A FORTALEZA DE SÁRRIA
A FORTALEZA DE SÁRRIA
( Traballo publicado por FRANCISCO VÁZQUES SACO no Programa das Festas do San Xoán de Sárria do ano 1949 )
Así chaman os antigos documentos sarriaos ao castelo que coroaba o espléndido castro , defensa de doriquísimo val , por una de cuxas abas serpea a rúa máis antiga da vedraña vila.
Da vetusta fortificación só se conserva hoxe unha torre que, elevada nun dos ángulos da fortaleza , servía de defensa dos flancos . De trazado semicircular , coroada de ameas, rasgada aquí e alá por seteiras , cuberta de robusta bóveda no seu recinto interior , a súa fábrica primitiva chegou a nós con notables alteracións , impostas por obras posteriores de solidificación.
A incuria dos homes e a incuria dos tempos, non permirios que chegase a nós até a máis mínima lembranza gráfica do monumento militar , dende onde exercían a súa xurisdición na vila e nun amplño sector da coarca os marqueses de Sárria. Segundo a tradición, a fortaleza constaba de catro torres, e unha delas era a da homenaxe nomeada especialmente nalgunhas escrituras.
Pouco máis sabemos da súa historia, e os datos que chegaron até aquí andan espallados e son non pouvas veces confusos .
Imos a reunilos sumariamente , enadindo aos xa coñecidos algúns inéditos.
Pasamos por alto a data da súa construción, por hoxe descoñecida, para situarnos no ANO 1467 , no que comezou a guerra dos IRMANDIÑOS.
Polas declaracións do proceso ao que a dita guerra deu lugar , recollidas por Couselo Bouzas na "Guerra Hermandina" sabemos que uno de sus jefes DIEGO DE LEMOS , percorría os territorios de Sárria, Monforte e Chantada cun exército de máis de 15.000 homes, e que obraban combinadas contra os seus señores, as Irmandades de Lugo, Sárria e Terra de Lemos.
Ao exército mencionado pódese apoñer con sólida probabilidade a destrución da fortaleza sarriá , xa que a destrución dos castelos foi o grito de guerra e primeiro obxectivo daquel magnífico esforzo dos peiteiros , malogrado por entoldadas inxerencias e bastardos intereses.
VASCO DE APONTE , que escribía nos primeiros anos do século XVI , dí que os viláns botaron por terra todas cantas fortalezas había en Galicia.., agás a de Pambre.
O LICENCIADO MOLINA , que escrbía setenta anos despois, dos sucesos, non cita a de Sárria entre as derrubadas pero a súa relación é moi incompleta e confiada na memoria.
BOÁN no século XVII , enade algunhas ás citadas polo Molina e entre elas inclue as de Castro Caldelas e Sárria, mais advirte que destas só foron desfeitas as fortificacións exteriores-
Emporiso as testemuñas que depoñen no pleito derivado da Guerra dos Irmandiños , afirman que a FORTALEZA DE SÁRRIA foi derrubada sen faceren distinción algunha coas demais.
Instuiuse o expediente cando xa a fortaleza fora reedificada e en relación con este suceso, din as testemuñas que, cando o Conde reedificou Sárria tiña por meiriño a MEN DA RIBEIRA , que dirixiu toda a reedificación , e obrigaba aos seus vasalos a concorreren coa súa persoa , carro e bois , executano ao que faltaba , ao pagamento de 600 maravedises para a reedufucación desta fortaleza ( Couselo Bouzas, o.c.).
Así rematou aquel triste episodio da nosa historia , que puido ser glorioso, e no que os IRMANDIÑOS acabaron rematando co seu suor o que botaran por terra co custe do seu sangue.
Entre os castelos visitados por XOÁN DE BUSTAMANTE , en virtude de auto da Real Audiencia de A Coruña, de 17 de maio de 1603, figura o de Sárria . A visita tiña por obxecto ordear " se terraplenen e ceguen os cabozoz, masmorras e covas e alxibes que teñen baixo terra , de que usan para prisión as fortalezas e no seu lugar se constrúan cárceres"
Poucos meses despois, no de decembro do mesmo ano, ÁLVARO DE LOSADA, ao tomar posesión dos seus cargos de ALCALDE e XUSTIZA MAIOR DA FORTALEZA E MARQUESADO DE SÁRRIA , facía inventario " do que avia e quedava". Por ser inédito e conter noticias curiosas do estado e dependnecias da fortificación, transferímolas direitamente:
" No patio unha cadea e un capacete co que se saca auga do pozo.
" Na cociña baixa achouse un banco de catro pés ; achouse no patio un tiro largo que ten seis argolas.
" Maís outro tiro longo e delgado.
" Máis outro tiro máis groso e curto.
" Máis na roda outras dúas culatas curtas.
