LUCITUS LUCIDIZ , UN POTENTADO DO SÉCULO X EN BANDE (LÁNCARA )
LUCITUS LUCIDIZ DOA O MOSTEIRO DE SAN SALVADOR E SANTA MARÍA DE BANDE AO MOSTEIRO DE SAMOS E AO SEU ABADE MANDINUS.
LUCITUS LUCIDIZ, " confeso " era fillo de LUCITUS GONDESINDIZ e de EILONI, Casou con VISCLAVARA.
O 5 de xaneiro de 982 deixoulle a Mosteiro de Samos e ao seu abade MANDINUS , o Mosteiro de SAN SALVADOR e SANTA MARÍA, na vila de BANDE, que fora obtido polos seus pais.
Fixo cesión dos seguintes bens: 1.- A Senra de don OSICI, baixo do Mosteiro, polas estremas de San Paio e Pedra Fita. 2..- Outra Senra riba do Mosteiro 3.- Outra Senra riba do Piñeiro e do valado , da que fixo cinco partes, unha de Visclavara , outra de GOGINA , e outra de GUNDESINDO e deixou da quinta de OSORIUS dúas quintas partes polo swe prezo de da quinta de GOGINA , tres partes 4.- A Senra de Lavandeira que fora de GUNDESINDO en prezo dun cabalo con freo e sela 5.- Outra Senra na ribeira da Neira , permutada cos seus parentes e deron por ela en Ripadales en dous lugares baixo da igrexa de Santa María 6:- O Muiño que estaba baixo da Casa de ERMIZ que fora de GUNDESINDO.- 7.- Enadiu as vilas que comprara coa súa muller VISCLAVARA cando entrou na orde da confesión 8.- A vila de Escoreda entre a Tórdea e a Neira , comprada a SUNAMIRO 9.- A metade de outra vila que lle comprara a DIDACO tanto no casar como nas herdades 10.-No Monte de Acevedo a Bouza de MANINO íntegra, 11,. En outro monte as terras ínetgras até o río da Tórdea, 12,.No río da Tórdea entre a casa de ARIAS ARMENTARIZ e VILLENTIO , dúas sésigas muiñeira coas súas pesqueiras íntegras, 13,. A vila chamada Palmir que fora deetica integra 14,Ametade da sesiga muiñeira que lle pagaran íntegra en xuizo, e que estaba baixo do Muiño de LOVERIGO que a madara pechar e pola sesiga houbo que desfacer os muiños. 15.-A vila de Sáa . baixo da igrexa de Santta María de Neira 16.- En Riba de Neira, a metade dos benes de FREDENANDA 17.- Dos bens de GGINA, tres partes,18.- A metade da parte de ALDRETO e das de VITE, co rei, dúas quintas partes 19.As pesqueiras e as viñas íntegra e da de Planetario a metade- 20.- A metade das sesigas muiñeiras de EGAS 21.-A vila de Sáa << 22.- A terceira parte da vila chamada Río Malo que fora de RIQUILA e do seu irmán FOILA e o seu fillo PELAXIO , que lla ven deron en prezo de dous cabalos con freos e selas por dúas espadas e un escudo , e déronlle esa vila en ususfruto vitalicio ao seu irman SUARIO LUCITIZ 23,. Na vila de Souto a parte de SPOMIRO íntegra e da de GUTU a metade 24.- En Vilameá, en Riba Mala, anovena parte de LOVERIGU e a metade de outra vila 25.- E dende o Castro de San Breixo at o Río da Neira aterza parte 26.-Da outra terza a oitava , tanto do monte como dos muiños e pesqueioras até o arroxoque baixa de Nabalexo 27,. No outro monte até Guisande ( Vilaleo ) , a terza parte así no monte como na ribeira da Neira 28,. A herdade de VILIFONSO íntegra 29,. A de ERO íntegra 30.- A vila de IULIANO íntegra 31.- A vila de VIMARA MENÉNDIZ íntegra 32.- A vila chamada Pousada íntegra 33.- A herdade que lle comprara a ANSEMIRO e TROILO 34.- A metade da de ESTROFEDO 35.-A metade da de EILEVA 36- A de ADEFONSO íntegra 37.A de VILIFONSO íntegra - 38.- A de ERO ínegra 39.-Da vila que fora dos homes da Tórdea dúas terzas partes e catro mazairas coas seu terreo na Porta de Pousada , que llas comprara a EXILO e os seus fillos , e unha leira de STROFEDO onde fundou casas 40- Outra comprada a ANSEMIRO e FROILO 41.-Da metade de TRASTELLI a metade, agás o casar, das pumaregas edo muiño de Paraxia , onde din Gutani, a metade 42.- E no lugar da Pedra a herdade de BERTUARA íntegra 43.- Da de MENDONIA a metade 44.- Da de ADELFIO a metade 45..Da de GONDEMARO catro partes.
Todos os bens deixounos para que os tiveses e posuisen aqueles que perseverasen na vida santa , e para sustentación e vestido, luminarias dos altares , esmolas para os pobres e remdio das súas ánimas
Figuran asinando o docuemto o rei VERMUDO, o abade MANDINO de Samos, e confirmando VEREMUDO Velaz, DIDACO MUNIZ e GUTIER MUNIZ.
ONOMÁSTICA
ADEFONSO.-. ADELFIO.- ALDRETO .- ,. ANSEMIRO ARIAS.- ARMENTARIO .- BERTUARA DIDACO ,.EGAS .- ERO .- FROILA .-GONDEMARO .- GUNDESINDO .- GUTIER .-GUTU .- IULIANO .- LOVERIGO .- LUCITO .- MANDINO .- MANINO .- MENDONIA .- MENENDO.- OSICI .-OSORIUS .- PELAGIO.- RIQUILA.- SPOMIRO .-. STROFEDO . SUNEMIRO VERMUDO VILIFONSO . VILLENTIO .- VIMARA .- VITE
EILONI .- FREDENANDA .- FROILO .- ETICA .- FROILO .- GOGINA .- TROILO .- VISCLAVARA
Comentarios
Publicar un comentario