VÍCTOR LÓPEZ VILLARAVID ( 1936 / 2009 )

                                 VICTOR LÓPEZ VILLARABID

Xornalista,escritor,  fotógrafo  e industrial. Naceu en San Miguel de Vilapedre  ( 18.10.1936 ),Casou con Rocío Rodríguez Núñez ; Fillos; Víctor,  Xoán Xosé, Canco,  Felipe,  Rocío e Carlos López Rodríguez.

 No seu proceso formativo tivo un papel fundamental o capelán do Hospital-Asilo do Mazadoiro, don Xosé Xulio Quindós Parado, consiliario da Acción Católica local. Xunto con outros mozos da localidade participou nunha sonada acampada en Montefurado que foi recollida nunha publicación monográfica e que despertou o interese dos sarriaos que seguían o seu desenvolvemento  a traveso de Radio Popular de Sárria.

F ixo o servizo militar na Academia Xeral Militar de Zaragoza,

Formou parte do equipo de Radio Popular de Sárria  que emitía dende a Rúa Vázquez Queipo ( Acción Católica ) e despois dende o Cruce da Estación ( Casa Eladio ), entre os anos 1960 e 1964.

  Foi correspondente en Sárria de El Progreso , tamén como reporteiro fotográfico  , e colaborou coa Axencia EFE e outras publicacións. ( 1964 / 2005 ). Foi Cronista Oficial  de Portomarín.

Escribiu os libros " Sárria", "Samos y su Concello",  "Sárria en el Camino Francés por las tierras de Lugo ",  "Sárria e o Camiño Francés polas terras de Lugo", "Paradela y su Concello",  "Del viejo al nuevo Portomarín , " O Camiño de Santiago en Galicia "  y "O Cebreiro " , publicados pola Editorial Everest- En  2013 foi editado o libro  "Sárria a ollos vistas "  que recolle un conxunto de fotografías  da súa autoría  referidas á evolución urbanística da vila de Sárria entre 1965 e 2005.

Como columnista de prensa adicou especial atención a temas de interese para a comarca de Sárria e  sobre do Camiño de Santiago. Colaborou na revista "Peregrino" con artigos de temática xacobea.

Na compaña dun sacerdote adscrito á parroquia de Santa Mariña, e cunha moto vespa, emprendeu viaxe de ida e volta até Roma e O Vaticano.  Foi membro da Acción Católica Masculina e  da Adoración Noiturna sarriá.

Activo participante na vida social da vila en  4.05.1960 ocupou o cargo de segredario do Sárria F.C. Foi socio fundador e direitivo da Sociedade Deportiva Sarriana, direitivo  e presidente do Centro Cultural Meigas e Trasgos-CIT de Sárria, direivo da Federación de Libreiros.Organizou en Sárria varias edicións da Feira do Libro nas que participaron escritores galegos . Ao seu interese debeuse o dar os primeiros pasos para establecer o irmnamdamento de Sárria con Guèrlédan ( Bretaña francesa )- Socio fundador da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia .Participou activamente nas actuacións promovidas pola Convención de Alcaldes e Corporacións Municipais do Camiño de Santiago en Galicia e foi direitivo da Asemblea Local da Cruz Vermella.

Foi nomeado Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago ( Melide ) e participou activamente en actividades do Padroado Rosalía de Castro.

Como fotógrafo artístico  resultou premiado en diferentes certames , especialmente en concursos convocados por Meigas e Trasgos. Con ocasión das Festas do San Xoán presentou exposicións de fotografías  referidas aos concellos da Comarca de Sárria. Os abondosos fondos fotográficos do seu arquivo persoal foron adquiridos polo Xacobeo e polo Concello de Sárria que están depositados no Arquivo Histórico Comarcal de Sárria ( en formación )

Recibou diversos premios en certames xornalisiticos tratando temas históricos, turísticos , gastronómicos  e de asuntos xacobeos. Ditou conferencias sobre o Camiño de Santiago  en Barcelona e Ourense e como enviado especial de El Progreso seguiu diversos actos oficiais   en diversos puntos de España.

Xunto coa súa esposa Rocío Rodríguez Núñez  rexentou os establecementos Radio Ondas   e  "Sargadelos" na Rúa Matías López, a Librería Galicia ( na Rúa da Liberdade e na Praza de Galicia , ao tempo que , baixo da denominación  Imprenta Galicia recuperou  a actividade que exercera Felipe Rodríguez e despois a súa viuva na Rúa do Porvir. Instalada primeiramente na Casa Victoiano acabou  fixando o obradoiro na Praza de Galicia, 

Entre 1973 e 1979 foi concelleiro en Sárria estando a cargo da Delegación de Limpeza, implantando  o sistema de recollida noiturna do lixo . Foi presidente da Comisión de Festas do San Xoán e ramitas varios anos. Foi nomeado  Pregoeiro e Tamborileiro de Honra e correu coa direición do Libro Prgrama das Festas do San Xoán  consagrando a colaboración de persieors da  Cultura Galega  tamén en  amplos números extraordinarios de El Progreso. As Novas de doce meses, Deportes  en Sárria , e as colaboracións en pubicacións festivas de Portomarín, Samos e Paradela contribuiron á consolidación  desas publicacións.

Participou activamente nas xestións feitas por unha comisión de veciños  que se enacrgou de reunir fondos para a instalación provisoria nas Escolas Públicas do Centro de Formación Profisinal e do Instituto de Bacharelato.  E tamén foi activo colaborador nas xestións levadas a cabo para a construción da Residencia de Anciáns e para a promoción e construción da igrexa na Nosa Señora do Rosario ( Rúa de Formigueiros /  Gran Vía Alfonso IX

                              Faleceu o 9 de setembro de 2009 aos 72 anos.

Os seus fillos  depositaron as numersas o reseñas xornalisticas  do seu  quefacer  como correspondente de prensa no Arquivo Historico Comarcal de Sárria e tempo atrás  foron obxecto de   dixitalización. no desexo de que podan ser consultados porque permiten coñecer o desenvolvemento comarcal  de 45 anos clave  da súa historia,

Como correspondente de prensa conseguiu un bon número de entrevistas con diferentes persoeiros locais e doutras rexións e países  que sería desexable que se recollesen nunha publicación impresa para proba do bon labor dun xornalista  que se fixo por el mesmo  e por décadas contribiui a artellar o espititu comarcal e de sarrianidade.

                  

Comentarios

Publicacións populares