" Máis na porta da adega outro tiro que dixeron chamarse culata
" Máis achouse no alto, nun aposento, un cofre de ferro aberto
" E non ze achou na dita fortaleza e todos os seus aposentos , aínda que se miraron un a un, outra cousa
" E así mesmo achouse , mirando a dita fortaleza, que tiña necesidade de reparos especialmente de retellala, porque chove nela en moitas partes
" Achouse que no baixo , a carón da porta da cabalariza, unha parede que está por onde se entra para o cubo dacarón da porta de ferro, que ten a porta por onde se entra ao dito cubo , cáese e está moi torta.
"Na sala grande baixa , falta un pedazo do chan dela, e noutras partes está desfeito o cal e argamasa do chan dela e ten buracos.
" A sala principal de arriba , que está polos corredores, está desfeito a carón da cheminea e un bon pedazo do que é cal e argamasa
" Nos corredores altos faltan moitos balaustres do dito corredor e táboas do solo e do faiado alto,
" As escadeiras por onde se sobre á TORRE DA HOMENAXE , desfeitas e podridas , de xeito que se pode mal subir por elas
" Os CUBOS DA HORTA non teñen portas.
E estes reparos e outros ten necesidade a dita fortaleza, e en particular, e máis necesario , de tella para retellar en moitas partes nas que chove, por cuxa causa hai falta de táboas or estar podridas coa auga e goteiras dos aposentos sobreditos que soben á torre , e nalgunhas partes están as paredes febles e non moi seguras,
E tamén en algúns apsosentos non están postas as portas neles, aínda que están feitas de novo efltanlles goznes e pechos, e isto é nos aposentos que din do alcaide. E o mesmo é mester repara de novo a PONTE LEVADIZA que entra ao patio da fortaleza ( Protocolo de Gregorio de Pedraza , 1603. Arquivo Notarial de Sárris.
Para rematar estes xa longos apuntes , recollemos a notocia que nos conserva o Libro de Actas do Concello de Sárria na correspondnet ao 16 de Xuño de 1842. Nela dan conta de que o apoderado xeral do Conde de Lemos "concede de balde a este Concello a pedra sillaría do castelete de di fronte da FEIRA , para empregala na mellora das rúas. O Concello acordou agradecer este rasgo de xenerosidade e contestar " que se fará uso da pedra , observando as condicións nas que se lle concede".
E así, con esta desoladora frialdade , escribiuse o derradeiro capitulo da Fortaleza dos Marquese de Sárria-
" Sic transit.... !
FRANCISCO VÁZQUEZ SACO
( Académico da Real Academia Galega e Correspondnete da de Historia )
***************************************
NOTAS.- En realiade o derradeiro capitulo da Fortalez de Sárria escribiuse 17 anos máis tarde, cando Manuela López Blanco lle vendeu a Manuel Pérez Batallon a metade da Fortaleza de Sárria , cos seus muros, foxos e contrafoxos que o seu irmán Filipe López Blanco lle compradr en Madrido ao Conde de Lemos. A outra metade comproulla o Concello a Xoana López Blanco. . A pedra foi vendida a varios particulares da vila.
Cada un dos novos propeitarios botou por terra a súa parte da fortificación e fixo desapareces foxos e contrafoxos. Manuel Pérez Batallón decidiu conservar unha das torres de flanco que aínda está en pe.
A escritura de compravenda na que foron partes María López Blanco, viuva de Anxo Somoza, de San Pedro de Froián , e o doutor Manuel Pérez Batallón fi outorgada o 22 de marzo de 1859 ( Escribán; Farncisco López Pérez. Testemuña: : Manuel Losada.
María López Blanco, viuva de Anxo Somoza , de San Pedro de Froián, ao se producir a defunció do seu irmán Filipe López Vázquez ( + Madrid, 1855 ) alcanzou dereito á metade do legado que a ela e á súa irmá Xoana López Blanco lles fixo sobre os bens que tiña en Galicia.
Reclamoulle á viuva de Filioe López Blanco, Xosefa Ribas, escritura de fincabilidade , e non lles fixo caso, polo que presentaron demanda de conciliación no Xukgado de Primeira Instancia,
E María López Blanco " debido aos gastos, determinou vender e vende pola presente a metade íntegra que lle corresponde do derrube, foxos e contrafoxos , terreo e local da chamada Fortaleza desta vila que o legatante comprou ao Sr. Conde de Lemos , e tamén a metade da pedra e reblo que hoxe existe, cuxa terra é barrenta, areísca e de mala calidade , está case toda en abertal e sen que produza nin poida aproveitar a vendedora cousa algunha dela.
E por iso véndea como leva dito ao Don Manuel Pérez Batallón para sempre e que poidan disfrutala ou doutro xeito dispoñer dela el e os seus fillos e herdeiros, dividídoa da outra metade que pertence á Xoana , polo prezo e cuantía de 4.000 reais de veludo que a outorgante en moedas de ouro e prata recibiu, de cuxa entrega , de cuxa entrega dou fe, agás 500 reais que constan doutra escritura de venda da cota parte da dita Fortaleza outorgada perante o presente escribán".
Comentarios
Publicar un comentario