por bons mozos e moi lindas rapazas é a fin da festa e entrada a noite voltan todos aos seus respectivos fogares en ledas e bulidoras caravanas levando gratss lembranzas do día e quedando de tanta barafunda e xolda , ben cheos os petos dos taberneiros e rosquilleiras , algún que outro amos, imos dicir , ao xeito do país e "hasta outro ano si Dios é servido".
Xuño de 1881
ENRIQUE CASTILLO SILVA
Nota: Tres son as parroquias coñecidas nas Terras de Sárria onde aparecen documentadas danzas procesionais:
1.- En San Salvador de Sárria, na procisión do Corpus ( até finais do século XVIII )
2.- En San Xoán de Lóuzara. Descoñécese cando rematou o costume.
3.- En San Cristovo da Cervela, onde se mantén viva a tradición na procisión das súas festas.
... Coñecida a existenza de danzas e comedias en San Xoán de Lóuzara, sería de interese pescudar na memoria colectiva da parroquia e nos papeis das familias , por se fose posible coñecer o texto das comedias ali representadas nas últimas décadas do século XIX
Comentarios
Publicar un comentario